Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira |
A8
|
|
|
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. |
A10
|
|
|
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica |
A15
|
|
|
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
|
B1
|
|
Adquirir capacidade de autoformación |
|
B3
|
|
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
|
B4
|
|
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
|
B5
|
|
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva |
|
B6
|
|
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
|
B7
|
|
Apreciar a diversidade. |
|
B8
|
C2
|
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
|
|
C2
|
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
|
|
C4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Relatar ações ocorridas no passado. Descrever pessoas, objetos e lugares no passado. Saúde e corpo humano. |
1.1. Pretérito Imperfeito do Indicativo. Preposições e locuções prepositivas de movimento, espaço e tempo. Pronomes de CD e CI. maiúsculas e minúsculas
1.2. Descrições e ações habituais no passado. Falsos amigos (I)
1.3. Partes do corpo. Características físicas. Especialidades médicas. Serviços básicos de saúde. Indicações e cuidados de saúde. Sintomas. Doenças |
2. Manifestar a cortesia. Fazer pedidos.Trabalho e profissões. |
2.1. Imperfeito de cortesia. Demonstrativos. Hífen
2.2. Interação verbal cortês
2.3. Salário, ordenado, impostos e horário de trabalho. Profissões. Expressões e vocabulário específico de diferentes profissões |
3. Fazer reconto de eventos. Expressar opinião. Estabelecer comparações. Estudos e experiência profissional. |
3.1. Particípio Passado. Pretérito Mais-que-Perfeito Composto do Indicativo. Grau dos adjetivos e advérbios. Indefinidos. Tão e tanto. Derivação. Consoantes mudas
3.2. Eventos culturais e meios de comunicação social
3.3. Estudos e cursos. Universidades. Experiência profissional. Currículo. Fórmulas de uma carta de apresentação. Histórias de vida. Entrevista de trabalho |
4. Fazer pedidos e recomendações. Argumentar. Reproduzir o que foi dito |
4.1. Presente do Condicional. Discurso direto e indireto.
4.2. Alimentação. Estilos de vida. Falsos amigos (II). Expressões idiomáticas |
5. Falar de acontecimentos começados no passado e continuados até ao momento da enunciação. Pedir ajuda. Dar instruções. Hábitos recentes. |
5.1. Pretérito Perfeito Composto do Indicativo. Imperativo. Acentuação gráfica
5.2. Saúde e lazer
5.3. Expressões de tempo (passado). Expressões de sentimentos. Expressões de preferência e opinião |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Lecturas |
A10 A15 B7 B8 C2 C4 |
1 |
5 |
6 |
Obradoiro |
A8 A10 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C2 C4 |
8 |
13 |
21 |
Prácticas a través de TIC |
A8 B1 B3 B5 C2 C4 |
1 |
5 |
6 |
Presentación oral |
A8 A15 B4 B7 C2 |
3 |
10 |
13 |
Proba mixta |
A8 A10 A15 B4 B7 C2 |
2 |
15.5 |
17.5 |
Sesión maxistral |
B6 B7 C2 |
8 |
12 |
20 |
Traballos tutelados |
A8 A10 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C2 C4 |
9 |
17 |
26 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Lecturas |
Considérase “lectura” calquera tipo de material (textos de manuais, xornais, revistas, foros de internet etc.) que o/a alumno/a terá que coñecer para a realización de certas actividades de maneira presencial ou non presencial. |
Obradoiro |
Os obradoiros son aulas centradas no desenvolvemento de prácticas de produción escrita e, sobre todo, oral (resolución de exercicios, corrección e elaboración de textos, ...). |
Prácticas a través de TIC |
O/a alumno/a deberá facer uso das novas tecnoloxías para preparar actividades propostas nas aulas. |
Presentación oral |
A interacción oral será corrente nas sesións presenciais e poderán ser apresentados oralmente traballos ou atividades específicas.
A calidade da lingua utilizada, os recursos e estratexias expositivas empregados, así como a clareza e arrumazón dos conteúdos vehiculados constitúen os principais elementos a levar en conta polo alumnado neste tipo de actividade. |
Proba mixta |
Consta fundamentalmente dunha proba escrita que permite avaliar coñecementos, capacidades, habilidades etc. en destrezas como a comprensión e, sobre todo, a produción escrita e as competencias gramaticais. Pode combinar preguntas de resposta múltipla, de resposta breve, de ordenación, de asociación, de discriminación… |
Sesión maxistral |
As sesións maxistrais consistirán en exposicións orais de carácter fundamentalmente teórico á volta dos conteúdos básicos da materia. Nestas aulas utilizaranse diversos textos seleccionados especificamente para a análise e a comprensión dos conteúdos; resolveranse as dúbidas a respecto dos temas propostos e facilitarase bibliografía específica. Nestas sesións guiarase o alumnado no proceso de aprendizaxe e mostraranse recursos que faciliten o desenvolvemento do traballo autónomo. |
Traballos tutelados |
Baixo a coordinación d@ docente, o alumnado levará a cabo diversas actividades que deberán ser realizadas por escrito, nomeadamente exercicios virados para a consolidación de destrezas comunicativas e o uso de recursos linguísticos de vario tipo. Para alén disto, organizados en pequenos grupos, @s estudantes realizarán un traballo virado para a documentación e a redacción de conteúdos, a fin de produciren e partillaren información, coñecementos e habilidades. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Para a realización dos traballos tutelados, é fundamental que o/a alumno/a informe periodicamente tanto dos seus progresos como das súas dificultades co obxectivo de atinxir unha orientación adecuada. Alén diso, o/a estudante poderá realizar todo tipo de consultas a respecto de desenvolvemento do traballo, quer no horario de atendemento, quer por medio do correo electrónico.
