Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A36 |
Capacidade para comprender, aplicar e xestionar a garantía e a seguridade dos sistemas informáticos. |
A37 |
Capacidade para analizar, avaliar, seleccionar e configurar plataformas hárdware para o desenvolvemento e execución de aplicacións e servizos informáticos. |
B1 |
Capacidade de resolución de problemas |
B3 |
Capacidade de análise e síntese |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer os sistemas software e hardware que permitan a implantación de solucións tolerantes a fallas |
A36 A37
|
B1 B3
|
C3 C6
|
Coñecer as alternativas tecnolóxicas para implantar solucións de alta dispoñibilidade nos centros de procesamento de datos |
A36 A37
|
B3
|
C3
|
Saber configurar solucións de alta dispoñiblidade utilizando as ferramentas informáticas axeitadas |
A36 A37
|
B1
|
C3
|
Coñecer os fundamentos da virtualización e as súas aplicacións máis relevantes nos centros de procesamento de datos |
A37
|
B3
|
C3 C6
|
Coñecer os fundamentos da computación na nube (Cloud Computing) |
A37
|
B3
|
C6
|
Saber utilizar os servizos básicos de provedores cloud públicos |
A37
|
B1
|
C3
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tolerancia a fallas, redundancia e alta dispoñibilidade |
|
Servidores e clusters de servidores |
|
Alta dispoñibilidade no centro de procesamento de datos |
|
Virtualización no centro de procesamento de datos |
|
Computación na nube (Cloud Computing) |
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas de laboratorio |
B1 C3 |
14 |
42 |
56 |
Proba obxectiva |
A36 A37 |
3 |
0 |
3 |
Traballos tutelados |
A37 B3 C6 |
6 |
18 |
24 |
Sesión maxistral |
A36 A37 C6 |
21 |
42 |
63 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas de laboratorio |
Actividade que permite ás/aos estudantes aprender e afianzar os coñecementos xa adquiridos mediante a realización de sesións prácticas en computadores. |
Proba obxectiva |
Proba única que se fará ao final do cuadrimestre, sobre os contidos do temario tratados nas sesións maxistrais e nas prácticas de laboratorio. |
Traballos tutelados |
Proposta de traballos para a súa resolución de forma autónoma por parte do alumnado. Estes traballos permitiranlle ao alumnado profundar en aspectos do temario que lle interesen especialmente e que non se puideran tratar co detalle suficiente durante as sesións maxistrais. |
Sesión maxistral |
Nas que se exporá o contido teórico do temario incluíndo exemplos ilustrativos e co soporte de medios audiovisuais. O alumnado disporá do material de apoio (apuntamentos, copias das transparencias, artigos, etc.) con anterioridade. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A atención personalizada durante as prácticas servirá para orientar e comprobar o traballo que as/os alumnas/os vaian realizando segundo as indicacións que se lles proporcionen, dependendo da práctica concreta da que se trate.
Para a realización dos traballos tutelados o profesor proporcionará as indicacións iniciais necesarias e realizará un seguimento dos avances que o alumnado vaia realizando para ofrecer as orientacións pertinentes en cada caso, de modo que se asegure a calidade dos traballos de acordo aos criterios que se indiquen.
O profesor proporá un horario de titorías no que o alumnado poderá resolver calquera dúbida relacionada co desenvolvemento da mesma. Recomendarase ás/aos alumnas/os o aproveitamento das titorías como parte fundamental do apoio á aprendizaxe. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
B1 C3 |
As prácticas de laboratorio consistirán en diferentes actividades que se proporán ao longo do cuadrimestre relacionadas cos contidos da materia. |
40 |
Proba obxectiva |
A36 A37 |
A proba obxectiva realizarase ao final do cuadrimestre e estará formada por preguntas relacionadas co temario desenvolvido nas sesións maxistrais e nas prácticas. |
40 |
Traballos tutelados |
A37 B3 C6 |
Os traballos tutelados serán sobre algún tema a convir entre as/os alumnas/os e o profesor. Valoraranse entre outros o cumprimento das especificacións, a contribución persoal, e a calidade das explicacións e da presentación dos resultados. |
20 |
|
Observacións avaliación |
PRIMEIRA OPORTUNIDADE Para superar a materia será requisito indispensable entregar todas as prácticas obrigatorias que se propoñan. O traballo tutelado será opcional e só se terá en conta se cumpre cos mínimos de calidade esixidos polo profesor. A nota final calcularase como a media ponderada das notas das prácticas, o traballo tutelado e a proba obxectiva. Para aprobar será necesario acadar un mínimo dun 40% nas notas das prácticas e da proba obxectiva e un 50% no total.
SEGUNDA OPORTUNIDADE Na segunda oportunidade seguiranse os mesmos criterios de avaliación que na primeira. Haberá unha segunda data de entrega para as prácticas e o traballo tutelado. As notas das partes que acadaran o mínimo do 40% en primeira oportunidade conservaranse na segunda.
REPETIDORAS/ES Conservarase durante un curso a nota das prácticas se se obtén un mínimo do 50%
MATRÏCULA A TEMPO PARCIAL Os criterios de avaliación serán iguais aos do alumnado a tempo completo. FRAUDE No caso de detectarse algunha fraude nas probas avaliables aplicaranse as medidas sancionadoras previstas na normativa da Universidade.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
1. Kailash Jayaswal (2006)."Administering Data Centers: Servers, Storage, and Voice over IP". Wiley. ISBN: 978-0-471-77183-8 2. Sander Van Vugt (2014)."Pro Linux high availability clustering".Apress. ISBN:978-1484200803
3. Germán Pacio (2015). "Data Centers Hoy". Marcombo. ISBN: 978-8-42672-156-3 4. Luís Joyanes Aguilar (2013). "Computación en la Nube: Estrategias de Cloud Computing en las Empresas". Marcombo. ISBN: 978-8-42671-893-8
|
Bibliografía complementaria
|
|
1. Hwaiyu Geng (2015). "Data Center Handbook". Wiley. ISBN: 978-1-118-43663-9 2. Gustavo Santana (2014). "Data Center Virtualization Fundamentals". Cisco Press. ISBN: 978-1-58714-324-3
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Xestión de Infraestruturas/614G01025 | Arquitectura de Computadores/614G01033 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Administración de Infraestruturas Informáticas/614G01093 |
|
Observacións |
Para o itinerario de Tecnoloxías da Información, no que esta materia é optativa, recoméndase cursala no segundo cuadrimestre simultaneamente á materia: "Administración de Infraestruturas e Sistemas Informáticos (614G01113)". SOBRE A MODALIDADE DE DOCENCIA HÍBRIDA Debido á situación derivada do COVID-19 a docencia desta materia adoptou, excepcionalmente, unha modalidade que combina a non presencialidade cunha mínima presencialidade, segundo o acordado pola Facultade de Informática seguindo as recomendacións da UDC. Nesta modalidade, as probas obxectivas de avaliación serán presenciais, e as demais actividades docentes (docencia teórica, prácticas, traballos tutelados e titorías individuais) faranse preferentemente de xeito non presencial usando as ferramentas recomendadas pola UDC (Teams, Moodle, Stream, etc). |
|