Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||
Asignatura (*) | Xestión Social da Paisaxe | Código | 630G03027 | |||||
Titulación |
|
|||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||
Idioma |
|
|||||||
Modalidade docente | Presencial | |||||||
Prerrequisitos | ||||||||
Departamento | Departamento profesorado máster |
|||||||
Coordinación |
|
Correo electrónico | ||||||
Profesorado |
|
Correo electrónico | ||||||
Web | http://https://www.usc.gal/es/centros/eps/materia.html?materia=144168&ano=71&idioma=2 | |||||||
Descrición xeral |
Obxectivos da materia - Coñecer os instrumentos e modelos participativos de intervención e planificación da paisaxe (catálogos, cartas da paisaxe, atlas, etc.). - Identificar os procedementos e métodos empregados para canalizar a participación social na custodia do territorio e na protección da paisaxe. - Aprender a deseñar instrumentos de consulta para a xestión democrática da paisaxe. - Coñecer exemplos de participación pública na salvagarda da paisaxe: os exemplos de catálogos e de guías da paisaxe urbana. |
|||||||
Plan de continxencia |
Todo o plantexamento do programa para o Curso 2020-21 poderá verse alterado en función de calquera problema epidemiolóxico que acompañe aos posibles rebrotes do COVID-19. En función da planificación docente e da metodoloxía de ensino-aprendizaxe, a avaliación desagrégase en dúas compoñentes formativas, cos pesos seguintes: entregas de avaliación continua, 50%; e exame, 50%. De acordo coas directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-2021, prevense tres escenarios. 1. Escenario «Normalidade adaptada» 1.1. O 50% das entregas de avaliación continua resultará das aulas interactivas previstas. Nesta compoñente terase en conta a participación activa do alumnado nas aulas e mais a memoria reflexiva da saída de campo. En todas as entregas, os plaxios, tanto de autores/as e de Internet coma entre alumnos/as, comportarán suspender. 1.2. O 50% do exame será presencial para todo o alumnado, na data estabelecida pola Facultade de Xeografía e Historia. Nas preguntas tipo test, as respostas equivocadas restarán. 1.3. Se a media non resultase nunha cualificación por riba de 5 na primeira oportunidade, pódese afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Na segunda oportunidade non se pode producir avaliación continua, polo que esa compoñente tamén será obxecto de avaliación mediante un exame. 1.4. Para o alumnado coa dispensa concedida, a compoñente de avaliación continua será avaliada mediante un exame presencial equivalente. 1.5. Dentro da primeira compoñente, prevese unha saída de campo. Para aquel alumnado sen a dispensa concedida, trátase dunha actividade de ensino-aprendizaxe regular. Porén, se alguén non puidese asistir, facultarase unha entrega alternativa. 2. Escenario «Distanciamento» 2.1. De se poderen realizar as aulas interactivas, desenvolveranse o máis parecidas que sexa posíbel ao primeiro escenario. Porén, non se terá en conta a participación activa do alumnado nas aulas nin haberá traballo de campo. De non se poderen realizar as aulas interactivas, proporanse tarefas a través de Campus Virtual que serán avaliábeis. En todas as entregas, os plaxios, tanto de autores/as e de Internet coma entre alumnos/as, comportarán suspender. 2.2. O 50% do exame será telemático, na data estabelecida pola Facultade de Xeografía e Historia.Nas preguntas tipo test, as respostas equivocadas restarán. 2.3. Se a media non resultase nunha cualificación por riba de 5 na primeira oportunidade, pódese afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Na segunda oportunidade non se pode producir avaliación continua, polo que esa compoñente tamén será obxecto de avaliación mediante un exame telemático. 2.4. Para o alumnado coa dispensa concedida, a compoñente de avaliación continua só será avaliada mediante un exame telemático equivalente na primeira oportunidade. 3. Escenario «Peche das instalacións» 3.1. O 50% das entregas de avaliación continua resultará de tarefas a través de Campus Virtual que serán avaliábeis. En todas as entregas, os plaxios, tanto de autores/as e de Internet coma entre alumnos/as, comportarán suspender. 3.2. O 50% do exame será telemático, na data estabelecida pola Facultade de Xeografía e Historia. Nas preguntas tipo test, as respostas equivocadas restarán. 3.3. Se a media non resultase nunha cualificación por riba de 5 na primeira oportunidade, pódese afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Na segunda oportunidade, a primeira compoñente tamén será obxecto de avaliación mediante un exame telemático. |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías |