Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A19 |
Coñecer e identificar os procesos patolóxicos do pé e sistémicos con repercusión podolóxica, pé de risco e os parámetros clínicos patolóxicos das afeccións estruturais e funcionais do aparato locomotor en decúbito, bipedestación estática e dinámica. Identificar as lesións dermatolóxicas e o seu tratamento. Coñecer e aplicar a Farmacoloxía especifica de uso podolóxico. |
B1 |
Aprender a aprender. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
O alumnado coñece e identifica as lesións dermatolóxicas que afectan ao membro inferior e o seu tratamento. |
A19
|
B1
|
C1 C3 C4 C5 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
I. BASES DO DIAGNÓSTICO DERMATOLÓXICO |
I.I.ANATOMÍA E FISIOLOXÍA DA PEL.
I.II.LESIÓNS ELEMENTAIS DA PEL.
I.III.LESIÓNS ELEMENTAIS DAS UÑAS.
I.IV. PROCEDEMENTOS E DISPOSITIVOS DIAGNÓSTICOS |
II. AFECCIÓNS DO TECIDO CONECTIVO. |
|
III. LESIÓNS DE ORIXE VASCULAR. |
III.I. ENFERMIDADE ARTERIAL VASCULAR PERIFÉRICA.
III.II.VASCULITIS.
III.III. ENFERMIDADE DE RAYNAUD
III.IV.ERITEMA PERNIO |
IV. INFECCIÓNS E INFESTACIÓNS |
IV. I. INFECCIÓNS BACTERIANAS
IV.II. INFECCIÓNS VÍRICAS
IV.III. INFECCIÓNS FÚNGICAS
IV.IV. INFESTACIÓNS
|
V. DERMATOSIS INFLAMATORIAS |
V.I. PSORIASIS
V.II.LIQUEN PLANO
V.III. ECCEMAS/DERMATITIS |
VI. LESIÓNS CUTÁNEAS BENIGNAS, LESIÓNS PRECANCEROSAS E TUMORES CUTÁNEOS. |
|
VII. CIRURXÍA EN DERMATOLOXÍA E CICATRICES. |
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A19 B1 C3 C4 C7 |
21 |
42 |
63 |
Recensión bilbiográfica |
A19 B1 C1 C3 C4 C7 |
0 |
13.5 |
13.5 |
Seminario |
A19 B1 C1 C3 C4 C5 C7 |
21 |
31.5 |
52.5 |
Proba de resposta múltiple |
A19 B1 |
2 |
16 |
18 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
A sesión maxistral consistirá en clases teóricas expositivas telemáticas con métodos audiovisuais de apoio (presentacións, vídeos...) Facilitarase ao alumnado o material cos contidos teóricos básicos da materia, así como material para traballar na aula ou fóra dela. Todo o material se poñerá a disposición do alumnado por diferentes vías (plataforma virtual, papel, TEAMs...). |
Recensión bilbiográfica |
A recensión consistirá na lectura crítica de artigos científicos e outros documentos sobre Dermatoloxía PodolóXica ou temas relacionados coa mesma e a realización de actividades (Resúmenes, esquemas, traduccións,...) que no seu momento propoñeranse a través da facultade virtual. |
Seminario |
Os seminarios consistirán en actividades grupais onde se traballarán aspectos e conceptos relacionados co exposto na clase maxistral ou conceptos complementarios a estes. Favorecerase a participación e interacción profesor-alumno/a. O alumno/a deberá expoñer polo menos unha actividade a determinar no transcurso da materia. |
Proba de resposta múltiple |
Exame con preguntas de proba obxectiva (70 preguntas tipo test). O exame incluirá preguntas relacionadas cos contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais, como nos seminarios, e como nas actividades de lectura de traballos científicos e artigos relacionados coa materia (Recensión Bibliográfica). |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba de resposta múltiple |
|
Descrición |
A atención personalizada está destinada a resolver calquera dúbida ou cuestión relacionada coa materia. Desenvolverase de maneira presencial de mutuo acordo co profesorado, ou de maneira virtual (vía telefónica, correo electrónico, plataforma de teleformación...etc). |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
A19 B1 C3 C4 C7 |
Valoraráse a asistencia e a participación activa e produtiva ás clases no TEAMs de materia.
Naquelas clases nas que o estudiante participe en diferido, para computar a sua participación na mesma deberá de entregar 10 preguntas tipo test do tema tratado coa xustificación da correccción ou falsedade de cada unha das 4-5 opcións de resposta. |
5 |
Proba de resposta múltiple |
A19 B1 |
O exame incluirá preguntas relacionadas cos contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais, como nos seminarios, e como nas actividades de lectura de traballos científicos e artigos relacionados coa materia (Recensión Bibliográfica).
Unha semana antes do exame facilitaráselle ao alumnado a puntuación das preguntas.
É necesario obter polo menos o 50% da nota total da proba mixta para superar a materia e poder sumar á cualificación final o resto de items da avaliación. |
70 |
Recensión bilbiográfica |
A19 B1 C1 C3 C4 C7 |
As actividades relacionadas coa recensión bibliográfica son de carácter voluntario. Ó inicio do cuatrimestre facilitaraselle ó alumnado as pautas da sua realiación e a data límite de entrega. |
10 |
Seminario |
A19 B1 C1 C3 C4 C5 C7 |
A asistencia aos seminarios non é obrigatoria. Realizarase un seguimento da asistencia do alumnado e a participación ós mesmos. |
15 |
|
Observacións avaliación |
Para poder aprobar a materia a cualificación da "proba de resposta múltiple" ha de ser maior ou igual a 3,5 sobre 7. Se a cualificación é inferior a esta cifra (3,5), non se sumarán as cualificacións relativas aos apartados "seminario" e "recensión bibliográfica", e a cualificación será "SUSPENSO". Ademais, a nota total da suma das diferentes metodoloxías de avaliación ha de ser igual ou superior ao 50% da calificación total (5 sobre 10).
