Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Proxectos 1 Código 630G02001
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Carreiro Otero, Maria Concepción
Correo electrónico
maria.carreiro@udc.es
Profesorado
Barge Ferreiros, Santiago
Carreiro Otero, Maria Concepción
Di Felice Vázquez, Mario Francisco
Martínez González, Carlos
Vazquez Diaz, Sonia
Correo electrónico
s.barge@udc.es
maria.carreiro@udc.es
m.difelice@udc.es
c.martinez.gonzalez@udc.es
sonia.vazquez.diaz@udc.es
Web
Descrición xeral Na materia de Proxectos 1 establécese como obxectivo o achegamento ao proxecto arquitectónico, proporcionando as ferramentas para idear e describir un obxecto arquitectónico a través do debuxo, linguaxe propia da arquitectura. Abórdase a descrición da contorna circundante, a relación entre obxecto e a contorna e entre os propios obxectos, así como o relato das partes da arquitectura que estruturan o sistema circulatorio.
O proxecto arquitectónico é o resultado do proceso proyectual (creativo) do individuo, sendo subxectivo e intransferible. A aprendizaxe do proxecto require da analise (debuxo comprehensivo e interpretativo) de proxectos paradigmáticos, aplicando años propios proyectos, os mecanismos aprehendidos.

Destrezas que han de ser adquiridas:
1. Profundar na comunicación gráfica.
2. Profundar nos mecanismos de composición arquitectónica.
3. Describir con rigor e precisión o obxecto arquitectónico, as súas partes, e as relacións co lugar no que se asenta.
5. Comprensión e desenvolvemento das partes dos sistemas arquitectónicos de circulación: escaleira, vestíbulo, acceso.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se producen modificacións dos contidos 2. Metodoloxías. Metodoloxías docentes que se manteñen: Sesión maxistral. Portafolio do alumnado. Obradoiro. Proba obxectiva. Metodoloxías docentes que se modifican Obradoiro: pasa a traballo tutelado 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Período lectivo: tutorización con cita previa, a través de teams, email Período lectivo e non lectivo: Moodle 4. Modificacións na avaliación Mantense os mesmos requisitos de avaliación Observacións de avaliación: Para o alumnado con dificultades xustificadas para realizar probas ou entregas, poderanse prever solucións alternativas personalizadas. Mantéñense as condicións de partida para obter a cualificación de apto establecidas na guía docente da materia. Asistencia online: recoméndase, sen que sexa preceptiva para a avaliación. Os traballos, exercicios, e materiais necesarios para o seguimento do curso entregaranse a través da plataforma Moodle. Os prazos de entrega fixados en cada exercicio respectaranse, aplicando a necesaria flexibilidade segundo as circunstancias do momento. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se produce ningunha modificación

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Capacidade de resolver problemas proyectuais compositivos atendendo a factores diversos, conforme a un programa e a un lugar preciso. A50
A53
A55
A63
B6
B10
B12
C1
C8
Capacidade para comprender, asimilar e desenvolver relacións de carácter sensible a partir dos principios de composición plantexados nos eidos humanísticos, artísticos e científicos contemporáneos. A34
A50
A55
B12
C7
Aptitude para representar correctamente os obxectos ideados e proxectados, aplicando un relato coherente e completo. A50
A55
B1
B2
B3
C3
C4
C6
C8
Capacidade de expor oralmente e de argumentar as formulacións encamiñadas a desenvolver as propostas elaboradas. A63
B6
C1
C3
Competencia para proxectar obxectos qruitectónicos que respondan a programas de necesidades sinxelos. A34
A39
B10
C5

Contidos
Temas Subtemas
Os fundamentos instrumentáis do proxecto


- Accións: debuxar, proxectar, transmitir
- A liña: os seus significados
- A composición: plano e volume
- As dimensións antropométricas

Pensar e transmitir - A planta
- A sección
- O alzado
O obxecto arquitectónico - Orden interno: esquemas e fluxos
A escaleira
- Orden externo: o obxecto no terreo


