Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Adquisición do coñecemento dos principios e valores constitucionais. |
A5
|
|
|
Adquisición do coñecemento das principais institucións xurídicas. |
A1
|
|
|
Percepción, polo alumno, do carácter sistemático do ordenamento xurídico. |
A3
|
|
|
Comprensión, polo alumno, das distintas manifestacións do dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual. |
A6
|
|
|
Comprensión, polo alumno, de coñecementos nunha área de estudo como é esta que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda deste campo de estudo |
|
B1
|
|
Aplicación, polo alumno, dos seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional. Adquisición das competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro desta área de estudo |
|
B2
|
|
Traballo dos estudiantes de forma colaborativa. |
|
B10
|
|
Adquisición, e exercicio, da competencia de aprender a aprender. |
|
B6
|
|
Adquisición, polo alumno, da competencia para desenvolver aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
|
B5
|
|
Capacidade para utilizar a rede informática (internet) na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, capacidade para empregar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión. |
|
B13
|
|
Dominio da expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
|
|
C2
|
Utilización das ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
|
|
C3
|
Capacidade para desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
|
|
C4
|
Entendemento da importancia da cultura emprendedora e coñecimento dos medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
|
|
C5
|
Capacidade do alumno para valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que debe enfrontarse. |
|
|
C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. Orixe e evolución histórica da Unión Europea. |
1. Antecedentes históricos da UE
2. O proceso de profundización da UE
3. O proceso de ampliación da UE |
Tema 2. Natureza xurídica e caracteres da Unión Europea. |
1.Configuración xurídica: a UE como Organización internacional
2.Valores, obxectivos e principios
3.O sistema de competencias |
Tema 3. A integración europea. Fundamento e alcance constitucional da pertenza á UE. |
1. Bases constitucionais da pertenza á UE
2. A pertenza á UE e as súas consecuencias sobre o sistema constitucional de fontes do Dereito.
3. A pertenza á UE e as súas consecuencias sobre a organización territorial do Estado español. |
4. Cidadanía e dereitos. |
1. A cidadanía europea: concepto e contido
2. A tutela dos dereitos no espazo comunitario
3. A Carta dos Dereitos fundamentais da UE: proceso constitucional?
4. A adhesión da UE ao Convenio Europeo de Dereitos Humanos. |
Tema 5. Sistema institucional da Unión Europea (I). |
1. Consideracións xerais: principios e medios
2. O Consello Europeo
3. O Consello |
Tema 6. Sistema institucional da Unión Europea (II). |
1. O Parlamento Europeo
2. A Comisión
3. Outras institucións e órganos |
Tema 7. Ordenamento xurídico da Unión Europea (I): Fontes.
|
1. O Dereito orixinario
2. O Dereito derivado
3. O proceso de formación do Dereito derivado |
Tema 8.Ordenamento xurídico da Unión Europea (II): Aplicación no Ordenamento xurídico interno. |
