Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
- Adquirir coñecementos básicos que permitan comprender o funcionamento dos animais no seu medio, susceptíbeis de aplicación en estudos do medio natural, biodiversidade e manexo de organismos en condicións experimentais. |
A1 A2 A4 A10 A11 A19 A20 A22 A24 A29 A30 A31
|
B1 B2 B3 B5
|
|
- Habilidades de aplicación en estudos ambientais. |
A2 A4 A6 A11 A19 A20 A22 A23 A24
|
B2 B3 B4 B5
|
|
- Capacidade de definir conceptos, síntese e relación dos mesmos, abstracción e manexo de información de diferente procedencia (bibliográfica, manexos virtuais, etc.), redactar, coordinar e executar proxectos. |
A19 A22 A26 A27 A29
|
B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B13
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
MEDIO MARIÑO. Temas 1-7 |
Tema 1.- O medio mariño. Factores que inciden na distribución da fauna. Divisións bióticas do medio mariño.
Tema 2.- O piélago: plancto e necto. O plancto: xeneralidades; distribución espacial, temporal, vertical e migracións nictimerais (significación). O necto: concepto e composición.
Tema 3.- Adaptacións do plancto e necto á vida peláxica. Plancto: suspensión, flotación e natación. Necto: flotación, locomoción.
Tema 4.- Adaptacións respiratorias e circulatorias ao mergullo: axustes circulatorios, cambios metabólicos, depósito de O2 e compensación da presión hidrostática.
Tema 5.- Fondos brandos do litoral: características do sedimentos e influencia da actividade animal na estrutura do sedimento. Adaptacións e clasificación da fauna: hábitat, mobilidade, tamaño e alimentación. Escavadores e intersticiais. Mecanismos de alimentación e soterramento.
Tema 6.-. Vida sobre superficies duras do litoral. Características do medio. Organismos e adaptacións tróficas, á altas temperatura e exposición ao aire, ante ondas e correntes, para o mantemento das poboacións.
Tema 7.- Da plataforma continental ás augas profundas. Estabilidade ambiental nas augas profundas. O ambiente físico: características xerais. Tipo de organismos. Adaptacións morfolóxicas e funcionais á escaseza de alimento, ausencia de luz , presión. Bentos profundo.
|
MEDIO TERRESTRE. Temas 8-14 |
Tema 8. Introdución xeral aos medios terrestres. Características dos medios terrestres, en relación aos acuáticos, como hábitat para os animais. Principais condicionantes do medio terrestre para a vida animal.
Tema 9. Orixe acuático da vida. Orixe e evolución dos animais terrestres: primeiros animais terrestres. Rutas principais para a colonización da terra. Evolución dos animais terrestres. Categorías de animais terrestres: concepto e características máis importantes da fauna intersticial, criptozoica, higrófila e xerófila.
Tema 10. Factores que afectan á vida animal no medio terrestre. Principais factores que afectan á vida animal no medio terrestre: factores topográficos, edáficos, climáticos, bióticos e impacto humano: influencia do home sobre os medios e os animais terrestres.
Tema 11. Adaptacións morfolóxicas á vida terrestre. Adaptacións locomotoras e mecánicas dos animais á vida terrestre. Tamano, forma e arquitectura corporal dos animais no medio terrestre.
Tema 12. Adaptacións fisiolóxicas á vida terrestre. Principais adaptacións fisiolóxicas dos animais para á vida terrestre. Respiración, peles e cutículas, aforro de auga na excreción.
Tema 13. Adaptacións reprodutoras ao medio terrestre. Condicionantes do medio terrestre para a reprodución dos animais. Adaptacións reprodutoras para a protección dos gametos. Regreso á auga para a reprodución. Uso se pingas de esperma e espermatóforos. Inseminación interna. Adaptacións reprodutoras para a protección das crías. Ovos cleidoicos. Oviparismo e viviparismo. Coidados parentais postnatais.
Tema 14. Adaptacións dos animais aos diferentes medios terrestres. Modelos de adaptación: poboacións insulares. Adaptacións aos medios herbáceos abertos. Adaptacións á estacionalidade. Adaptacións ao frío en medios árticos, antárticos e de alta montaña. Adaptacións á seca e á calor en medios áridos. Outras adaptacións a medios terrestres.
|
AUGAS DOCES. Temas 15-21 |
Tema 15.- As augas doces. Tipoloxía das augas epicontinentais. Medios lóticos e lénticos: características xerais. As augas subterráneas e outros ambientes especiais.
Tema 16.-Factores que inciden na distribución da fauna: características químicas das augas continentais. Morfoloxía e dinámica fluvial. Os ecosistemas fluviais galegos. Tipos de comunidades de organismos nos medios acuáticos.
Tema 17.- O bentos (I) Os macroinvertebrados do bentos. Adaptacións reprodutivas e do ciclo de vida. As adaptacións alimentarias.
Tema 18.- O bentos (II). A regulación osmótica. A importancia da temperatura e o problema da conxelación. As adaptacións respiratorias. Adaptacións á vida nas augas correntes.
Tema 19.- A deriva. Composición da deriva. Variacións temporais e espaciais. Efectos da deriva. Mecanismos compensadores da deriva.
Tema 20.- O neuston. Características especiais da superficie da auga. Principais grupos do neuston. Adaptacións xerais.
Tema 21.- O necton. Composición. Modos de vida. Estratexias alimentarias. Adaptacións fisiolóxicas e comportamentais relacionadas coa migración e reprodución.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A6 A19 A20 A22 A29 B1 B3 B6 B8 |
24 |
76.8 |
100.8 |
Proba obxectiva |
A6 A10 A19 A22 A23 A24 A29 B1 B3 B4 B8 B9 |
3.1 |
0 |
3.1 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A2 A4 A6 A11 A19 A20 A29 A30 A31 B1 B2 B3 B5 B6 B13 |
15 |
1.5 |
16.5 |
Seminario |
A6 A19 A20 A22 A23 A26 A27 A29 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 |
8 |
18.64 |
26.64 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Leccións maxistrais presenciais, duns 50' de duración, sobre aspectos teóricos do programa. O material gráfico (presentacións en PowerPoint ou outro tipo de imaxes) estará a disposición dos alumnos na UCV. Nestas sesións, cun contido que supón unha elaboración orixinal, trátase de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A docencia nas sesións maxistrais terá lugar seguindo o modelo híbrido establecido pola Facultade de Ciencias. |
Proba obxectiva |
Realización dun exame final ao remate do cuadrimestre. Proba centrada na materia impartida nas sesións maxistrais e aspectos debatidos nos seminarios. |
Prácticas de laboratorio |
CARÁCTER OBRIGATORIO. Desenvolvemento das mesmas en 3 sesións, que requiren do manexo de organismos mariños, de augas doces e terrestres, entroncando os datos obtidos con aspectos biolóxicos e do medio natural correspondente.
AO REMATE de cada sesión de prácticas de laboratorio, farán ENTREGA dun RESUME DE DATOS obtidos no seu desenvolvemento e CONCLUSIÓNS das mesmas (nunha folla por posto de traballo, común para os alumnos do mesmo). |
Seminario |
A desenvolver nas horas de teoría en grupos reducidos, nos que se poderá incidir sobre os aspectos máis relevantes tratados previamente nas sesións maxistrais, ou ben complementarios e de interese en relación coa materia.
Nestes seminarios levaranse a cabo debates conxuntamente, téndose en conta a participación dos diversos alumnos que conforman o grupo. Poderán traducirse en discusión e exames curtos no seminario, e que serán considerados como PARTE DA AVALIACIÓN INDIVIDUAL. O ALUMNO AUSENTE nun seminario terá unha cualificación de 0 puntos na actividade desenvolta nesa sesión. |
Atención personalizada |
|
Descrición |
A atención personalizada non está restrinxida ao tratado nas sesións de seminario. Trátase de titorías, sempre que o alumno o requira, nas que se poderán consultar dúbidas e/ou debater sobre do tratado no programa teórico da materia e abordado nas sesións maxistrais, así como nos seminarios, ou ben nas sesións de prácticas de laboratorio.
No caso de que puidera haber alumnado matriculado asimilado como “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”, cabe contemplar que este contará coas titorías tradicionais como as de tódolos alumnos, e de xeito particular aquelas enfocadas a complementar a súa posíbel non participación nas actividades de seminario que tiveran lugar ao longo do curso académico.
Así mesmo, e no referente ás actividades prácticas que puideran non ter sido desenvoltas por estes alumnos -caso de contar coa dispensa oportuna-, contémplanse tamén titorías dirixidas a aportar información complementaria sobre das prácticas desenvoltas de xeito xeral polo alumnado, facilitando así a avaliación deste sector de alumnado.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Seminario |
A6 A19 A20 A22 A23 A26 A27 A29 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 |
Debates en forma de discusión + exames curtos desenvoltos por cada grupo reducido de alumnos, e que serán considerados como PARTE DA AVALIACIÓN INDIVIDUAL en función da participación/aportación de cada alumno no debate, e da cualificación obtida no exame curto desenvolto na fase final da sesión do seminario.
O ALUMNO AUSENTE nestes debates/exames curtos terá unha cualificación de 0 puntos na actividade desenvolta nesa xornada. |
25 |
Proba obxectiva |
A6 A10 A19 A22 A23 A24 A29 B1 B3 B4 B8 B9 |
Haberá un exame final da materia ao remate do cuadrimestre. A proba, con preguntas curtas, estará centrada na materia abordada nas sesións maxistrais e aqueles aspectos que pola súa relevancia foron debatidos e desenvoltos no contexto dos seminarios.
Computará como o 60% da nota final (máximo 6 puntos sobre 10, se ben É PRECISO OBTER UN MÍNIMO de 4.5 puntos sobre 10 para aprobar a materia; 2,7 sobre 6). |
60 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A2 A4 A6 A11 A19 A20 A29 A30 A31 B1 B2 B3 B5 B6 B13 |
Destacar o seu CARÁCTER OBRIGATORIO. Serán avaliadas en base ao traballo realizado no laboratorio ao longo das mesmas e aos datos aportados por cada grupo de alumnos/posto de prácticas en cada sesión de laboratorio, dado que ao remate da sesión deberán facer ENTREGA dun RESUME DE DATOS e CONCLUSIÓNS obtidos no desenvolvemento das mesmas.
Prácticas realizadas en cursos previos no caso de alumnos repetidores, gárdase a cualificación por 3 anos. |
15 |
|
Observacións avaliación |
A avaliación da materia terá en conta o coñecemento do programa
teórico, as actividades prácticas de laboratorio e os debates desenvoltos nas
sesións de seminario. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a comprensión e
capacidade de síntese, a claridade expositiva e as habilidades adquiridas. -Na primeira oportunidade de
avaliación terán carácter de NON PRESENTADO aqueles alumnos que non
concorran á proba obxectiva, tendo ou non realizado previamente as prácticas de laboratorio, e/ou participaran ou non nos debates desenvoltos
nos seminarios. -Terán carácter de SUSPENSO
aqueles alumnos que téndose presentado á proba obxectiva, non
acadaran na mesma a cualificación mínima mencionada no apartado Avaliación,
tendo ou non realizado previamente as prácticas de laboratorio, e/ou participaran
ou non nos debates desenvoltos nos seminarios. -Os alumnos que concorrendo a
unha segunda oportunidade de avaliación non tiveran realizado as prácticas de laboratorio, terán que facer fronte a un exame
complementarios con preguntas relativas ás mesmas como parte da proba
obxectiva, debendo obter nestas preguntas unha cualificación mínima de
5.0 Terán carácter de NON PRESENTADO
aqueles alumnos que non concorran á proba obxectiva, tendo ou non
realizado previamente as prácticas de laboratorio e participaran ou non nos
debates desenvoltos nos seminarios. Serán cualificados con SUSPENSO aquelas alumnos que téndose presentado á proba obxectiva, non acadaran na mesma a cualificación mínima mencionada no apartado Avaliación (4,5 sobre 10). No caso de que existise “Alumnado con recoñecemento de dedicación a
tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”, e que
puidesen non ter realizado as prácticas de laboratorio, estes alumnos deberán
realizar de forma específica un exame de prácticas. Para isto será
imprescindible a información que puidesen obter en titorías específicas,
que incluirá documentación elaborada polo alumnado como parte das
sesións de prácticas previamente realizadas.
A superación da proba obxectiva da materia, que representa o 60% da
cualificación final, deberá ser complementada coa obtención de, polo
menos, unha cualificación de 5.0 no exame de prácticas mencionado. Estes
alumnos, tanto na primeira como na segunda oportunidade de avaliación,
deberán realizar o exame de prácticas citado, e leste terá un peso que
representará o 30% da cualificación final. Os alumnos que non acaden a cualificación mínima sinalada na proba obxectiva, figurarán na acta cunha nota máxima de 4,5.
MEDIO MARIÑO
-Castro, P. & M.E. Huber,
2007. Biología Marina (6ª ed.). Madrid: McGraw-Hill/Interamericana,
486pp.
-Hill, R.W., G.A. Wyse & M. Anderson, 2006. Fisiología
Animal. Ed. Panamericana.
-Morrissey, J. & J.L. Sumich
2009. Introduction to the Biology of Marine Life (9th ed.). Sudbury: Jones
& Bartlett Publishers, 454pp.
-Nybakken, J.W. & M.D.
Bertness, 2005. Marine Biology. An Ecological Approach (6th ed). New
York: Pearson- Benjamin Cummings Publishers, 579pp.
-Levinton,
J.S., 2013. Marine Biology. Function, Biodiversity, Ecology (International 4ª ed.). New York:
Oxford University Press, 516pp.+glosario e índice.
-Randall, D., W. Burggren & K. French,
2002. Eckert Animal
Physiology. Mechanisms and Adaptations. (5ª ed.). W.H. Freeman and Company.
-Little, C., 2009. The Biology of Soft Shores and Estuaries. New
York: Oxford University Press. 219pp.+glosario e índice.
-Little, C; Williams ,G.A., Trowbridge, C.D. 2010. (2ª ed.)The Biology of Rocky Shores. New
York: Oxford University Press. 316pp.+glosario e índice.
AUGAS DOCES
-González, M.A. & F. Cobo, 2006. Macroinvertebrados
de las aguas dulces de Galicia. Hércules de Ediciones.
-Margalef,
R., 1983. Limnología. Omega.
-Petts, G. & P. Calow (eds.), 1996. River biota. Diversity
and dynamics. Blackwell Science.
-Tachet, H., P. Ricoux, M. Bournaud & P.
Usseglio-Polatera, 2002. Invertébrés d’eau douce. Systématique, biologie,
écologie. CNRS Editions.
MEDIO TERRESTRE
-Pough, F. H., C.M. Janis. & J.B. Heiser 2009. Vertebrate
Life (8th ed.). London: Prentice Hall.
-Rose, E. 2006. Animal Adaptations for Survival.
New York: The Rosen Publishing Group.
-Wilmer, P., G. Stone & I. Johnston 2009. Environmental
Physiology of Animals (2nd ed.). John Wiley & Sons.
|
|
|
|
Bibliografía complementaria
|
|
MEDIO MARIÑO -Berta, A., J.L. Sumich & K.M.
Kovacs 2006. Marine Mammals: Evolutionary
Biology (2nd ed). Burlington: Academic Press, 547pp.
-Eddy, F.B. & R.D. Handy 2012. Ecological and Environmental Physiology of Fishes. Oxford: Oxford University Press, 253pp. -Herring, P. 2002. The Biology of the Deep Ocean. Oxford:
Oxford University Press, 314pp. -Jamieson, A. 2015. The Hadal Zone. Life in the Deepest Oceans. Cambridge: Cambridge University Press, 372pp. -Little, C., G.A. Williams & C.D. Trowbridge,
2010. The Biology of Rocky Shores (2nd ed.). Oxford University
Press, 356pp. -Ponganis, P.J. 2015. Diving Physiology of Marine Mammals and Seabirds. Cambridge: Cambridge University Press, 333pp. -Williams, T.M. & G.A.J. Worthy
2002. Anatomy and Physiology: the Challenge of Aquatic Living. In, Marine Mammal Biology. An Evolutionary
Approach. Hoelzel, A.R. (ed.) pp.
73-97. Oxford: Blackwell Science, 432pp. AUGAS DOCES -Gibert, J., D.L. Danielopol & J.A. Stanford (eds.)
1994. Groundwater ecology. Academic Press. -Guthrie, M. 1989. Animals of the surface film.
Richmond Publishing. -Lancaster, J. & R.A. Briers 2008. Aquatic insects.
Challenges to populations. CAB International. -Thorp, J.H. & A. Covich (eds.) 2001. Ecology and
classification of North American freshwater invertebrates. Academic Press. MEDIO TERRESTRE -Biewener, A.A. 2003. Animal Locomotion. Oxford
Animal Biology Series. Oxford: Oxford University Press. -Chapin, III, F.S., P.A. Matson & H.A. Mooney 2012. Principles
of Terrestrial Ecosystem Ecology (2nd ed.). Birkhäuser. -Daly, H.V., J.T. Doyen & A. H. Purcell 1998. Introduction
to Insect Biology and Diversity. Oxford University Press USA. -Pechenik, J.A. 2010. Biology of the Invertebrates.
McGraw Hill. -Linzey, D.W. 2011. Vertebrate Biology (2nd ed.).
Johns Hopkins University Press. -Shugart, H. H. 1998. Terrestrial Ecosystems in Changing
Environments. Cambridge University Press. -Vaughan, T.A., J.M. Ryan & N.J. Czaplewski, 2011. Mammalogy.
(5th ed.). Sudbury: Jones and Bartlett Publishers. -Vitt, L.J. & J.P. Caldwell, 2009. Herpetology (3rd. ed.). San Diego, CA: Elsevier. Academic Press. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Zooloxía I/610G02031 | Zooloxía II/610G02032 | Fisioloxía Animal I/610G02035 | Fisioloxía Animal II/610G02036 | Ecoloxía I: Individuos e ecosistemas/610G02039 | Ecoloxía II: Poboacions e comunidades/610G02040 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
-As sesións maxistrais son especialmente recomendábeis
con vistas ao seguimento do programa teórico da materia. Particularmente, dado
que non se segue ningún texto concreto, recoméndase o seguimento das sesións
maxistrais como o xeito máis idóneo para abordar a materia. -Igualmente esencial para os alumnos facer uso da Plataforma
Virtual da UCV para o desenvolvemento da materia. -Recoméndase contar con coñecementos a nivel de usuario de
ferramentas informáticas básicas (navegación, procesador de textos, preparación
de presentacións, etc). -Recoméndase coñecemento de inglés cun nivel de
comprensión de lectura medio. |
|