Datos Identificativos | 2020/21 | ||||||
Asignatura (*) | Prácticas Externas II | Código | 612499014 | ||||
Titulación | |||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | ||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 15 | |||
Idioma |
|
||||||
Modalidade docente | Presencial | ||||||
Prerrequisitos | |||||||
Departamento | Dereito Público |
||||||
Coordinación |
|
Correo electrónico |
|
||||
Profesorado |
|
Correo electrónico |
|
||||
Web | |||||||
Descrición xeral |
Obxectivo xeral: A formación práctica completa adquírese mediante o coñecemento directo da realidade na que se desenvolve habitualmente o profesional da avogacía. Obxectivos específicos: 1.- Enfrontarse a problemas deontolóxicos profesionais. 2.- Familiarizarse co funcionamento e a problemática de institucións relacionadas co exercicio da profesión. 3.- Coñecer a actividade doutros operadores xurídicos, así como de profesionais relacionados co exercicio da súa profesión. 4.- Recibir información actualizada sobre o desenvolvemento da carreira profesional e as posibles liñas de actividade, así como acerca dos instrumentos para a súa xestión. 5.- En xeral, desenvolver as competencias e habilidades necesarias para o exercicio da profesión de avogado. Habilidades: Relacionarse de forma adecuada con outros profesionais. Distinguir as funcións que lle corresponden ao avogado en todos os ámbitos. Realizar con desenvoltura as tarefas cotiás nos ámbitos nos que o avogado exerce a súa profesión. Saber identificar os tipos de conflito e derivalo ao método de solución máis axustado. Identificar e valorar as implicacións interdisciplinares do asunto que se lle encargue. Ser capaz de mediar nun conflito con vocación de imparcialidade. Actitudes: Asumir a función social da avogacía. Relacionarse cos compañeiros e outros profesionais. Ter unha correcta relación deontolóxica. Asumir a formación na profesión como continua. Pór o máximo celo profesional para non incorrer en responsabilidade. Comprender a necesidade de intervernir nos asuntos de quenda de oficio coa mesma responsabilidade e eficacia que os privados. Adoptar os hábitos de traballo dun profesional da avogacía. Adquirir o hábito de traballo individual e en grupo. Valorar o despacho desde unha óptica empresarial. Ter unha correcta relación deontolóxica co cliente, os compañeiros e o resto dos operadores xurídicos. Adoitarse a analizar con detemento as resolucións xudiciais. Adquirir o hábito de ter informado o cliente. Apreciar a conveniencia de propiciar unha solución negociada ao conflito. |
||||||
Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos. Non se modifican 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen. Manteñense todas as metodoloxías previstas inicialmente *Metodoloxías docentes que se modifican 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado. Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Teams: Na franxa horaria que ten asignada a materia. 4. Modificacións na avaliación. No se modifica a avaliación inicialmente prevista *Observacións de avaliación:Se non fose posible realizar as prácticas de maneira presencial no período establecido a Comisión académica do Máster decidirá sobre a posibilidade de realizalas nun período posterior ou ben substituílas por un sistema telemático que permita ao alumno adquirir as competencias e habilidades previstas. No caso anterior substituiríanse as seguintes metodoloxías: aprendizaxe colaborativo e saídas ao campo. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías |