Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Aplicar o coñecemento das diferentes áreas involucradas no Plano Formativo. |
A4 |
Traballar de forma efectiva como individuo e como membro de equipos diversos e multidisciplinares. |
A8 |
Capacidade de usar as técnicas, habilidades e ferramentas modernas para a práctica da enxeñaría. |
A10 |
Comprensión das responsabilidades éticas e sociais derivadas da súa actividade profesional. |
B1 |
Capacidade de comunicación oral e escrita de maneira efectiva con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B4 |
Traballar de forma colaborativa. Coñecer as dinámicas de grupo e o traballo en equipo. |
B5 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Capacidade de liderado e para a toma de decisións. |
B10 |
Capacidade de organización e planificación. |
B12 |
Comprensión das responsabilidades éticas e sociales derivadas da súa actividade profesional |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables. |
C7 |
Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Colaborar coas diferentes áreas da empresa implicadas no proceso de deseño e desenvolvemento do producto, de cara a entender a necesidade da xestión e control da calidade do producto e dos procesos |
A1 A4 A8 A10
|
B1 B4 B5 B7 B10 B12
|
C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
INTRODUCCIÓN A LA CALIDADE E SEGURIDADE
|
- Fundamentos e conceptos previos sobre a calidade. A importancia da calidade na actualidade.
- Normalización, Certificación e Acreditación
- Calidade vs. Seguridade. A seguridade dos produtos industriais |
A CALIDADE E A SUA XESTIÓN |
- Implantación/certificación de Sistemas de Xestión da Calidade.
-A familia de Normas ISO 9000
- A Xestión da Calidade Total (Total Quality Management)
- Auditoría dos Sistemas de Xestión |
A CALIDADE E A SÚA MELLORA |
- Ferramentas para a mellora da calidade
- Análise dos custos asociados á calidade
- Técnicas de control de calidade aplicadas ao ámbito do deseño |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A10 B10 B12 C4 C5 C6 C7 |
41 |
82 |
123 |
Traballos tutelados |
A4 B1 B4 B7 C5 C8 |
0 |
23 |
23 |
Proba mixta |
A8 B5 |
1 |
0 |
1 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un docente en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado, baixo a tutela do docente e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polo alumnado da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do alumnado e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor/a-titor/a. |
Proba mixta |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
As preguntas de ensaio recollen preguntas abertas de desenvolvemento, mentres que as preguntas obxectivas, poden combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Sesión maxistral |
Proba mixta |
|
Descrición |
A atención personalizada consistirá na realización de tutorías, tanto individuais como en grupo, nas que se presentarán con maior detalle os traballos tutelados e se levará a cabo un seguimento dos mesmos. Con todo, as tutorías tamén se utilizarán para resolver e aclarar calquera tipo de dúbida relacionada ca materia, facendose tanto de forma presencial como non presencial a través das plataformas do Campus Virtual da Universidade. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A4 B1 B4 B7 C5 C8 |
Os traballos tutelados a realizar por parte do alumnado son os seguintes:
TRABALLO 1: "O MUNDO DAS MARCAS/SELOS DE CALIDADE"
Neste traballo expoñerase o marco conceptual e as características dunha serie de marcas/selos de calidade habituais na actualidade.
TRABALLO 2
O 2º traballo versará sobre distintos aspectos da materia nos que o alumnado debe afondar con maior detalle, a proposta dos docentes.
Ambos traballos realizaranse en grupos de 2-3-4-5 persoas, segundo o número total de alumnos/as matriculados/as. Na valoración dos traballos terase en conta tanto o contido destes, coma a forma de presentación en soporte papel/dixital e oral, así como, o debate xerado por parte do resto dos grupos receptores e oíntes. |
55 |
Proba mixta |
A8 B5 |
Ademais, o alumnado ten que realizar o exame final ao rematar o cuadrimestre, no que se avaliarán os coñecementos adquiridos por este en relación aos conceptos tratados. O exame final estará formado por un conxunto de preguntas tipo test, que puntuará de 0 a 10. |
45 |
|
Observacións avaliación |
A nota do exame ponderará ao 45% da nota final e contará a partir do 3,5 puntos, os traballos e asistencias ponderarán o outro 55%. O “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial
e dispensa académica de exención de asistencia” comunicarán ao inicio do curso a
súa situación aos docentes da materia, segundo establece a "Norma que
regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC” (Art.3.b
e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións
dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b). O alumnado nesta situación será evaluado na data aprobada na
Xunta de Escola mediante una proba obxectiva sobre os contidos do paso 3 da
Guía e un traballo a consensuar co profesorado da materia.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
O listado da bibliografía actualizada que se utilizará como apoio nesta materia facilitarase ao alumnado ao inicio de cada curso académico. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Aspectos Económicos e Empresariais do Deseño/771G01033 | Normativa e Lexislación/771G01035 | Loxística Industrial/771G01045 |
|
Observacións |
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": 1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: 1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático 1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos 1.3. De se realizar en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores. 2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais
|
|