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A50 A53 B10 B12 C1 C3 C4 10 10 20
Portafolios do alumno B1 B2 B3 0 12.5 12.5
Obradoiro A34 A39 A50 A55 A63 B1 B2 B3 B6 B10 B12 C1 C5 C6 C7 C8 45 67.5 112.5
Proba obxectiva A63 B1 B2 4 0 4
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais na que se introducen as achegas teóricas que permitirán ao alumnado enfrontarse coa materia e desenvolver os traballos e prácticas do taller.
Portafolios do alumno Apuntamentos gráficos e escritos, acompañados de aclaracións e esquemas da sesión maxistral, conferencias e eventos, se procede, e notas do estudo persoal, e da observación da realidade.
Obradoiro O obradoiro de proxectos é a modalidade formativa básica da materia Proxectos 1. Componse de traballo presencial e non presencial.
O traballo proxectual (prácticas individuais e/ou en grupo), complétase con sesións críticas colectivas, debates e comentarios. Nas sesións críticas o alumnado explicará ao conxunto da clase as súas propostaso.
Nas horas de taller, o alumnado desenvolverá o seu traballo proxectual, co apoio e supervisión do profesorado.
Horas non presenciais: revisarase e completarase o traballo elaborado na aula, se fose o caso, realizaranse aqueles traballos específicos que complementen os exercicios do obradoiro.
Acreditación de asistencia ao taller: entrega do traballo realizado en cada sesión semanal.

Proba obxectiva Instrumento de medida articulado para avaliar as capacidades e competencias adquiridas polo alumnado en relación á materia.
Poderase descompor nas partes vencelladas coas metodoloxías "sesión maxistral", e "obradoiro".
Preparación da proba práctica: asistencia ás sesións maxistrais, e elaboración dos traballos do obradoiro.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Descrición
A atención personalizada forma parte do desenvolvemento da materia, xa que o traballo en taller, o comentario dos traballos en fase de ideación -sesións críticas-, a exposición e crítica dos traballos finalizados, teñen como eixo a atención individualizada.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro A34 A39 A50 A55 A63 B1 B2 B3 B6 B10 B12 C1 C5 C6 C7 C8 Traballo presencial e non presencial: na aula e na casa.
Trátase dunha avaliación progresiva, continua e global.
Contidos xerais mínimos dos traballos:
- Organización da lámina: ordenar os debuxos, as fotos, os textos e outros elementos gráficos.
- Selección da información
- Coherencia entre proposta e intención.
- Rigor na descrición da proposta: adecuación da escala, información suficiente para a súa compresión, aplicación de criterios arquitectónicos (manexo da luz; orde; ritmo; seriación); coherencia nos debuxos (plantas, alzados, seccións, perspectivas).
- Valoración da liña
- Trazado e disposición adecuada da escaleira e os elementos de acceso.
- Aplicación rigurosa das dimensións antropométricas
- Aplicación dos contenidos explicados nas sesiones maxistrais
80
Sesión maxistral A50 A53 B10 B12 C1 C3 C4 A asistencia acreditarase co portafolio 1
Proba obxectiva A63 B1 B2 Carácter presencial.
Obrigatoria para superar a materia.
Cualificación necesaria: apto
Avaliación conxunta polo profesorado
Rexen as mesmas condicións que para os traballos do obradorio
10
Portafolios do alumno B1 B2 B3 Elaboración: presencial e non presencial.
Pódense solicitar para a súa revisión aleatoriamente.
Rexen as mesmas condicións que para os traballos do obradorio no relativo a presentación e coidado na elaboración dos esquemas e apuntes.
9
 
Observacións avaliación

 Condicións xerais de SEGUIMENTO do curso para SUPERAR A MATERIA: 


- Entregas de traballos: 100%. Un máximo do 20% entregado cunha quincena de atraso con respecto á data programada.

- Asistencia ás clases de teoría: 80%

- Portafolio: Ten que cumprir cos requisitos establecidos nas seccións de metodoloxía e avaliación.

- Asistencia ao taller (tres horas á semana): 80%

AVALIACIÓN FINAL:
A. OPORTUNIDADE DE XUÑO requírese:
Cumprir as condicións xerais de seguimento do curso e obter na proba obxectiva a CUALIFICACIÓN MÍNIMA: 5 sobre 10.-------

B. OPORTUNIDADE DE XULLO.
B.1 Cumprir as condicións xerais de seguimento do curso e obter na proba obxectiva a CUALIFICACIÓN MÍNIMA: 5 sobre 10.

