Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
TURISMO DE SAÚDE E TERMAL.
Definir conceptos, expor brevemente a evolución histórica e analizar a situación actual e as tendencias a nivel mundial do mercado turístico de saúde e benestar.
Comprender as motivacións principais da demanda do turismo de saúde.
Explicar a situación do turismo médico a nivel internacional.
Identificar os principais recursos do turismo de saúde diferenciando os distintos tipos de centros, produtos e servizos que ofertan dando unha visión da actualidade a nivel mundial e dunha maneira máis concreta en Europa, España e Galicia.
Coñecer o produto TURISMO TERMAL identificando os diferentes modelos e tipos de centros, as características de infraestruturas, de recursos humanos e de xestión que definen os centros de turismo de saúde e benestar.
Fomentar a análise crítica en relación co desenvolvemento do turismo de saúde e termal
|
AP1 AP2 AP5 AP6 AP7 AI1 AM2
|
BM3 BM6 BM7 BM8 BM9
|
CM1 CM5 CM6 CM9
|
TALASOTERAPIA:
• Coñecer o producto TALASOTERAPIA, analizando os diferentes modelos de desenvolvemento e xestión no espazo litoral. |
AP1 AP2 AP5 AP6 AP7 AI1 AM2
|
BM3 BM6 BM7 BM8 BM9
|
CM1 CM5 CM6 CM9
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TURISMO DE SAUDE E TERMAL |
1. Turismo de saúde e turismo médico. Definicións, conceptos, antecedentes e importancia actual.
2. TEndencias, perfís e Motivacións actuais do turismo médico e de saúde.
3. Tipos de centros de turismo médico e de saúde: hospitais, balnearios, centros de talasoterapia, spa e centros de agua, curhoteis.
4. Infraestructura i Equipamento dos centros. Técnicas de hidroterapia e medicina física.
5. Planificación xeral dun destino de turismo médico e de saúde: Instalacións de auga, características medioambientais do entorno, recursos humáns, características xerais específicas de xestión dos centros de turismo de saúde. Lexislación.
6. Oferta e Comercialización dos centros de turismo de saúde
7. Desenvolvemento e situación actual do termalismo social en España.
|
TURISMO DE SAUDE LIGADO AOS ESPACIOS LITORAIS
|
1. Concepto e definicións. Factores de localización.
2. Os grandes centros balnearios e a talasoterapia como producto turístico
3. Análise de caso. Dos oríxenes balnearios á aparición de centros hoteleiros vinculados á talasoterapia
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A1 A6 |
1 |
1 |
2 |
Sesión maxistral |
A11 A5 A6 A8 B9 C5 |
12 |
4 |
16 |
Saídas de campo |
A1 A5 A6 A7 C6 C9 |
6 |
2 |
8 |
Lecturas |
A11 A6 B3 B6 B8 C6 |
0 |
10 |
10 |
Recensión bilbiográfica |
A2 A5 B6 C1 C6 C9 |
0 |
5 |
5 |
Traballos tutelados |
A6 B6 B7 C1 C6 C9 |
1 |
16 |
17 |
Estudo de casos |
A1 A5 A6 B6 B7 B8 C9 |
0 |
10 |
10 |
Presentación oral |
B6 B7 C1 C9 |
3 |
3 |
6 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Actividades que se levan a cabo antes de iniciar a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Los alumnos de modalidad a distancia participarán en un foro abierto específicamente para este punto. |
Sesión maxistral |
MODALIDADE PRESENCIAL: Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
MODALIDADE ON LINE: Estudio dirixido a través de lecturas de textos e de material multimedia (clases grabadas, vídeos, presentacións power point) seguindo os contidos. |
Saídas de campo |
MODALIDADE PRESENCIAL: Na medida do posible se realizará unha visita a un centro de turismo termal e a outro de turismo de litoral con centros de talasoterapia e spa a determinar polos profesores. Esta visita será obligatoria para os alumnos con docencia presencial.
MODALIDADE ON LINE: Aos alumnos con formación en esta modalidade se lles aconsellará que na medida do posible realicen a visita a un centro próximo ao seu domicilio. Existe a posibilidade de integrarse no grupo presencial. |
Lecturas |
Mediante documentos bibliográficos (artígos, informes, etc.) relevantes para a temática dea materia se elaborarán síntesis de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Recensión bilbiográfica |
A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun artigo, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación a súa propia experiencia. |
Traballos tutelados |
Elaboración dun traballo en grupo relacionado coa materia. Os alumnos serán capaces de realizar un deseño básico dun centro de turismo de saúde, cuxa tipoloxía e segmento ao que se dirixe quedará á elección do alumnado. O traballo tutelado está deseñado para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor durante os días de impartición das clases maxistrais e nas datas e horarios establecidos de tutorías. Os traballos expoñeranse en clase nas datas fixadas tras finalizar as clases maxistrais.
