Datos Identificativos | 2020/21 | ||||||||
Asignatura (*) | Proxecto da Paisaxe 3 | Código | 630G03020 | ||||||
Titulación | |||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | ||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | |||||
Idioma |
|
||||||||
Modalidade docente | Presencial | ||||||||
Prerrequisitos | |||||||||
Departamento | Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición |
||||||||
Coordinación |
|
Correo electrónico |
|
||||||
Profesorado |
|
Correo electrónico |
|
||||||
Web | |||||||||
Descrición xeral | A materia do proxecto da paisaxe 3 introducirá os principios e conceptos do uso de elementos vexetais nos proxectos de paisaxe. Polo tanto, prestarase especial atención á comprensión das características formais e estéticas das plantas e á súa función nun proxecto paisaxístico. Abordarase a pequena escala cun alto nivel de detalle e definición e incorporaranse aspectos e coñecementos doutras materias ensinadas no mesmo cuadrimestre ou anterior e que permiten formar un coñecemento e criterio de selección de especies en función da súa idoneidade biolóxica e compositiva. | ||||||||
Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos -Non se realizan cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen ANÁLISE DE FONTES DOCUMENTAIS. ESTUDO DE CASOS *Metodoloxías docentes que se modifican TRABALLOS TUTELADOS. Realizase a tutela de dito traballo a través das plataformas dixitais aportadas pola UDC. (Teams) mediante titorías acordadas con cada equipo OBRADOIRO. Realizase a tutela de dito traballo a través das plataformas dixitais aportadas pola UDC. (Teams) mediante titorías acordadas con cada equipo PROBA PRÁCTICA. Non se realizará a proba mixta final. A avaliación deste coñecemento se incorpora a metodoloxía dos traballos tutelados Mecanismos de atención personalizada ao alumnado serán por Teams ou Moodle 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado – Correo electrónico: Diariamente, de luns a venres e en horario lectivo. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: Diariamente, de luns a venres e en horario lectivo. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. – Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da escola. De 1 a 2 sesións semanais en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación Traballos tutelados (100%): En relación cos traballos tutelados valorarase: – A adecuación metodolóxica das propostas de traballo. ? A profundidade do contido. ? O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas. ? O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar. ? A utilización de fontes documentais complementarias e actuais. ? A presentación e a claridade da exposición. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: ?- As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesións que houbo ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial. 1. SITUACIÓNS: A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%). B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%). 2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: 1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. 2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación. 3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. 4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías |