Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A33 |
Coñecer e obter habilidades na aplicación das técnicas podolóxicas de cirurxía ungueal, de cirurxía podolóxica de partes brandas, de cirurxía ósea e articular do pé. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B8 |
Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade. |
B9 |
Fomento dunha segunda lingua de interese para a profesión. |
B13 |
Traballo en equipo de carácter interdisciplinar. |
B17 |
Capacidade de motivarse e motivar a outros. |
B19 |
Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñece as indicacións e a metodoloxía de aplicación das técnicas podolóxicas de cirurxía ósea e articular do pé. |
A33
|
B1 B3 B5 B6 B17 B19
|
C1 C2 C6
|
Coñece as técnicas de exploración, diagnóstico e tratamento dos tumores no pé.
|
|
B1 B3 B5 B6 B13 B19
|
C1 C3 C6
|
Coñece, valora e aplica o protocolo preoperatorio e o consentimento informado. |
|
B1 B3 B6 B8 B9 B17 B19
|
C1 C3 C6
|
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
|
|
C2
|
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
|
|
C1
|
Coñecer e obter habilidades na aplicación das técnicas podológicas de cirurxía ungueal, de cirurxía podológica de partes brandas, de cirurxía ósea e articular do pé. |
A33
|
|
|
O alumno identifica e diagnostica o nivel de risco dun pé patolóxico, adquire habilidade no manexo das técnicas de estudo e valoración do pé. É capaz de desenvolver o conxunto de tratamentos podológicos de acordo ao nivel de risco presente no pé e en correlación co equipo multidisciplinar |
A33
|
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
UNIDADE DIDÁCTICA 1. Tumores óseos |
TEMA 1. Etioloxía e abordaxe cirúrxico da exostose subungueal
TEMA 2. Etioloxía e abordaxe cirúrxico do osteocondroma |
UNIDADE DIDÁCTICA 2. Hallux abductus valgus |
TEMA 3. Fisiopatoloxía da deformidade do hallux abductus valgus
TEMA 4. Avaliación precirúrxica
TEMA 5. Disección anatómica
TEMA 6. Técnicas cirúrxicas distais
TEMA 7. Técnicas cirúrxicas diafisarias
TEMA 8. Técnicas cirúrxicas proximais
TEMA 9. Técnicas cirúrxicas falánxicas
TEMA 10. Procedementos sobre partes brandas
TEMA 11. Artrodese e Artroplastias
TEMA 12. Complicacións posoperatorias mais habituais |
UNIDADE DIDÁCTICA 3. Tratamento cirúrxico do hallux rigidus |
TEMA 13. Implantes e hemiimplantes |
UNIDADE DIDÁCTICA 4. Alteraciones dixitais |
TEMA 14. Etioloxía e tratamento cirúrxico das deformidades dixitais
|
UNIDADE DIDÁCTICA 5. Fascite plantar |
TEMA 15. Fisiopatoloxía e abordaxe cirúrxica |
UNIDADE DIDÁCTICA 6. Pé plano e pé cavo
|
TEMA 16. Fisiopatoloxía e abordaxe cirúrxico |
UNIDADE DIDÁCTICA 7: Artroscopia de pé e nocello |
TEMA 17. Principais indicacións e contraindicacións |
UNIDADE DIDÁCTICA 8: Cirurxía dos neuromas |
TEMA 18. Etioloxía e abordaxe cirúrxico |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
B5 B6 B8 B9 B13 B19 C1 C2 C3 C6 |
18 |
27 |
45 |
Prácticas de laboratorio |
B5 B6 B8 B9 B19 C1 |
9 |
10 |
19 |
Seminario |
B1 |
15 |
15 |
30 |
Traballos tutelados |
B3 B5 B8 |
2 |
17 |
19 |
Proba obxectiva |
A33 B17 |
2 |
34 |
36 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
As sesións maxistrais desenvolveranse de forma virtual como clases expositivas con importante apoio audiovisual.
A través da plataforma virtual da UDC ofreceranse materiais didácticos tanto en castelán como en inglés para apoiar os contidos do temario.
NOTA:
Segundo normativa da UDC, aqueles estudantes con matrícula a tempo parcial terán dereito preferente a elixir quenda cando haxa 2 ou máis grupos con horarios diferentes nunha determinada materia e a un réxime de asistencia a clase de carácter flexible. |
Prácticas de laboratorio |
O seguimento e asistencia ás prácticas de laboratorio presenciais e virtuais é obrigatoria na súa totalidade (100%) e o seu obxectivo xeral é que o alumnado desenvolva unhas habilidades básicas no manexo do instrumental cirúrxico e coñeza aqueles aspectos básicos de interese que forman parte do protocolo prequirúrgico.
A ausencia a ditas prácticas só estará xustificada no caso de producirse algunha das seguintes causas debidamente acreditada e documentada (imprescindible xustificante con data do mesmo día da ausencia que deberá de ser entregado antes de pasados 7 días da ausencia ao profesor responsable da materia): enfermidade ou lesión que incapacite para a realización da práctica, falecemento dun familiar ata o segundo grao, citación xudicial e/ou asistencia a unha sesión do Claustro ou do Consello de Goberno da UDC que coincida coa data da práctica de laboratorio.
O alumnado terá dereito a non recuperar as prácticas de laboratorio ata un máximo de 1 práctica.
Un número maior de faltas aínda sendo xustificadas ou a existencia de faltas inxustificadas supoñen o suspenso da materia.
O alumnado deberá asistir á práctica de laboratorio incorporándose ao grupo que lle foi asignado.
Realizaranse controis de asistencia e/ou participación.
En todo momento o alumnado deberá manter un comportamento adecuado co resto de compañeiros-as, profesorado e persoal da UDC respectando a normativa da UDC e as recomendacións en materia de prevención do COVID-19. Son aspectos de obrigado cumprimento. As faltas de respecto e comportamento durante as mesmas supoñen o suspenso da materia e a posibilidade de apertura de expediente disciplinario.
AVISO: É requisito imprescindible acudir ás prácticas de laboratorio presenciais seguindo todas as recomendacións sanitarias e da UDC. En caso contrario non se poderá realizar a práctica. |
Seminario |
Nos Seminarios traballaranse aspectos específicos do temario mediante o desenvolvemento de actividades individuais ou grupales como estudo de casos e/ou cuestionarios tipo test que servirán para profundar nos contidos da materia.
Esta metodoloxía ten por obxecto valorar a capacidade de razoamento e espírito crítico do alumnado.
Traballarase con textos en inglés e castelán indistintamente.
O seguimento e a asistencia aos Seminarios presenciais e virtuais así como a realización das actividades marcadas polo profesor son obrigatorias na súa totalidade (100%) e non se poden recuperar ou substituír por outra actividade da materia sendo necesario alcanzar a metade da puntuación total destinada a esta metodoloxía para superar a materia (5/10).
En caso de non logralo, na convocatoria de xullo o alumnado deberá responder a 30 preguntas tipo test relacionadas coas diferentes temáticas abordadas.
A ausencia aos Seminarios só estará xustificada no caso de producirse algunha das seguintes causas, debidamente acreditada (con xustificante de data do mesmo día da ausencia que deberá de ser entregado ao profesor antes de pasados 7 días da ausencia), enfermidade ou lesión que incapacite para a realización da práctica, falecemento dun familiar ata o segundo grao, citación xudicial e asistencia a unha sesión do Claustro ou do Consello de Goberno da UDC que coincida coa data do Seminario.
En caso de ausentarse justificadamente ao Seminario o alumnado terá dereito á súa non recuperación ata un máximo de 2 ausencias.
Un número maior de faltas aínda sendo xustificadas ou a existencia de faltas inxustificadas supoñen o suspenso da materia.
Todo o alumnado debe asistir aos Seminarios incorporándose ao grupo que lle foi asignado.
Calquera falta xustificada debe de documentarse adecuadamente coa causa e datas do día e entregarse ao profesor responsable da materia. |
Traballos tutelados |
Realizarase 1 Traballo tutelado obrigatorio en grupo relacionado coa materia.
As pautas para a súa realización así como a data e formato de entrega detallaranse con suficiente antelación e publicaranse na plataforma virtual da UDC.
Na súa elaboración valorarase a utilización do inglés escrito.
Na cualificación final considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico, capacidade de síntese e de crítica, adecuación e actualización da bibliografía consultada, claridade e capacidade para explicar adecuadamente o tema tratado.
Esta metodoloxía ten por obxecto valorar a capacidade de creatividade e de traballo en grupo do alumnado.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar o Traballo tutelado.
A non realización ou non participación na elaboración do Traballo tutelado supón o suspenso da materia.
Neste caso o alumnado deberá responder na convocatoria de xullo a 30 preguntas tipo test relacionadas coas diferentes temáticas abordadas nos mesmos.
|
Proba obxectiva |
Realizarase unha Proba obxectiva final individual de forma presencial que constará de 60 preguntas tipo test en data aprobada e publicada en calendario académico.
Esta proba poderá incluír cuestións relacionadas coas Sesións maxistrais, coas Prácticas de laboratorio, cos Seminarios e con aqueles temas de interese que o profesor indique e que deberán ser traballados polo alumnado. O día da súa realización facilitarase a información relativa á puntuación das preguntas e detallaranse as pautas para a súa realización.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superala.
Cara á metade do cuadrimestre en data que será notificada e publicada con suficiente antelación realizarase unha proba obxectiva parcial individual liberatoria de forma presencial dos contidos e daqueles aspectos que indique o profesor que fosen abordados ata ese momento e que ten por obxecto valorar os coñecementos adquiridos e a capacidade de razoamento do alumnado. Esta proba parcial tipo test forma parte da proba obxectiva individual final e terá carácter liberatorio de maneira que se é superada o alumnado non terá nin poderá volver examinarse na convocatoria de maio dos contidos avaliados e xa superados. Esta proba parcial liberatoria ten un valor do 20% sobre a porcentaxe total da proba obxectiva (40%).
En caso de superar a proba obxectiva parcial individual liberatoria o alumnado deberá responder na proba final obxectiva individual presencial á parte do temario non avaliada nin superada.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar a proba obxectiva.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Seminario |
Sesión maxistral |
Prácticas de laboratorio |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A atención personalizada que se describe en relación con estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo co profesorado de forma presencial ou virtual.
A forma e o momento en que se desenvolverá a atención personalizada correspondente a cada actividade serán indicados ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Seminario |
B1 |
A realización das actividades relacionadas cos Seminarios son obrigatorias na súa totalidade e non se poden recuperar ou substituír por outra actividade da materia.
É necesario obter polo menos unha puntuación de 5 sobre 10 posibles para superar a materia.
A non realización e/ou non entregar todas as actividades relacionadas cos Seminarios en tempo e forma suporá o suspenso da materia.
Na cualificación dos Seminarios considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico, achegas ao resultado final, capacidade de síntese e de espírito crítico, adecuación e actualización da bibliografía consultada así como claridade na redacción.
As pautas para a súa realización daranse o día de presentación da materia e especificaranse na plataforma virtual da UDC.
A asistencia aos Seminarios é obrigatoria na súa totalidade (100%) e non se pode recuperar ou substituír por outra actividade da materia sendo necesario alcanzar a metade da puntuación total destinada a esta metodoloxía para superar a materia. En caso de non asistir á totalidade dos Seminarios e/ou non realizar as actividades relacionadas cos mesmos ou non lograr a puntuación mínima requirida, na convocatoria de xullo o alumnado deberá responder a 30 preguntas tipo test relacionadas coas diferentes temáticas abordadas.
|
30 |
Prácticas de laboratorio |
B5 B6 B8 B9 B19 C1 |
A asistencia ás Prácticas de laboratorio é obrigatoria na súa totalidade (100%) para poder ser avaliado e optar á cualificación de aprobado nas convocatorias oficiais de xuño ou xullo.
Na súa realización e desenvolvemento teranse en conta as actitudes e aptitudes demostradas polo alumnado en base aos seguintes criterios:
-Aplicación gradual á práctica dos coñecementos adquiridos na teoría.
-Destreza e habilidade na execución das técnicas explicas.
-Cumprimento das normas xerais de prácticas, da UDC e normativa en materia de prevención COVID-19.
-Grao de interese e participación |
10 |
Traballos tutelados |
B3 B5 B8 |
Realizarase 1 Traballo tutelado obrigatorio en grupo relacionado coa materia.
As pautas para a súa realización así como a data e formato de entrega detallaranse na plataforma virtual da UDC.
Na súa elaboración valorarase a utilización do inglés escrito.
A non realización e/ou participación no Traballo tutelado supón o suspenso da materia.
Na cualificación final considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico, capacidade de síntese e de crítica, adecuación e actualización da bibliografía consultada e claridade na súa redacción.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar esta metodoloxía.
A non realización e/ou participación no Traballo tutelado supón o suspenso da materia.
Neste caso o alumnado deberá responder na convocatoria de xullo a 30 preguntas tipo test relacionadas coas temáticas abordadas. |
20 |
Proba obxectiva |
A33 B17 |
Realizarase unha proba obxectiva final individual e presencial que constará de 60 preguntas tipo test (40% da cualificación final da materia)
Esta proba poderá incluír cuestións relacionadas cos contidos tratados nas Sesións maxistrais, coas Prácticas de laboratorio, cos Seminarios e con todos aqueles temas de interese que o profesor indique e que deberán ser traballados polo alumnado.
O día da súa realización facilitarase a información relativa á puntuación das preguntas.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar esta metodoloxía.
Cara á metade do cuadrimestre (en data que será notificada e publicada con suficiente antelación) realizarase unha proba obxectiva parcial individual tipo test dos contidos da materia e daqueles aspectos que indique o profesor que fosen abordados ata ese momento.
Esta proba tipo test forma parte da proba obxectiva final e terá carácter liberatorio de maneira que se é superada o alumnado non terá nin poderá volver examinarse na convocatoria de maio e/ou xullo dos contidos xa avaliados e superados. Supón un 20% do valor total da proba obxectiva. Será necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar a proba parcial liberatoria e para que a porcentaxe asignada (20% do valor total da proba obxectiva) contabilice na avaliación final da materia facendo a media correspondente.
En caso de suspender a proba obxectiva parcial liberatoria o alumnado deberá examinarse de todos os contidos da materia na convocatoria de maio e non se terá en conta ese 20% do valor da proba liberatoria. |
40 |
|
Observacións avaliación |
PARA SUPERAR A MATERIA É NECESARIO: Lograr unha cualificación de 5 sobre 10 no global da materia, asistir á totalidade das Prácticas de laboratorio; realizar e superar todas as actividades relacionadas cos Seminarios; lograr unha cualificación de 5 sobre 10 na proba obxectiva final e superar realizando e participando activamente no Traballo tutelado que lle foi asignado. No caso de que a cualificación dalgunha das metodoloxías que computan na avaliación e son imprescindibles para superar a materia sexa inferior a 5/10 a cualificación final será de Suspenso e a valoración numérica calcularase pasando a cualificación calculada da parte que motiva o suspenso sobre 10 e sumada porcentualmente ao resto de cualificacións, sempre que dita suma non supere o 4/10 nese caso reflectirase o 4 como cualificación final da materia. Convocatorias de segunda e posteriores matrículas : O alumnado que curse a materia e realice as prácticas obrigatorias de forma completa coa cualificación de APTO poderá volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só á proba obxectiva individual final. O alumnado con matrícula parcial: poderá obter a cualificación da materia coa modalidade ordinaria ou modalidade na que a proba