Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Obradoiro de creación multimedia Código 616G01038
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Castro Pena, Luz
Correo electrónico
maria.luz.castro@udc.es
Profesorado
Castro Pena, Luz
Correo electrónico
maria.luz.castro@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo da materia é coñecer o proceso de creación e xestión dun proxecto multimedia. Dende un punto de vista práctico, o obxectivo principal desta materia é que o alumnado experimente o proceso de creación dun proxecto multimedia realizado en grupo, que coñeza as características específicas da xestión e documentación deste tipo de proxectos mediante o desenvolvemento de vídeos interactivos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
Non se realizarán cambios

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais, resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
–Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de foros para formular as consultas necesarias.
- Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións semanais (ou máis segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ata 4 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia.

4. Modificacións na avaliación
Non se realizarán cambios

*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
-As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesións que houbo presencialmente ata o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
1.SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%).
B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts.2.3;3.be4.5)(29/5/212): Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%).
2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados).
3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño


5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da materia en Moodle.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A1 Comunicar mensaxes audiovisuais.
A2 Crear productos audiovisuais.
A3 Xestionar proxetos audiovisuais.
A7 Coñecelas técnicas de creación e produción audiovisual.
A8 Coñecela tecnoloxía audiovisual.
A12 Coñecelos principais códigos da mensaxe audiovisual.
B8 Empregar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) precisas para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
B9 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida e solidaria capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e imprantar solución baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C1 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C2 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C3 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C4 Valorar a importancia que ten a investigación, innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Realizar estimacións e planificacións de tarefas de proxectos multimedia. A2
A3
C2
Comunicar contidos mediante web e vídeo A1
A12
B9
Deseñar e xestionar proxectos multimedia. A2
A3
A7
A12
C1
C3
C4
Deseñar materiais para publicación en web e contidos multimedia mediante video A1
A8
B8
Xestionar a documentación de proxectos e os equipos de traballo. A2
A3
B8
Traballar con ferramentas de colaboración on line para a xestión de proxectos. A3
B8
C3

Contidos
Temas Subtemas
1. Xestión de proxectos 1.1. Bases da xestión
1.2. Xestión de riscos
1.3. Estimación
1.4 Planificación
1.5 Orientación ao cliente/usuario
1.6 Equipo de traballo
2. Creación dun vídeo interactivo 2.1. Creación de vídeos interactivos
2.2. Ferramentas de traballo en grupo
2.3. Ferramentas de edición de vídeo interactivo

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 C1 4 0 4
Obradoiro A7 A8 A12 C2 C3 C4 12 48 60
Presentación oral A1 B9 C2 4 12 16
Traballos tutelados A2 A3 A7 A8 A12 B8 12 24 36
Prácticas a través de TIC A7 A8 B8 C3 4 14 18
Seminario A3 B9 C1 C4 6 0 6
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentacións dos temas máis teóricos da asignatura. Presencial
Obradoiro Proxectos relacionados coas técnicas empregadas nas prácticas. Presencial
Presentación oral Presentacións de traballos e proxectos relacionados coas prácticas. Presencial
Traballos tutelados Posta en práctica dos contidos da materia mediante traballos de grupo. O seguimento destes traballos realizarase de forma presencial e online
Prácticas a través de TIC Prácticas de utilización das ferramentas TIC de xestión de proxectos multimedia. Presencial e online
Seminario Casos reais de profesionais da creación de proxectos multimedia. Presencial

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Obradoiro
Descrición
Seguimento dos proxectos e prácticas propostas, presencialmente e de forma telemática mediante correo electrónico e Teams

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Seminario A3 B9 C1 C4 Seguimento e participación activa dos seminarios 10
Presentación oral A1 B9 C2 Presentacións orais dos traballos e prácticas realizadas durante o curso 10
Traballos tutelados A2 A3 A7 A8 A12 B8 Prácticas obrigatorias de aplicación práctica dos contidos da asignatura 20
Prácticas a través de TIC A7 A8 B8 C3 Utilización das ferramentas TIC de traballo colaborativo e participación activa nas mesmas 10
Obradoiro A7 A8 A12 C2 C3 C4 Avaliación continua e seguimento da asignatura 50
 
Observacións avaliación

A materia está formulada como un obradoiro esencialmente práctico que implica a asistencia obrigatoria a clase, a participación e a realización e presentación de prácticas de grupo.
Realizarase unha avaliación continua do alumnado.


Fontes de información
Bibliografía básica David Miller (1997). Desarrollo Multimedia para Internet. Anaya
Steve McConnell (1997). Desarrollo y gestión de proyectos informáticos. McGraw-Hill Companies
(). http://www.ganttproject.biz/.
Magal, Tortajada, Morillas (2006). Preproducción multimedia. UPV

Bibliografía complementaria Rita López Sosa (2010). Desarrollo de aplicaciones multimedia. LIMUSA - Noriega Grupo Editores, C.A.
(). http://elartedepresentar.com/.
(). http://www.brainstorm9.com.br/.
(). https://gomockingbird.com/.
Tay Vaughan (2001). Multimedia: Making It Work. McGraw-Hill Osborne


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Informática para a creación de web e vídeo/616G01017

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable, a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
- Solicitaranse en formato virtual ou soporte informático
- Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
Incorpórase perspectiva de xénero na docencia desta materia.
Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
Deberanse detectar situacións de discriminación e propoñeranse accións e medidas para corrixilas.
Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimente dificultades a un acceso adecuado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías