Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Analizar o valor engadido polo son nun produto de animación ou videoxogo |
A4 A5 A22 A37 A39
|
B2 B3 B4 B6 B11 B13
|
C1 C3 C4 C8 C9
|
Coñecer os componentes do son e a música, as súas potenciailidades e principais códigos no contexto da animación e dos videoxogos |
A4 A8 A10 A39
|
B1 B3 B4 B8 B12
|
C3 C4
|
Deseñar e desenvolver a banda sonora íntegra dunha peza de animación ou videoxogo, tanto dunha perspectiva lineal como interactiva |
A4 A5 A10 A37
|
B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13
|
C1 C3 C6 C7 C9
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. O son audiovisual |
1.1 Introdución
1.2. O son e os seus componentes
1.3. Modos de escoita
1.4. A auricularización
1.5. O deseño sonoro
1.6. Profesionais do son |
2. A audiovisión |
2.1. A ilusión do son audiovisual
2.2. Síncresis e valor engadido
2.3. As combinacións audiovisuais
2.4. Clasificación do son en relación coa imaxe
|
3. Efectos de son |
I. Espazo acústico
3.1. Paisaxe sonora
3.2. Espazo sonoro
3.3. Ambiente
II. Tipoloxías de efectos de sons
III. Funcións
|
4. Música |
4.1.Conceptos musicais básicos
4.2. A música fílmica
4.3. A música interactiva
4.4. Componentes estructurais, funcionais e expresivos
4.5. Funcións |
5.Voz |
5.1. Tipos de voz audiovisual
5.2. A voz na construción de personaxes
5.3. Doblaxe |
6. Silencio |
6.1. O silencio na banda de sonido
6.2. Funcións |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A4 A8 A10 B1 B5 B7 B11 C4 C8 |
25 |
25 |
50 |
Traballos tutelados |
A4 A5 A8 A37 A39 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B12 B13 C6 C7 |
7.5 |
52.5 |
60 |
Investigación (Proxecto de investigación) |
A22 A39 B10 C1 C3 C8 C9 |
1 |
9 |
10 |
Presentación oral |
A39 B11 C1 C3 C7 C9 |
1.5 |
4.5 |
6 |
Obradoiro |
A4 A37 A39 B4 B7 B8 B13 C3 C6 C9 |
16 |
8 |
24 |
|
Atención personalizada |
|
0 |
|
0 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Clase expositiva ilustrada con exemplos de carácter sonoro e/ou audiovisual. Complementarase con materiais e contidos audiovisuais, en formato pílula, que se porán a disposición do estudantado a través do campus virtual.
Nas sesións maxistrais realizaranse actividades dirixidas a facilitar a comprensión da materia así como discusións dirixidas, que esixan ao estudantado amosar a adquisición de conceptos e coñecementos sobre a materia.
Naqueles casos en que ditas actividades se establecesen como traballo autónomo fóra da aula, empregaranse fórmulas de seguemento para determinar o grao de cumprimento da tarefa. Nestes casos as sesións maxistrais poderanse destinar á posta en común das tarefas ou a súa corrección colaborativa.
(Virtual)
|
Traballos tutelados |
Creación dunha sonomontaxe ou dun relato sonoro (Traballo A)
Deseño sonoro en grupo dun fragmento audiovisual (Traballo B ou Proxecto Final)
(Presencial e traballo autónomo do alumnado)
|
Investigación (Proxecto de investigación) |
Investigación realizada de forma individual cuxo tema, relacionado cos contidos da materia, será proposto pola profesora.
Dita investigación entregarase en formato audio (locución e fragmentos sonoros) .
(Presencial e traballo autónomo do alumnado)
|
Presentación oral |
Presentación do deseño sonoro dun fragmento audiovisual (Traballo B ou Proxecto Final). Na presentación explicarase o emprego do son -ou a ausencia deste- ademáis de responder a preguntas respecto ás decisións tomadas no plano narrativo, funcional e estético.
Complementariamente os estudantes desenvolverán una rúbrica de avaliación do seu proxecto así como do desenvolvido por outros grupos.
(Presencial e traballo autónomo do alumnado. Esta actividade podería virtualizarse por necesidades do alumnado ou de limitacións de espazo).
|
Obradoiro |
Desenvolvemento de diferentes actividades de carácter práctico cuxo obxecto é pór en xogo todos aqueles coñecementos que, sobre a ambientación sonora e musical, foron tratados durante as clases expositivas.
A entrega de ditas prácticas efectuarase no tempo e na forma fixados pola profesora.
(Presencial, con posibilidade de virtualizar un dos grupos de ser preciso por necesidades do alumnado, ou por limitacións de espazos e recursos)
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Investigación (Proxecto de investigación) |
Obradoiro |
Traballos tutelados |
Sesión maxistral |
|
Descrición |
O desenvolvemento de cada unha destas actividades contará con atención personalizada e continuada tanto na aula como fóra dela, co obxecto de apoiar ou reconducir a planificación ou execución de cada un destes traballos e solventar as dúbidas oportunas.
No caso do proxecto de investigación e dos traballo tutelados que detenten unha maior carga de traballo autónomo, o seguimento destas actividades efectuarase nas clases prácticas sinaladas para tal fin, así como en titorías personalizadas a demanda do/a estudante o do seu equipo de traballo. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Investigación (Proxecto de investigación) |
A22 A39 B10 C1 C3 C8 C9 |
O traballo de análise-investigación, sobre un tema proposto pola profesora, será realizado de forma individual e entregado en formato audio (vía Moodle).
Ten unha valoración máxima de 15 puntos.
No caso de que se detecte que parte/totalidade do devandito traballo está copiado (até un máximo dunha frase ou corte de audio en todo o arquivo) este quedará anulado cunha valoración de 0 puntos.
Só se admitirán traballos entregados en tempo e forma. Aqueles traballos que non cumpran os requerimentos quedarán anulados cunha valoración de 0 puntos. |
15 |
Obradoiro |
A4 A37 A39 B4 B7 B8 B13 C3 C6 C9 |
As prácticas teñen unha valoración total de 1 punto (variando en función do número de prácticas entregadas e calidade das mesmas).
Só se admitirán prácticas entregadas en tempo e forma. Práctica que non cumpra eses requerimentos quedará anulada cunha valoración de 0 puntos.
Para o cómputo das prácticas de obradoiro o/a estudante ten que ter desenvolvido o 80% das prácticas da materia (grupo mediano). |
10 |
Traballos tutelados |
A4 A5 A8 A37 A39 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B12 B13 C6 C7 |
Conta cunha valoración máxima de 4,5 puntos (2 +2,5) distribuídos da seguinte maneira:
· até 2 punto pola construción dun relato sonoro (traballo A)
· até 2,5 puntos polo deseño sonoro e dobraxe dun fragmento audiovisual proposto pola profesora (traballo B ou "Proxecto final"). Parte desta nota (até 0,5 puntos) virá determinada polas rúbricas de avaliación propia e dos/as compañeiros/as.
Só se admitirán traballos entregados en tempo e forma. Aqueles traballos que non cumpran os requerimentos obterán una valoración de 0 puntos. |
45 |
Presentación oral |
A39 B11 C1 C3 C7 C9 |
Presentación oral do "Proxecto final". Nesta presentación cada grupo deberá explicar o seu deseño sonoro, especialmente no que respecta ás decisións narrativas e estéticas, e responder ás preguntas dos/as compañeiros/as.
Cada un dos proxectos finais será avaliado polos estudantes a partir dunha rúbrica de avaliación proposta pola profesora.
Para a avaliación da presentación oral débense cumplir os seguintes requerimentos: (1) asistir e participar na presentación (propia e na dos restantes grupos), (2) entregar a rúbrica de avaliación cumprimentada e (3) ter entregado o "Proxecto final" (traballo tutelado B) en tempo e forma. |
10 |
Sesión maxistral |
A4 A8 A10 B1 B5 B7 B11 C4 C8 |
No marco das sesións maxistrais, ou relacionadas con éstas, desenvolveranse actividades e exercicios prácticos, así como discusións dirixidas, orientados á consolidación dos contidos teóricos.
