1. OPORTUNIDADE DE XULLO
Deberán ser presentadas/realizadas as actividades avaliábeis non superadas ou non presentadas anteriormente de acordo coas indicacións específicas que a profesora dará logo de concluído o período de avaliación da primeira oportunidade.
2. NON PRESENTADO
Será considerado NON PRESENTADO/A o/a alumno que non presente o traballo titorizado.
3. DISPENSA ACADÉMICA
Quen teña dispensa académica terá condicións especiais de avaliación:
1. Trabajo tutorizado (70%).
2. Proba mixta (para avaliar lecturas e análise de textos (30%)
0%).
4. ALUMNADO CON INCOMPATIBILIDADE HORARIA POR RAZÓNS LABORAIS OU DOUTRO TIPO
O alumnado con dificultades para asistir ás sesións presenciais deberá comunicalo á profesora na primeira semana do mes de febreiro. Unha vez comprobada a súa situación, poderá optar ás mesmas condicións de avaliación que o alumnado con dispensa académica.
5. CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO
O sistema de avaliación será o mesmo que para as persoas con dispensa académica. O/A estudante deberá pórse en contacto coa profesora no mes de enero.
6. INDICACIÓNS XERAIS
As datas e condicións específicas de cada elemento da avaliación serán estabelecidas no inicio do período de aulas.
Para calquera dúbida, poden pórse en contacto coa profesora en horario de titorías ou a través dunha mensaxe remitida a laura.tato@udc.gal