O obxectivo xeral é o desenvolvemento das destrezas e actitudes necesarias para a aplicación dos principios fundamentais da mecánica á resolución de problemas de interese na enxeñaría. Abórdase a estática, cinemática e dinámica do punto material, dos sistemas e do sólido ríxido dende a formulación newtoniana e dende a formulación lagrangiana. Esta materia contribuirá á mellora da capacidade de análise e de construción de modelos matemáticos que describen os efectos das forzas e os movementos sobre unha gran variedade de estruturas e máquinas incorporando as hipóteses físicas e as aproximacións matemáticas axeitadas.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
– Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral (usando as ferramentas de teleformación dispoñibles na UDC)
Solución de problemas (usando as ferramentas de teleformación dispoñibles na UDC)
Traballos tutelados (usando as ferramentas de teleformación e videoconferencia dispoñibles na UDC)
Proba mixta (usando as ferramentas de teleformación e videoconferencia dispoñibles na UDC)
*Metodoloxías docentes que se modifican
– Non hai
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Tutorías por TEAMS semanalmente
Correo electrónico: semanalmente
4. Modificacións na avaliación
– Non se realizarán cambios
*Observacións de avaliación:
– Non hai
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
– Non se realizarán cambios
Competencias do título
Código
Competencias do título
Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe
Competencias do título
Coñecer e comprender o método dos traballos virtuais e do potencial para a súa aplicación na resolución dos problemas de estática.
A13
B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9
C1 C5
Coñecer e comprender a cinemática do sólido, sendo capaz de aplicar a composición de movementos.
A13
B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9
C1 C5
Coñecer e comprender as leis da dinámica, tanto na súa formulación vectorial como analítica.
A13
B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9
C1 C5
Contidos
Temas
Subtemas
Cinemática do sólido ríxido. Estática. Dinámica de sistemas.
Leis fundamentais da dinámica
Movemento do sólido ríxido en 2D
Movemento do sólido ríxido en 3D
Equilibrio, estabilidade e oscilacións
Planificación
Metodoloxías / probas
Competencias
Horas presenciais
Horas non presenciais / traballo autónomo
Horas totais
Sesión maxistral
A13 B1 B2 B3 C5
21
42
63
Solución de problemas
A13 B1 B2 B3 C1
21
42
63
Traballos tutelados
A13 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 C1 C5
3
9
12
Proba mixta
A13 B1 B2
10
0
10
Atención personalizada
2
0
2
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado
Metodoloxías
Metodoloxías
Descrición
Sesión maxistral
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais para desenvolver o programa da materia e realizar explicacións e exemplos que permitan a comprensión dos principios da materia para poder aplicalos a exemplos prácticos.
Solución de problemas
Resolución de problemas correspondentes aos diferentes temas do programa co obxectivo de entender os principios teóricos e coñecer a súa aplicación práctica, comparando diferentes métodos resaltando as vantaxes de cada un.
Traballos tutelados
Traballo individual dos estudantes deseñado para promover a aprendizaxe autónoma baixo a tutela do profesor. O tema elíxese para poder aplicar os coñecementos desenvolvidos na materia pero que tamén inclúe aspectos non tratados nas clases maxistrais para desenvolver a capacidade de investigación e auto aprendizaxe.
Proba mixta
Son probas escritas que constan de preguntas de diferente tipo (resposta curta, ensaio, exercicios ou problemas) sobre os contidos da materia. O número de probas se especificará no apartado de avaliación.
Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Sesión maxistral
Solución de problemas
Traballos tutelados
Descrición
Recoméndase a todos os alumnos que acudan a titorías para aclarar cuestións relacionadas tanto coas clases de teoría como coas de problemas. No caso dos problemas recoméndase ademais que analicen con detalle os problemas resoltos e que traten de resolver os que se deixan sen resolver, consultando calquera dúbida ou dificultade.
No traballo tutelado existe o deber de asistir a un mínimo de entrevistas co profesor. Estas entrevistas teñen como obxectivo definir o seu contido e o seu alcance, así como comprobar o progreso do mesmo.
Os estudantes con dispensa académica poderán solicitar a realización das titorías nun horario diferente ao publicado na web da UDC.
Avaliación
Metodoloxías
Competencias
Descrición
Cualificación
Proba mixta
A13 B1 B2
As catro probas mixtas terán carácter de avaliación continua polo que en cada proba se incluirán os contidos de todas as anteriores.
O peso de cada proba será 10%, 20%, 30% e 40% do total da proba mixta.
As datas destas probas serán as que figuren no calendario da planificación do curso publicado polo centro.
80
Traballos tutelados
A13 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 C1 C5
O traballo é de carácter individual polo que se premiará a orixinalidade e penalizarase a copia de resultados ou do método utilizado.
Cada estudante deberá entregar o seu informe no prazo establecido e asistir ás titorías obrigatorias no calendario establecido. En caso de non cumprir estas condicións o traballo puntuarase como 0.
A entrega realizarase a través da plataforma de teleformación da UDC.
20
Observacións avaliación
Soamente serán cualificados como NON PRESENTADO os estudantes que non concorran a ningunha das probas mixtas.
Admítese a dispensa académica nos termos establecidos no punto 5 de artigo 7º da "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e máster universitario na universidade da Coruña”, aprobada polo Consello Social do 04/05/2017. Por tanto, os estudantes con dispensa académica serán avaliados en primeira oportunidade utilizando o mesmo sistema que o resto do alumnado, é dicir, traballo tutelado 20% + proba mixta 80%.
Na 2ª oportunidade non será posible a avaliación continua polo que a calificación do traballo será a da 1ª oportunidades e a proba mixta será unha única proba mixta na data sinalada para a proba final no calendario de exames do centro.
Fontes de información
Bibliografía básica
J.M. Bastero; J. Casellas (1991). Curso de Mecánica (4ª Ed.). EUNSA
C.F. González (2003). Mecánica del sólido rígido. Ariel
LIBROS DE PROBLEMAS:
SPIEGEL, M.: "Teoría y Problemas de Mecánica
Teórica". McGraw-Hill
MESHERSKI, I.: "Problemas de Mecánica Teórica".
Mir 2ªed (1985)
LUMBROSO, H.: "Problemas resueltos de mecánica…".
Reverté (1986)
ESTELLÉS, H: "Problemas de Dinámica". UPV 2ªed
(1989)
SEELY, ENSIGN: "Mecánica Analítica para
Ingenieros". UTEHA 3ªed (1992) KOTKIN, SERBO: "Problemas de Mecánica
Clásica". MIR 2ª ed (1988)
WELLS, D. A.: "Teoría y Problemas de Dinámica de
Lagrange". McGraw-Hill (1972)
Bibliografía complementaria
Goldstein, Herbert (2002). Classical Mechanics. San Francisco : Addison Wesley
Prieto Alberca, Manuel (1986-1994). Curso de mecánica racional. Aula Documental de Investigación
Fernández-Rañada, Antonio (1990). Dinámica clásica. Alianza
Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
CÁLCULO/730G03001
FÍSICA I/730G03003
ÁLXEBRA/730G03006
FÍSICA II/730G03009
Materias que se recomenda cursar simultaneamente
ECUACIÓNS DIFERENCIAIS/730G03011
FUNDAMENTOS DA ELECTRICIDADE/730G03012
TERMODINÁMICA/730G03014
Materias que continúan o temario
RESISTENCIA DOS MATERIAIS/730G03013
TEORÍA DE MÁQUINAS/730G03019
ELEMENTOS DE MÁQUINAS/730G03029
Observacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías