Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Saber analizar e comentar textos literarios e non literarios utilizando técnicas de análise textual |
A2
|
|
|
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno |
A21
|
B4
|
|
Ser capaz de identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. |
A14
|
|
|
Coñecer resultados de investigación e colocalos en relación co desenvolvemento tecnolóxico e avance socioeconómico e cultural da sociedade |
|
B9
|
|
Ser consciente da utilidade e necesidade da diversidade, atuando eticamente perante ela, con parámetros de xustiza e igualdade |
|
B8 B10
|
|
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse |
|
B9
|
C6
|
Demostrar que é capaz de se expresar correctamente, tanto de forma oral coma escrita, en galego. |
A4
|
|
C1
|
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico |
|
B7
|
|
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva |
|
B6
|
|
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas |
|
B5
|
|
Ser capaz de elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega |
A9
|
|
|
Adquirir capacidade de autoformación |
|
B3
|
|
Ser capaz de utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información |
|
B1
|
|
Coñecer a historia e a cultura da comunidade galega |
A19
|
B5
|
|
Ser capaz de explicar a variación lingüística da lingua galega |
A25
|
|
|
Demostrar coñecemento da situación sociolingüística da lingua galega |
A23
|
|
|
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos á práctica |
A15
|
|
|
Conseguir avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada |
A11
|
|
|
Atinxir un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega
|
A4
|
|
|
Demostrar capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións |
A10
|
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Norma e calidade lingüística: caracterización do modelo culto da lingua no século XXI |
1.1. A norma, a variación lingüística e a calidade lingüística
1.2. Aspectos ortográficos, ortolóxicos e fónicos
1.3. Aspectos morfosintácticos
1.4. Aspectos léxico-semánticos
1.5. Aspectos pragmáticos |
2. A variación lingüística: usos e norma |
2.1. Variación dependente do/a usuario/a: idade e xénero
2.2. Variación dependente do uso: estilo, contexto e rexistro
2.3. Lingua oral e lingua escrita. A lingua literaria como modelo |
3. A planificación do status da lingua galega |
3.1. A planificación lingüística e a planificación da lingua galega
3.2. O encadramento legal do galego: evolución histórica e situación actual
3.3. Ámbitos e usos lingüísticos |
4. A planificación do corpus da lingua galega |
4.1. O proceso de estandarización do galego. Grupos, institucións e critérios normativos
|
5. As modalidades do galego |
5.1. A lingua da Galiza e outros modelos do sistema lingüístico galego-portugués
5.2. Galego, portugués, brasileiro. Análise contrastiva
5.3. A variación linguística na Galiza e na Lusofonía/Galeguía |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Proba mixta |
A2 A4 A9 A10 A15 A19 A21 A23 A25 C1 |
0 |
10 |
10 |
Traballos tutelados |
A2 A4 A9 A11 A14 A15 A21 A25 B1 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C1 |
2 |
30 |
32 |
Sesión maxistral |
A19 B5 B8 B10 C6 |
21 |
10 |
31 |
Lecturas |
A2 A11 A14 A23 A25 B3 B5 B7 C6 |
0 |
12 |
12 |
Obradoiro |
A2 A4 A9 A10 A11 A14 A15 A19 A21 A23 A25 B4 B5 B6 B10 C1 |
15 |
15 |
30 |
Presentación oral |
A2 A4 A9 A10 A11 A15 A21 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B10 C1 |
2 |
6 |
8 |
Solución de problemas |
A2 A4 A9 A10 A11 A15 A21 A25 B1 B3 B5 B7 B8 C1 |
2 |
24 |
26 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba mixta |
Proba escrita de avaliación que combinará actividades de carácter teórico-práctico en que se demostrarán os contidos e as competencias adquiridas na materia. |
Traballos tutelados |
Realización por parte do alumnado dun traballo baixo a tutela do profesorado da materia para consolidar os coñecementos teórico-prácticos e para fomentar a aprendizaxe autónoma e colaborativa. As indicacións para a realización e entrega do traballo tutelado daranse no inicio do curso e estarán penduradas en Moodle. |
Sesión maxistral |
Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia. |
Lecturas |
Realización da lectura de artigos puntuais sobre aspectos concretos do temario. |
Obradoiro |
Nas sesións de docencia interactiva (grupo intermedio) e nas titorías de grupo reducido, co apoio do profesorado da materia, realizaranse diversas actividades prácticas, en que se inclúen exercicios escritos, solucións de problemas, probas de discriminación, discusións dirixidas, probas de completar, corrección de textos, aplicación de normas, análise de fontes documentais, prácticas a través de TIC, traballo en grupo e aprendizaxe colaborativa. Alén destas actividades prácticas, destinadas á consolidación dos contidos presentados na "Sesión maxistral", no "Obradoiro" daranse as pautas para poder elaborar as prácticas de entrega englobadas nas metodoloxías denominadas "Solucións de problemas", "Traballo tutelado" e "Presentación oral". |
Presentación oral |
Nas últimas semanas do cuadrimestre, o alumnado terá que realizar unha proba oral a partir das instruccións facilitadas previamente polo profesorado da materia. |
Solución de problemas |
Como complemento á "Sesión maxistral" e ao "Obradoiro", o alumnado deberá realizar unha serie de ACTIVIDADES PRÁCTICAS non presenciais de aplicación dos contidos teóricos á práctica. As instrucións para a realización e entrega do traballo tutelado daranse no inicio do curso e estarán penduradas en Moodle. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Solución de problemas |
Obradoiro |
Presentación oral |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Ao lado do labor de acompañamento realizado no horario de atendemento marcado polo profesorado responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente -que non unicamente- para o apoio na realización do "Traballo tutelado". De maneira xeral, cada alumno/a asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición do traballo.
