Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Comprende-lo papel das TIC nas organizacións empresariais |
AP1 AP2 AP21 AP22
|
BP1 BP2 BP3 BP4 BP6 BP7 BP8 BP9 BP11 BP12
|
CP1 CP4 CP5 CP7 CP9 CP10 CP11
|
Relaciona-las TIC coa competitividade e o desempeño empresarial |
AP2 AP7 AP11
|
BP1 BP2 BP3 BP4 BP6 BP7 BP8 BP10 BP11 BP12 BP14
|
CP1 CP2 CP6
|
Comprende-la dinámica financeira dos investimentos intensivos en TIC |
AP9 AP10
|
BP3 BP4 BP6 BP7 BP8 BP10
|
CP1 CP2 CP4 CP5 CP6 CP7
|
Saber avaliar invesvimentos, proxectos ou empresas intensivas en TIC |
AP7 AP9 AP10 AP21
|
BP1 BP2 BP3 BP4 BP7 BP8 BP9 BP10 BP12 BP14
|
CP2 CP3 CP5 CP6 CP11
|
Fomenta-lo interese e o sentido crítico en relación á innovación e ó progreso da tecnoloxía |
|
BP11 BP12
|
CP1 CP2 CP3 CP4 CP5 CP6 CP7 CP8 CP9 CP10 CP11
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Información e toma de decisións |
(I)rracionalidade
Datos, información e coñecemento |
O sistema de información |
Sistemas vs. tecnoloxías da información
As TIC en perspectiva histórica
A organización como un entramado de fluxos de información |
A dimensión interna |
Procesamento de transaccións
Sistemas de xestión e para a toma de decisións |
A dimensión externa |
Comercio electrónico
Cambios estruturais: teletraballo, dixitalización e máis |
Aspectos de xestión |
Avaliación de investimentos en TIC
Intanxibles e competitividade |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Estudo de casos |
A1 A2 A7 A9 A10 A11 A21 A22 B2 B3 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 |
10 |
15 |
25 |
Discusión dirixida |
A1 A7 B1 B2 B3 B7 B8 B9 B10 B14 C2 C4 C5 C6 C7 C8 |
8 |
8 |
16 |
Traballos tutelados |
A2 A9 B10 B11 B12 C2 C4 C6 C9 C10 C11 |
15 |
60 |
75 |
Análise de fontes documentais |
C1 C3 C5 C7 C9 |
1 |
10 |
11 |
Proba obxectiva |
A7 A11 A21 A22 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C2 C3 C11 |
4 |
6 |
10 |
Sesión maxistral |
A2 A7 A9 A10 A11 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B14 C1 C2 C3 |
3 |
0 |
3 |
|
Atención personalizada |
|
10 |
0 |
10 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Estudo de casos |
Análise crítica de casos realistas |
Discusión dirixida |
Dinámicas de grupo en relación a casos, situacións ou escenarios |
Traballos tutelados |
Tarefas de estensión media sobre temas ou cuestións concretas, dentro do ámbito de interese da materia |
Análise de fontes documentais |
Busca de bibliografía e fontes de información relevantes, lectura e análise do seu contido. |
Proba obxectiva |
Proba relativa ós contidos discutidos nas sesións presenciais e á programación de traballo non presencial. |
Sesión maxistral |
Presentación xeral dos temas de traballo, e coordinación do grupo |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Estudo de casos |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Atendendo ás instrucións recibidas da Facultade, as titorías desenvolveranse de xeito exclusivamente virtual e previa petición de cita por correo electrónico; son de aplicación os límites que sinala a normativa de dedicación docente do profesorado da UDC.
Na medida en que a capacidade do equipo docente e os medios dispoñibles o permitan, tratarase de prestar atención persoalizada ós alumnos con dificultades xustificadas por cuarentena ou enfermidade, sen perxuízo dos dereitos e obrigas previstos na normativa académica canto ás datas e forma en que se han de desenvolve-las probas de avaliación.
Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia poden solicitar ou propoñer un horario de atención compatible coa súa dedicación, cando existan razóns obxectivas que lles impidan asistir no horario ordinario.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
A7 A11 A21 A22 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C2 C3 C11 |
Proba relativa ós contidos discutidos nas sesións presenciais e á programación de traballo non presencial. |
20 |
Estudo de casos |
A1 A2 A7 A9 A10 A11 A21 A22 B2 B3 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 |
Valoraranse i) o grao de participación; ii) a creatividade e o nivel de asertividade; iii) a capacidade para diagnostica-las situaciones formuladas e realizar contribucións valiosas; iv) a calidade das solucións propostas; v) o contido do informe ou memoria presentado; e vi) a capacidade para sustenta-las conclusións con argumentos baseados na lóxica financeira, organizativa e competitiva da empresa. No caso de tarefas tareas de grupo, a cualificación pode individualizarse atendendo a estes criterios. |
40 |
Traballos tutelados |
A2 A9 B10 B11 B12 C2 C4 C6 C9 C10 C11 |
Valorarase i) a calidade do traballo preliminar de busca de información, mostraxe, etc.; ii) a calidade do traballo estatístico realizado para analiza-los datos dispoñibles; iii) a relevancia das conclusións obtidas, e o seu respaldo na lóxica financeira e organizativa; iv) a calidade da memoria ou informe final, e no seu caso, da exposición. |
40 |
|
Observacións avaliación |
Dacordo coas indicacións recibidas da Reitoría e da Facultade, a avaliación será continua e presencial; se as circunstancias non o permitir, adoptarase un modelo non presencial sobre as plataformas institucionais da UDC, mantendo na medida do posible a metodoloxía e as probas de avaliación que no seu caso se realizasen ate o momento. Dispoñibilidade de recursos técnicos: se a situación sanitaria o aconsella, o equipo docente pode acordar que o traballo ordinario e as probas de avaliación se desenvolvan en soporte electrónico, incluíndo aquelas que se poidan realizar na aula. Os alumnos son responsables de dispor, dende o inicio de cuadrimestre, dos medios necesarios para acceder a recursos electrónicos e no seu caso realizar unha avaliación en formato electrónico. Se carecen celes, poden consultar á UDC a posibilidade de que lles sexan facilitados, nos termos do documento de “Orientacións para a programación da actividade docente: curso 2020-2021 ” Cualificación de non presentado: corresponde ós alumnos que participen unicamente de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ó 20% na cualificación final, con independencia da cualificación acadada. Segunda oportunidade: os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade poderán facelo na segunda desenvolvendo un traballo sobre un tema específico da materia que se
comunicará individualmente a cada alumno despois da publicación das
cualificacións da primeira oportunidade. O traballo debe ter unha extensión
mínima de 50 follas A4 a unha cara con marxes de 2,5cm. por cada lado,
tipografía Times New Roman corpo 11 e espaciado de 1,5 liñas; o número de
palabras non pode ser inferior a 10.000, excluídas citas e bibliografía, que
seguirán a norma APA. Valorarase de cero a dez puntos en función da profundidade e calidade do
contido, a amplitude e relevancia da bibliografía empregada, e o interese das
conclusións. Son de aplicación as seguintes esixencias de orixinalidade: aceptaranse unhas
similitudes máximas do 25% (excluídas citas e bibliografía) e do 30% (incluíndo
citas e excluíndo bibliografía); de se considerar necesario, pode preverse unha presentación persoal do traballo, que será condición necesaria para supera-la asignatura. O incumprimento destas condicións entenderase
fraude, coas consecuencias que se prevén na normativa académica. Oportunidade adiantada: avaliarase a partir dun examen sobre 10 puntos. Uso de dispositivos: durante as sesións presenciais non está permitido emprega-los móbiles, ordenadores, etc. a menos que estea xustificado pola actividade académica e, en calquera caso, exista autorización previa por parte dos profesores. Durante as probas de avaliación estes dipositivos deberán estar apagados e fóra da vista, a menos que o seu uso se autorizase. O incumprimento destas normas interpretarase como fraude, coas consecuencias académicas que se deriven.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Andreu, R. (1996). Estrategia y sistemas de información. Madrid: McGraw - Hill
Hirschheim, R. et al. (2002). Information systems outsourcing: enduring themes, emergent patterns, and future directions. New York: Springer Verlag
Alter, S. (1996). Information Systems. A Management Perspective. Menlo Park, California: Benjamin Cummings
O'Brien, J. (2006). Management information systems. Boston: McGraw - Hill
Cardona, J. (ed.) (2011). Sistemas de información empresarial: casos y supuestos prácticos. Granada: GEU
Gómez Vieites, A. (2009). Sistemas de información: herramientas prácticas para la gestión empresarial. Madrid: Ra-ma
Robson, W. (1994). Strategic management and information systems an integrated approach. Londres: Pitman
Li, F. (1995). The geography of business information. Chichester: Wiley |
A busca e análise de fontes é unha das metodoloxías desenvolvidas durante o curso e un dos seus obxectivos objetivos formativos; neste sentido, a bibliografía aportada debe entenderse como unha reseña básica e xeral, que se completa con referencias específicas para cada capítulo. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Cumprimento da normativa sanitaria A participación nas actividades presenciais require inexcusablemente o cumprimento estrito das indicacións das autoridades sanitarias, en particular o uso de mascariña protectora en todo momento. Atenderase ás adaptacións que poidan recibirse da Facultade canto os horarios de entrada e saída escalonados, e todas aquelas circunstancias que poidan afectar á organización da materia. Adaptacións e circunstancias sobrevidas Sempre en función das instrucións que se poidan recibir, a materia podería adaptarse a un formato semipresencial ou completamente deslocalizado, que poderían levar a unha substitución total ou parcial do traballo presencial por sesións telemáticas. Na medida do posible manteranse os contidos, metodoloxía e avaliación. Dispoñibilidade de recursos informáticos A organización docente está suxeita ás indicacións que se poidan recibir como consecuencia da situación sanitaria, pero os alumnos deben dispoñer, desde o inicio do cuadrimestre, dos medios técnicos necesarios para acceder a recursos electrónicos e desenvolver unha avaliación telemática. O equipo docente resérvase a capacidade de acordar que, incluso se a docencia é presencial, a avaliación se desenvolva por medios electrónicos para minimiza-los risco potencial causado polo manexo de papel a través de varias persoas. É suficiente cun móbil de capacidade ordinaria, aínda que se recomenda un ordenador ou alomenos unha tablet; se carecen deles, poden consultar coa UDC a posibilidade de que lles sexan facilitados, nos termos do documento de “Orientacións para a programación da actividade docente: curso 2020-2021 ”. |
|