Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Idioma Moderno 4: Portugués Código 613G03060
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Portugués
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Samartin López-Iglesias, Roberto
Correo electrónico
roberto.samartin@udc.es
Profesorado
Samartin López-Iglesias, Roberto
Correo electrónico
roberto.samartin@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia fornece formación de carácter teórico-práctico na descrición e uso instrumental da lingua portuguesa nas súas modalidades oral e escrita. O alumnado debe consolidar todas as competencias de usuario independente, encadrado no nivel avanzado (B2), de acordo co "Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas".
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Os contidos fixados mantéñense sen alteracións

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Lecturas, Obradoiros, Prácticas através de TIC, Presentación Oral e Traballos Tutorizados.

*Metodoloxías docentes que se modifican
A proba mixta será substituída por un cuestionario disponibilizado no Moodle da materia
As sesións maxistrais serán substituídas por sesións (a)síncronas ou sesións de atendemento através de Teams previamente acordadas co alumnado.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Moodle para a disponibilización de materiais e a realización de cuestionarios e actividades
Teams, en horarios e formato (síncrono ou asíncrono) acordados co alumnado.
Correo electrónico a demanda do alumnado.

4. Modificacións na avaliación
As actividades previstas na avaliación (Obradoiros, Presentación Oral e Traballos Tutorizados) serán realizadas en modo non presencial e (a)síncrono. A Proba Mixta será substituída por un cuestionario disponibilizado no Moodle da materia.

*Observacións de avaliación:
As actividades contempladas neste apartado do guía da materia serán realizadas de modo non presencial e (a)síncrono.
O alumnado con dificuldades para o acompañamento da materia durante a vixencia deste plano de continxencia quer por motivos técnicos ou materiais (de conexión a internet, de acceso a computadores, etc.), quer por necesidades ou limitacións persoais de calquera tipo (coidados, conciliación, horarios ou espazos restrinxidos, etc.) deberá contactar co profesor no menor tempo posíbel a fin de seren arbitradas as medidas de flexibilización e adaptación necesarias para a atención de cada caso particular.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Sen modificacións.


Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Demostrar dominio instrumental oral e escrito del português A8
Ser capaz de avaliar criticamente o estilo dun texto e de formular propostas alternativas e correccións. A10
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos específicos na práctica comunicativa. A15
Demostrar que sabe utilizar recursos bibliográficos, bases de datos e ferramentas de busca de información. B1
Adquirir capacidade de autoformación. B3
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva naqueles contornos comunicativos propios do nível previsto na materia. B4
Ser capaz de relacionar os coñecementos adquiridos na materia cos doutras áreas e disciplinas, nomeadamente coa literatura e a historia de Portugal. B5
Ter capacidade para organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. B6
Ser capaz de apreciar a diversidade, de analisar, sintetizar e valorar criticamente o coñecemento adquirido, así como de exercer o pensamento crítico. B7
B8
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita do portugués, de acordo co nível exigido na materia. C2
Demostrar atitudes propiad do exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4

Contidos
Temas Subtemas
1. Relatar ações passadas, presentes ou futuras. Expressar hipótese (condição irreal) 1.1. Imperfeito do Conjuntivo (I). Orações condicionais com "se"
1.2. Expressões idiomáticas que evidenciam aspetos associados à cultura portuguesa
2. Expressar sentimentos, ordem, dúvida etc. Fazer comparações reais, irreais e hipotéticas 2.1. Imperfeito do Conjuntivo (II). Orações dubitativas, completivas, conjuncionais e relativas de eventualidade. Orações exclamativas de desejo. Estruturas comparativas
2.2. Hábitos e modos de vida da juventude. Profissões inovadoras
3. Expressar ações eventuais no futuro. Exprimir hipótese (condição real)

3.1. Futuro do Conjuntivo (I). Orações condicionais com Imperfeito do Conjuntivo ou Futuro do Conjuntivo
3.2. Aspetos ligados ao trabalho em Portugal e na União Europeia
4. Expressar ideia de futuro. Exprimir condição total 4.1. Futuro do Conjuntivo (II). Orações temporais e concessivas. Conjugação pronominal mesoclítica
4.2. Turismo ecológico
5. Relatar fatos formais e informais. Enfatizar o discurso. 5.1. Infinitivo Pessoal Simples e Composto. Orações subordinadas adverbiais. Topicalização. Conjunções e locuções conjuncionais causais. Discurso direto e indireto
5.2. Aspetos ligados à realidade dos países de língua portuguesa