1. As relacións entre o Dereito da UE e os Dereitos interno dos Estados membros
2. Os principios de efecto directo, primacía e responsabilidade do Estado
3. Desenvolvemento e execución do Dereito da UE
|
Tema 9. Sistema xurisdicional da UE (I): Organización e funcionamento do TJUE. |
1.O Tribunal de Xustiza: organización e funcionamento
2. O Tribunal Xeral: organización e funcionamento
3. Os tribunais especializados: o Tribunal da Función Pública.
4. Caracteres xerais do procedemento ante o TJUE. |
Tema 10. Sistema xurisdicional da UE (II): as competencias do TJUE. |
1. A competencia contenciosa
2. A competencia prejudicial
3. As competencias consultiva |
Tema 11. Políticas e liberdades da UE. |
1. As liberdades fundamentais do mercado interior
2. As políticas comúns da Unión
3. As políticas compartidas da Unión
4. As políticas en que a Unión dispón de competencias de cooperación, apoio, complemento ou axuda |
Tema 12. Acción exterior da Unión Europea: as relacións exteriores. |
1. A subxectividade xurídica internacional da UE
2. As principais manifestacións da subxectividade internacional da UE
3. A dimensión internacional das políticas civís da UE |
Tema 13: Acción exterior da Unión Europea: a Política exterior e de Seguridade Común e a Política de Seguridade e Defensa Común. |
1. A articulación da Política Exterior e de Seguridade Común
2. A dimensión institucional e os ámbitos materiais da Política Exterior e de Seguridade Común
3. A articulación da Política de Seguridade e Defensa Común |
Tema 14: Espazo de Liberdade, Seguridade e Xustiza: a tutela xudicial e procesual na Unión Europea. |
1. A cooperación xudicial en materia civil
2. A cooperación xudicial en materia penal
3. O principio de recoñecemento mutuo en materia penal
4. A orde europea de detención e entrega |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A3 A5 A6 C5 |
39 |
60 |
99 |
Seminario |
B6 B10 B13 B1 B2 B5 C2 C3 C4 C5 C6 |
19 |
25 |
44 |
Proba obxectiva |
A1 A3 A5 A6 B6 B10 B1 B2 B5 C4 C5 C6 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
5 |
0 |
5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Sesión maxistral |
Seminario |
Seminario |
Proba obxectiva |
Proba obxectiva |
Atención personalizada |
|
Descrición |
O alumno terá a posibilidade de consultar cos profesores todas aquelas dúbidas que lle xurdan tanto respecto das clases maxistrais como das actividades prácticas. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Seminario |
B6 B10 B13 B1 B2 B5 C2 C3 C4 C5 C6 |
Avaliación da actividade práctica. Dependendo da titulación, representará o 30%, o 40% ou o 60% da nota final. |
40 |
Proba obxectiva |
A1 A3 A5 A6 B6 B10 B1 B2 B5 C4 C5 C6 |
Exame do contido da materia. Dependendo da titulación, representará o 60%, o 40% ou o 30% da nota final. |
60 |
|
Observacións avaliación |
ORGANIZACIÓN DA MATERIA: ÁREAS DE COÑECEMENTO. A impartición e avaliación da materia é responsabilidade de 3 Áreas de coñecemento:
1) Área de Dereito internacional público. Temas: 1-2 e 5-13. Profesorado: en Dobre Grao Dereito-ADE, Prof. José Manuel Sobrino Heredia (j.sobrino@udc.es) e Profa. Gabriela A. Oanta (gabriela.oanta@udc.es); en Grao en Dereito, Prof. Jorge Antonio Quindimil López (jorge@udc.es) e Prof. Artak Mkrtichyan (artak@udc.es); en Grao bilingüe, Profa. Gabriela A. Oanta (gabriela.oanta@udc.es).
2) Área de Dereito constitucional. Temas: 3-4. Profesorado: en Dobre Grao Dereito-ADE, Prof. Javier Ruipérez e Alamillo(javier.ruiperez@udc.es); en Grao en Dereito, Prof. Javier Ruipérez e Alamillo(javier.ruiperez@udc.es) e Prof. Francisco Caamaño Domínguez (f.caamano@udc.es); en Grao bilingüe, Profa. Ana Aba Catoira (ana.abac@udc.es).
3) Área de Dereito procesual: Tema 14. Profesorado: en Dobre Grao Dereito-ADE, Prof. David Soto (david.sdiaz@udc.es); en Grao en Dereito, Profa. Ana María Neira (ana.neira@udc.es) e Prof. Luís Anguita (luis.anguita.juega@udc.es); en Grao bilingüe, Profa. Ana María Neira (ana.neira@udc.es).
CÁLCULO DA NOTA FINAL DA MATERIA: Cada unha das Áreas de coñecemento que participa na materia ten un peso na avaliación final, proporcional á súa carga docente: Dereito internacional público: 78 % da nota final; Dereito constitucional: 15% da nota final; Dereito procesual: 7% da nota final.
DOBRE GRAO DEREITO-ADE: En relación coa parte relativa ao Dereito internacional público, para superar a materia deberá alcanzarse un 5 sobre 10 no exame, que será final e oral, e suporá un 60% da nota final. Para que se poida sumar a nota das actividades prácticas, que suporá o 40% da nota final, deberá alcanzarse un 5 sobre 10 no exame final. Se non se alcanza unha nota mínima de 5 sobre 10 nas actividades prácticas, non se poderá sumar a cualificación do exame final. Aqueles alumnos que non se presenten ao exame final de DIP, serán considerados como NP polo que se refire á parte de DIP. Calquera intento de fraude ou plaxio en calquera actividade que se desenvolva durante o curso ou no exame final será penalizada cun suspenso automático na materia (0).
No caso da parte de Dereito constitucional, é necesario aprobar o exame final para que poidan ser tidas en conta as notas das prácticas. Ademais, os alumnos que obteñan unha cualificación numérica de 5 ou superior (sobre 10) no exame final, calcularáselles a nota do seguinte modo: 30% da nota mediante avaliación de actividades prácticas (en clase, entregas de traballos e 70% restante mediante o exame final; e os alumnos que obteñan unha cualificación numérica inferior a 5 (sobre 10) no exame final, suspenderán a materia sen que se lles poida ter en conta a nota das prácticas.
Polo que se refire á parte de Dereito procesual, o exame final será tipo test (10 preguntas) e representará o 40% da nota final, e o 60% restante será representado por un breve traballo tutelado.
GRAO EN DEREITO: A docencia da parte da materia correspondente a Dereito Internacional Público desenvolverase co apoio das ferramentas postas a disposición pola propia Universidade, así como outras que se consideren adecuadas para adquirir as competencias da materia. En particular, farase un uso regular de Moodle, Teams, Forms e Stream, entre outras. A nota final da materia corresponderase nun 60% co exame final e nun 40% coas actividades dirixidas. Se non se alcanza unha nota mínima de 5 sobre 10 no exame, non se poderá sumar a cualificación das actividades dirixidas. Se non se alcanza unha nota mínima de 5 sobre 10 nas actividades dirixidas, non se poderá sumar a cualificación do exame. En ambos os casos, por tanto, suspenderase a materia. O exame final será combinado entre preguntas multi-opción e de resposta curta a través dalgunha plataforma virtual (Moodle, Forms, etc.) que se realizará presencialmente en clase. O tempo estimado para responder será de 30 segundos por pregunta nas multi-opción e de 60 segundos por pregunta nas de resposta curta. Haberá dous tipos de actividades dirixidas: 1. Sen cualificación autónoma, porque se utilizarán para explicar contidos do exame final; 2. Con cualificación autónoma, que contabilizarán no 40% da nota final. Ambos os tipos de actividades serán aplicables tanto á primeira como á segunda oportunidade. Calquera intento de fraude ou plaxio en calquera actividade que se desenvolva durante o curso ou no exame final será penalizada cun suspenso automático na materia (0). Non se permitirá ningún cambio de quenda nin de grupo reducido que non fose autorizado previamente polo Centro. A participación nunha quenda ou nun grupo reducido que non fose autorizado determinará o suspenso automático na materia (0).
No caso da parte de Dereito constitucional, é necesario que se aprobe o exame final para que poidan ser tidas en conta as notas das prácticas. Deste xeito, os alumnos que obteñan unha cualificación numérica de 5 ou superior (sobre 10) no exame final que será escrito, calcularáselles a nota do seguinte modo: 30% da nota mediante avaliación de actividades prácticas (en clase, entregas de traballos %ou2026), e 70% restante mediante o exame final; e os alumnos que obteñan unha cualificación numérica inferior a 5 (sobre 10) no exame final, suspenderán a materia sen que se lles poida ter en conta a nota das prácticas.
Respecto da parte de Dereito procesual, o exame final consistirá nun cuestionario e tomarase en conta a participación na clase interactiva.
DOCENCIA EN INGLÉS / BILINGUAL DEGREE: En relación coa parte de Dereito internacional público, o exame final da materia será escrito e suporá o 40% da nota final, e as actividades prácticas puntuarán o 60% restante. Calquera intento de fraude ou plaxio en calquera actividade que se desenvolva durante o curso ou no exame final será penalizada cun suspenso automático na materia (0). Respecto da parte de Dereito procesual, o exame final consistirá nun cuestionario e tomarase en conta a participación na clase interactiva..
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
BARNARD, C.; PEARS, S. (eds.) (2014). European Union law . Oxford: Oxford University Press
MANGAS MARTÍN, A. y LIÑÁN NOGUERAS, D.J. (2016). Instituciones y Derecho de la Unión Europea. Madrid: Tecnos
RUIPÉREZ, J. (2018). La “ciudadanía europea” y sus implicaciones para el derecho constitucional. Ciudad de México: Universidad Nacional Autónoma de México
DIEZ DE VELASCO, M. (COORDINADO POR J.M. SOBRINO) (2010). Las Organizaciones internacionales. Madrid:Tecnos
ORTEGA GÓMEZ, M. (2016). Las políticas de la Unión Europea en el siglo XXI. Barcelona: Bosch
FAIRHURST, J. (2016). Law of the European Union (11th ed.). Edinburgh: Pearson
ABELLÁN HONRUBIA, V.; VILÁ COSTA, B. y OLESTI RAYO, A. (2011). Lecciones de Derecho comunitario europeo. Barcelona: Ariel
SOBRINO HEREDIA, J.M. (2016). Textos para el estudio del Derecho Internacional Público, Derecho de la Unión Europea y Derecho Internacional de los Espacios. Valencia: Tirant lo Blanch
SOBRINO HEREDIA, J.M. (2016). Textos para el estudio del Derecho Internacional Público, Derecho de la Unión Europea y Derecho Internacional de los Espacios. Valencia: Tirant lo Blanch |
BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA PARA A PARTE DO PROGRAMA IMPARTIDA POLO AREA DE DEREITO CONSTITUCIONAL
RUIPEREZ ALAMILLO, J.: La "Constitución Europea" y la teoría del Poder Constituyente, Ed. Biblioteca Nueva, Madrid, 2000.
*CARMONA CONTRERAS, A. (Ed.), La Unión Europea en perspectiva constitucional, Aranzadi, Navarra, 2008.
*GOIZUETA VÉRTIZ, J. y CIENFUEGOS, M. (Dirs.), La eficacia de los derechos fundamentales de la UE, Thomson Reuters Aranzadi, Navarra, 2014.
*JIMENA QUESADA, L., Fundamentos constitucionales de la Unión Europea, Biblioteca Nueva, Madrid, 2006.
*JIMENA QUESADA, L., Jurisdicción nacional y control de convencionalidad. A propósito del diálogo judicial global y de la tutela multinivel de derechos, Aranzadi, Navarra, 2013.
*JIMENA QUESADA, L., Sistema europeo de derechos fundamentales, Colex, Madrid, 2006.
*PÉREZ TREMPS, P. (Dr.), Constitución europea y Constituciones nacionales, Tirant lo Blanch, Valencia, 2005.
*RODRÍGUEZ, A., Integración europea y derechos fundamentales, Civitas, Madrid, 2001.
*UGARTEMENDÍA, J.I., Derecho Constitucional Europeo, Tirant lo Blanch, Valencia, 2011.
*UGARTEMENDÍA, J.I., GARCÍA VÁZQUEZ, S., GOIZUETA VÉRTIZ, J. (Dirs.), La Carta de los Derechos Fundamentales de la Unión Europea, Thomson Reuters Aranzadi, Navarra, 2012. |
Bibliografía complementaria
|
MANGAS, A. (Dir.); GONZÁLEZ, L.N. (Coord.); LÓPEZ ESCUDERO, M.; MARTIN PÉREZ DE NANCLARES, J. y SOBR (2008). Carta de los Derechos Fundamentales de la Unión Europea. Comentario artículo por artículo. Madrid: Fundación BBVA
ALCAIDE FERNÁNDEZ, J. y CASADO RAIGÓN, R. (2018). Curso de Derecho de la Unión Europea, 3ª ed.. Madrid: Tecnos
SÁNCHEZ RAMOS, B. (Ed.) (2012). La Unión Europea como actor global. Valencia: Tirant lo Blanch
GUTIERREZ ESPADA, C. e.a (2015). La Unión Europea y su Derecho. Madrid: Trotta
ALDECOA LUZARRAGA, F.; SOBRINO HEREDIA, J.M. e.a. (2008). Los Tratados de Roma en su cincuenta aniversario. Perspectivas desde la Asociación Española de Profesores de Derecho internacional y Relaciones internacionales. Madrid: M. Pons |
PAXINAS WEB
Páxina oficial da Unión Europea: http://europa.eu/
EUROPOL: http://europol.europa.eu/
EUROJUST: http://eurojust.eu/
Rede xudicial europea en materia civil e mercantil: http://ec.europa.eu/civiljustice
Atlas xudicial europeo: http://ec.europa.eu/justice_home/judicialatlascivil/html/index_es.htm
Rede xudicial europea en materia penal: http://www.ejn-crimjust.europa.eu/ejn/
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Dereito Internacional Público/612G01019 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Traballo fin de Grao/612G01031 | Dereito internacional dos espazos/612G01047 |
|
|