Datos Identificativos | 2020/21 | ||||||||||||||||||||||||||
Asignatura (*) | Prácticas Externas | Código | 610500028 | ||||||||||||||||||||||||
Titulación | |||||||||||||||||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | ||||||||||||||||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 12 | |||||||||||||||||||||||
Idioma |
|
||||||||||||||||||||||||||
Modalidade docente | Presencial | ||||||||||||||||||||||||||
Prerrequisitos | |||||||||||||||||||||||||||
Departamento | Bioloxía Enxeñaría Civil Enxeñaría Naval e Industrial Física e Ciencias da Terra Química |
||||||||||||||||||||||||||
Coordinación |
|
Correo electrónico |
|
||||||||||||||||||||||||
Profesorado |
|
Correo electrónico |
|
||||||||||||||||||||||||
Web | |||||||||||||||||||||||||||
Descrición xeral | O estudante deberá cursar 12 ECTS de prácticas obrigatorias elixindo unha orientación investigadora ou profesional. No caso da orientación investigadora, as prácticas realizaránse nun grupo de investigación, e en caso das prácticas profesionais nunha empresa/institución. O traballo práctico realizado servirá de base ao seu Traballo de Fin de Máster, configurando así, entre prácticas obrigatorias e TFM a súa orientación investigadora ou profesional. Para cada estudante as prácticas levarán asociado un plan de traballo ad hoc, asinado polo titor académico, o titor na empresa/institución (se é o caso) e o propio estudante no que se establecerá a descrición do traballo para realizar, a formación adquirida e a forma prevista para o seguimento e orientación ao estudante durante a realización do traballo. | ||||||||||||||||||||||||||
Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos Flexibilizaranse ao máximo os procedementos de realización, a temática e contidos das prácticas, tanto na orientación investigadora como na profesional. A tal fin, poderase modificar o plan de traballo previsto por imposibilidade de acceso á bibliografía fundamental, aos laboratorios no caso das prácticas investigadoras ou ás empresas e centros no caso das prácticas profesionais. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Manteranse as mesmas metodoloxías docentes *Metodoloxías docentes que se modifican Resolución de casos prácticos: No caso de non poder manter as prácticas con orientación investigadora ou profesional na modalidade presencial, substituirase a resolución dos casos prácticos experimentais e actividades presenciais previstas inicialmente, por outras de carácter no presencial (estudo teórico de casos, revisión crítica da bibliografía sobre un problema relacionado coa temática das prácticas e outras actividades análogas). 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado A atención personalizada aos estudantes realizarase por correo electrónico, plataforma Moodle ou TEAMS a solicitude do estudante e, na medida do posible, no momento establecido para as tutorías. 4. Modificacións na avaliación Non é preciso modificar a avaliación baseada na tutorización e presentación da memoria de prácticas. *Observacións de avaliación: As mesmas 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Sen modificacións, tódolos materiais necesarios estarán disponibles en Moodle ou mediante o acceso aos recursos electrónicos disponibles na Biblioteca da UDC ou enviados polos titores. |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías |