Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Se trata de que o alumnado adquira o coñecemento e a perspectiva da actividade económica como un subsistema integrado dentro do sistema global da sociedade, entendida esta como un corpo xeral ou en conxunto, coas súas correspondentes partes integrantes, entre elas as correspondentes ás accións económicas, coas súas correspondentes finalidades específicas e comúns. Nesa visión global ou de conxunto, trátase de dar a coñecer que o alumnado entenda as conexións, implicacións, reciprocidade e reflexividade da actividade económica dentro da actividade xeral da sociedade. Que o alumnado teña o máis claro posible o papel da actividade económica no escenario conxunto da sociedadePolo tanto, o obxectivo do curso é unha análise introdutoria -aínda que sistemático-, das relacións entre Economía e Sociedade. Obxectivos de aprendizaxe: 1.- A análise dos feitos económicos pode -e debe- incorporar elementos de natureza social e política. 2.- As bases da teoría económica inclúen, ademais dun corpus teórico-científico, unha determinada concepción do mundo, derivada á súa vez do contexto social onde se inscribe. Estes resultados corresponderanse coas competencias nucleares e transversais da titulación. |
A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A12
|
B1 B2 B3 B4 B5 B9 B10
|
C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. O enfoque sociolóxico da actividade económica |
Principais teorías da socioloxía económica.
Socioloxía e economía: encontros e diverxencias
|
Tema 2. A dimensión social das institucións económicas: os mercados como estruturas sociais |
Socioloxía e Mercado: o mercado como institución social.
Mercados e sistemas de mercados
As ambivalencias e os límites do mercado
|
Tema 3. o método e as técnicas de investigación en Socioloxía |
A necesidade dun enfoque interdisciplinar
Principais técnicas cuantitativas e cualitativas.
Análise de actitudes e motivacións económicas
|
Tema 4. Socioloxía dos Mercados de Traballo |
Conceptos fundamentais: Actividade, emprego e paro
As transformacións do traballo: Sociedade do traballo ou Sociedade do desemprego?
A dualización e segmentación dos mercados de traballo
As mulleres e o emprego
Os mozos e o emprego
|
Tema 5. Socioloxía da Empresa |
A empresa capitalista. Evolución e perspectivas
Fordismo, postfordismo e empresa en rede.
Socioloxía e xestión de recursos humanos
|
Tema 6. Socioloxía do consumo |
A socioioxía do consumo
A formación da necesidade: Consumo, preferencias e estilos de vida
Formas de consumo e publicidade.
|
Tema 7. As relacións entre Estado e Mercado: o Estado de Benestar |
Modelos, evolución e perspectivas.
Crise e reformulación do Estado de Benestar
|
Tema 8. A voltas coa globalización: nova economía e vellos debates |
Descentralización produtiva e cambios nas relacións laborais
As Migracións internacionais
O capital financeiro dende unha perspectiva sociolóxica
|
Tema 9. Cuestións socioeconómicas contemporáneas |
Sociedade e medioambiente
Novas formas de exclusión e desigualdade social
Os BRIC ´ S: Capitalismos emerxentes e Socioloxía
Novos movementos de participación cidadá e crise económica.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Proba obxectiva |
A5 A7 A12 B1 B2 B3 B4 C1 |
2.5 |
17.5 |
20 |
Obradoiro |
A4 A9 C8 |
25 |
50 |
75 |
Sesión maxistral |
A3 A5 A6 A7 A8 A9 A10 B1 B2 B3 B9 B10 C1 C3 C4 C5 C6 C7 |
17 |
34 |
51 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba obxectiva |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.
A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. |
Obradoiro |
Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Atención personalizada |
|
Descrición |
A atención personalizada en titorías de despacho permitirá que o profesor/a oriente ao alumno/a sobre obxectivos e metodoloxía.
Prácticas por parte do alumnos. Entregarase o programa detallado e calendario das prácticas o primeiro día de clase. Igualmente as horas de atención personalizada poderán dedicarse á explicación, comentario e/ou corrección das prácticas de taller.
Ademais do calendario de titorías presenciais nos horarios que se determinen a principio de curso por cada profesor/a, o/a alumno poderá acceder a titorías virtuais a través da ferramenta Moodle, así como a través do correo electrónico do profesor/a.
