Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A2 |
Xestionar todas as cuestións relativas ao ámbito das relacións laborais. |
A14 |
Adquirir as habilidades necesarias para poñer en funcionamento un Servizo de Prevención Propio ou Alleo e xestionalo. |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
B3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
B4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan) a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. |
B7 |
Desenvolver os coñecementos, habilidades e aptitudes que permitan unha idónea dirección e xestión laboral. |
B8 |
Saber recoñecer os aspectos económicos da Seguridade Social e das Relacións Laborais. |
B9 |
Desenvolver a capacidade de organización, planificación e toma de decisións. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
|
|
CM1
|
Desenvolver os coñecementos, habilidades e aptitudes que permitan unha axeitada dirección e xestión laboral. |
AP2
|
BP7 BP8
|
|
Desenvolver a capacidade de organización, planificación e toma de decisións. |
AP14
|
BP9
|
|
Adquirir coñecementos dabondo para unha axeitada organización laboral nos cadros de persoal. |
AP2
|
BP8
|
|
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
|
|
CM3 CM8
|
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
|
BP2 BP3 BP4
|
CM7 CM8
|
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
|
|
CM3
|
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
|
|
CM4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
PARTE I: |
INTRODUCIÓN |
Tema 1. Sistema de información contable |
1.1 Concepto
1.2 Usuarios
1.3 Normalización |
Tema 2. Análise contable |
2.1 Información financeira
2.2 Información non financeira
2.3 Obxectivos da análise de estados financeiros |
PARTE II: |
ANÁLISE PATRIMONIAL E DA SITUACIÓN FINANCEIRA |
Tema 3. Estrutura do balance |
3.1 Concepto, elementos e clasificación
3.2 Limitacións
3.3 Análise da importancia relativa e da evolución |
Tema 4. Equilibrio financeiro |
4.1 Liquidez ou situación financeira a curto prazo
4.2 Solvencia ou situación financeira a longo prazo
|
PARTE III: |
ANÁLISE DOS RESULTADOS E DA SITUACIÓN ECONÓMICA |
Tema 5. Estrutura da conta de resultados |
5.1 Concepto, elementos e clasificación
5.2 Limitacións
5.3 Análise da importancia relativa e da evolución
5.4 Corrente económica fronte a corrente financeira |
Tema 6. Rendibilidade económica |
6.1 Concepto
6.2 Desagregación |
Tema 7. Valor engadido e o seu reparto |
7.1 Concepto
7.2 Reparto |
TEma 8. Rendibilidade financeira |
8.1 Concepto
8.2 Desagregación |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
B7 B9 |
3.5 |
5.25 |
8.75 |
Discusión dirixida |
B2 B4 B7 B8 |
4.5 |
11.25 |
15.75 |
Estudo de casos |
A2 B3 C1 C3 C7 |
4.5 |
11.25 |
15.75 |
Prácticas a través de TIC |
A14 B9 C8 |
4.5 |
11.25 |
15.75 |
Presentación oral |
B9 C4 |
4.5 |
4.5 |
9 |
Proba obxectiva |
A2 B2 B3 C1 |
1.5 |
3 |
4.5 |
Foro virtual |
B4 C1 C3 C4 |
0 |
1.5 |
1.5 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición, feita polos docentes, dos conceptos básicos necesarios para que o alumnado poida buscar solución aos problemas de análise contable tratados no programa. |
Discusión dirixida |
Preparación dos temas formulados polos docentes e participación na discusión dos mesmos. |
Estudo de casos |
Traballo en grupo, guiado polos docentes, para a resolución e discusión dun caso baseado en empresas reais. O alumnado, a través da aplicación de técnicas de análise contable e dun proceso de discusión entre os membros do grupo de traballo, debe ser capaz de identificar información relevante, interpretala e chegar a unha conclusión razoada. |
Prácticas a través de TIC |
Uso da folla de cálculo para desenvolver a análise contable e emprego de ferramentas de presentación para a defensa do traballo. |
Presentación oral |
Defensa durante as sesións de seguimento e presentación do traballo realizado en grupo. |
Proba obxectiva |
Exame final sobre aspectos teóricos e prácticos. |
Foro virtual |
Utilización do foro de Moodle para propor dúbidas e/ou responder ás preguntas dos compañeiros sobre calquera aspecto relacionado coa materia. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba obxectiva |
Prácticas a través de TIC |
Discusión dirixida |
Estudo de casos |
Presentación oral |
|
Descrición |
A atención personalizada (titorías individuais e grupais) desenvolverase mediante videoconferencias en Teams.