obxectiva supón o 100% da cualificación. Convocatorias da oportunidade adiantada de avaliación : Para o alumnado que solicitase a oportunidade adiantada de avaliación, cumpra cos requisitos e concédaselle poderán presentarse á proba obxectiva final cuxa cualificación suporá o 100% da cualificación da materia. A cualificación de NON PRESENTADO outorgarase a aquelas persoas que non se presenten á proba obxectiva final ou a ningunha das metodoloxías de asistencia obrigatoria. As condicións para a obtención da MATRÍCULA DE HONRA (MH) son obter máis dun 90% da cualificación total da materia, ser a mellor cualificación de entre todo o alumnado matriculado na oportunidade avaliada e que a súa achega fose significativa a criterios do profesor responsable da materia. NOTA: En todo momento o alumnado empregará tanto para comunicarse co docente responsable da materia como para a realización das metodoloxías a avaliar o correo electrónico institucional UDC e as aplicacións ou canles de comunicación propios da institución.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
1. Banks AS. Mc Glamry's comprehensive textbook of foot and ankle surgery. 3ª ed. Philadelphia: Lippincott-Williams & Wilkins; 2001. 2. Chang TJ. Técnicas en cirugía ortopédica. Pie y tobillo. Madrid: Marban; 2006. 3. Gerbert J. Textbook of bunion surgery. 3ª ed. Philadelphia: WB Saunders company; 2001. 4. Hetherington VJ. Hallux valgus and forefoot surgery. New York: Churchill Livingstone; 1994. 5. Izquierdo Cases JO. Podología Quirúrgica. Madrid: Elsevier; 2006. 6. Mercado OA. Atlas de cirugía del pie. Madrid: Federación española de podólogos; 1995. 7. Kelikian AS. Sarrafian's anatomy of the foot and ankle. 3ª ed. Philadelphia: Lippincott-Williams&Wilkins; 2011. 8. García Carmona FJ. Patología y cirugía ungueal. Barcelona: Ediciones Mayo; 2008. 9. Guía práctica de protocolos quirúrgicos en Podología. Comisión de formación del Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos; 2009. 10. Fernández Mallo O. Manual para personal del bloque quirúrgico. 2ª ed. Complejo Hospitalario Universitario A Coruña; 2009. |
Bibliografía complementaria
|
|
1. Coughlin MJ. Pie y tobillo. Madrid: Marban; 2011. 2. Johnson KA. Pie y tobillo. Madrid: Marban; 1998. 3. Kelikian AS. Tratamiento quirúrgico de pie y tobillo. Madrid: McGraw-Hill Interamericana; 2001. 4. Barouk LS. Reconstrucción del antepie. 2ª ed. Bordeaux: Amolca; 2008. 5. Nunley JA. Advanced reconstruction. Foot and ankle. 2ª ed. Rosemont: American Academy of Orthopaedic Surgeons; 2007. 6. Pfeffer GB. Foot and ankle surgery. Operative techniques. Philadelphia: Saunders Elsevier; 2010. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Anatomía específica do membro inferior/750G02002 | Biomecánica do membro inferior/750G02013 | Patoloxía Podolóxica 1/750G02021 | Patoloxía Podolóxica 2/750G02022 | Quiropodoloxía 1/750G02027 | Quiropodoloxía 2/750G02028 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Cirugía Podolóxica 1/750G02029 |
|
Materias que continúan o temario |
Prácticum 1/750G02033 | Prácticum 2/750G02034 | Prácticum 3/750G02035 |
|
Observacións |
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase preferiblemente vía electrónica en formato dixital sen necesidade de imprimilos. No caso de realizarse en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores. Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria. Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade, no caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero tomaranse medidas para corrixilas. É recomendable ter coñecementos de inglés dado que en todas as metodoloxías da materia traballarase con vocabulario en inglés. Ademais valorarase o uso deste idioma na realización do traballo tutelado. Procedemento de matrícula de estudos en réxime parcial: O estudiantado a tempo parcial poderá solicitar ao Decanato e Dirección dos Centros responsables da súa titulación dispénsa académica que lles exima da asistencia a clase da materia ou de partes da mesma. Neste caso o alumnado será avaliado mediante unha proba teórica final (100% da avaliación) |
|