MODALIDADE ON LINE: O traballo será realizado de forma individual salvo que desexen formar grupos virtuais con outros alumnos da mesma modalidade. Deberá ser comunicado con antelación ao profesorado. Tamén serán titorizados de forma individual ou colectiva segundo o caso. Poderán expoñer o traballo, enviando unha presentación con voz ou nunha sesión de skype. |
Estudo de casos |
Os alumnos distribuídos en grupos realizarán un estudo dun caso de turismo en espazo litoral vinculado á talasoterapia. Describirase un caso concreto por parte do profesorado que expón un problema que ha de ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
MODALIDADE EN LIÑA: O traballo será realizado de forma individual salvo que desexen formar grupos virtuais con outros alumnos da mesma modalidade. Deberá ser comunicado con antelación ao profesorado. Tamén serán titorizados de forma individual ou colectiva segundo o caso |
Presentación oral |
MODALIDADE PRESENCIAL: Os alumnos de modalidade presencial farán unha exposición oral do traballo tutelado
MODALIDADE ON LINE: Os alumnos de modalidade a distancia entregarán unha presentación power point con voz ou se presentará nunha sesión de Teams a elección do alumno. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Recensión bilbiográfica |
Traballos tutelados |
Estudo de casos |
Presentación oral |
Saídas de campo |
Lecturas |
Actividades iniciais |
Sesión maxistral |
|
Descrición |
Estamos a disposición dos alumnos para tutorías presenciales/online cuando consideren oportuno
Durante o curso académico, prestarase atención personalizada e continua a todos os estudantes matriculados nesta materia, tanto para responder preguntas sobre as clases presenciais /on-ine como para abordar temas relacionados co traballo.
Os días e horas das titorías se enviarán previamente ao inicio da materia.
A información de contacto de Rosa Meijide é:
teléfono: 981167000 Ext 5855;
correo electrónico: rmf@udc.es;
A información de contacto de Carlos Rodríguez é:
teléfono: 981160276
correo electrónico: carlos.rodriguez3@udc.es
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Recensión bilbiográfica |
A2 A5 B6 C1 C6 C9 |
Farase unha recensión dun artigo de turismo de saúde no espacio litoral aportado polo profesorado |
10 |
Traballos tutelados |
A6 B6 B7 C1 C6 C9 |
Elaboración dun traballo en grupo relacionado coa materia. Os alumnos serán capaces de realizar un deseño básico dun centro de turismo de saúde, cuxa tipoloxía e segmento ao que se dirixe quedará á elección do alumnado que se apoiará para a súa elaboración na documentación e presentacións achegadas polo profesorado.
A súa realización é obrigatoria e na avaliación teranse en conta a aplicación dos fundamentos teóricos, uso de bibliografía, orixinalidade, calidade na redacción, así como a calidade da presentación oral, que realizarán todos os integrantes do grupo |
25 |
Estudo de casos |
A1 A5 A6 B6 B7 B8 C9 |
Os alumnos distribuídos en grupos realizarán un estudo dun caso de turismo en espazo litoral vinculado á talasoterapia.
MODALIDADE EN LIÑA: O traballo será realizado de forma individual salvo que desexen formar grupos virtuais con outros alumnos da mesma modalidade. Deberá ser comunicado con antelación ao profesorado. Tamén serán titorizados de forma individual ou colectiva segundo o caso. |
10 |
Presentación oral |
B6 B7 C1 C9 |
Os traballos serán expostos na aula de modo individual ou en grupo. Se valorarán os diferentes aspectos de calidade da información manexada, da presentación e da resposta as preguntas formuladas.
Na modalidade a distancia se entregará o traballo e se responderá ás cuestións plantexadas virtualmente nunha sesión de Teams |
5 |
Lecturas |
A11 A6 B3 B6 B8 C6 |
Se deberá dar resposta a varias cuestións prantexadas polo profesorado acerca do turismo de saúde. Para iso, deberá facerse unha análise dos documentos bibliográficos aportados polos profesores (artígos, capítulos de libros, presentacións) relevantes para a temática, ademáis da búsqueda na rede. |
30 |
Sesión maxistral |
A11 A5 A6 A8 B9 C5 |
A asistencia e participación en clase se valorarán tendo en conta a implicación dos estudantes en sesións presenciais (modalidade presencial) ou participación activa e razoada en foros / debates, tarefas colaborativas, titorías virtuais, ... (modo on-line).
A saída de campo será obligatoria na modalidade presencial, dando a oportunidade de realizala aos alumnos da modalidade a distancia. Si no é posible se aconsella que realicen unha visita a algún centro cercano ao seu domicilio. |
20 |
|
Observacións avaliación |
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Mainil, T, Eijgelaar, E, Klijs, J, Nawijn, J, Peeters, P, (2017). Research for TRAN Committee – Health tourism in the EU: a general investigation. European Parliament, Policy Department for Structural and Cohesion Policies, Brussels
V.A. (2009). Técnicas hidrotermales y estética del bienestar. Edit. paraninfo
Tribuna termal (). Tribuna Termal. TP Consultores
Fundación EOI (2013). Turismo de salud en España. EOI
Escuela de Organización Industrial EOI (2015). Turismo termal en España. EOI
V.A. (2002). Turismo y nueva sociedad Historia contemporánea. Universidad del país vasco. |
Se aportará por parte dos profesores bibliografía complementaria en cada un dos temas |
Bibliografía complementaria
|
Mihail Moldoveau (1999 ). Ciudades termales en Europa. Lumwerg eds
Robin Bushell, Pauline Sheldon (2009). Wellness and tourism mind, body spirit, place . New York: Cognizant Communication Corporation |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Turismo de saude e termal será impartido pola prof. Rosa Meijide Faílde Turismo litoral e insular será impartido polo Prf. Carlos Rodríguez Carro;
Recoméndase nivel básico de inglés de lectura Recomendacións: 1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: 1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático 1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos 1.3. De se realizar en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores. 2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural 3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais 4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...) 5.- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade 6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas 7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria |
|