É necesario para aprobar a materia:
- Obter unha cualificación global igual ou superior ó 50%.
- Obter unha cualificación no traballo tutelado igual ou superior a 2.5/10.
- Completar a presentación oral.
- Asistir de forma activa ás presentacións orais dos compañeiros.
En caso de obter
unha cualificación global igual ou superior ao 50% pero non cumplir con
algunha das condicións necesarias a cualificación será un Suspenso (4.5).
Na segunda oportunidade se permitirá recuperar o 80% da
calificación: traballo tutelado, presentación oral e proba obxectiva. Únicamente a cualificación de prácticas de laboratorio non se poderá recuperar. A cualificación das prácticas de laboratorio obtida na primeira oportunidade mantense de cara á segunda oportunidade.
Os alumnos repitan a asignatura por non acadar a nota necesaria o curso anterior poderán gardar as notas parciais dos apartados que desexen (prácticas, traballo tutelado, presentación oral ou exame escrito). Se manter algunha das notas deben avisar ao profesor na primeira semana de clase.
Un alumno que non se presente á proba obxectiva será considerado "non presentado", aínda que complete as prácticas de laboratorio, o traballo tutelado e/ou a presentación oral.
A cualificación dos alumnos con matrícula a tempo parcial seguirá as mesmas pautas ca os de matrícula ordinaria. Estes alumnos tamén están obrigados a asistir á presentación oral dos compañeiros para poder aprobar a materia. A asistencia ás clases maxistrais e ás prácticas de laboratorio non é obrigatoria para ningún alumno.