B.2- No caso de incumprir as condicións xerais de seguimento:
a CUALIFICACIÓN MÍNIMA na proba obxectiva: 9 sobre 10. A nota final será de 5,0.


Fontes de información
Bibliografía básica Carreiro Otero, María (coord. (2006). Catálogo de puestos de feria : proyectos 1 : curso 2005-2006 (grupo María Carreiro) . A Coruña (consulta en biblioteca ETSAC).
Unwin, Simon (2003). Análisis de la arquitectura. Barcelona: Gustavo Gili
Ching, Francis D.K. (2010). Arquitectura: forma, espacio y orden. Barcelona: Gustavo Gili
Zell, Mo (2009). Curso de dibujo arquitectónico: herramientas y técnicas para la representación bidimensional y tridimensional.. Barcelona: Acanto
Ching, Francis D. K. (1999). Dibujo y proyecto.. Barcelona: Gustao Gili
Carreiro Otero, María (2007). El pliegue complejo. La escalera. A Coruña: Netbiblo
Panero, Julius y Martin Zelnik (2006). Las dimensiones humanas en los espacios interiores.. Barcelona: Gustavo Gili
Ching, Francis D. K. (2013). Manual de dibujo arquitectónico. Barcelona: Gustavo Gili
Roth, Leland (1999). Primera parte: los elementos de la arquitectura. Barcelona: Gustavo Gili
Carreiro, María et al. (2004). Proyectos 1. Curso 2003-2004. A Coruña: Universidade da Coruña (consultar Servicio de Reprografía)
Carreiro Otero, María (coord.) (2011). Proyectos 1. Diez lecciones.. A Coruña: Universidade da Coruña (consultar Servicio de Reprografía)
Ching, Francis D. K. (2011). Una historia universal de la arquitectura: un análisis cronológico comparado a través de las culturas.. Barcelona: Gustavo Gili
Munari, Bruno (1997). ¿Cómo nacen los objetos?. . Barcelona: Gustavo Gili

Tódalas contempladas nas presentación incorporadas e nos documentos de información volcados específcamente cada curso na plataforma Moodle.

Bibliografía complementaria (). .
Outras referencias: - Uderzo y Goscinny. "La residencia de los dioses" (cómic) - La pirámide de Keops - Proyecto de Eduardo Chillida para Tindaya - Francisco de Goya: "Los fusilamientos de la Moncloa o El tres de mayo de 1808 en Madrid" - Donald Judd: esculturas de hormigón - Constantin Brancusi: "La mesa del silencio" - Cristina Iglesias: Puertas en los Jerónimos (Museo del Prado) - Cristina Ezcurra y Cristina Ouzande: proyecto para zona de juegos en Santiago de Compostela Películas: - "Caro diario", de Nanni Moretti - "Al caer el sol", de Robert Benton - "El crack", de José Luis Garci

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xeometría Descritiva/630G02003
Introdución á Arquitectura /630G02005
Debuxo de Arquitectura/630G02002

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Análise de Formas Arquitectónicas/630G02007
Xeometría da Forma Arquitectónica/630G02014

Materias que continúan o temario
Proxectos 9/630G02041
Proxectos 8/630G02036
Proxectos 5/630G02021
Proxectos 4/630G02016
Proxectos 2/630G02006
Proxectos 3/630G02011
Proxectos 7/630G02031
Proxectos 6/630G02026

Observacións

- A importancia da expresión gráfica require dedicación especial ás materias que a tratan, existindo unha gran vinculación entre a expresión gráfica e os contidos da materia Proxectos 1. - Destácase a importancia do coñecemento das teorías artística, filosóficas e científicas contemporáneas e que acompañaron o desenvolvemento das vangardas do século XX. - Requírese curiosidade intelectual e dotes de observación. - É preciso desenvolver destreza no manexo de maquetas para lograr expresar as intencións arquitectónicas (opacidade, lixeireza, transparencia, contraste, masa/baleiro...).



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías