Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer a categoría de xénero e a súa relevancia no estudo das creacións culturais, artísticas e literarias, tendo en conta o contexto histórico no que se producen e os cambios que a adoción desa perspectiva conlevou.
|
AM2 AM7 AM8
|
BM3 BP1 BP3 BP4 BP7
|
CM2 CM3 CM4 CM5 CM6
|
Ser capaz de aplicar a perspectiva de xénero a algunhas producións significativas da literatura española atendendo aos distintos aspectos implicados |
AM3 AP1 AI1 AI3
|
BP1 BP2 BP7
|
CM1 CM5 CM6 CI1
|
Ser quen de producir textos escritos, debidamente elaborados e ordenados, nos que se apliquen os coñecementos adquiridos, se ofreza unha síntese, se contrapoñan pontos de vista ou teorías..., sempre cunha visión crítica e reflexiva |
AM3 AM8 AM9 AP1 AI1 AI3
|
BM3 BP2 BP3 BP4 BP5 BP7
|
CM1 CM5 CM6 CI1 CI2
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Introdución
|
A perspectiva de xénero nos estudos culturais. A súa aplicación á análise literaria. |
2. A muller na Idade Media |
A invisibilidade da muller na época. A marxinación das mulleres na sociedade medieval. As mulleres e o seu estatus: reinas, nobles, monxas, mulleres traballadoras, mulleres marxinais... A muller e a cultura.
|
3.Muller e literatura na Idade Media |
Textos a favor e en contra das mulleres. Mulleres e voces de muller na literatura medieval. Mulleres lectoras. Mulleres escritoras: revisando o canon.
|
4. Cancioneiro
|
Lectoras e consumidoras de poesía. A imaxe da muller nos textos poéticos. A muller como destinataria dos poemas. Os primeiros cancioneiros e as primeiras poetas: mulleres silenciadas e mulleres con voz. Maior Arias, coetánea de Leonor López, e outras escritoras. |
5. Prosa |
Distintos xéneros na prosa medieval. Achegamento a algunhas mulleres prosistas. As "Memorias de Leonor López de Córdoba". |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
B10 |
0.5 |
0 |
0.5 |
Sesión maxistral |
A7 A8 B6 B7 B10 B3 C5 |
7 |
6 |
13 |
Obradoiro |
A2 A3 A10 A9 C2 C7 C6 C8 |
6.5 |
5 |
11.5 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
B5 B7 B10 C7 C5 |
0 |
4 |
4 |
Traballos tutelados |
A3 A14 A7 A10 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 B3 C1 C3 C4 C7 C5 C6 C8 |
0 |
27 |
27 |
Lecturas |
A10 B4 B5 B6 B7 B8 B10 B3 C1 C7 C5 C6 |
0 |
10 |
10 |
Proba mixta |
A3 A14 A7 A10 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C3 C4 C7 C5 C6 C8 |
1 |
7 |
8 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Análise dos coñecementos previos relacionados coa materia. Actividades para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado. Preténdese obter información relevante que permita artellar unha docencia que favoreza a aprendizaxe significativa
|
Sesión maxistral |
Nas sesións expositivas o ritmo da clase recaerá fundamentalmente na profesora, que tratará de familiarizar ao estudante cos contidos abordando de maneira sintética os aspectos e problemas que descoñece; a tal efecto, procurará ofrecer panorámicas xerais de carácter introductorio, que se completarán con bibliografía. Para que o alumnado se implique nestas sesións, buscarase a súa intervención (preguntas-respostas, interpelacións...). |
Obradoiro |
Combinación de diversas metodoloxías e probas (practicas guiadas, exposicións, discusións dirixidas, exercicios de comentario, manexo de fontes instrumentais, etc.) a través das que o alumnado desenvolve tarefas aplicando os coñecementos adquiridos sobre distintos aspectos do programa, sempre co apoio e supervisión da profesora. Nalgún caso, pode solicitarse que cumplimente algún exercicio ou tarefa na casa para traballalo posteriormente na aula. Unha ou máis desas tarefas poderá(n) ser recollida(s) pola profesora para a avaliación. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
De ser posible, asistirán a algunha conferencia ou evento que desenvolva algún aspecto do programa, no marco das actividades dalgún proxecto ou grupo de investigación que se celebren durante o curso 2020-2021. No caso de que a conferencia ou o evento no podan celebrarse, reemplazarase esta actividade por outra semellante (elaboración dun resumo dun texto oral ou escrito, visionado dalgún documental e comentario do mesmo...). |
Traballos tutelados |
Cada estudante deberá preparar un breve traballo sobre algún aspecto do programa que a profesora lle asignará seguindo as pautas que no seu momento se establezan para a súa presentación. Na primeira fase, o alumno preparará un breve guion que debe discutir coa profesora, ao que despois debe aterse para a súa realización.
|
Lecturas |
Ademais dalgúns textos literarios de lectura obrigatoria, a profesora proporcionará artigos e estudios que axuden a asimilar ou completar a información das sesións maxistrais; poderá tamén marcarse algunha lectura máis, que o estudante levará a cabo fóra da aula, para participar nas actividades do obradoiro (resumo, esquema, debate, breve presentación dalgún texto ou tema...). |
Proba mixta |
Ao final do curso, na data fixada pola Facultade, o alumno realizará unha proba dedicada a verificar a adquisición das competencias da materia, para o cal se lle plantexarán preguntas e exercicios de diverso tipo referidos ao programa, fundamentalmente en relación co traballo tutelado e coas tarefas entregadas, a modo de control da autoría desas materiais. Requeriráse, ademáis, que acade un nivel de expresión acorde co dun posgrao universitario.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Obradoiro |
Proba mixta |
Lecturas |
|
Descrición |
O alumno poderá, sempre que sexa preciso, requerir a atención personalizada da profesora, tanto para resolver dúbidas xurdidas na preparación da proba mixta, como nas sesións dedicadas ao obradoiro ou nas lecturas, mais nunca pode suplir as explicacións que non ten seguido por se ausentar da aula inxustificadamente acudindo ás titorías. No que atinxe á realización do traballo, deberá pasar polo gabinete da profesora na primeira fase para presentar o guión, mais despois é recomendable que consulte as dúbidas ou problemas que se lle plantexen no proceso de elaboración. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A3 A14 A7 A10 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 B3 C1 C3 C4 C7 C5 C6 C8 |
Os alumnos prepararán un traballo sobre algún aspecto relacionado coa materia que a profesora determine. Valorarase a aportación que o estudante faga, a organización das ideas, a orixinalidade, a fundamentación científica... Tamén serán tidas en conta as cuestions formais (presentación, expresión, sistema de citas, referencias bibliográficas...).
|
40 |
Obradoiro |
A2 A3 A10 A9 C2 C7 C6 C8 |
Valorarase a participación nas aulas, así como os exercicios e actividades que o alumno leve a cabo nas distintas sesións, atendendo á súa capacidade crítica e ás súas achegas. |
10 |
Proba mixta |
A3 A14 A7 A10 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C3 C4 C7 C5 C6 C8 |
En cada unha das oportunidades (final de cuadrimestre e xullo), realizarase unha proba mixta na que o alumno demostrará ter acadados os coñecementos e competencias previstas.
Será moi importante tamén que neste exercicio ofreza unha expresión acorde ao nivel dunha titulación de posgrao.
|
30 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
B5 B7 B10 C7 C5 |
Os estudantes asistirán a algún evento ou conferencia das que se celebren no marco dalgún proxecto ou grupo de investigación e farán un resumo completo da mesma; valorarase a comprensión da exposición e que saiban dar conta dela de modo completo e organizado. No caso de que non se poda contar con esta posibilidade, buscarase algunha outra actividade ou tarefa.
|
20 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación. Farase media entre as distintas partes cando cando tanto no traballo tutelado como na proba mixta se acade unha nota mínima de 4 sobre 10.
Só se aceptará o traballo e as tarefas realizadas cando se entreguen nas datas previstas, en soporte de papel e seguindo as normas que se precisarán en cada caso.
Dase por suposta a asistencia ás aulas, que é obrigatoria. Aquel estudante que conte con dispensa de asistencia recoñecida será avaliado mediante a proba mixta (40%) e o traballo (60%); debe poñerse en contacto coa docente ao inicio do curso para establecer con precisión o mecanismo de seguimento da súa actividade (especialmente para a fixación das datas da entrega do traballo e da realización da proba mixta). O sistema de avaliación será o mesmo para as persoas que participen na convocatoria adiantada de decembro. Os estudantes que non conten con dispensa académica e que, por algunha razón sobrevenida, teñan que perder algunha(s) sesión(s) das presenciasi, deberán comunicalo, ao inicio do curso (ou no momento en que o saiban), á profesora, que estudirá a súa problemática (tentando buscar solucións de cara á avaliación) sempre que ausencia quede debidamente xustificada. Considerarase como “non presentado” o alumno que non entregue o traballo tutelado e as tarefas que se lle encarguen ou que non realice proba mixta.
Na 2.ª oportunidade o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na oportunidade anterior, aínda que con certa variación sobre as porcentaxes xa que non se poderán ter en conta as actividades de carácter presencial (Obradoiro). Así, a valoración estará composta polo 60% do traballo e o 40% da "Proba mixta".
A expresión do estudante nas distintas probas, exercicios e actividades levadas a cabo debe ser a que corresponde ao nivel da titulación (non só se tomará en conta, por tanto, a corrección ortográfica e gramatical). No caso de que a expresión dos exercicios e traballos realizados fora da aula non garde relación coa das probas e exercicios que o estudante realiza en clase baixo o control dos profesores, para avaliar a expresión tomaranse como referencia os escritos que aquel elaborou sen axuda externa.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
VOZZO MENDIA, Lia (ed.) (1992). Leonor López de Córdoba, "Memorie". Parma, Pratiche
MERIDA JIMÉNEZ, Rafael (2011). Mujer y cultura literaria en las letras ibéricas medievales y del renacimiento temprano. Kassel, Reichenberger
PÉREZ PRIEGO, Miguel Ángel (ed.) (1989). Poesía femenina en los cancioneros. Madrid: Castalia
MARIMÓN-LLORCA, Carmen (1990). Prosistas españolas medievales. Alicante, Caja de Ahorros Provincial
DEYERMOND, Alan (1995). “Las autoras medievales castellanas a la luz de las últimas investigaciones”.
LÓPEZ ESTRADA, Francisco (1984). “Las mujeres escritoras en la Edad Media castellana”.
WHETNALL, Jane (1984). “Lírica femenina in the Early Manuscript Cancioneros”.
LORENZO GRADÍN, Pilar (1997). “Voces de mujer y mujeres con voz en las tradiciones hispánicas medievales”. |
Ademáis dos textos sinalados de leitura, a profesora proporcionará unha selección doutros que facilitará aos estudantes. |
Bibliografía complementaria
|
|
Será proporcionada nas aulas e/ou a través da plataforma Moodle. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Dispor dunha competencia lingüística acorde ao nivel universitario dunha titulación de posgrao é requisito; de calquera xeito recoméndase a aqueles estudantes que teñan problemas na expresión (sexan ortográficos, sintácticos ou doutro tipo) que los subsanen. |
|