Datos Identificativos | 2020/21 | ||||||||
Asignatura (*) | Ferramentas para HPC | Código | 614473105 | ||||||
Titulación | |||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | ||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 6 | |||||
Idioma |
|
||||||||
Modalidade docente | Híbrida | ||||||||
Prerrequisitos | |||||||||
Departamento | Enxeñaría de Computadores |
||||||||
Coordinación |
|
Correo electrónico |
|
||||||
Profesorado |
|
Correo electrónico |
|
||||||
Web | http://aula.cesga.es | ||||||||
Descrición xeral |
O obxectivo desta materia é que o alumnado se familiarice cos tipos de aplicación máis comúns que son susceptibles de precisar a utilización de HPC, así como que coñezan as ferramentas e as implementacións existentes para cada unha delas, entendendo ademais os retos que hai que abordar para a súa paralelización e mellora do rendemento. Isto permitirá ao estudante adquirir un coñecemento xeral do mundo HPC e das súas diferentes aplicacións. Ademais, o alumno aprenderá que ferramentas ten á súa disposición para a caracterización do rendemento en contornos HPC, e como se poden empregar estas para abordar o proceso de paralelización e mellora do rendemento dunha aplicación nunha determinada plataforma. Isto permitiralle ao estudante ser capaz de analizar o rendemento esperable desa aplicación nese sistema, identificando ademais os puntos quentes sobre os que centrar os seus esforzos de optimización. Finalmente, o alumnado aprenderá que alternativas tecnolóxicas existen para despregar unha aplicación HPC de forma rápida e eficiente. Isto permitirá ao alumno ser capaz de distribuír aplicacións HPC de xeito sinxelo e eficaz en distintas contornos. |
||||||||
Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos - Non 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - As metodoloxías docentes que se empregan nesta materia se manteñen, pero pasando dunha modalidade docente «híbrida» a unha modalidade «Non presencial» *Metodoloxías docentes que se modifican - Ningunha, só se modifica a modalidade docente na que se imparten: híbrida -> non presencial. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Os mesmos, simplemente restrinxindo a comunicacións co alumnado ao correo electrónico e a ferramenta Teams da UDC. 4. Modificacións na avaliación - Ningunha, a avaliación desta materia xa se está a facer en liña para as probas síncronas. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Ningunha |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías |