Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Aplicar o coñecemento das diferentes áreas involucradas no Plano Formativo. |
A2 |
Capacidade de comprensión da dimensión social e histórica do Deseño Industrial, vehículo para a creatividade e a búsqueda de solucións novas e efectivas. |
A4 |
Traballar de forma efectiva como individuo e como membro de equipos diversos e multidisciplinares. |
A5 |
Identificar, formular e resolver problemas de enxeñaría. |
A7 |
Capacidade para deseño, redacción e dirección de proxectos, en todas as súas diversidades e fases. |
A8 |
Capacidade de usar as técnicas, habilidades e ferramentas modernas para a práctica da enxeñaría. |
A10 |
Comprensión das responsabilidades éticas e sociais derivadas da súa actividade profesional. |
B1 |
Capacidade de comunicación oral e escrita de maneira efectiva con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B2 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo para cuestionar a realidade, buscar e propoñer solucións innovadoras a nivel formal, funcional e técnico. |
B3 |
Aprender a aprender. Capacidade para comprender e detectar as dinámicas e os mecanismos que estruturan a aparición e a dinámica de novas tendencias. |
B4 |
Traballar de forma colaborativa. Coñecer as dinámicas de grupo e o traballo en equipo. |
B5 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B6 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B7 |
Capacidade de liderado e para a toma de decisións. |
B9 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
B10 |
Capacidade de organización e planificación. |
B11 |
Capacidade de análise e síntese. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Adquirir coñecementos sobre as caracteristicas fisicas e químicas dos polímeros, para poder seleccionar o mais convinte para un producto dado. |
A1 A8
|
B2 B3 B5 B6 B10 B11
|
C1 C6 C8
|
Adquirir os coñecementos necesarios dos distintos tipos de procesado utilizados nos materiais polímericos para poder seleccionar o máis convinte para a fabricación do producto deseñado |
A1 A2 A4 A7
|
B2 B4 B5 B9 B10 B11
|
C3 C6 C8
|
Adquirir coñecementos sobre a reutilización e reciclado dos materiais polimericos. Coñecer as estratexias a seguir para o ecodeseño dun novo producto. |
A1 A5 A7 A10
|
B4 B5 B6 B7 B11
|
C4 C5 C8
|
Aprender a utlizar os conceptos de reciclado e recuperación para mellorar a vida de persoas desfavorecidas. |
A4 A10
|
B1 B9
|
C1 C4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Unidade 1: DESEÑO DE PRODUTOS PLÁSTICOS. SELECCIÓN E PROPIEDADES DOS POLÍMEROS |
A filosofía do deseño e desenvolvemento de produtos plásticos
Conceptos básicos para a selección de polímeros
Materiais poliméricos: caracteristicas xerais
Caracterización de polímeros. Normativa aplicable.
|
Unidade 2: EXTRUSIÓN DE TERMOPLÁSTICOS |
Descrición do proceso de extrusión.
Tipos de extrusoras e cabezales. Equipamento accesorio.
Principais liñas de extrusión, coextrusión e biorientación. Extrusión-soprado.
Principais parámetros de extrusión. Influencia na calidade do produto extruído
|
Unidade 3: INXECCIÓN DE TERMOPLÁSTICOS |
Introdución ao moldeo por inxección
Maquinas de inxección: descrición e clasificación.
Parámetros de procesado.
Diagnóstico de fallos en pezas e solucións.
Tecnoloxías non convencionais de moldeo por inxección.
|
Unidade 4: OUTROS TIPOS DE PROCESADO |
Procesado de materiais termoestables.
Outros procesados de materiais termoplásticos.
|
Unidade 5: RECICLAXE DE POLÍMEROS. ECODESEÑO |
Introdución á reciclaxe de polímeros.
Estratexias para a reciclaxe de polímeros: reciclaxe mecánica, reciclaxe química e incineración. Outras técnicas de reciclaxe e valoración.
Plásticos biodegradables e compostables.
Introdución ao ecodeseño.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A2 C4 C5 |
21 |
42 |
63 |
Prácticas de laboratorio |
A5 B4 B7 B11 C1 C8 |
17 |
4 |
21 |
Proba obxectiva |
A8 B2 B6 B11 |
2 |
18 |
20 |
Proba de resposta múltiple |
B2 B3 B5 B6 B10 C3 |
0 |
12 |
12 |
Aprendizaxe servizo |
A4 A10 B1 B9 C1 C4 |
2 |
13 |
15 |
Traballos tutelados |
A4 A7 B2 B3 B4 B5 B7 B9 B10 B11 C1 C3 C6 C8 |
2 |
13 |
15 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Na sesión maxistral a profesora, exporá na aula os principais conceptos de cada tema dos que consta a materia. Para isto apoiarase nos medios tecnicos dispoñibles: presentacións en powerpoint, videos, etc.
Posteriormente porá a disposición do alumnado uns cuestionarios de axuda ó estudo que lles servirá de guía para preparar a proba obxetiva.
Nas sesións maxistrales realizadas nas aulas, seguiranse en todo momento as recomendacións sanitarias propostas polas autoridades . |
Prácticas de laboratorio |
A maior parte da docencia interactiva realizarase durante ás prácticas de laboratorio. Nelas o alumnado dividido en grupos reducidos poderán ver a aplicación dos principais conceptos teóricos revisados na aula anteriormente. Estas clases poderán constar de videos interactivos, onde deberan traballar sobre os contidos do mesmo; practicas de procesado, conferencias, etc.
O final de cada clase, os estudantes cubriran un cuestionario respecto os distintos aspectos que se viron na practica, isto servirá para avaliar o seu traballo na mesma.
Nas sesións de laboratorio seguiranse en todo momento as recomendacións sanitarias propostas polas autoridades . |
Proba obxectiva |
A proba obxetiva consistirá nun exame escrito tipo test no que se avaliará os coñecementos adquiridos polo alumnado o longo do curso. Durante a realización do exame seguiranse as recomendacións sanitarias propostas polas autoridades . |
Proba de resposta múltiple |
Despois de cada sesión maxistral o alumnado que asistiu a clase poderán facer un test online sobre a materia vista na clase, a través da plataforma Moodle. O test seguirá a mesma metodoloxía que a proba obxetiva e puntuará na nota final.
O obxetivo é que os estudantes se acostumen a realizar este tipo de probas o longo do curso. |
Aprendizaxe servizo |
A profesora proporá un proxecto de aprendizaxe-servizo durante o cuatrimestre onde os/as estudantes fagan un servizo a comunidade utilizando dalgunha maneira os conceptos vistos na materia. Debido a situación sanitaria provocada polo COVID19, reducirase o contacto presencial dos/as estudantes con persoas externas a comunidade universitaria. Naqueles momentos no que se faga necesario dito contacto, seguiranse as recomendacións sanitarias. |
Traballos tutelados |
Unha parte da avaliación consistirá en facer un ou dous traballos en grupo. Estes traballos consistirá na aplicación de materiais poliméricos nun producto comercial, tendo en conta non so a selección do material, o proceso de fabricación mais idóneo senon tamen aspectos sobre a normativa aplicable o producto en sí, aspectos económicos (rentabilidade industrial), etc. A idea deste traballo e que o estudante correlacione os conceptos vistos na materia de forma práctica nun suposto real, que aprenda a consultar fontes bibliograficas especializadas, que aprenda a traballar en grupo, etc.
O final do cuatrimestre cada grupo entregará unha memoria sobre o traballo realizado e tamén fara unha breve exposición oral ó resto da clase. Na xornada de exposición oral, seguiránse as recomendacións sanitarias propostas polas autoridades. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Traballos tutelados |
Aprendizaxe servizo |
|
Descrición |
Tanto para a preparación da proba obxetiva ou para resolver calquer outra duda referente o desenvolvemento da materia e os seus contidos, o alumnado disporá dunhas horas de tutorias semanais presenciais onde individualmente poderán expor e resolver as dúbidas que teñan co profesor. Ademais o profesor porá a disposición dos estudantes unha dirección de email onde facer as consultas via email (tutorias non presenciais) ou utilizando o chat de TEAMS. Estas tutorias son voluntarias e manteranse ao longo de todo o curso.
Ademais durante as sesións de prácticas, resolveranse as dudas que xurdan respecto os contidos da materia, de forma individual ou en grupo.
O que respecta a execución do traballo tutelado ou o proxecto de aprendizaxe servizo, a profesora marcará unha serie de titorias obrigatorias onde revisará os avances acadados polo alumnado, orientará o traballo de ser necesario e aclarará as dudas que xurdan ao respecto.
Para o alumnado con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a atención personalizada desenvolverase de maneira virtual, mediante email, videoconferencia ou por teléfono. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A5 B4 B7 B11 C1 C8 |
Durante as prácticas avaliaranse os coñecementos obtidos mediante cuestionarios e distintas actividades que se proporán nas mesmas. |
20 |
Proba obxectiva |
A8 B2 B6 B11 |
Tratarase dunha proba tipo test onde se avaliaran os coñecementos acadados polas/polos estudantes durante o curso.
Aplicaráse unha nota de corte de 25 sobre 50, mínimo para obter o aprobado da materia. |
50 |
Traballos tutelados |
A4 A7 B2 B3 B4 B5 B7 B9 B10 B11 C1 C3 C6 C8 |
O longo do curso, proporase un traballo tutelado en grupo.
O finalizar os traballos as/os estudantes entregaran unha memoria escrita e farane unha pequena presentación oral ó resto da clase.
A avaliación farase a través da rúbrica correspondente. En xeral, terase en conta a calidade da memoria escrita, a da presentación realizada o resto da clase e o traballo en grupo a través das titorias específicas realizadas para o seguimento e orientación dos traballos.
|
10 |
Proba de resposta múltiple |
B2 B3 B5 B6 B10 C3 |
Consitirá en diversos test online (mediante a plataforma Moodle) a realizar polo alumnado que asista a clase, despois de cada sesión maxistral |
10 |
Aprendizaxe servizo |
A4 A10 B1 B9 C1 C4 |
Avaliarase a calidade do traballo polo método da rúbrica, que estará a disposición das/dos estudantes dende o principio de curso. De maneira xeral avaliarase o traballo en grupo, a implicación persoal, a calidade dos recursos seleccionados polo alumnado e tamén a interación co colectivo o que vai dirixido o proxecto. |
10 |
|
Observacións avaliación |
A asistencia ás practicas de laboratorio é obrigatoria así coma a achega dos cuestionarios correspondentes para a súa avaliación. A non realización das prácticas, sen unha razón xustificada, supón un suspenso automático. Para quen teña recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia ou que por causa xustificada falte algunha das sesións prácticas ó longo do curso, programaránse sesións de recuperación. Cada estudante deberá elixir obrigatoriamente unha actividade en grupo entre o proxecto de aprendizaxe colaborativa (aprendizaxe e servizo) e o traballo en grupo. A participación nunha é excluínte da outra. A non realización de ningunha das dúas, sen razón xustificada, supón un suspenso automático. Nesta actividade a puntuación máxima por alumno é de ata dous puntos na nota final. As situacións especiais das/dos estudantes que con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia ou por outros motivos debidamente xustificados, non poidan cursar a materia de maneira presencial, deben ser comunicadas a profesora o inicio do cuatrimestre e xustificalas adecuadamente. A profesora dará as instruccións oportunas para que o alumno siga a materia sen problemas, sustituíndo aquelas metodoloxías presenciais por traballos individuais ca mesma puntuación. Os criterios de avaliación serán idénticos nas duas oportunidades da convocatoria (a de Xaneiro e a de Xullo). Aqueles estudantes que decidan non presentarse á proba obxectiva (exame tipo test) terán a calificación de non presentado na acta correspondente.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
“Guía de Materiales Plásticos”, Hellerich, Harsch, Haenle, Ed Hanser, 1989. "Cuaderno guía 1: Aspectos fundamentales de los polímeros. Degradación y Reciclaje de Plásticos”, A. Ribes Graus, F. Vilaplana y L. Contat, Ed. Universidad Politécnica de Valencia, 2008 “Técnicas Experimentales de Análisis Térmico de Polímeros”, J. López Martínez, D. García Sanoguera y F. Parrés garcía, Ed. UPV (Marcelino), 2003 “Introducción a la Tecnología de los Plásticos, W. Michaeli, H. Greif, H. Kaufmann y F.J. Vossebürger, (Luis), Ed. Hanser, 1992
“Inyección de Termoplásticos”, J.L. Arazo Urraca, Ed. Plastic Comunicación, 2000 “Plastic Product Material and Process Selection Handbook”, D.V. Rosato, D.V. Rosato, M.V. Rosato, Ed. Elsevier, 2004 "Physics of Plastics. Processing, Properties and Materials Engineering”, A.W. Birley, B. Haworth y J. Batchelor. Ed. Hanser Publishers, 1992 “Ingeniería de los Polímeros”, M.A. Ramos Carpio, H.R. de Maria Ruiz (Marcelino), Ed. Ediciones Díaz de Santos, 1988 Paxinas web: http://www.campusplastics.com/ http://plasticsnews.com/ |
Bibliografía complementaria
|
|
LIBROS DE CONSULTA
"Industria del Plástico”, Richardson y Lokensgard, Ed. Paraninfo, 1999
“Los plásticos más usados”, A. Horta, C. Sánchez, A. Pérez y I. Fernández, Ed. UNED Ediciones, 2000
“Principales polímeros comerciales”, V. Vela y M. Cinta, Ed. UPV, 2006
"Plastics Design Handbook”, D.V. Rosato, D.V. Rosato y M.G. Rosato, Ed. Kluwer Academic Publishers, 2001
"Engineering with Polymers”, Peter C. Powel, Ed. Chapman and Hall, 1983
“RIM, Fundamentals of Reaction Injection Moulding”, C.W. Macosko, Ed. Hanser Publishers, 1988
“Simple Methods for identification of Plastics”, Braun y Dietrich, Ed. Hanser Publishers, 1982
“Polymer Extrusion”, C Rauwendaal, Ed. CARL HANSER VERLAG, 1994
"Plastics in Automotive Engineering. Exterior Applications”, R. Stauber y L. Vollrath (Eds.). Ed. Hanser Publishers, 2007
"Blow Holding Design Guide”, Norman C. Lee, Ed. Hanser Publishers, 1998 |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Fisica Aplicada á Enxeñería/771G01002 | Fundamentos de Materiais para á Enxeñería/771G01003 | Enxeñería de Materiais/771G01004 | Deseño Básico/771G01021 | Deseño e Producto/771G01023 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Tecnoloxías de Desenvolvemento de Producto/771G01014 | Reciclaxe e Medio Ambiente/771G01020 | Administración e Organización Industrial/771G01034 |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Recomendacións Sostenibilidade Medio Ambiente, Persoa e Igualdade de Xénero:
1. A entrega dos traballos documentais (traballo tutelado/aprendizaxe
servizo) que se realicen nesta materia farase da seguinte maneira:
1.1.Entregarase en formato virtual e / ou soporte informático
1.2.No caso de ter que imprimir algo en papel, por exemplo, carteis,
dípticos, etc... para a realización das actividades ApS a impresión farase en papel reciclado e a dobre cara. Non se
imprimirán borradores, só a versión final.
2. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Fomentarase que os materiais que se desfeiten da materia (papeis,
plásticos) se tiren nos respectivos contenedores habititados na EUDI ou
na rúa para tal fin. Os materiais empregados para a realización das
experiencias ApS deben ser na medida do posible materiais
reutilizados, realizando campañas no centro para a súa recollida no
caso de ser necesario. 3. Intentarase transmitir aos/as estudantes a importancia dos principios
éticos relacionados cos valores da sostenibilidade para que estos os
apliquen non so na aula, senón nos comportamentos persoais e
profesionais.
4. Debe incorporarse a perspectiva de xénero nesta materia polo que
os traballos entregados polos/polas estudantes e o material preparado pola
profesora deben usar linguaxe non sexista.
5. Facilitarase a plena integración dos estudantes que por razón
físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten
dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida
universitaria. Estas reglas aplicaránse tamén no caso dos traballos
de aprendizaxe servizo preparados polos estudantes en entidades que
traballen con usuarios/usuarias con algún tipo de discapacidade. Os estudantes
adaptarán os materiais de tal maneira que se facilite o aprendizaxe de
todos.
|
|