Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Familiarizarse con algúns dos autores máis pertinentes e os seus textos correspondentes. |
A1 A7
|
|
|
Aprender a ler criticamente. Ser capaz de aplicar un enfoque social (xénero, raza, clase...) na analice dos textos presentados, así como de comparar e relacionar os devanditos textos cos de outras tradicións literarias. |
A6 A10 A15
|
B5 B7
|
|
Usar a bibliografía apropiada (libros, capítulos de libros, ou revistas literarias), así como realizar tarefas de investigación a través de Internet. |
|
B1 B2 B3 B9
|
|
Ter dominio da lingua inglesa (C1/C2) a nivel oral y escrito. Os exercicios escritos deben estar ben organizados, ser coherentes e comprensibles. |
A6 A8 A9 A18
|
B10
|
|
Ser capaz de traballar en grupos, organizar o uso do tempo asignado, analizar as prioridades, compartir información e coñecementos, distribuir tarefas y responsabilidades individuais, e aproveitar as distintas capacidades dos membros do equipo. |
|
B6
|
|
Esta asignatura anima á reflexión acerca da diferencia, da "otredade", e da nosa actitude cara a ese outro/a. O coñecemento dos antecedentes socio-históricos debería axudar aos/ás estudiantes a comprender mellor as diferenzas que existen na sociedade e a respetalas. |
|
B8
|
C4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
UNIT 1 - Conceptos e contextos |
1. Concepts of race and ethnicity
2. Race and ethnicity in the US: a socio-historical introduction
3. Asian American literature: an overview |
UNIT 2 - Japanese American literature |
1. Internment literature (excerpts)
2. Beyond internment (excerpts) |
UNIT 3 -Chinese American literature |
1. Sui Sin Far’s “Leaves from the Mental Portfolio..."
2. Kingston’s The Woman Warrior (selected chapters) |
UNIT 4 - Vietnamese American literature |
1. Truong’s Bitter in the Mouth (excerpts)
2. Nguyen’s The Sympathizer (excerpts) |
UNIT 5 - Key issues in multi-ethnic literature |
1. 1. Intersectionality: gender and race, ethclass, generation gap. Gish Jen’s “Who’s Irish?” (short story)
2. Globalization and Diaspora: Andrew Lam’s “Viet Kieu” (essay); Divakaruni’s Arranged Marriage (short stories); Cathy Park Hong’s Engine Empire (selected poems)
3. Beyond Ethnicity?
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Lecturas |
A1 |
1 |
28 |
29 |
Sesión maxistral |
A7 |
8.5 |
0 |
8.5 |
Análise de fontes documentais |
A9 A15 A18 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 |
18 |
18 |
36 |
Traballos tutelados |
A6 A8 A10 A15 B6 B10 C4 |
2 |
20 |
22 |
Proba mixta |
A6 A7 A9 A15 A18 B5 B7 |
2 |
14 |
16 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Lecturas |
Espérase que cada estudiante lea todos e cada un dos textos polo miudo e de xeito crítico, intentando acadar as súas proprias conclusións. Tamén se espera que realicen as lecturas obrigatorias antes da clase. Grazas ao programa detallado que se lle entrega ao alumnado durante a primeira semana de clase, coñécense con antelación as datas nas que se analizará cada unha das lecturas obrigatorias. |
Sesión maxistral |
Neste tipo de sesións a docente explicará o contexto socio-histórico e cultural no que se inscriben os textos a analizar, exploraranse os conceptos teóricos máis relevantes e proporcionaranse pautas de análise textual. As sesións maxistrais levaranse a cabo nas clases co grupo grande, correspondentes á docencia expositiva (DE). De xeito ocasional, poderá organizarse algunha conferencia a cargo de expertas/os doutras universidades. |
Análise de fontes documentais |
Análise textual (close reading) e respostas razoadas sobre a leitura dos textos. Neste tipo de actividade, o/a estudante amosará o seu grado de comprensión e aproveitamento das lecturas encomendadas, por medio do comentario e análise textual, polo que se valorará a capacidade de reflexión crítica sobre os textos analizados. Tamén se terá en conta a capacidade de aplicar os coñecementos teóricos á práctica de análise textual. Como no resto de actividades desta materia, avaliaranse ademais as competencias lingüísticas propias do grado, nomeadamente a calidade da expresión en lingua inglesa |
Traballos tutelados |
Este traballo colaborativo levarase a cabo en grupos reducidos (3-4 estudantes por equipo). Cada grupo escollerá un libro da lista que a docente proporcionará ao inicio do cuadrimestre. Durante os meses de abril e maio as estudantes elaborarán o “Project Topic” baixo a supervisión da profesora e organizarán foros de debate nos que participará o resto do alumnado. Unha vez pechen os devanditos foros, cada grupo elaborará un resumo do debate máis as conclusións máis salientables do mesmo. O obxectivo deste traballo é que o alumnado afonde nun texto e tema determinados e máis exprese a súa opinión, como resultado dunha reflexión crítica. Dado que se trata dunha actividade colaborativa e grupal, a capacidade de traballo en equipo é moi importante, como tamén o son as destrezas lingüísticas e comunicativas amosadas na elaboración e na exposición oral do traballo. |
Proba mixta |
Nesta proba final o alumnado terá que amosar o seu grado de comprensión e aproveitamento das lecturas encomendadas, por medio do comentario e análise textual, polo que se valorará a capacidade de reflexión crítica sobre os textos analizados. Tamén se valorarán tanto os coñecementos teóricos adquiridos como a capacidade do alumnado que aplicar os devanditos coñecementos á práctica. Finalmente se avaliarán as competencias lingüísticas propias do grado, nomeadamente a calidade da expresión escrita en lingua inglesa. Estas probas poden combinar preguntas de resposta breve con outras preguntas a desenvolver. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