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Lecturas A10 B3 B7 1 2.5 3.5
Obradoiro A8 A15 B1 C2 10 18 28
Prácticas a través de TIC A8 B1 1 3 4
Presentación oral A8 B4 B5 C2 4 8 12
Proba mixta A8 A10 A15 B4 B7 B8 C2 2 18 20
Sesión maxistral B7 B8 C4 10 12 22
Traballos tutelados A8 A10 A15 B1 B3 B5 B6 B7 C2 C4 4 16 20
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Considérase “lectura” calquera tipo de material (textos de manuais, xornais, revistas, foros de internet etc.) que o/a alumno/a terá que coñecer para a realización de certas actividades de maneira presencial ou non presencial.
Obradoiro Os obradoiros son aulas centradas no desenvolvemento de prácticas de produción escrita e, sobre todo, oral (resolución de exercicios, corrección e elaboración de textos).
Prácticas a través de TIC O/a alumno/a deberá facer uso das novas tecnoloxías para preparar algunhas actividades propostas nas aulas.
Presentación oral A interacción oral será corrente nas sesións presenciais e poderán ser apresentados oralmente traballos ou atividades específicas.
A calidade da lingua utilizada, os recursos e estratexias expositivas empregados, así como a clareza e arrumazón dos conteúdos vehiculados constitúen os principais elementos a levar en conta polo alumnado neste tipo de actividade.
Proba mixta Consta fundamentalmente dunha proba escrita que permite avaliar coñecementos, capacidades, habilidades etc. en destrezas como a comprensión e, sobre todo, a produción escrita e as competencias gramaticais. Pode combinar preguntas de resposta múltipla, de resposta breve, de ordenación, de asociación, de discriminación…
Sesión maxistral As sesións maxistrais consistirán en exposicións orais de carácter fundamentalmente teórico á volta dos conteúdos básicos da materia. Nestas aulas utilizaranse diversos textos seleccionados especificamente para a análise e a comprensión dos conteúdos; resolveranse as dúbidas a respecto dos temas propostos e facilitarase bibliografía específica. Nestas sesións guiarase o alumnado no proceso de aprendizaxe e mostraranse recursos que faciliten o desenvolvemento do traballo autónomo.
Traballos tutelados Baixo a coordinación d@ docente, o alumnado levará a cabo diversas actividades que deberán ser realizadas por escrito, nomeadamente exercicios virados para a consolidación de destrezas comunicativas e o uso de recursos linguísticos de vario tipo. Para alén disto, organizados en pequenos grupos, @s estudantes realizarán un traballo virado para a documentación e a redacción de conteúdos, a fin de produciren e partillaren información, coñecementos e habilidades.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Para a realización dos traballos tutelados, é fundamental que @s estudantes informen periodicamente tanto dos seus progresos como das súas dificultades co obxectivo de atinxir unha orientación adecuada.
Alén diso, o/a estudante poderá realizar todo tipo de consultas a respecto de desenvolvemento dos traballos, quer no horario de atendemento quer por medio do correo electrónico.

Esta atención personalizada tamén está contemplada para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida, así como para o estudantado matriculado para se examinar na convocatoria de decembro

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro A8 A15 B1 C2 Serán realizadas na sala de aulas actividades de diferente tipoloxía e con variados obxectivos (con foco no léxico, na gramática, na fonética, ...) destinadas a aumentar a capacidade comunicativa, nomeadamente oral, d@s estudantes. 10
Presentación oral A8 B4 B5 C2 Para alén da avaliación do desempeño oral demostrado na sala de aulas, @s estudantes terán de realizar unha proba oral, orientada á demostración da súa competencia comunicativa en lingua portuguesa. 20
Proba mixta A8 A10 A15 B4 B7 B8 C2 Cada estudante deberá realizar unha proba mixta, virada fundamentalmente para a produción escrita (exercicios, elaboración de textos breves, ...), en que serán avaliados os coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais e coa realización dos traballos tutelados. 50
Traballos tutelados A8 A10 A15 B1 B3 B5 B6 B7 C2 C4 Serán avaliadas a corrección lingüística e as estratexias e procedementos argumentativos utilizados nos textos escritos, e tamén a participación ao longo dos traballos realizados nas sesións presenciais destinadas ao efecto e os resultados das actividades non presenciais encomendadas. O dominio dos conteúdos focados e os resultados atinxidos canto á consecución dos obxectivos procurados no proceso de ensino-aprendizaxe será igualmente obxecto de avaliación.
Será valorizada especialmente a aprendizaxe colaborativa.
20
 
Observacións avaliación

Todas as actividades deberán ser realizadas e entregadas de acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e pendurará na plataforma Moodle. As actividades entregadas fóra do prazo marcado non serán obxecto de avaliación. Para superar a materia, o alumnado deberá atinxir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Igualmente, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliábeis.

Todas
as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de
corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia
sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro
formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán
ser penalizadas na cualificación segundo os criterios que serán
publicados na plataforma Moodle no inicio do curso.
Os
traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao
Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos
previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo
mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas
circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de
grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).

O estudantado repetidor, a tempo parcial ou con dispensa académica realizará ou entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente cos docentes. Este alumnado deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ao atendemento, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico no inicio do curso. Aquel alumnado que certifique imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar co profesorado da materia.

O alumnado que se apresentar á convocatoria adiantada de decembro terá de contactar previamente cos docentes e, para superar a materia, realizar a proba mixta (5 valores), unha proba oral (apresentación oral; 2 valores) e aqueles traballos tutelados (3 valores) que lle foren encomendados.

Se houver criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo profesor responsábel pola materia através do Moodle e/ou expostos na sala de aulas. O docente fornecerá, igualmente, as oportunas instrucións para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.

As persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada deberán concorrer á oportunidade de xullo. Para superaren a materia nesta segunda oportunidade, @s alumn@s deberán aprobar (5 valores sobre 10) aquelas probas (orais e/ou escritas) marcadas polo profesorado responsábel da materia e que serán realizadas na data fixada ao efecto pola Facultade de Filoloxía. Igualmente, deberán ser realizadas satisfactoriamente todas aquelas tarefas non superadas na oportunidade anterior xuntamente con aqueles outros traballos que foren agora solicitados.

Será considerado Non Presentado aquel alumno ou alumna que non se presentar á proba mixta ou que non presentar ningunha das actividades previstas neste guía.


Fontes de información
Bibliografía básica

Casteleiro, J. M. (coord.) (2001): Dicionário da Língua Portuguesa (Lisboa: Verbo).

Cintra, L. / Cunha, C. (1984): Nova Gramática do Português Contemporâneo (Lisboa: Sá da Costa).

Costal,J. A. / Melo, A. S. (2003): Dicionário da Língua Portuguesa (Porto: Porto Editora).

Monteiro, D. / Pessoa, B. (1993): Guia prático dos verbos portugueses (Lisboa: Lidel).

Reis, N. / Berström, M. (1997): Prontuário Ortográfico e Guia da Língua Portuguesa (Lisboa: Notícias).

S/A (2008): Acordo Ortográfico – Guia Prático (Porto: Porto Editora).

S/A (2008): Prontuário Ortográfico da Língua Portuguesa (Porto: Porto Editora).

Bibliografía complementaria

Carmo, Leonete (2004): Olá! Como está? – CD audio duplo (Lisboa: Lidel).

Carmo, Leonete (2004): Olá! Como está? – Livro de Textos (Lisboa: Lidel).

Carmo, Leonete (2004): Olá! Como está? – Livro de Actividades (Lisboa: Lidel).

Coimbra, O. M. / Coimbra, I. (2000): Gramática Ativa 2 -versão portuguesa- (Lisboa: Lidel)

Lemos, Helena (2003): Comunicar em Português (Lisboa: Lidel).

Lemos, Helena (2011): Praticar Português - Nível Intermédio Segundo o Novo Acordo Ortográfico (Lisboa: Lidel).

Malcata, Hermínia (2011): Guia Prático de Fonética - Acentuação e Pontuação -livro segundo o novo Acordo Ortográfico- (Lisboa: Lidel).

Oliveira, C. (2007): Aprender Português 2. B1-B2 (Lisboa: Texto Editores)

Oliveira, C. , Coelho, L. (2007): Aprender Português 2. B1-B2 . Caderno de Exercícios ( Lisboa: Texto Editores).

Oliveira, C. , Coelho, L. (2007): Gramática Aplicada, Níveis Intermédio e Avançado. B2-C1 (Lisboa: Texto Editores).

Oliveira, C. , Coelho, L. (2008): Aprender Português 2. Compreensão Oral. B1-B2 ( Lisboa: Texto Editores).

Oliveira, C., Coelho, L. (2007). Aprender Português 3. B2 (Lisboa: Texto Editores).

Pinheiro, M. C. (2007): Português ao vivo. Textos e exercícios . Nível 2 (Lisboa: Lidel).

Ramos, E. (2006): Portugalizar. Português para galegofalantes (Vigo: Xerais).

Rosa, L. M. (2004): Vamos lá continuar! (Lisboa: Lide)

S/A (2009): Bom Português (Porto: Porto Editora).

Tavares, A. (2004): Português XXI - 3 (Lisboa: Lidel).

Vaz, Rui (2011): Falas português? (Porto: Porto Editora).

Vaz, Rui (2011): Falas português? Caderno de Atividades (Porto: Porto Editora).

RECURSOS DISPONÍVEIS NA INTERNET

Documentos orientadores:

Sítios institucionais:

Dicionários e recursos linguísticos:

Sites e manuais para a aprendizagem da língua:

Ferramentas de pronúncia:

Ferramentas de tradução:

Cultura:

Imprensa:


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Idioma Moderno: Portugués/613G03051
Idioma Moderno 2: Portugués/613G03054
Idioma Moderno 3: Portugués/613G03057

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Todas as cuestións non contempladas explicitamente neste guía ou as eventuais dúbidas en relación co desenvolvemento da materia serán resolvidas polo profesorado no seu horario de atendemento, nas sesións presenciais ou no correo electrónico que figura no lugar correspondente deste guía docente.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías