Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos. |
A2 |
Identificar organismos. |
A4 |
Obter, manexar, conservar e observar especímenes. |
A7 |
Reconstruír as relacións filogenéticas entre unidades operacionales e pór a proba hipóteses evolutivas. |
A11 |
Identificar e analizar material de orixe biolóxica e as súas anomalías. |
A29 |
Impartir coñecementos de Bioloxía. |
A30 |
Manexar adecuadamente instrumentación científica. |
A31 |
Desenvolverse con seguridade nun laboratorio. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar en colaboración. |
B6 |
Organizar e planificar o traballo. |
B8 |
Sintetizar a información. |
B9 |
Formarse unha opinión propia. |
B11 |
Debater en público. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Capacidade de recoñecemento da diversidade animal a gran escala, tanto dende o punto de vista anatómico como faunístico, e das relacións básicas de afinidade filoxenética. |
A1 A2 A4 A7 A11 A29 A30 A31
|
|
|
Capacidade de estudio autónomo e en grupo con capacidade de organización persoal do traballo. |
|
B4 B5 B6 B8
|
|
Capacidade de busca de bibliografía e información a partir de distintas fontes. |
|
B8
|
|
Capacidade de razoamento e interrelación da información, superando o estudio puramente memorístico. |
|
B1 B3 B6 B8 B9
|
|
Redacción, comunicación e debate en público de traballos seguindo o modelo habitual na comunicación da información científica. |
|
B8 B11
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
BLOQUE 1: Introducción á Zooloxía
BLOQUE 2: Introducción aos Metazoos
BLOQUE 3: Placozoos, Poríferos e Radiados
BLOQUE 4: Clado Lofotrocozoos
BLOQUE 5: Clado Ecdisozoos
|
BLOQUE 1: Introducción á Zooloxía
Tema 1.- INTRODUCCIÓN: Concepto de Zooloxía, finalidade y subdivisions. Niveis de organización. Concepto de animal.
Tema 2.- A EVOLUCIÓN BIOLOXICA: Teorías da evolución. Homoloxía e Analoxía. Concepto de poboación e concepto de especie. Especiación simpátrida e especiación alopátrida.
Tema 3.- A CLASIFICACION ZOOLOXICA: Taxonomía e Sistemática. A sistemática zoolóxica: principais escolas. Categorías taxonómicas e reglas de nomenclatura zoolóxica. As grandes divisions do Reino animal.
BLOQUE 2: Introducción aos Metazoos
Tema 4.- INTRODUCCION AOS METAZOOS: A orixe dos metazoos. Simetría animal. Metamería. Cefalización. O proceso reproductor e as primeiras fases do desenrolo embrionario. Cavidades corporais: Acelomados, Pseudocelomados e Eucelomados. Orixe e formación do mesodermo e do celoma.
BLOQUE 3: Placozoos, Poríferos e Radiados
Tema 5.- PLACOZOOS: Características xerais. PORIFEROS: Características xerais e tipos de organización. Tipos celulares e formacions esqueléticas. Reproducción e desenrolo. Sinopsis dos grupos principais.
Tema 6.- RADIADOS. CNIDARIOS: Características xerais. Polimorfismo. Anatomía, tipos celulares e formacions esqueléticas. Estudo de Hidrozoos, Escifozoos, Cubozoos e Antozoos. CTENOFOROS: Características xerais.
BLOQUE 4: Clado Lofotrocozoos
Tema 7.- ACELOMORFOS. Características xerais. PLATELMINTOS: Características xerais e clasificación. Estudo de Turbelarios, Trematodos e Cestodos. MESOZOOS: Características xerais. NEMERTINOS: Características xerais.
Tema 8.- GNATIFEROS E OTROS LOFOTROCOZOOS MENORES: Características xerais. Sinopsis dos grupos principais.
Tema 9.- MOLUSCOS: Características xerais e plan fundamental de organización. Clasificación. Organización, reproducción e desenrolo de Gasterópodos, Bivalvos e Cefalópodos. Mención doutros grupos de moluscos.
Tema 10.- ANELIDOS: Características xerais e clasificación. Organización, reproducción e desenrolo de Poliquetos, Oligoquetos e Hirudíneos. Mención de grupos afins.
