Será necesario obter como
mínimo 5 puntos no exame final sobre contidos teóricos para seguir engadindo os
demais conceptos da avaliación continua.
Con relación a avaliación
realizarase un exame escrito tipo test de 30 preguntas con unha duración de 20
minutos. Representará o 40% da valoración da materia. Clases prácticas e
traballos representarán o 60% da calificación final.
As preguntas tipo test
valoraránse con 0,5 puntos as preguntas correctamente contestadas; -0,10 as mal
contestadas e -0,05 as sin contestar. O aprobado nesta proba alcanzarase cun 5.
Para os alumnos con dispensa
de asistencia se acordará un sistema de evaluación continua adecuado ás súas circunstancias.
Considerarase "Non
presentado" ao alumno que realizase actividades que, en conxunto,
supoñan unha porcentaxe igual ou inferior ao 20% da nota final.
Na segunda oportunidade, os
criterios son os mesmos que na primeira, é decir, consérvase a nota de práctica
y volverase realizar os traballos, as prácticas e o examen que non teña superados.
Para a convocatoria adiantada, o alumno terá que realizar os traballos, as prácticas e o examen que non teña superados nas oportunidades anteriores.
Os alumnos que liberen unha
parte da materia mediante unha proba mixta (parcial) só terá validez para o
curso actual. Si un alumno que ten liberada unha parte non consegue aprobar a
materia no seu conxunto nas oportunidades de xuño ou xullo, a súa cualificación
final será suspenso e terá que repetir toda a materia nos seguintes cursos
académicos.