1. PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Ó longo do curso realizaranse unha serie de "prácticas de laboratorio" e un "traballo tutelado", coas características e peso indicados no cadro anterior.
Ó finalizar o curso realizarase unha "proba obxectiva", coas características e peso indicados no cadro anterior.
2. SEGUNDA OPORTUNIDADE E OPORTUNIDADE ADIANTADA
Realizarase unha "proba obxectiva", coas características e peso indicados no cadro anterior.
As notas de "prácticas de laboratorio", e do "traballo tutelado" obtidas na primeira oportunidade, consérvase para o resto de oportunidades dese curso.
Caso de non ter nota nalgún destes apartados, e querer optar a ela, o alumno debe contactar co coordinador da materia cunha antelación mínima de 30 días naturais antes da data do exame.
A nota de "prácticas de laboratorio" poderá recuperarse mediante a realización e defensa das prácticas que se determinen para a segunda oportunidade (ou oportunidade adiantada de decembro, segundo corresponda).
A nota do "traballo tutelado" poderá recuperarse mediante a realización e defensa dun traballo tutelado individual, cuxa temática debe ser acordada co coordinador da materia.
3. CONDICIÓN DE "NON PRESENTADO"
Consideraranse como "non presentados" aos alumnos que non realicen a proba obxectiva.
4. ALUMNOS A TEMPO PARCIAL
Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial.
Os alumnos que cursen a materia a tempo parcial deben realizar as mesmas probas de avaliación que os alumnos que as cursen a tempo completo, coas seguintes consideracións:
- En canto á defensa das prácticas, se o alumno non puidese asistir á defensa no horario de prácticas, convirase con el un horario alternativo.
- En canto á realización do traballo tutelado, exímese ao alumno da necesidade de realizar o traballo en grupo, podendo realizalo individualmente, e, en caso de non poder presentar o traballo en clase por incompatibilidade no horario, o alumno poderá realizar a presentación ao profesor no horario convido por ambos.
O alumno deberá notificar ao coordinador da materia a súa condición de estudante a tempo parcial tan pronto como lle sexa recoñecida, para que o profesor poida realizar unha correcta planificación das actividades docentes.