Así mesmo, para a realización das actividades previstas e a fin de obter unha orientación adecuada, é fundamental que o alumnado comunique de maneira fluída e frecuente tanto os seus progresos como as súas eventuais dificultades. Alén diso, cada estudante poderá realizar toda clase de consultas en relación ao desenvolvemento do traballo, ben no horario de atendemento ben a través do correo electrónico.
Esta atención personalizada tamén está contemplada para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida, así como para o estudantado matriculado para se examinar na oportunidade adiantada de decembro. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Solución de problemas |
A2 A4 A9 A10 A11 A15 A21 A25 B1 B3 B5 B7 B8 C1 |
Será avaliada a correcta aplicación dos contidos teóricos á práctica e mais a corrección na análise e na expresión escrita, a capacidade analítica e crítica, así como a adecuación aos obxectivos formulados polo profesorado para cada actividade destas características. |
25 |
Presentación oral |
A2 A4 A9 A10 A11 A15 A21 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B10 C1 |
Será avaliada a calidade lingüística, o dominio do contido, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión na exposición, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel, a utilización dos recursos tecnolóxicos, o traballo en equipo e a utilidade da presentación para os propósitos da materia. |
10 |
Proba mixta |
A2 A4 A9 A10 A15 A19 A21 A23 A25 C1 |
Serán avaliadas a corrección lingüística e expositiva, así como a adecuación entre o exposto na proba mixta e os contidos presentados e estudados nas sesións maxistrais e no obradoiro. |
40 |
Traballos tutelados |
A2 A4 A9 A11 A14 A15 A21 A25 B1 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C1 |
Serán avaliadas a corrección lingüística, as estratexias e procedementos expositivos utilizados, os contidos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe canto á consecución dos obxectivos procurados co "Traballo Tutelado". |
25 |
|
Observacións avaliación |
1. OBSERVACIÓNS XERAIS DE AVALIACIÓN 1.1. Para superar a materia, o alumnado deberá atinxir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Igualmente, na proba mixta deberá obter 5 puntos sobre 10 para poder sumar os restantes elementos avaliábeis. 1.2. Todas as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e que pendurará en Moodle. As actividades entregadas fóra do prazo marcado ou que non cumpran coas pautas indicadas non serán obxecto de avaliación. 1.3. Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o día 06/07/2018 e pendurado en Moodle). 1.4. Se houber criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas propostas, estes serán oportunamente dispoñibilizados polo profesor responsábel da materia en formato "rúbrica" na sala de aulas e/ou a través de Moodle. O/a docente proporcionará, igualmente, as oportunas instrucións para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas. 1.5. Os
traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados a unha ferramenta informática para a detección do plaxio e de traballos
previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo
mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas
circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas "Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de
grao e mestrado universitario" da Universidade da Coruña (artigo 14).
2. AVALIACIÓN DA 2.ª OPORTUNIDADE (xullo) 2.1. Na 2.ª oportunidade, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior. 2.2. As persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada deberán concorrer á 2.ª oportunidade (xullo). Para superaren a mateira nesta oportunidade, os/as alumnos/as deberán aprobar (con 5 puntos sobre 10) aquelas probas (orais e/ou escritas) marcadas polo profesorado responsábel da materia e que serán realizadas na data fixada pola Facultade de Filoloxía. Igualmente, poderán ser recuperadas todas aquelas tarefas non superadas ou non presentadas na oportunidade anterior.
3. AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DE DECEMBRO 3.1. O alumnado que se presentar á convocatoria adiantada de decembro terá que contactar previamente co profesorado da materia e, para superala, deberá realizar unha "Proba mixta" (5 puntos), unha "Presentación oral" (2 puntos) e un "Traballo tutelado" (3 puntos).
4. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO (NP) 4.1. Será considerado Non Presentado aquel alumnado que non se presentar á "Proba mixta" e que non presentar ningunha das actividades contempladas na avaliación.
5. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSA ACADÉMICA 5.1. O estudantado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia concedida entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente co profesorado. Este alumnado deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ao atendemento, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.
6. ALUMNADO DE SEGUNDA MATRÍCULA 6.1. O alumnado de segunda matrícula que non poida asistir ás aulas deberá contactar co profesorado da materia.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Álvarez de la Granja, M. / González Seoane, E. X. (eds.) (2003) (2003). A estandarización do léxico. Santiago de Compostela. Instituto da Lingua Galega e Consello da Cultura Galega
Sánchez Rei, X. M. / Marques, A. (2016). As ciências da linguagem no espaço galego-português: diversidade e convergência. A Coruña, Área de Filoloxías Galega e Portuguesa
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2007). Criterios para o uso da lingua . A Coruña. SNL da Universidade, 2ª ed.
