Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Fisicoquímica de polímeros Código 730495011
Titulación
Mestrado Universitario en Materiais Complexos: Análise Térmica e Reoloxía (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Piro , B.
Correo electrónico
piro@univ-paris-diderot.fr
Profesorado
Mammeri , Fayna
Piro , B.
Correo electrónico
fayna.mammeri@univ-paris-diderot.fr
piro@univ-paris-diderot.fr
Web
Descrición xeral Este curso é unha introdución á ciencia dos polímeros e proporciona unha visión xeral de caracterización, estrutura e propiedades dos polímeros. Ilústrase con exemplos de aplicacións dos polímeros.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se modifican os contidos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral (mediante Teams)
Traballos tutelados (titorizados vía Teams ou correo electrónico)


*Metodoloxías docentes que se modifican
Prácticas de laboratorio. Sustitúese pola presentación de casos prácticos nas sesións maxistrais e a lectura e discusión de artigos científicos (análise de fontes documentais).

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
- Microsoft Teams: Titorización personalizada dos estudantes
- Moodle: Utilizarase como repositorio da documentación facilitada ós estudantes.

4. Modificacións na avaliación
Sesión maxistral 60%
Traballos tutelados 30%
Análise de fontes documentais 10%

*Observacións de avaliación: -

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Sen modificación.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Esta materia está deseñada como unha introdución á ciencia fundamental de polímeros e proporciona unha visión xeral da caracterización, estrutura e propiedades dos polímeros. A materia ofrece unha introdución á ciencia de polímeros subxacente á síntese, morfoloxía e caracterización de polímeros, e información acerca das súas estruturas e propiedades. A materia tamén ilustra algúns exemplos de aplicacións de polímeros. AI5
BI1
BI2
BI4
BI8
BI12
BI13
BI14
BI18
BI21
CI2
CI4
CI6
CI8

Contidos
Temas Subtemas
1. Fundamentos físico-químicos de polímeros Físico-química de polímeros
2. Síntese e caractarización de polímeros - Síntese de polímeros: polimerización por etapas e polimerización en cadea.
- Estructura: conformacións de cadea, polímeros amorfos e morfoloxía de polímeros semicritalinos
- Medida do peso molecular
3. Introducción o procesado de polímeros. Técnicas de procesado de polímeros
4. Propiedades mecánicas e reolóxicas -Comporatamento esforzo - deformación
- Viscoelasticidade
- Comportamento mecánico e reolóxico non lineal

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A5 B1 B2 B12 B13 B18 15 10 25
Prácticas de laboratorio B8 B14 B21 C4 C6 C8 15 5 20
Traballos tutelados B2 B4 B14 B21 C2 5 25 30
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación por parte do profesor dos contidos básicos da parte teórica de cada tema. Esta presentación farase de modo esquemático e orientado tanto á correcta comprensión dos contidos como á súa utilidade práctica nesta e noutras materias do máster
Prácticas de laboratorio Realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos, investigacións, etc.
Traballos tutelados Traballos encamiñados a que o alumno amplíe e consolide os contidos de cada tema que o profesor presente oralmente de modo esquemático. Estes traballos deben servir tamén para que o alumno tome destreza no coñecemento e o uso dos medios bibliográficos proporcionados.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
Aclaración de dúbidas que xurdan despois das sesións maxistrais e fundamentalmente explicacións, comentarios, resolución de dúbidas que xurdan durante o desenvolvemento dos traballos tutelados.

Non se acepta dipensa académica.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Sesión maxistral A5 B1 B2 B12 B13 B18 Exame, proba obxectiva de avaliación 50
Prácticas de laboratorio B8 B14 B21 C4 C6 C8 Avaliación continua mediante o seguimento do traballo do alumno na aula, o laboratorio e/ou titorías 20
Traballos tutelados B2 B4 B14 B21 C2 Presentación dos traballos tutelados correspondentes aos distintos diferentes contidos de cada materia 30
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

Apuntes e documentación facilitada en clase ou a través do correo electrónico.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostida e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol:

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

• Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático.

• Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

• En caso de ser necesario realizalos en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

• Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

• Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

• Deberanse detectar situacións de discriminación e propoñeranse accións e medidas para corrixilas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías