Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A52 |
Capacidade para comprender o contorno dunha organización e as súas necesidades no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións. |
A53 |
Capacidade para seleccionar, deseñar, despregar, integrar, avaliar, construír, xestionar, explotar e manter as tecnoloxías de hárdware, sóftware e redes dentro dos parámetros de custo e calidade adecuados. |
A55 |
Capacidade para seleccionar, deseñar, despregar, integrar e xestionar redes e infraestruturas de comunicacións nunha organización. |
B1 |
Capacidade de resolución de problemas |
B3 |
Capacidade de análise e síntese |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Saber e coñecer o funcionamento das técnicas de monitorización e administración de infraestruturas informáticas. |
A52 A53
|
B1 B3
|
C6 C8
|
Coñecer os fundamentos básicos da administración e xestión de equipos informáticos en rede. |
A52 A55
|
B1 B3
|
C6 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Despregamento e administración de infraestrutura |
|
Tecnoloxías de virtualización
|
|
Tecnoloxías para redes de almacenamento |
|
Infraestruturas clúster |
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas de laboratorio |
A53 A55 B1 B3 C6 |
18 |
36 |
54 |
Proba mixta |
A52 A53 A55 B3 B1 |
3 |
6 |
9 |
Traballos tutelados |
A53 A55 B1 B3 C6 |
3 |
18 |
21 |
Sesión maxistral |
A52 A53 A55 C6 C8 |
21 |
42 |
63 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas de laboratorio |
As prácticas de laboratorio consistirán en diferentes actividades a realizar nun ordenador que están directamente relacionadas cos contidos da materia e que serán propostas ao longo do cuadrimestre. |
Proba mixta |
Proba única que se fará ao final do cuadrimestre sobre os contidos do temario tratados nas sesións maxistrais e nas prácticas de laboratorio. |
Traballos tutelados |
Resolución dun caso de estudio de maior dificultade aos realizados nas prácticas de laboratorio, analizando en maior profundidade unha aplicación, ferramenta ou tecnoloxía específica directamente relacionada cós contidos da materia. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais sobre os temas da materia coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe e asimilación dos conceptos discutidos. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Prácticas de laboratorio |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A atención personalizada durante as prácticas de laboratorio servirá para orientar o traballo do alumnado e facer un seguimento do seu avance segundo as indicacións que se lles proporcionen. Os/As estudantes poderán formular cuestións, dúbidas, etc. relacionados coas prácticas e o profesor, atendendo a estas solicitudes, revisará conceptos, resolverá dúbidas ou empregará calquera actividade que considere oportuna para resolver os problemas suscitados.
Para a realización dos traballos tutelados os profesores proporcionarán unhas indicacións iniciais e farán un seguimento dos avances que o alumno vaia realizando para ofrecer as orientacións pertinentes en cada caso, de modo que se asegure a calidade dos traballos de acordo aos criterios que se indiquen.
O equipo docente proporá un horario de titorías no que o alumnado poderá formular calquera dúbida relacionada co desenvolvemento da materia. Recoméndase ao alumnado o aproveitamento do horario de titorías como parte fundamental do apoio á aprendizaxe.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A53 A55 B1 B3 C6 |
A avaliación das prácticas de laboratorio realizarase ao longo do curso có obxectivo de valorar os coñecementos adquiridos e o traballo do alumnado durante as sesións prácticas. |
40 |
Traballos tutelados |
A53 A55 B1 B3 C6 |
O traballo tutelado é opcional e consistirá na resolución dun caso de estudio de maior complexidade aos realizados nas prácticas. Aínda que se proporán posibles temas para realizar o traballo, incentivarase que os/as alumnos/as desenvolvan e resolvan propostas propias. |
20 |
Proba mixta |
A52 A53 A55 B3 B1 |
Proba individual realizada ao final do cuadrimestre para avaliar os conceptos teóricos do temario desenvolvido durante as sesións maxistrais así como a súa aplicación nas prácticas de laboratorio. |
40 |
|
Observacións avaliación |
PRIMEIRA OPORTUNIDADE Para superar a materia na primera oportunidade é necesario obter: - Un mínimo do 40% da puntuación máxima asignada ás prácticas de laboratorio (1,6 puntos sobre 4).
- Un mínimo do 40% da puntuación máxima asignada á proba mixta (1,6 puntos sobre 4).
- Unha cualificación global, aplicando os pesos da proba mixta, das prácticas de laboratorio e do traballo tutelado, igual ou superior ao 50%.
En caso de obter unha cualificación global igual ou superior ao 50% pero non cumprir algunha das condicións necesarias, a nota final que aparecerá nas actas será un Suspenso. Observación adicionais: - O traballo tutelado é opcional e só será tido en conta se é entregado en prazo e cumpre as condicións esixidas polo profesorado.
- Calquer/a alumno/a que non entregue as prácticas nin realice a proba mixta terá unha cualificación de NON PRESENTADO.
SEGUNDA OPORTUNIDADE Só poderán presentarse á segunda oportunidade os/as alumnos/as que non superen a materia na primeira oportunidade. As condicións globais necesarias para aprobar requiridas na primeira oportunidade mantéñense coas seguintes consideracións: - A nota do traballo tutelado será a obtida na primeira oportunidade (é dicir, non será posible entregar o traballo na segunda oportunidade).
- A nota das dúas partes restantes (prácticas e proba mixta) que acadasen o mínimo do 40% en primeira oportunidade conservaranse na segunda.
- Será posible recuperar a parte correspondente ás prácticas de laboratorio no caso de non ter obtido o mínimo establecido do 40% en primeira oportunidade.
REPETIDORES A nota das prácticas conservarase durante un curso académico no caso de obter un mínimo do 50%. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases deberá comunicar a súa situación ao profesorado co fin de establecer unhas condicións adaptadas á súa dispoñibilidade. En calquera caso, os criterios da súa avaliación serán os mesmos que os do resto do alumnado. FRAUDE No caso de detectarse algunha fraude nas
probas avaliables aplicaranse as medidas sancionadoras previstas na
normativa da universidade.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Somasundaram Gnanasundaram, Alok Shrivastava (2012). Information Storage and Management, 2nd Edition. John Wiley & Sons
Kief Morris (2016). Infrastructure as Code. O'Reilly
Ulf Troppens, Rainer Erkens, Wolfgang Müller (2009). Storage Networks Explained, 2nd Edition. John Wiley & Sons
Miguel Darío González Río (2016). Tecnologías de Virtualización. IT Campus Academy
Matthew Portnoy (2016). Virtualization Essentials, 2nd Edition. Sybex |
|
Bibliografía complementaria
|
Luis Joyanes Aguillar (2014). Big Data: Análisis de grandes volúmenes de datos en organizaciones. Marcombo
Jeff Nickoloff, Stephen Kuenzli (2019). Docker in Action, 2nd Edition. Manning Publications
Tom White (2015). Hadoop: The Definitive Guide, 4th Edition. O'Reilly
Mikael Krief (2019). Learning DevOps. Packt Publishing
Sam Alapati (2016). Modern Linux Administration: How to Become a Cutting-Edge Linux Administrator. O'Reilly |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Sistemas Operativos/614G01016 | Redes/614G01017 | Administración de Sistemas Operativos/614G01047 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Enxeñaría de Infraestructuras Informáticas/614G01059 |
|
|