Koch, I. G. V. (2005). Desvendando os segredos do texto. São Paulo: Cortez, 4ª ed.
Regueira, X. L. (2010). Dicionario de pronuncia da lingua galega. A Coruña: Real Academia Galega
Hernández Guerrero, J. A. / M. C. García Tejera (2004). El arte de hablar. Manuel de Retórica Práctica y de Oratoria Moderna. Barcelona. Ariel
Freixeiro Mato, X. R. (2013). Estilística da lingua galega. Vigo: Xerais
Monteagudo, H. (ed.) (1995). Estudios de sociolingüística galega. Sobre a norma do galego culto. Vigo: Galaxia
López Viñas, X. / Lourenzo Modia, C. / Moreda Leirada, M. (2010). Gramátia práctica da lingua galega. Comunicación e expresión. A Coruña: Bahía
Feixó Cid, Xosé (2004). Gramática da lingua galega. Vigo. Xerais
Vilela, M. / I. Villaça Koch (2001). Gramática da Língua Portuguesa . Coimbra: Livraria Almedina
Hermida Gulías, Carme (2004). Gramática práctica (Morfosintaxe) . Santiago de Compostela: Sotelo Blanco
Estrela, E. / J. D. Pinto-Correia (2001). Guia Essencial da Língua Portuguesa para a Comunicação Social. Lisboa. Editorial Notícia
Monteagudo Romero, H. (2017). Historia social da lingua galega. Vigo: Galaxia
Cassany, D. (2008). La cocina de la escritura. Barcelona. Anagrama
Freixeiro Mato, X. R. (2009). Lingua de calidade. Vigo. Xerais
Ríos Noia, M. / M. L. Pita Rubido / R. J. Noguerol Gómez / B. Brozos Mera (2007). Manual de documentos administrativos. A Coruña. Servizo de Normalización Lingüística / Servizo de Publicacións, Universidade da Coruña
Freixeiro Mato, X. R. (2006). Manual de gramática galega. Vigo. A Nosa Terra
García Cancela, X. / C. L. Díaz Abraira (1994). Manual de linguaxe administrativa. Santiago de Compostela. Escola Galega de Administración Pública / Xunta de Galicia
Sánchez Rei, X. M. (ed.) (2014). Modelos de lingua e compromiso. A Coruña: Baía Edicións
RAG / ILG (2012). Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. A Coruña: RAG
Sanmartín Rei, G. (2008). Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación. Vigo. Xerais
Rodrigues Fagim, V. (2001). O galego (im)possível. Santiago de Compostela. Laiovento
Comissom Lingüística da Associaçom Galega da Língua (2012). O modelo lexical galego. Santiago de Compostela: Através Editora
González Rei, B. (2004). Ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova
Estrela, E. / M. A. Soares / M. J. Leitão (2004). Saber Escrever Saber Falar. Lisboa. Dom Quixote
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2007). Sobre a calidade da nosa lingua. A Coruña. SNL da Universidade, 2ª ed.
García Negro, M. P. (ed.) (2009). Sobre o racismo lingüístico. Santiago de Compostela. Laiovento |
|
Bibliografía complementaria
|
Sánchez Rei, X. M. (2006). A lingua galega no cancioneiro de Pérez Ballesteros. Santiago de Compostela: Liovento
Marcuschi, L. A. (2001 [1986]). Análise da conversação. São Paulo: Ática
Kerbrat-Orecchioni, C. (2006). Análise da conversação. Princípios e métodos. São Paulo: Parábola
Vallejo-Nágera, J. A. (1990). Aprender a hablar en público hoy. Barcelona: Planeta
Garrido, C. (2001). Aspectos Teóricos e Práticos da Traduçom Científico-Técnica (Inglês>Galego). Ourense: Associaçom Galega da Língua
Reyes, G. (1998). Cómo escribir bien en español. Manual de redacción. Madrid: Arco Libros
Marcuschi, L. A. (2000). Da fala para a escrita. São Paulo: Cortez
Serrano Serrano, J. (2002). Guía práctica de redacción. Madrid: Anaya
Plantin, Ch. (1998). La argumentación. Barcelona: Ariel
Weston, Anthony (2004). Las claves de la argumentación. Barcelona: Ariel, 9ª ed
Calsamiglia Blancafort, H. / A. Tusón Valls (1999). Las cosas del decir: manual de análisis del discurso. Barcelona: Ariel
Zinsser, W. (2005). On Writing Well. The Classic Guide to Writing Non-fiction. New York: Collins
Studer, Jürg (2000 [1996]). Oratoria. El arte de hablar, disertar, convencer. Madrid: El Drac
Fernández Rei, E. / X. L. Regueira (eds.) (2008). Perspectivas sobre a oralidade. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega
Flesch, R. / A. H. Lass (1996). The Classic Guide to Better Writing. New York: Harper Resource |
Entregarase unha bibliografía complementaria e específica por temas. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Lingua Galega 1/613G01002 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|