As presentacións orais son unha tarefa esixente para a meirande parte das/dos estudantes. Daquela, se levarán a cabo titorías en grupo reducido e/ou individuais, para axudar a plantexar o traballo e dar pautas de mellora se se detectan problemas lingüísticos.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Análise de fontes documentais |
A9 A15 A18 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 |
Neste tipo de actividade, o/a estudante amosará o seu grado de comprensión e aproveitamento das lecturas encomendadas, por medio do comentario e análise textual, polo que se valorará a capacidade de reflexión crítica sobre os textos analizados. Tamén se terá en conta a capacidade de aplicar os coñecementos teóricos á práctica de análise textual. Como no resto de actividades desta materia, avaliaranse ademais as competencias lingüísticas propias do grado, nomeadamente a calidade da expresión en lingua inglesa. |
30 |
Proba mixta |
A6 A7 A9 A15 A18 B5 B7 |
Nesta proba final o alumnado terá que amosar o seu grado de comprensión e aproveitamento das lecturas encomendadas, por medio do comentario e análise textual, polo que se valorará a capacidade de reflexión crítica sobre os textos analizados. Tamén se valorarán tanto os coñecementos teóricos adquiridos como a capacidade do alumnado que aplicar os devanditos coñecementos á práctica. Finalmente se avaliarán as competencias lingüísticas propias do grado, nomeadamente a calidade da expresión escrita en lingua inglesa. Estas probas poden combinar preguntas de resposta breve con outras preguntas a desenvolver. |
40 |
Traballos tutelados |
A6 A8 A10 A15 B6 B10 C4 |
Este traballo colaborativo levarase a cabo en grupos reducidos (3-4 estudantes por equipo). Cada grupo escollerá un libro da lista que a docente proporcionará ao inicio do cuadrimestre. Durante os meses de abril e maio as estudantes elaborarán o “Project Topic” baixo a supervisión da profesora e organizarán foros de debate nos que participará o resto do alumnado. Unha vez pechen os devanditos foros, cada grupo elaborará un resumo do debate máis as conclusións máis salientables do mesmo. O obxectivo deste traballo é que o alumnado afonde nun texto e tema determinados e máis exprese a súa opinión, como resultado dunha reflexión crítica. Dado que se trata dunha actividade colaborativa e grupal, a capacidade de traballo en equipo é moi importante, como tamén o son as destrezas lingüísticas e comunicativas amosadas na elaboración e na exposición oral do traballo. |
30 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia, a suma das distintas probas, traballos e máis outras actividades avaliables terá que superar o 5 sobre 10. Para realizar a suma dos distintos aspectos avaliables, o/a estudante deberá acadar alomenos 4 sobre 10 en cada un dos 3 apartados da avaliación. A participación dinámica nas diferentes tarefas da clase, así como toda actividade adicional de "extra-credit" que o alumnado realice ao longo do cuadrimestre, poderá supoñer ata un 5% extra na nota final (isto inclúe traballos voluntarios, lecturas alternativas ou calquera outra actividade proposta polo profesorado). PLAXIO: Á hora de avaliar os ensaios e traballos de cada estudiante, a profesora prestará especial atención a posibles casos de plaxio; a tal efecto, poderá realizar entrevistas orais co alumnado ou empregar recursos e aplicacions como TURNITIN que detecta citas incorrectas, plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorrer, aplicaranse as normas contra o plaxio (Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario). TURNITIN recoñece traballos previamente realizados por outras persoas (ou polo/a propio/a estudante) nesta universidade ou noutras, ademais doutros materiais bibliográficos e de Internet. CUALIFICACIÓN DE "NON PRESENTADO": Aquel(a) estudante que non se presente á proba final e/ou non teña realizado traballo igual ou superior ao 50% do resto das categorías de avaliación acadará a cualificación de NP. AVALIACIÓN DE XULLO: Os/as estudantes que non teñan acadado un 4 sobre 10 en cada un dos apartados de avaliación, aínda que a nota media sexa superior a 5, terán que ir á oportunidade de xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter acadadas as competencias da materia mediante a superación das seguintes probas: un exame final (40%) semellante ao da primeira oportunidade (proba mixta); exercicios de análise de fontes documentais (30%) en substitución dos realizados ao longo do curso; unha proba oral (30%), en substitución do traballo grupal. Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo. ESTUDANTES CON DISPENSA: Aquelas/esestudiantes que estean matriculados a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade (xullo). Atención á diversidade: Existe unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o precise pode poñerse en contacto coa ADI na dirección de e-mail adi@udc.es.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
FONTES PRIMARIAS - LECTURAS OBRIGATORIAS - 3 relatos de Mukherjee, Divakaruni e Jen (copias ou PDF)
- 2 textos autobiográficos breves de Lam e Sui Sin Far (copias ou PDF)
- Non máis de 7 capítulos de The Woman Warrior (Kingston), de Bitter in the Mouth (Truong), e The Sympathizer (Nguyen)
Ademáis destes textos, que deben ser lidos antes da clase (segundo o calendario semanal), proporcionaranse ao alumnado copias (ou PDF) de varios textos de pouca extensión (poemas e máis extractos) para seren analizados na aula (ou en Moodle). |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Literatura Norteamericana 1/613G03024 | Literatura Poscolonial/613G03026 | A Literatura Inglesa e a súa Crítica/613G03032 | Literatura Norteamericana 2/613G03035 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
A Literatura Inglesa e a súa Crítica/613G03032 |
|
Materias que continúan o temario |
Traballo Fin de Grao/613G03041 |
|
|