Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A29 |
CE29 - Crear e dirixir proxectos e empresas de videoxogos |
B1 |
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación |
B2 |
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo |
B3 |
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos |
B4 |
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades |
B5 |
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo |
B6 |
CG1 - Capacidade de organización e planificación, especialmente na formulación de traballos conducentes á creación dos contidos audiovisuais dixitais que compoñen un videoxogo |
B9 |
CG4 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras |
B12 |
CG7 - Traballo en equipo. Capacidade de abordar proxectos en colaboración con outros estudantes, asumindo roles e cumprindo compromisos de fronte ao grupo |
C1 |
CT1 - Habilidades comunicativas e claridade de exposición oral e escrita |
C2 |
CT2 - Capacidade de traballo persoal, organizado e planificado |
C3 |
CT3 - Habilidade para a xestión da información |
C4 |
CT4 - Capacidade de abstracción, análise, síntese e estruturación da información e as ideas |
C6 |
CT6 - Capacidade de enfrontarse a situacións novas e utilizar o coñecemento, tecnoloxía e información dispoñibles para resolver os problemas cos que debe de enfrontarse |
C9 |
CT9 - Capacidade para dirixir e xestionar equipos de persoas e grupos de empresa |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer as fases e procedementos para a creación e desenvolvemento dunha empresa no ámbito dos videoxogos. |
AP29
|
BP1 BP3 BP5 BP6 BP9
|
CP1 CP2 CP3 CP6 CP9
|
Adquirir os coñecementos, tanto teóricos como prácticos, sobre a planificación, organización, dirección e xestión de recursos humanos. |
AP29
|
BP2 BP4 BP6 BP12
|
CP1 CP2 CP4 CP9
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Os temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria, que son: |
Planeamento e viabilidade.
Organización e persoas.
Habilidades de dirección de equipos.
Recursos financeiros e técnicos.
Control de resultados. |
Tema 1. Iniciativas de negocio e emprendemento. |
1.1. Os proxectos de negocio nas fases iniciais de desenvolvemento.
1.2. A financiación do proxecto emprendedor. |
Tema 2. O plan de negocio. |
2.1. Procura de oportunidades.
2.2. Sustentabilidade da vantaxe competitiva.
2.3. Organización dos recursos humanos.
2.4. Plan financeiro.
2.5. Integración do proxecto de empresa. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Proba de resposta múltiple |
B1 B2 B3 C2 C3 C4 |
2 |
21 |
23 |
Sesión maxistral |
A29 B1 B3 B5 B9 C3 |
10 |
0 |
10 |
Traballos tutelados |
A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B12 C1 C2 C3 C4 C6 C9 |
7 |
33 |
40 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba de resposta múltiple |
Test de resposta múltiple individual. |
Sesión maxistral |
Explicación dos contidos do programa teórico da materia mediante exposición oral guiada co uso de presentacións e medios audiovisuais. |
Traballos tutelados |
Resolución de caso ou traballo práctico por parte do grupo. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Seguemento dos traballos prácticos. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba de resposta múltiple |
B1 B2 B3 C2 C3 C4 |
Test de resposta múltiple individual. |
30 |
Traballos tutelados |
A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B12 C1 C2 C3 C4 C6 C9 |
Desenvolvemento e defensa do caso ou traballo práctico. |
70 |
|
Observacións avaliación |
Resolver sempre todas as dúbidas que xurdan durante o desenvolvemento das sesións, recorrendo á atención personalizada se é necesario. A.-Exame: 30% da cualificación. B.-Traballos tutelados: 70% da cualificación. A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para poder superar a materia. Os criterios de avaliación son os mesmos para a primeira e a segunda oportunidade de cada convocatoria, así como para a convocatoria adiantada. No caso de non superar a materia na primeira oportunidade, pódese gardar a puntuación do traballo tutelado (parte B) para a segunda oportunidade, ou pódese facer un novo traballo de xeito individual, que deberá presentarse tres días antes da data sinalada para a proba oficial. No caso de alumnado con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, empregarase a plataforma virtual e o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos, atención personalizada e entrega de traballos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, pero terán o mesmo deber de realizar actividades e probas de avaliación que o alumnado a tempo completo. A efectos de cualificación, a cualificación de non presentado corresponde ao alumnado cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación conseguida.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Longenecker, J.G.; Petty, J. W.; Palich, L. E. y Hoy, F. (2012). Administración de pequeñas empresas. Lanzamiento y crecimiento de iniciativas de emprendimiento. Cengage Learning
Gil Estallo, M. A. y Giner de la Fuente, F. (2013). Cómo crear y hacer funcionar una empresa. ESIC
Ruano, L. A. y Velasco, R. (2018). Emprendimiento en el entorno digital. El lanzamiento de una startup. Alfaomega
Hoyos Iruarrizaga, J. y Blanco Mendialdua, A. (2014). Financiación del proceso emprendedor. Pirámide
Osterwalder, A. y Pigneur, Y. (2011). Generación de modelos de negocio. Un manual para visionarios, revolucionarios y retadores. Deusto
Jones, Gareth R. (2013). Teoría organizacional: diseño y cambio en las organizaciones. Pearson Educación |
|
Bibliografía complementaria
|
Llorente Olier, J. I. (2013). Análisis de la viabilidad empresarial. Centro de Estudios Financieros (CEF)
Valbuena, E. y Pardinas, C. (2013). Aspectos legales del emprendimiento y la gestión empresarial. ESIC
Grant, R. M. (2004). Dirección estratégica. Conceptos, técnicas y aplicaciones. Thomson Civitas
Mintzberg, H. (2012). La estructuración de las organizaciones. Ariel
Maqueda, J.; Olamendi, G. y Parra, F. (2003). Tu propia empresa: un reto personal. Manual útil para emprendedores. ESIC |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Márketing Operativo de Videoxogos/730529022 | Desenvolvemento de Produtos e Marcas de Videoxogos/730529002 | Márketing Estratéxico de Videoxogos/730529001 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Recomendacións: 1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: 1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático. 1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. 1.3. De se realizar en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores. 2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. 3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). 5.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. 7. Facilitarase a plena integración do alumnado que, por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. |
|