Esta atención personalizada tamén está contemplada para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida, así como para o estudantado matriculado para se examinar na convocatoria de decembro
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Obradoiro |
A8 A10 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C2 C4 |
Serán realizadas na sala de aulas actividades de diferente tipoloxía e con variados obxectivos (con foco no léxico, na gramática, na fonética, ...) destinadas a aumentar a capacidade comunicativa, nomeadamente oral, d@s estudantes. |
10 |
Presentación oral |
A8 A15 B4 B7 C2 |
Para alén da avaliación do desempeño oral demostrado na sala de aulas, @s estudantes terán de realizar unha proba oral, orientada á demostración da súa competencia comunicativa en lingua portuguesa. |
20 |
Proba mixta |
A8 A10 A15 B4 B7 C2 |
Cada estudante deberá realizar unha proba mixta, virada fundamentalmente para a produción escrita (exercicios, elaboración de textos breves, ...), en que serán avaliados os coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais e coa realización dos traballos tutelados. |
50 |
Traballos tutelados |
A8 A10 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C2 C4 |
Serán avaliadas a corrección lingüística e as estratexias e procedementos argumentativos utilizados nos textos escritos, e tamén a participación ao longo dos traballos realizados nas sesións presenciais destinadas ao efecto e os resultados das actividades non presenciais encomendadas. O dominio dos conteúdos focados e os resultados atinxidos canto á consecución dos obxectivos procurados no proceso de ensino-aprendizaxe será igualmente obxecto de avaliación.
Será valorizada especialmente a aprendizaxe colaborativa. |
20 |
|
Observacións avaliación |
Todas as actividades deberán ser realizadas e entregadas de acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e pendurará na plataforma Moodle. As actividades entregadas fóra do prazo marcado non serán obxecto de avaliación. Para superar a materia, o alumnado deberá atinxir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Igualmente, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliábeis. Todas
as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de
corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia
sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro
formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán
ser penalizadas na cualificación segundo os criterios que serán
publicados na plataforma Moodle no inicio do curso. Os
traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao
Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos
previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo
mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas
circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de
grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4). O estudantado repetidor, a tempo parcial ou con dispensa académica realizará ou entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente cos docentes. Este alumnado deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ao atendemento, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico no inicio do curso. Aquel alumnado que certifique imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar co profesorado da materia. O alumnado que se apresentar á convocatoria adiantada de decembro terá de contactar previamente co docente responsábel da materia e, para superar a materia, realizar a proba mixta (5 valores), unha proba oral (apresentación oral; 2 valores) e aqueles traballos tutelados (3 valores) que lle foren encomendados. Se houver criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo profesor responsábel pola materia através do Moodle e/ou expostos na sala de aulas. O docente fornecerá, igualmente, as oportunas instrucións para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas. As persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada deberán concorrer á oportunidade de xullo. Para superaren a materia nesta segunda oportunidade, @s alumn@s deberán aprobar (5 valores sobre 10) aquelas probas (orais e/ou escritas) marcadas polo profesorado responsábel da materia e que serán realizadas na data fixada ao efecto pola Facultade de Filoloxía. Igualmente, deberán ser realizadas satisfactoriamente todas aquelas tarefas non superadas na oportunidade anterior xuntamente con aqueles outros traballos que foren agora solicitados. Será considerado Non Presentado aquel alumno ou alumna que non se presentar á proba mixta ou que non presentar ningunha das actividades previstas neste guía.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Frías Conde, X. (2014). Compêndio de gramática portuguesa elementar. s.l.: Ianua Editora
Casteleiro, J. M. (coord.) (2001). Dicionario da Língua Porutguesa. Lisboa: Verbo
Coelho, J. (2015). Dicionário Global da Língua Portuguesa. Lisboa: Lidel
Ventura, H.; Caseiro, M. (2011). Guia prático de verbos com preposições. Lisboa: Lidel
Monteiro, D.; Pessoa, B. (2011). Guia prático dos verbos portugueses. Lisboa: Lidel
Cintra, L.; Cunha, C (2013). Nova Gramática do Português Contemporâneo. Lisboa: Figueirinhas
Berström, M.; Reis, N. (2011). Prontuário Ortográfico e Guia da Língua Portuguesa. Alfragide: Casa das Letras |
|
Bibliografía complementaria
|
|
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTAR 1.Arruda, L. (2014). Gramática de Português Língua Não Materna. Porto: Porto
Editora 2.Coelho, L.; Oliveira, C. (2008). Aprender Português 1 - Compreensão Oral
Níveis A1/A2 - Inicial (Livro + Cd). Lisboa:
Texto Editora 3.Coelho, L.; Oliveira, C. (2014). Aprender Português 1, 2 (Manual e caderno
de exercícios). Lisboa: Texto Editora 4.Coelho, L.; Oliveira, C. (2014). Gramática Aplicada Português Língua
Estrangeira - A1/A2/B1. Lisboa: Texto Editora 5.Coimbra, O. M.; Coimbra, I. (2011). Gramática activa 1. Lisboa: Lidel 6.Coimbra, O. M.; Coimbra, I. (2012). Gramática activa 2. Lisboa: Lidel 7.Freitas, F.; Henriques, T. (2011). Qual é a dúvida?. Lisboa: Lidel 8.Lemos, H. (2013). Dialogar em Português. Lisboa: Lidel 9.Malcata, H. (2013). Português atual 2. Lisboa: Lidel 10.Mascarenhas, L. (2014). Cultura e História de Portugal - Volume 1 - Níveis
A2/B1. Porto: Porto Editora 11.Matos, M. (2013). Dicionário ilustrado de Português. Lisboa: Lidel 12.Pascoal, J.; Oliveira, T. (2013). Exames de Português A2 - B2 CAPLE-UL -
CIPLE, DEPLE, DIPLE + CD Áudio. Lisboa: Lidel 13.Ramos, E. (2006). Portugalizar. Português para galegofalante. Vigo: Xerais 14.Rente, S. (2013). Expressões idiomáticas ilustradas. Lisboa: Lidel 15.Rosa, L. (2004). Vamos lá Começar! Exercícios de vocabulário. Lisboa: Lidel 16.Rosa, L. (2011). Vamos Lá Começar! Explicações e Exercícios de Gramática.
Lisboa: Lidel 17.Rosa, L. (2011). Vamos Lá Continuar! - Explicações e Exercícios de
Gramática. Lisboa: Lidel 18.Ruela, I. (2015). Vocabulário temático. Lisboa: Lidel 19.S/A (2009). 2009 SOS Português! - Língua Não Materna - Vocabulário A1 - B1.
Porto: Porto Editora 20.S/A (2011). Dicionário Ilustrado - Português Dicionário de Português Língua
Não Materna. Porto: Porto Editora 21.S/A (2014). SOS Português! - Língua Não Materna - Gramática A1 - B1. Porto:
Porto Editora 22.Vázquez Cuesta, P. (2002). O Que Um Falante de Português Deve Saber Sobre o
Galego. Lisboa: Colibri RECURSOS DISPONÍVEIS NA INTERNET Documentos orientadores:
- Conselho da Europa (2001). Quadro europeu comum de referências para as línguas. Lisboa: Edições Asa.http://area.dge.mec.pt/gramatica/Quadro_Europeu_total.pdf
- Grosso, M.; Tavares, A.; Tavares, M. (2008). O Português para Falantes de Outras Línguas:o utilizador elementar no país de acolhimento, Lisboa, ANQ /DGIDC /IEFP:http://www.dge.mec.pt/sites/default/files/Basico/Documentos/referencial_independente.pdf
- Grosso, M.; Tavares, A.; Tavares, M. (2009). O Português para Falantes de Outras Línguas:o utilizador independente, Lisboa, ANQ /DGIDC /IEFP.http://www.dge.mec.pt/sites/default/files/Basico/Documentos/referencial_independente.pdf
- Grosso, M. (coord.); Soares, A.; Sousa, F.; Pascoal, J. (2011). QuaREPE - Documento Orientador. Lisboa: DGE.http://www.dge.mec.pt/sites/default/files/EEstrangeiro/2012_quarepe_docorientador.pdf
- Grosso, M. (coord.); Soares, A.; Sousa, F.; Pascoal, J. (2011) QuaREPE - Tarefas, Actividades, Exercícios e Recursos para a Avaliação. Lisboa: DGE.http://d3f5055r2rwsy1.cloudfront.net/images/stories/EPE_incricoes_2011_2012/quarepe/manual_quarepe_tarefas_versao_final_janeiro_2012.pdf
- Programa Português Para Todos (Ppt): Beça, E.; Galvão, M. (2009). Manual de Português Técnico aplicado à área da Hotelaria e Restauração. Lisboa: IEFP:http://portal.iefp.pt/xeobd/attachfileu.jsp?look_parentBoui=36134660&att_display=n&att_download=y
Sítios institucionais: Dicionários e recursos linguísticos: Sites e manuais para a aprendizagem da língua: Ferramentas de pronúncia: Ferramentas de tradução: Cultura: Imprensa: |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Idioma Moderno: Portugués/613G03051 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Idioma Moderno 3: Portugués/613G03057 |
|
Observacións |
Todas as cuestións non contempladas explicitamente nesta guía ou as eventuais dúbidas en relación co desenvolvemento da materia serán resolvidas polo profesorado no seu horario de atendemento, nas sesións presenciais ou no correo electrónico que figura no lugar correspondente. |
|