Os equipos formados no marco do estudo de casos terán asignados sesións de atención personalizada para o seguimento do traballo realizado por cada un dos seus membros e do equipo en conxunto. O calendario das sesións de seguimento se indicará ao longo do curso en función do plan de traballo da materia.
Asemade, durante o curso o alumnado poderá empregar as horas de titorías para aclarar dúbidas e cuestións sobre a materia
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá porse en contacto co profesor nos primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
A2 B2 B3 C1 |
A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame dos contidos teóricos e prácticos. |
40 |
Discusión dirixida |
B2 B4 B7 B8 |
Pedirase ao alumnado que participe activamente ao longo do cuadrimestre tanto durante as sesións como no foro virtual (expondo opinións, resolvendo dúbidas, participando no debate de temas previamente preparados, avaliando o traballo dos demais estudantes, etc.). |
15 |
Estudo de casos |
A2 B3 C1 C3 C7 |
Pedirase ao alumnado que resolva un caso práctico de análise contable traballando en grupo. Valorarase de xeito conxunto, tendo en conta o rigor na resolución, o traballo en equipo e o axeitado uso de TIC (folla de cálculo, ferramentas de presentación, bases de datos, etc.). |
30 |
Presentación oral |
B9 C4 |
No marco do caso práctico de análise contable resolto en grupo, valorarase de xeito individual a defensa nas sesións de seguimento e a presentación oral, tendo en conta a presentación e a resposta ás preguntas formuladas por profesorado e estudantes. |
15 |
|
Observacións avaliación |
O alumnado debe traballar de xeito continuado ao longo do curso, preparar semanalmente as cuestións e os casos prácticos propostos e participar activamente nas discusións promovidas durante as sesións e no foro virtual. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. Seguindo as indicacións normativas, dito alumnado deberá comunicar a súa situación ao docente nos primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte. Seguirá o mesmo sistema de avaliación, coas seguintes particularidades: a súa participación activa terá lugar mediante o foro virtual (discusión dirixida) e, agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible co plan de traballo da materia e coa súa dedicación. Cualificación de non presentado. Se non se entrega e presenta o caso práctico de análise contable, a cualificación nesa oportunidade será non presentado. Avaliación da segunda oportunidade Axustarase ao mesmo esquema previsto para a primeira oportunidade con dúas excepcións motivadas polo feito de non ter docencia nese período: - O caso práctico de análise contable será individual e será presentado na data aprobada en Xunta de Facultade para a realización da proba obxectiva.
- A discusión dirixida se desenvolverá na mesma data que a proba obxectiva mediante unha única proba oral na que se analizarán noticias de actualidade no marco da análise contable coa finalidade de avaliar as competencias e contidos propios da materia.
O alumnado que desexe concorrer á segunda oportunidade, deberá contactar co docente antes do inicio do período de exames da segunda oportunidade, para que se lle asigne as empresas para resolver o caso práctico de análise contable. Condicións de realización dos exames Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, non autorizado previamente polo docente.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Corona Romero, E.; Bejarano Vázquez, V. (2014). Análisis de estados financieros individuales y consolidados. UNED
Flores, F.; Cortijo, V.; Flores, F. (2009). Análisis de estados financieros: fundamentos teóricos y casos prácticos. Pearson Educación
Archel Domench, P.; Lizarraga Dallo, F.; Sánchez Alegría, S.; Cano Rodríguez, M. (2018). Estados contables. Elaboración, análisis e interpretación. Madrid: Pirámide. 6ª ed.
Lev, B., Gu, F. (2016). The end of accounting and the path forward for investors and managers. Wiley |
|
Bibliografía complementaria
|
Rodríguez Morales, L. (2012). Análisis de estados financieros: un enfoque en la toma de decisiones. México: McGraw-Hill
Label, W.A.; De León, J. (2015). Contabilidad para no contables. Madrid: Pirámide
Llorente Olier, José Ignacio (2017). Elaboración y presentación de informes económico-financieros y reporting. Madrid: Centro de Estudios Financieros
Soriano, M.J.; Amat, O. (coord.) (2010). Introducción a la contabilidad y las finanzas. Barcelon: Profit |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Nesta materia, a entrega dos traballos documentais realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. |
|