Estas actividades teñen un valor global de 2 puntos (variando en función do número e a calidade dos exercicios entregados). Só se admitirán aqueles exercicios prácticos entregados en tempo e forma. Aquelas entregas que non cumpran eses requerimentos quedarán anuladas cunha valoración de 0 puntos. |
20 |
|
Observacións avaliación |
Coa proposta de cada traballo e/ou actividade a profesora explicará
polo miúdo o contido, as normas estéticas e formais, así como o tipo de
soporte e data de entrega. Para superar a materia na CONVOCATORIA DE XANEIRO/FEBREIRO (sistema de avaliación continua) o/a estudante deberá obter un mínimo de 5 puntos (o 50% da puntuación global) na suma total
das avaliacións dos diversos traballos e prácticas da materia. Neste
cómputo non se inclúen os exercicios non orixinais do/a estudante así
como tampouco aqueles traballos entregados fóra de prazo ou nun formato
diferente ao indicado.
Dado o obxecto da materia, todo traballo que careza de son nunha parte,
ou na súa totalidade, será anulado e -por tanto- contará cun 0 na súa
avaliación. Para superar a materia na CONVOCATORIA DE XULLO o/a estudante deberá: - Entregar de forma individual o deseño sonoro íntegro dunha peza audiovisual,
proposta pola docente, co correspondente dossier [seguindo as normas do
"Proxecto final", traballo tutelado B]. Este traballo e a súa
presentación, na que se xustifiquen aquelas decisións tomadas en canto
ao son, terá un valor de 70% na nota final (60% proxecto + 10%
presentación). Para a súa avaliación deberase entregar na data oficial
de exame, no formato sinalado pola profesora (tanto a peza audiovisual
co son íntegro, e o dossier).
- Aprobar o exame (50% puntos) na data oficial. Esta proba teórica, de preguntas breves, versará sobre os contidos do libro "Sonidos que cuentan. La ambientación sonora en el audiovisual." Barcelona: UOC. Este exame constituirá o 30% da nota final.
En calquera caso, para superar a materia débese aprobar o exame (5 puntos ou 1,5 ponderado) e obter, como mínimo, unha puntuación de 5 na nota final. Asemade aqueles/as estudantes que na avaliación continua (convocatoria de xaneiro-febreiro) queden por debaixo do umbral do 5 (o 50% da puntuación global), deberán
presentarse de toda a materia -teoría e práctica- na convocatoria de
xullo, seguindo as indicacións e requerimentos desta convocatoria.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Beauchamp, Robin (2005). Designing Sound for Animation. Burlington: CRC Press
Ávila, Alejandro (1997). El doblaje. Madrid: Cátedra
Xalabander, Conrado (2013). El Guion Musical en el Cine . Mundo BSO
Collins, Karen (2008). Game Sound. An Introduction to the History, Theory and Practice of Video Game Music and Sound Design. Cambridge: MIT Press
Chion, Michel (1994). La Audiovisión: introducción a un análisis conjunto de la imagen y el sonido. Barcelona: Paidós
Duran, Jaume (2014). La música de los dibujos animados. Barcelona: Universidad de Barcelona
Piñeiro Otero, Teresa (2019). Sonidos que cuentan. La ambientación sonora en el audiovisual. Barcelona:UOC
Theme Ament, Vanessa (2009). The Foley Grail: The Art of Performing Sound for Film, Games, and Animation . Burlington: CRC Press |
Ademais destas fontes de referencia, en Moodle integraranse artigos e outro tipo de recursos que faciliten a comprensión da
materia, traten en concreto algún exemplo ilustrativo ou permitan
afondar nalgún tema de interese. |
Bibliografía complementaria
|
Xalabander, Conrado (2013). Música de cine: Una ilusión óptica . Mundo BSO
Collins, Karen (2013). Playing with Sound: A Theory of Interacting with Sound and Music in Video Games. Cambridge: MIT Press |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Linguaxe e Narrativa Gráficas e Audiovisuais/616G02002 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Edición e Montaxe/616G02007 | Son/616G02034 | Proxecto de Animación/616G02021 |
|
|