Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A13 |
Coñecemento da mecánica e dos compoñentes de máquinas |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
B4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como leigo |
B5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
C1 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e comprender a cinemática do sólido ríxido, e ser quen de aplicar a composición dos movementos.
|
A13
|
B2 B4 B5
|
C1
|
Coñecer e comprender o método dos traballos virtuais e do potencial para a súa aplicación na resolución dos problemas de estática.
|
A13
|
B2 B4 B5
|
C1
|
Coñecer e comprenderas leis da dinámica, tanto na formulación vectorial como na analítica
|
A13
|
B2 B4 B5
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Cinemática do sólido ríxido. Composición de movementos. |
|
Estática: método dos traballos virtuais e do potencial. |
|
Dinámica de sistemas: formulación vectorial e analítica. |
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A13 B2 B4 B5 C1 |
30 |
30 |
60 |
Solución de problemas |
A13 B2 B4 B5 B2 B4 B5 C1 C1 |
30 |
45 |
75 |
Traballos tutelados |
A13 B2 B4 B5 C1 |
3 |
3 |
6 |
Proba mixta |
A13 B2 B4 B5 C1 |
7 |
0 |
7 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición na aula dos distintos temas nos que se desenvolven os contidos da materiai ncluindo demostracións, exemplos, exercicios... |
Solución de problemas |
Resolución de problemas e exercicios relacionados cos temas que se van desenvolvendo nas sesións maxistrais. |
Traballos tutelados |
Traballo individual deseñado para promover a aprendizaxe autónoma. O tema incluirá a aplicación dos coñecementos desenvolvidos na materia pero tamén poderá incluir aspectos non tratados nas clases maxistrais para desenvolver a capacidade de investigación e auto aprendizaxe. |
Proba mixta |
Proba escrita que consta de preguntas de diferente tipo (resposta curta, ensaio, exercicios ou problemas) sobre os contidos da materia.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba mixta |
Traballos tutelados |
Solución de problemas |
|
Descrición |
Recoméndase a cada estudante que acuda ás titorías pra recibir unha orientación personalizada sobre os métodos de resolución dos problemas, dificultades, dúbidas, etc., na resolución dos problemas así como nos conceptos desenvolvidos nas clases maxistrales e todas as dúbidas que poidan encontrar na preparación das probas de avaliación.
No traballo tutelado existe o deber de asistir a un mínimo de entrevistas de titorización. Estas entrevistas teñen como obxecto definir o contido do traballo e o seu alcance, así como comprobar o progreso do mesmo.
Esta atención levarse a cabo nas horas de titorías (6h/semana) publicado na web da UDC.
Quen teña dispensa académica poderá solicitar a realización das titorías nun horario diferente ao publicado na web da UDC.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A13 B2 B4 B5 C1 |
As catro probas mixtas terán carácter de avaliación continua polo que en cada proba se incluirán os contidos de todas as anteriores.
O peso de cada proba será 10%, 20%, 30% e 40%, respectivamente do total da proba mixta.
As datas destas probas serán as que figuren no calendario da planificación do curso publicado polo centro.
|
80 |
Traballos tutelados |
A13 B2 B4 B5 C1 |
O traballo será de carácter individual e penalizarase a copia de resultados ou do método utilizado.
Cada estudante deberá entregar o seu informe no prazo establecido e asistir ás titorías obrigatorias no calendario establecido. En caso de non cumprir estas condicións o traballo puntuarase como 0.
A entrega realizarase a través da plataforma de teleformación da UDC.
|
20 |
|
Observacións avaliación |
Soamente se cualificará como NON PRESENTADO quen non concorra a ningunha das probas mixtas. Admítese a dispensa académica nos termos establecidos no punto 5
de artigo 7º da "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a
permanencia e a progresión dos estudantes de grao e máster universitario na
universidade da Coruña”, aprobada polo Consello Social do 04/05/2017. Polo tanto, quen teña recoñecida a dispensa académica avaliarase en primeira
oportunidade utilizando o mesmo sistema que o resto do alumnado, é dicir,
traballo tutelado 20% + proba mixta 80%. Na 2ª oportunidade non será posible a avaliación
continua polo que a cualificación do traballo será a recibida na 1ª oportunidades e a
proba mixta consistirá nunha única proba que se realizará na data establecida para a proba final no
calendario de exames do centro.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Meriam, James L. / Kraige, L. G. (2000). Mecánica para Ingenieros. Reverté
Bastero de Eleizalde, José María / Casellas Roure, Joaquín / Bastero de Eleizalde, Carlos (2011). Curso de Mecánica. EUNSA
CARLOS F. GONZALEZ FERNANDEZ (2003). Mecánica del sólido rígido. Ariel |
LIBROS DE PROBLEMAS: SPIEGEL, M.: "Teoría y Problemas de Mecánica Teórica". McGraw-Hill CARRIL, R.D., FANO, J.: "Mecánica. Problemas Explicados". Jucar (1987) MESHERSKI, I.: "Problemas de Mecánica Teórica". Mir 2ªed (1985) LUMBROSO, H.: "Problemas resueltos de mecánica…". Reverté (1986) ESTELLÉS, H: "Problemas de Dinámica". UPV 2ªed (1989) SEELY, ENSIGN: "Mecánica Analítica para Ingenieros". UTEHA 3ªed (1992) KOTKIN, SERBO: "Problemas de Mecánica Clásica". MIR 2ª ed (1988) WELLS, D. A.: "Teoría y Problemas de Dinámica de Lagrange". McGraw-Hill Prieto Alberca, Manuel (1986-1994). Curso de mecánica racional. Aula Documental de Investigación Fernández-Rañada, Antonio (1990). Dinámica clásica. Alianza Goldstein, Herbert (2002). Classical Mechanics. San Francisco : Addison Wesley
|
Bibliografía complementaria
|
Alberto Ramil Rego et al. (). Problemas de mecánica Fundamental. . Servicios Reprográficos Universitarios
Patrick Hamill (2014). A student´s Guide to Lagrangians and Hamiltonians. Cambridge
Daniel Fleisch (2012). A student´s Guide to Vectors and Tensors. Cambridge |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Matemáticas 1/730G05001 | Física 1/730G05002 | Matemáticas 2/730G05005 | Física 2/730G05006 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Ecuacións diferenciais/730G05011 |
|
Materias que continúan o temario |
Hidrodinámica naval/730G05023 | Estruturas mariñas 1/730G05025 | Estruturas mariñas 2/730G05026 | Vibracións e ruídos/730G05031 | Mecánica de fluídos/730G05019 | Hidrostática e estabilidade/730G05020 |
|
Observacións |
Nesta materia non se solicita a entrega de materiais, agás as probas mixtas. Polo tanto non se requerirá ningunha entrega en papel; estando así en consonancia coas recomendacións do GREEN CAMPUS. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria tratarase de incorporar a perspectiva de xénero nesta materia; asimesmo, traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. |
|