Formaranse dous subgrupos de 15 alumnos/ás. Fixarase unha titoría cunha duración de 6 horas repartidas en tres sesións de 2 horas cada unha para atender dúbidas sobre o traballo tutelado ou sobre a preparación do exame. Avisarase en clase con antelación sobre o lugar en que se van celebrar.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
A5 A7 A12 B1 B2 B3 B4 C1 |
Requirirase a realización dun proba obxectiva de acordo aos contidos do programa. Convén recordar que aínda que o alumno/a supere esta proba non é requisito abondo para aprobar a materia, xa que é imprescindible ter realizado a parte práctica que se explica a continuación. |
40 |
Obradoiro |
A4 A9 C8 |
Requirirase a realización das prácticas. As prácticas realizaranse sobre os temas propostos no programa. |
60 |
|
Observacións avaliación |
Para aprobar a materia sera necesario: 1.- Aprobar o exame final sobre os temas propostos. É necesario obter un mínimo de 4 sobre 10 no exame para aprobar a materia. Este exame supón o 40% da cualificación, se ben (independentemente da cualificación obtida), non é suficiente para aprobar a materia. Ademais, obrigatoriamente, terá que: 2.- Entregar todas as prácticas propostas puntualmente. Cada práctica valorarase do 1 ao 10. A nota final das prácticas será a media aritmética de todas elas. Cada práctica non entregada cualificarase cun cero, computando como tal no cálculo da media. En caso de falta debidamente xustificada, o profesor comunicará ao alumno oportunamente en clase a solución proposta. 3. -Valorarase a participación en clase e a exposición en público das prácticas e outros exercicios propostos. No caso de que o alumno/a aprobase a parte práctica e non superase a proba obxectiva, examinarase na segunda oportunidade da convocatoria da proba obxectiva, mantendo en consecuencia a nota da parte práctica. Na convocatoria adiantada se manterá os criterios de avaliacion da segunda oportunidade. Quen non superase a parte práctica deberá realizar algunha proba a maiores na segunda oportunidade para poder superar a asignatura.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
(). . |
IGLESIAS DE USSEL, Julio y TRINIDAD REQUENA, Anatonio (coord.) (2010).
Leer la sociedad. Capít: 3, 7, 9 y 10. Tecnos ENGUITA M. (1998). Economía y sociología. Para un análisis sociológico
de la realidad económica. CIS ESPING-ANDERSEN, G. (2000). Fundamentos sociales de las economías
postindustriales. Ariel GIDDENS, Anthony (2010). Sociología. Cap. 2,4,5,7,13, 14,20. Alianza LIGHT, KELLER Y CALHOUN (2000). Sociología. Cap. 3, 7, 9,15, 16, 17, 20. LINDBLON CH. (2002). El sistema de mercado. Alianza Ensayo MARUANI M; ROGERAT CH.; TORNS T. (2000). Las nuevas fronteras de la
desigualdad: hombres y mujeres en el mercado de trabajo. Primera y segunda
parte.. Icaria CASTILLO, J.J. (Ed). (2005). El trabajo recobrado. Madrid, Miño y Dávila STEINR PHILIPPE, (2015) La sociología económica, Madrid ; Síntesis. TARDIVO, GUILIANO, (2019) Sociologia del consumo, Madrid, Paraninfo |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Introdución ao Marketing/611G02015 | Investigación de Mercados/611G02024 | Políticas Sociais e Medioambientais da Empresa/611G02038 |
|
Observacións |
Para aprobar a materia sera
necesario:
1.- Aprobar o exame final sobre os temas propostos. É necesario obter un mínimo
de 5 sobre 10 no exame para aprobar a materia. Este exame supón o 50% da
cualificación, se ben (independentemente da cualificación obtida), non é
suficiente para aprobar a materia. Ademais, obrigatoriamente, terá que:
2.- Entregar todas as prácticas propostas puntualmente. Cada práctica
valorarase do 1 ao 10. A nota final das prácticas será a media aritmética de
todas elas. Cada práctica non entregada cualificarase cun cero, computando como
tal no cálculo da media. En caso de falta debidamente xustificada, o profesor
comunicará ao alumno oportunamente en clase a solución proposta.
3. -Valorarase a participación en clase e a exposición en público das prácticas
e outros exercicios propostos.
No caso de que o alumno/a aprobase a parte práctica e non superase a proba
obxectiva, examinarase na segunda oportunidade da convocatoria da proba
obxectiva, mantendo en consecuencia a nota da parte práctica. Na convocatoria
adiantada se manterá os criterios de avaliacion da segunda oportunidade. Quen non superase a parte práctica deberá realizar algunha proba a maiores na segunda oportunidade para poder superar a asignatura. |
|