No que atinxe á segunda oportunidade do xogo de empresa e debido á imposibilidade de repetir o xogo
nas mesmas condicións que na primeira oportunidade -xogadas e nivel de
competencia- a evaluación efectuarase coa entrega dun traballo/informe mediante o cal se avaliará a capacidade de toma de decisións de acordo cos contidos e ideas
traballadas durante o xogo. Dito informe conterá unha análise estratéxica de cada
unha das decisións tomadas nas distintas rondas do xogo de empresa, comentando
a partires da situación de partida en cada ronda porqué se toman ditas decisións, adoptando polo tanto unha visión reflexiva e crítica de cada unha das decisións tomadas, ronda a ronda, e tamén se ha de ofrecer unha valoracion final de conxunto tanto en térmos da estratexia global adoptada como dos resultados acadados.
Para a segunda oportunidade a entrega do traballo centrado na parte da simulación deberá ser enviado por
correo electrónico ós profesores da materia José López Rodríguez (jose.lopez.rodriguez@udc.es) e Óscar Juanatey Boga (oscar.juanatey.boga@udc.es) antes da finalización do período de exames da segunda oportunidade. Ademáis no seu momento habilitarase o espazo correspondente a
través de Moodle para subir dito documento.
Aqueles alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia dirixiránse o profesorado ao inicio do curso para establecer un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación. Ademáis empregarase a plataforma Moodle e o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para poder axilizar a xestión de dúbidas e problemas relacionados coa materia.
Cualificación
de non presentado Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades de
avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación
final, con independencia da cualificación alcanzada.