Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Comprender as relacións entre os resultados, a estrutura interna e as políticas funcionais dunha empresa, así como a dependencia entre os resultados e o comportamento de clientes, competidores, provedores e da contorna económica xeneral. Desenvolver e fortalecer a perspectiva de dirección xeral no deseño de políticas de empresa. Coñecer as ferramentas de análises de políticas funcionais e as perspectivas teóricas e metodolóxicas dispoñibles. |
|
B1 B3 B5 B7 B8 B10
|
C4 C5 C6 C7
|
Experimentar de maneira sistémica os efectos secundarios a longo prazo das decisións, explorar novas estratexias e desenvolver unha profunda comprensión do comportamento de sistemas complexos como a empresa. |
A1 A2 A3 A6 A8 A9 A11
|
B2 B6
|
|
Visualizar unha organización empresarial en termos das estruturas e políticas que crean o seu comportamento dinámico e regulan o seu rendemento.
Desenvolver unha conciencia dos efectos dinámicos das accións estratéxicas da empresa e dos seus rivais na estratexia competitiva e na estratexia corporativa da empresa.
Desenvolver hábitos de pensamento sistémico ordenado e capacidade de síntese, así como habilidades na presentación de conclusións de forma eficaz e convincente tanto en forma escrita como oral, acerca dos problemas da toma de decisións estratéxicas nunha empresa.
Iniciar a aprendizaxe do traballo en equipo interfuncional, aprendendo a dialogar e a tomar decisións. |
A4 A5 A10
|
B4
|
C1 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Os seguintes temas desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación, que son: |
- Perspectiva dinámica da estratexia empresarial e o deseño de políticas de empresa.
- Políticas de produción e de man de obra: políticas de produción e inventarios, políticas de previsión, políticas de man de obra.
- Interdependencias con clientes, provedores e competidores.
- Control financeiro das políticas de empresa.
- Políticas de crecemento empresarial.
|
I. INTRODUCIÓN ÁS POLÍTICAS DE EMPRESA |
1. Conceptos básicos: Complexidade. Racionalidade. Políticas de empresa. A simulación como ferramenta de aprendizaxe.
2. Introdución ao pensamento sistémico: Introdución á dinámica de sistemas. Diagramas causales e diagramas de fluxo. Arquetipos sistémicos. Elaboración dun modelo de simulación.
|
II. MODELOS DE POLÍTICAS DE EMPRESA |
3. Modelo básico de política de compras.Diagrama causal e de fluxos Estrutura das políticas de compras. Utilización do modelo de simulación.
4. Modelo básico de política de produción e política de persoal.
Diagrama causal e de fluxos. Estrutura das políticas de produción e de persoal. Utilización do modelo de simulación.
|
III. ANÁLISE E DESEÑO DE POLÍTICAS DE CRECEMENTO |
5. Difusión de novos produtos. Modelo de difusión de Bass.
Ampliacións do modelo de Bass. Utilización do modelo de simulación.
6. Políticas de crecemento empresarial: Interdependencia entre o mercado, a empresa e os competidores. O crecemento sustentable. Políticas de investimento e crecemento. Políticas financeiras e crecemento. Políticas de márketing e crecemento de vendas. Modelo de políticas de crecemento.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Solución de problemas |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 |
10 |
20 |
30 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 |
4 |
16 |
20 |
Simulación |
A1 A2 A3 A4 A10 B1 B3 B4 B5 B8 C6 C7 C8 |
10 |
20 |
30 |
Sesión maxistral |
A10 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 C6 C8 |
22 |
44 |
66 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Solución de problemas |
Exporanse en clase diferentes problemas que se someterán a unha análise por parte do alumnado. Algúns destes problemas poden requirir unha análise sistémica mediante a metodoloxía de dinámica de sistemas. Para a discusión deste tipo de problemas desenvolveranse en clase diferentes diagramas causais e de fluxo nos que se incorporarán diferentes políticas. Os problemas expostos permitirán reforzar no alumno aqueles conceptos, estruturas e políticas capaces de orixinar determinados patróns de comportamento (arquetipos sistémicos). Estes problemas subiranse a Moodle e deberán ser resoltos polo alumnado vía reunión en Teams. |
Proba mixta |
A proba final é unha proba mixta, que consistirá nunha combinación de preguntas tipo test e preguntas de resposta moi breve. Esta proba final realizarase o día e hora que figure no calendario oficial de exames fixado pola Xunta de Facultade, a través de Moodle e Teams. |
Simulación |
Consiste no uso intensivo dos modelos de simulación proporcionados polo profesor para cada unha das políticas estudadas, seguindo os correspondentes pasos para a súa análise. Esta metodoloxía permite o estudo de diferentes políticas de empresa, enmarcando cada unha delas nos apartados correspondentes dos contidos da materia. En cada unha das situacións expostas, os estudantes e o profesor involúcranse nun proceso de análise e discusión profundos acerca das consecuencias das políticas aplicadas.
|
Sesión maxistral |
Para o desenvolvemento da clase maxistral o alumnado dispoñerá previamente do material de estudo (temas e modelos de simulación) necesario para o seguimento da clase. A exposición do profesor farase asumindo que o alumnado xa traballou previamente o material correspondente, o que lle permitirá seguir cun maior aproveitamento os aspectos fundamentais do tema exposto. Igualmente, o alumnado exporá as dúbidas existentes que serán aclaradas polo profesor para toda a clase. Expoñeranse nas sesións virtuais os contidos teóricos e prácticos da materia, orientando ao alumno tanto na metodoloxía de traballo máis apropiada como no material bibliográfico complementario que lle permitirá profundar naqueles aspectos que lle resulten de máis interese. O tempo dedicado a cada un dos capítulos en que está dividida a materia será proporcional á súa extensión e ao seu grao de dificultade. O profesor, ademais de atender ás cuestións expostas polos alumnos nas sesións maxistrais, atenderaos de forma máis ampla e personalizada nas sesións de titorías reducidas programadas en Teams. Igualmente, na sesión maxistral o alumno pode intervir, previa petición da palabra, para preguntar, aclarar ou expoñer o seu punto de vista sobre o tema que no momento da súa intervención estea a tratarse. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Solución de problemas |
Sesión maxistral |
Proba mixta |
Simulación |
|
Descrición |
Con carácter xeral e para todas as metodoloxías, está deseñada para atender e aclarar aquelas cuestións que lle xurdan ao alumnado na preparación da materia. Orientarase para a resolución autónoma das dúbidas mediante a utilización dos modelos de simulación dispoñibles. Incidirase neste aspecto especialmente durante o mes inicial do curso. Tanto as titorías de grupo reducido, como as individuais ou grupais realizaranse de forma virtual a través de Teams. Deberanse solicitar previamente a través do correo electrónico e axustaranse ao horario de titorías publicado. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Solución de problemas |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 |
Mediante a formulación e a resolución de problemas, realizarase un seguimento continuo da aprendizaxe do alumnado por parte do profesor. O detalle dos distintos problemas a resolver ao longo do curso, así como os distintos pasos e prazos para a súa resolución, serán detallados polo profesor durante as clases. Dependendo da natureza do problema para resolver, estes poden requirir unha resposta individual ou en grupo. Os distintos problemas terán que resolverse dentro do prazo fixado polo profesor. Non se valorará ningún traballo fóra dese prazo. A cualificación de cada problema variará en función do seu grao de dificultade. |
50 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 |
A proba final é proba mixta, que consistirá nunha combinación de preguntas tipo test e preguntas de resposta moi breve.
|
50 |
|
Observacións avaliación |
Participación nas sesións. Utilización do material de estudo proporcionado (temas e
modelos de simulación) e da bibliografía recomendada no programa. Resolver
sempre todas as dúbidas que xurdan durante o desenvolvemento das sesións,
recorrendo á atención personalizada cando fose necesario. A.-Exame (proba
mixta final): 50% da cualificación. B.-Avaliación continua (solución de
problemas): 50% da cualificación. Na parte A (proba mixta final) será
necesaria unha nota mínima de 1.5 sobre 5 para poder superar a materia. A
nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para poder
superar a materia. No caso de que non se supere o 1.5 na proba mixta
final (parte A), a nota resultante será o mínimo entre 4.5 e a suma das dúas
notas (parte A e parte B). Criterios de avaliación para a
segunda oportunidade de cada convocatoria, así como para a convocatoria
adiantada: -
Segunda oportunidade: séguese o mesmo criterio de avaliación que para a primeira oportunidade.
Para iso, gardarase a cualificación da avaliación continua obtida ao longo do
curso (parte B) para a segunda
oportunidade. -
Convocatoria adiantada: supoñerá unha proba final máis ampla, que conterá tanto a parte A como
a B da avaliación. Esta proba valorarase
sobre 10. No caso de alumnado con dedicación a
tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, empregarase a
plataforma virtual e o correo electrónico como vehículo de comunicación
principal para a xestión de contidos, titorías e entrega de traballos. Acordarase
ao comezo de curso un calendario específico de datas compatible
coa súa dedicación, pero terán o mesmo deber de realizar actividades e de
acudir a calquera tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo completo.
A efectos de cualificación, a cualificación de non presentado corresponde ao
alumnado cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha
ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da
cualificación conseguida. O comportamento fraudulento en calquera dos
apartados sometidos a valoración supoñerá a cualificación de cero puntos na
avaliación final. O alumnado terá que acreditar a súa identidade de acordo coa
normativa vixente.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA: Maani, K. E., and R. Y. Cavana. 2007. Systems Thinking, System Dynamics: Managing Change and Complexity, Second Edition. Auckland: Pearson Education New Zealand. Trátase dunha introdución ao comportamento dinámico dos sistemas
complexos, xestión do cambio, toma de decisións, solución de problemas
de grupo e aprendizaxe organizacional. Morecroft, J. 2007.Strategic Modelling and Business Dynamics: A Feedback Systems Approach. Chichester: John Wiley & Sons. Mostra o uso de modelos para a dirección estratéxica usando "simuladores de xestión" e unha serie de exemplos do mundo real. Senge, P. M. (1990). La Quinta Disciplina. El arte y la práctica de la organización abierta al aprendizaje. Ediciones Juan Granica, S.A., Barcelona. Na quinta disciplina, Senge describe como as empresas
poden librarse da "aprendizaxe nociva" que ameaza a súa produtividade e
éxito. As ferramentas necesarias serian a adopción de estratexias de
aprendizaxe nas organizacións, o uso de arquetipos sistémicos e modelos de simulación xogan un papel determinante. Sterman, J. D. 2000.Business Dynamics: Systems Thinking and Modeling for a Complex World. Boston: Irwin/McGraw-Hill. Contén unha completa introdución aos principios para o modelado de
sistemas dinámicos complexos e inclúe modelos de simulación, exercicios e
estudos de casos. Warren, K. D. 2002. Competitive Strategy Dynamics. Chichester: John Wiley & Sons. Warren, K. D. 2007.Strategic Management Dynamics. Chichester: John Wiley & Sons. Estes dous libros introducen un enfoque práctico para entender a dinámica dos resultados da empresa e a análise da súa estratexia. É especialmente útil a análise que estes libros efectúan da rivalidade competitiva.
MATERIAL DE APOIO:
Os diferentes temas apoiaranse en modelos de simulación elaborados polo profesor, para facilitar a aprendizaxe do alumno mediante a experimentación directa cos mesmos. Para utilizar os devanditos modelos o alumno ten que instalar no seu equipo informático o programa Vensim Model Reader, un software libre que lle permite utilizar os modelos elaborados con Vensim sen necesidade de comprar o programa. O programa pódese descargar gratuitamente en www.vensim.com, e estará a disposición do alumno na plataforma Moodle.
Cada un dos modelos estará a
disposición dos alumnos na plataforma Moodle coa antelación suficiente para
poder seguir as explicacións e poder reproducir as simulacións explicadas.
ACLARACIÓN IMPORTANTE:
Independentemente das referencias anteriores, o profesor irá incluíndo ao longo do curso na plataforma Moodle, material complementario de apoio e poderá en calquera momento recomendar outras referencias que pola súa actualidade e interese poidan axudar ao alumno na preparación da materia. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Dirección Estratéxica e Política Empresarial I/611G02025 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
O carácter directivo da materia
esixe ao alumno unha formación integral en todas as materias da carreira. Por
tanto, na materia vanse contemplar de forma transversal contidos pertencentes a
outras disciplinas. Recomendacións: 1.- A entrega dos traballos documentais
que se realicen nesta materia: 1.1. Solicitarase en formato virtual
e/ou soporte informático. 1.2. Realizarase a través de Moodle,
en formato dixital sen necesidade de imprimilos. 1.3. De se realizar en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre
cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de
borradores. 2.- Débese facer un uso sostible dos
recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. 3.- Débese ter en conta a
importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostibilidade nos
comportamentos persoais e profesionais. 4.- Segundo se recolle nas distintas
normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a
perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase
bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase
de alumnos e alumnas...). 5.- Traballarase para identificar e
modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para
modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 6. Deberanse detectar situacións de
discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para
corrixilas. 7. Facilitarase a plena integración do alumnado
que, por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten
dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida
universitaria. |
|