Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A10 |
Organización e dirección de empresas. |
A13 |
Transmitir e comunicarse por escrito e oralmente usando a terminoloxía e as técnicas adecuadas. |
A31 |
Aplicar os coñecementos á práctica. |
B2 |
Capacidade de análise e síntese. |
B3 |
Capacidade de organización e planificación. |
B4 |
Capacidade de xestión da información. |
B8 |
Razoamento crítico. |
B9 |
Traballo en equipos. |
B12 |
Motivación para a calidade. |
B13 |
Adaptación a novas situacións. |
B14 |
Aprendizaxe autónomo. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer os conceptos básicos dos sistemas de información |
A10 A13 A31
|
B4 B9 B14
|
C1 C3
|
Elaborar distintos tipos de documentos en procesadores de texto |
A10 A31
|
B2 B3 B8 B12
|
C1 C3
|
Elaborar distintos tipos de documentos en follas de cálculo |
|
B13
|
C1 C3
|
Crear bases de datos |
A10
|
B9 B14
|
C1 C3
|
Xestionar a empresa empregando software específico |
A10
|
B3 B4 B8 B12
|
C1 C3
|
Coñecer a biblioteca informática |
|
B4
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Introdución aos sistemas de información (Presencial) |
Tema 1: Conceptos, compoñentes e funcións |
Programas de xestión na empresa (Presencial / Virtual) |
Tema 2: Xestión de tarefas, contorna de traballo virtual e colaborativa |
Procesadores de texto (Virtual) |
Tema 3: Tarefas básicas
Tema 4: Edición de informes |
Follas de cálculo (Virtual) |
Tema 5: Tarefas básicas
Tema 6: Táboas, datos e gráficos
Tema 7: Análise avanzada de datos |
Bases de datos e presentacións (Virtual) |
Tema 8: Presentacións efectivas
Tema 9: Bases de datos
|
Biblioteca informática (Virtual) |
Tema 10: Biblioteca informática |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A13 B12 C1 |
1 |
0 |
1 |
Sesión maxistral |
A10 B2 B3 B4 |
10 |
10 |
20 |
Prácticas a través de TIC |
A10 A13 A31 B2 B3 B4 B8 B9 B12 B13 B14 C1 C3 |
32 |
64 |
96 |
Foro virtual |
B8 B12 C3 |
0 |
1.5 |
1.5 |
Aprendizaxe servizo |
A13 A31 B3 B9 B12 B13 C1 C3 |
3.5 |
10.5 |
14 |
Traballos tutelados |
A13 A31 B3 B9 C1 C3 |
3.5 |
10.5 |
14 |
|
Atención personalizada |
|
3.5 |
0 |
3.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Enquisa para determinar os coñecementos previos, competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado (Plataforma: Moodle) |
Sesión maxistral |
Exposición, feita polo docente, dos conceptos básicos necesarios para que o alumnado poida buscar solución aos problemas tratados no programa (Plataforma: Teams -videoconferencia-) |
Prácticas a través de TIC |
Aprendizaxe a través de actividades de carácter práctico mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC), favorecendo o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado (Plataforma: Teams -videoconferencia- y Moodle) |
Foro virtual |
Utilización do foro virtual para propor dúbidas e/ou responder ás preguntas dos compañeiros sobre calquera aspecto relacionado coa materia (Plataforma: Moodle) |
Aprendizaxe servizo |
Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun único proxecto, no que o alumnado se forma traballando en necesidades reais da súa contorna co fin de mellorala. Propoñerase ao alumnado matriculado na materia a posibilidade de participar nunha actividade aprendizaxe-servizo con algunha entidade colaboradora. O estudante poderá escoller entre a actividade aprendizaxe-servizo ou o traballo tutelado, é dicir, esta actividade e a seguinte son excluíntes, de tal xeito que o alumnado só realizará unha delas. Polo tanto, o número de horas dedicadas a esta actividade será a suma das previstas para cada actividade, é dicir, 7 horas durante as sesións e 21 horas de traballo autónomo (Plataforma: Teams -videoconferencia-, Moodle e adpatación ás aplicacións requiridas para o servizo á entidade colaboradora) |
Traballos tutelados |
Tal e como figura na metodoloxía anterior o alumnado pode escoller entre aprendizaxe-servizo e traballo tutelado. No caso do traballo tutelado o alumnado deberá realizar un traballo práctico relacionado con algún contido da materia. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do alumnado e o seguimento desa aprendizaxe polo docente (Plataforma: Teams -videoconferencia-, Moodle e adpatación ás aplicacións requiridas para o desenvolvemento do traballo práctico)
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Prácticas a través de TIC |
Aprendizaxe servizo |
|
Descrición |
MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSONALIZADA AO ALUMNADO
CORREO ELECTRÓNICO
– De uso cotiá para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
MOODLE
– Foro de formulación e resolución de dúbidas. A disposición do alumnado en todo momento para iniciar o proceso de formulación e resolución de dúbidas
– Difusión de materiais. A disposición do alumnado en función da evolución no contido da materia
– Actividades de autoavaliación e avaliación. Na data e no horario acordado
TEAMS
– Videoconferencias para a realización das sesións expositivas e interactivas. Semanalmente na franxa horaria que ten asignada a materia
– Videoconferencias para a atención personalizada. Na data e no horario acordado entre o docente e o estudante/equipo de traballo mediante un correo electrónico previo
– Videoconferencias para a realización das actividades de avaliación. Na data e no horario acordado
OBXECTIVO DA ATENCIÓN PERSONALIZADA AO ALUMNADO
Os equipos formados no marco do aprendizaxe servizo / traballos tutelados terán asignadas sesións de atención personalizada para o seguimento do traballo realizado por cada un dos seus membros e do equipo en conxunto. O calendario das sesións de seguimento se indicará ao longo do curso en función do plan de traballo da materia.
Asemade, durante o curso o alumnado poderá empregar as horas de titorías para aclarar dúbidas e cuestións sobre a materia.
ALUMNADO QUE SE ATOPE EN CONDICIÓNS DE SOLICITAR O RÉXIME DE ESTUDOS A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA.
Acordarase ao longo do curso un calendario específico de atención personalizada compatible co plan de traballo da materia e coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá pórse en contacto co equipo docente da materia antes do 30 de setembro. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A13 A31 B3 B9 C1 C3 |
Tal e como se comentou no apartado de metodoloxías a actividade "aprendizaxe servizo" e a actividade "traballos tutelados" son excluíntes, polo que o alumnado escollerá entre realizar unha ou outra actividade, de tal xeito que a nota correspondente será a suma da asignada a cada actividade, é dicir un 20% da nota final. |
10 |
Prácticas a través de TIC |
A10 A13 A31 B2 B3 B4 B8 B9 B12 B13 B14 C1 C3 |
Pedirase aos estudantes a entrega de prácticas a través de TIC. Cada unha valorarase sobre 10 puntos e deberá acadar unha puntuación superior ou igual a 4 puntos. Terase en conta a calidade, contidos e puntualidade das entregas que se soliciten ao longo do curso.
|
80 |
Aprendizaxe servizo |
A13 A31 B3 B9 B12 B13 C1 C3 |
Tal e como se comentou no apartado de metodoloxías a actividade "aprendizaxe servizo" e a actividade "traballos tutelados" son excluíntes, polo que o alumnado escollerá entre realizar unha ou outra actividade, de tal xeito que a nota correspondente será a suma da asignada a cada actividade, é dicir un 20% da nota final. |
10 |
|
Observacións avaliación |
O alumnado debe traballar de xeito continuado ao longo do curso, preparar semanalmente as cuestións e os casos prácticos propostos e participar activamente nas discusións promovidos durante as sesións e no foro virtual. Prácticas a través de TIC. A entrega das prácticas para a súa valoración só poderá realizarse na plataforma Moodle e seguindo as indicacións dadas polo docente. Aprendizaxe-servizo / Traballos tutelados. Tal e como se comentou no apartado de metodoloxías, a actividade "aprendizaxe servizo" e a actividade "traballos tutelados" son excluíntes, polo que o alumnado escollerá entre realizar unha ou outra actividade, de tal xeito que a nota correspondente será a suma da asignada a cada actividade, é dicir un 20% da nota final. Alumnado que se atope en condicións de solicitar o réxime de estudos a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. Seguindo as indicacións normativas, dito alumnado deberá comunicar a súa situación ao equipo docente antes do 30 de setembro. Seguirá o mesmo sistema de avaliación (incluída a participación activa no foro virtual), acordando un calendario específico compatible co plan de traballo da materia e coa súa dedicación. Cualificación de non presentado. Aplicará cando o alumnado só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da nota acadada. Avaliación da segunda oportunidade. Axustarase ao mesmo esquema previsto para a primeira oportunidade coas seguintes particularidades: - As prácticas a través de TIC (80%) desenvolveranse nunha única proba a través de Moodle. O alumnado estará conectado mediante unha videoconferencia en Teams dende o inicio ata o final da proba para as oportunas verificacións por parte do equipo docente. Terase en conta a calidade e contidos da entrega, podendo o docente solicitar a defensa oral de parte da proba.
- Desenvolverase o traballo tutelado (20%), dado que o proxecto ApS soamente pode levarse a cabo durante a avaliación continua do primeiro cuadrimestre, de xeito individual.
- A proba e a súa defensa oral, así como a presentación do traballo tutelado terá lugar na data aprobada polo centro para a realización da avaliación da segunda oportunidade.
O alumnado que desexe concorrer á segunda oportunidade, deberá contactar co equipo docente antes do inicio do período de exames da segunda oportunidade, para coordinar o calendario de seguimento e entrega do traballo tutelado. Adianto de oportunidade de avaliación ("avaliación adiantada") As condicións de avaliación da oportunidade adiantada serán as establecidas para a avaliación da segunda oportunidade, coas seguintes adaptacións: - A proba e a súa defensa oral, así como a presentación do traballo tutelado terá lugar na data aprobada polo centro para a realización da oportunidade de avaliación adiantada.
O alumnado que desexe concorrer á avaliación adiantada, deberá contactar co equipo docente antes do inicio do período de exames da avaliación adiantada, para coordinar o calendario de seguimento e entrega do traballo tutelado.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Nesta materia, a entrega das Prácticas a través de TIC realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilas. |
|