O "itinerario deportivo" poderase entregar nos casos das persoas que queiran optar a matrícula de honra:
* Debe seguir o índice dos conceptos que se colgará en moodle, coa numeración establecida e a denominación de cada concepto. Non se admiten itinerarios con modificacións no índice: na orde e na denominación de conceptos.
* Extensión: 6 páxinas (3 a doble cara). Non se admiten itinerarios con máis páxinas das indicadas.
* Entrega: A determinar.
A asistencia ás sesións presenciais da materia é obrigatoria, é preciso ter un 70% de asistencia. Para facer media é preciso aprobar cada unha das partes da avaliación.
Na segunda oportunidade de (xullo) gardarase a nota das partes superadas. Para os cursos sucesivos non se gardará ningunha nota.
O alumnado que non cumpla cos requisitos plantexados terá que realizar un exame final na segunda oportunidade.
O alumnado a tempo parcial realizará a mesma avaliación que o alumnado a tempo completo.
En todos os traballos esixirase o uso de linguaxe inclusiva.
Coa finalidade de
mellorar o sistema de garantía interna de calidade do noso centro, sería
convinte que o alumnado atendese á solicitude realizada pola UDC, con
periodicidade cuadrimestral, respecto a participar no proceso de avaliación das
materias cursadas” e cuxa chamada realiza baixo o nome de “AVALÍA” consistindo
en responder as enquisas que avalían a docencia do profesorado en cada materia.
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|