Tema 11.- LOFOFORADOS. Características xerais dos Lofoforados. Principais elementos da anatomía externa e interna de Briozoos. Características xerais de Braquiópodos e Foronídeos. Relacions filoxenéticas.
BLOQUE 5: Clado Ecdisozoos
Tema 12.- ECDISOZOOS MENORES. Características xerais.
Tema 13.- PANARTRÓPODOS. Filos ONICÓFOROS e TARDÍGRADOS. Características xerais.
Tema 14.- CARACTERES XERAIS DE ARTRÓPODOS. Definición de Artrópodo e posición no reino Animal. O proceso de artropodización. Principais grupos de artrópodos. Clasificación. Tegumento e formacions tegumentarias. Formación e muda da cutícula. Organización xeral do corpo dun Artrópodo. O apéndice artropodiano. O proceso de tagmosis. Organización xeral dos distintos sistemas corporais.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Proba de resposta breve |
A1 A7 |
2 |
0 |
2 |
Actividades iniciais |
B6 |
1 |
0 |
1 |
Discusión dirixida |
A29 B1 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B11 |
5 |
12 |
17 |
Sesión maxistral |
A1 A29 B1 B3 B8 B9 B11 |
29 |
66.7 |
95.7 |
Proba de resposta breve |
A1 A2 |
1 |
0 |
1 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A2 A4 A11 A30 A31 |
16 |
16 |
32 |
|
Atención personalizada |
|
1.3 |
0 |
1.3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba de resposta breve |
Exames sobre os contidos teóricos da materia impartida nas leccións maxistrais e, eventualmente, da preparada polo alumnado por indicación expresa do profesorado. |
Actividades iniciais |
Presentación da materia e explicación en detalle das distintas actividades a realizar durante o curso e mais dos criterios para a súa avaliación. |
Discusión dirixida |
Clases en grupos reducidos, en que se realizarán e avaliarán actividades de distinta natureza (vídeos, presentación de traballos, discusión de temas propostos, etc.) |
Sesión maxistral |
Clases teóricas presenciais de 50 minutos de duración sobre contidos teóricos do programa. Para o seu óptimo aproveitamento, o alumnado disporá con anterioridade (plataforma Moodle, servizo de reprografía) das presentacións que empregará o profesor para a súa explicación na aula. |
Proba de resposta breve |
Examen sobre os contidos prácticos en relación coas prácticas realizadas. |
Prácticas de laboratorio |
Clases prácticas de laboratorio en sesións de 2 horas de duración, en que o alumnado poderá recoñecer a diversidade dos principais grupos animais obxecto de estudo na materia e centrarse no recoñecemento da súa organización corporal e da súa anatomía externa e interna, a traveso de observacións con lupa binocular e microscopio, e coa práctica de diseccións. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba de resposta breve |
Proba de resposta breve |
Sesión maxistral |
Actividades iniciais |
Discusión dirixida |
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
A atención personalizada, en titorías, considérase como unha forma complementaria de aprendizaxe, baseada na orientación, o seguimento e a resolución de dúbidas, por iniciativa do/a estudante ou dos profesores da materia. Un seguimento personalizado permite recoñecer capacidades e habilidades non sempre reflectidas nas probas de avaliación.
Para as/os estudantes a tempo parcial e as/os estudantes con diversidade funcional que o precisen, ademais da flexibilidade horaria para a realización das actividades do curso (prácticas, seminarios), consideraranse alternativas de aprendizaxe e avaliación equivalentes cando o soliciten e, a xuízo do profesorado, resulten viables. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba de resposta breve |
A1 A2 |
Preguntas de resposta escrita e diferente grao de amplitude sobre a materia das clases prácticas. |
20 |
Proba de resposta breve |
A1 A7 |
Preguntas de resposta escrita e diferente grao de amplitude sobre a materia teórica do programa. |
65 |
Discusión dirixida |
A29 B1 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B11 |
Preguntas personalizadas de contido concreto; elaboración e defensa de traballos; e exámes escritos de tipo test ou ben compostos por preguntas curtas. |
15 |
|
Observacións avaliación |
Consideracións Xerais • A avaliación da materia sustentarase nun exame de contidos teóricos (representando o 65% da cualificación total), un exame de contidos prácticos (20% da cualificación total) e unha avaliación das actividades realizadas en grupo reducido (15% da cualificación total) • Obterán a cualificación de Non Presentado (NP) as/os estudantes que non se teñan presentado ao exame de contidos teóricos e/ou ao exame de contidos prácticos. Aspectos e Criterios de Avaliación • Mediante o exame de contidos teóricos avalíanse as compentencias A1/A7. Mediante o exame de contidos prácticos avalíanse as competencias A1/A2. Mediante a avaliación de contidos tratados en grupos reducidos avalíanse as competencias A29/B1/B3/B4/B5/B6/B8/B9/B11. Para a superación da materia na primeira oportunidade de avaliación é imprescindible cumprir os seguintes requisitos: 1) Presentarse ao exame de contidos teóricos e ao exame de contidos prácticos. 2) Obter no exame teórico unha cualificación mínima dun 4,5 sobre 10 (2,9 sobre 6,5) no exame teórico e acadar, como mínimo, untotal de 5 puntos sobre 10, engadindo a puntuación acadada no exame de contidos prácticos e nas probas de avaliación en grupo reducido. Os/as estudantes que non acaden como mínimo un 4,5 dobre 10 no exame de contidos teóricos, e ainda que ca suma do resto de contidos acaden 5 puntos, obterán a cualificación final de “Suspenso”,consignándose como nota a acadada no exame de contidos teóricos. As cualificacións obtidas nas distintas actividades realizadas durante o curso (prácticas, actividades en grupo reducido) mantéñense para a segunda oportunidade de avaliación do mesmo curso académico. Porén, as/os estudantes que o desexen poderanse presentar a un novo exame de prácticas,renunciando automaticamente á cualificación que obtiveran no exame de prácticas da 1ª oportunidade e séndolle substituída esta pola acadada no da 2ªoportunidade. Para a superación da materia na 2ª oportunidade de avaliación e para a consignación da cualificación no expediente académico considéranse os mesmos requisitos que os sinalados para a 1ª oportunidade. Estudantes a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, e casos excepcionais • En caso de que o/a
estudante, por razóns debidamente xustificadas, non puidese realizar determinadas
actividades e/ou probas de avaliación, poderá poñelo en coñecemento do profesorado,
quen valorará a situación e poderá adoptar as medidas que considere oportunas e
viables para tratar de paliala.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
BRUSCA, R. C. y BRUSCA, G. J. (2005). Invertebrados. Mc Graw-Hill, Interamericana. 2ª edición
HICKMAN, C. P.; ROBERTS, L. L.; KEEN, S.L.; LARSON, A.; L’ANSON, H. e EISENHOUR, D.J. (2009). Principios integrales de Zoología. . Mc Graw - Hill 14 edición
HICKMAN, C. P.; ROBERTS, L. L.; LARSON, A.; L’ANSON, H. e EISENHOUR, D.J. (2006). Principios integrales de Zoología.. Mc Graw - Hill 13 edición |
|
Bibliografía complementaria
|
NIETO NAFRIA, J. M. e MIER DURANTE, M. P. (1994). Tratado de Entomología. Omega
DE LA FUENTE, J. A. (1994). Zoología de Artrópodos. . Mc Graw-Hill, Interamericana.
RUPPERT, E. E. e BARNES, R. D. (1996). Zoología de los Invertebrados.. Mc Graw-Hill, Interamericana. |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Citoloxía/610G02007 | Histoloxía/610G02008 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Zooloxía II/610G02032 | Biodiversidade animal e medio ambiente/610G02033 |
|
Observacións |
Recoméndase ter: • Coñecementos básicos en citoloxía e histoloxía animal e desenvolvemento embrionario.
• Certa experiencia no prantexamento, desenrolo e presentación de traballos tanto a nivel individual como en equipa.
• Coñecementos básicos a nivel de usuario de Internet e distintos programas informáticos, particularmente de procesado de textos e realización de presentacións.
• Coñecemento de inglés, especialmente a nivel de comprensión lectora.
|
|