Os coñecementos a avaliar non se cinguirán ao que aparece escrito no material de traballo ou diapositivas entregadas polo profesorado. O alumnado deberá complementar a información e os contidos explicados na sesión maxistral e nos seminarios coa bibliografía recomendada. A información recollida nas diapositivas é meramente "informativa" e "de apoio" e non son os "APUNTAMENTOS DA MATERIA".
MATRICULA DE HONRA. O alumnado con nota igual ou superior a 9,5 poderán optar a matrícula de honra. A decisión tomarase pola nota máis altas.
NON PRESENTADO. O alumnado que non se presenten á proba mixta serán avaliados como "NON PRESENTADOS", independentemente da participación noutras actividades.
MATRICULA PARCIAL. O alumnado con matricula parcial debe ter en conta que a presencialidade e participación nas diferentes actividades da materia é opcional. A asistencia ós seminarios poderá ser sustituida pola realización dun Traballo sobre un tema DERMATOLÓXICO acordado co profesorado ó inicio do curso. O alumno/a debe informar o profesorado desta situación como moito ata un mes despois do inicio das clases.
DISPENSA. O alumnado con solicitude de dispensa debe ter en conta que a presencialidade e participación nas diferentes actividades da materia non é obrigatoria. A asistencia ós seminarios poderá ser sustituida pola realización dun traballo sobre un tema DERMATOLÓXICO acordado co profesorado ó inicio do curso. OPORTUNIDADE ADIANTADA. O alumnado que non teña pendente mais de 12 créditos, de materias das que xa estivese matriculado nalgún curso académico, ou de 18 créditos correspondentes ás prácticas, ademais do TFG, para finalizar os seus estudos poderá concorrer a unha oportunidade adiantada de avaliación, que se realizará antes da finalización das actividades académicas do 1º cuadrimestre, naquelas datas que se establezan no calendario académico aprobado polo Consello de Goberno. Os criterios de avaliación serán os mesmos que para o resto do alumnado.
2º O POSTERIORES OPORTUNIDADES. O alumnado presentado a 2º ou posteriores oportunidades gardaráselle as notas da parte de seminario e recensión bibliográfica sempre que participase e superase as diferentes actividades. O alumnado que non participase no resto de actividades de evaluación (recensión bibliográfica e seminario) ten que superar a proba obxetiva cunha nota igual o superior a un 5 sobre 7 para superar a materia (5 sobre 10 na evaluación final). E terá opción de realizar un traballo en sustitución da nota da asistencia ós seminarios.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
- ALONSO PEÑA D. Atlas de Dermatología del Pie. 1ª Edición. 2007. Editorial Panamericana. - GARCÍA CARMONA FJ. Dermatología podológica. Guía práctica avanzada. Barcelona: Isdin-Ediciones Mayo 2009. - VALERO SALAS J. Tumores de la piel y de las partes blandas del pie. Santander: Exa 2003.
- GARCÍA CARMONA FJ, FERNÁNDEZ MORATO D. Guía práctica de Dermatología Podológica. Barcelona: Isdin- Ediciones Mayo 2005.
- DAWBER R, BRISTOW I., TURNER W. Text Atlas of Podiatric Dermatology. 2001. Martin Dunitz.
- FITZPATRICK. Dermatología en Medicina General. 6ª Edición. 2005. Editorial Panamericana.
- FERRANDIZ C., Dermatología Clínica. 2ª edición. Madrid, Hacourt; 2001.
- GARCÍA CARMONA FJ, FERNÁNDEZ MORATO D. Abordaje quirúrgico de la patología subungueal. Madrid: Aula Médica 2005.
- Kumar, Abbas, Fausto, Mitchell; Robbins; Patología Humana. 2008. Elsevier.
|
Bibliografía complementaria
|
|
- Revista Internacional de Ciencias Podológicas - Journal of the American Podiatric Association (JAPMA)
- Journal of Dermatological Science
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Anatomía humana xeral/750G02001 | Anatomía específica do membro inferior/750G02002 | Fisioloxía xeral/750G02003 | Fisioloxía de sistemas/750G02004 | Bioloxía/750G02005 | Microbioloxía e parasitoloxía/750G02007 | Patoloxía xeral/750G02008 | Farmacoloxía/750G02009 | Quiropodoloxía 1/750G02027 | Quiropodoloxía 2/750G02028 | Técnicas e procedementos en prevención da infección/750G02032 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Podoloxía Preventiva/750G02015 | Cirugía Podolóxica 1/750G02029 |
|
Materias que continúan o temario |
Terapéutica farmacolóxica/750G02024 | Cirugía Podolóxica 2/750G02030 | Pe de risco/750G02031 |
|
Observacións |
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": 1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: 1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático 1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos 2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…). Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. Ante unha situación de plaxio ou copia nas probas de avaliación aplicarase a normativa da UDC. |
|