OUTRAS NORMAS DE EVALUACIÓN DA ASIGNATURA
A asistencia regular ás clases prácticas, a entrega das mesmas e a súa presentación nas datas e horarios indicados, son condicións obrigatorias para aprobar a materia.
Sobre a responsabilidade compartida dos traballos en grupo
Nas actividades que se levan a cabo en grupos, tales como as prácticas, todos os membros do grupo serán responsables solidarios do traballo realizado e entregado, así como das consecuencias que se deriven do incumprimento das normas de autoría do mesmo.
* Normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario, aprobada polo Consello de Goberno da Universidade da Coruña o 19 de decembro de 2013.
Non presentado
Un alumno considerarase presentado nunha convocatoria se fai
entrega dalgunha das actividades de avaliación.
Avaliación na segunda oportunidade
Dado que a superación da materia se centra na superación
dos traballos tutelados, para a segunda oportunidade só será posible reentregar
e presentar os traballos que recibisen a cualificación de SUSPENSO ou NON
PRESENTADO na primeira oportunidade, sempre de acordo ao enunciado que se
propoña a tal fin.
En canto aos criterios de
avaliación, a segunda oportunidade estará sometida aos mesmos que a primeira.
Matrícula a tempo parcial
En caso de matrícula a tempo parcial elimínase a obrigatoriedade da asistencia ás clases de prácticas, pero non a entrega de traballos nin a asistencia ás presentacións orais dos mesmos nas condicións e prazos específicos que se establecerán. Será obriga do estudante comunicar a súa situación ao profesorado.