Avaliación Segunda Oportunidade: O sistema de avaliación
aplicado na primeira oportunidade manterase para a segunda oportunidadade.
A segunda oportunidade permitirá que o estudante que non presentase de forma completa e correcta o proxecto na primeira oportunidade poda facelo con posterioridade. Asemade, hai a posibilidade de que o estudante poda presentar un proxecto diferente ao do seu grupo se existe unha causa xustificada.
Alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención de asistencia: No caso de alumnos con dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia, empregarase a plataforma Moodle e
o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de
contidos, titorías e a entrega de traballos. Acordarase ao comezo do curso un
calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, mais terán a
mesma obriga de realizaren actividades e de acudiren a calquera tipo de proba
de avaliación que o alumnado a tempo completo.
Cualificación
de non presentado Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades de
avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación
final, con independencia da cualificación alcanzada.
Brealey, R.;Myers, S.; Allen, F. (2010). Principios de Finanzas Corporativas. McGraw-Hill,9ª Ed.
Durbán, S.;Irimia, A.I.; Oliver, M.D.; Palacín, M.J. (2009). Planificación financiera en la práctica empresarial. Ediciones Pirámide, Madrid.
Ademáis, será o propio estudante quen busque as referencias documentais e materiais bibliográficos para resolver os problemas que se lle formulen.
Adicionalmente os docentes proporán materiais concretos ao longo do desenvolvemento da materia.