Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer conceptos básicos de Física indispensables para o posterior desenvolvemento da súa formación. |
|
B1 B3 B5 B9 B14 B15
|
|
Adquirir a capacidade de resolución de problemas derivados da súa actividade profesional en base aos coñecementos adquiridos na materia. |
A8
|
B2 B6 B16
|
|
Saber relacionar os conceptos físicos estudados na materia, aplicalos na resolución de casos prácticos e presentar os resultados obtidos de maneira axeitada. |
A9
|
B4 B13
|
C10
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Introdución á Física. Magnitudes físicas. Sistemas de unidades. |
A Física e os seus métodos.
Conceptos fundamentais.
Medida de magnitudes.
Erros na medida.
Magnitudes fundamentais e derivadas.
Análise dimensional.
Principio de homoxeneidade.
Sistemas de unidades
|
2. Cálculo vectorial. Sistemas de vectores. |
Magnitudes escalares e vectoriais.
Concepto de vector: clasificación. Operacións con vectores. Momento dun vector respecto dun punto e respecto dun eixo. Sistema de vectores deslizantes. Momento mínimo. Campo: gradiente, diverxencia, rotacional.
|
3. Cinemática do punto |
Introdución.
Concepto de velocidade e aceleración no movemento rectilíneo.
Valores medios e instantáneos.
Expresións vectoriais.
Movemento curvilíneo: velocidade e aceleración; compoñentes intrínsecas da aceleración.
Análise de movementos particulares: caída libre, movemento parabólico, movemento curvilíneo plano e movemento circular.
|
4. Cinemática do movemento relativo |
Velocidade e aceleración no movemento relativo.
Movemento relativo de traslación uniforme.
Transformación de Galileo.
Sistemas inerciais.
Movemento relativo rotacional uniforme. Movemento relativo con respecto á terra. Efecto da rotación.
|
5. Dinámica da partícula |
A lei da Inercia.
Impulso mecánico e momento lineal.
Conservación do momento.
Segunda e Tercera Lei de Newton; concepto de forza e unidades.
Sistemas de referencia non inerciais: Forzas de inercia, Momento angular: conservación. Forzas Centrais. Traballo e potencia.
Enerxía cinética e enerxía potencial.
Forzas conservativas.
Principio de conservación da enerxía.
Forzas non conservativas ou disipativas.
|
6. Dinámica de sistemas de partículas e do sólido ríxido |
Introdución.
Centro de masas: movemento do centro de masas dun sistema de partículas: velocidade e aceleración.
Movemento arredor do centro de masas do sistema; Teoremas da enerxía cinética e do momento angular.
Masa reducida dun sistema illado.
Momento angular dun corpo ríxido. Teorema de conservación.
Momento de inercia: Momentos de inercia de áreas e de corpos ríxidos. Teoremas xerais. Teorema de Steiner. Enerxía cinética, traballo e potencia na rotación.
Ecuación fundamental da dinámica de rotación.
|
7. Movemento xiroscópico |
Dinámica do movemento xiroscópico. Estudio elemental. Compás xiroscópico. |
8. Interacción gravitacional |
Introdución.
Lei da gravitación.
Forzas centrais.
Leis de Kepler.
Campo gravitacional.
Enerxía potencial gravitacional.
Intensidade do campo gravitacional.
Potencial gravitacional.
|
9. Mecánica de fluidos
|
Natureza e propiedades dos fluídos.
Fluídos en reposo: ecuación fundamental. Forzas sobre superficies sumerxidas.
Principio de Arquímedes: flotación e estabilidade.
Dinámica de fluídos perfectos: ecuación de continuidade e ecuación de Bernouilli e as súas aplicacións.
Dinámica de fluídos viscosos: réximes laminar e turbulento. Número de Reynolds
Movemento de sólidos no seo de fluídos.
|
10. Interacción magnética. Campo magnético
|
Definición de campo magnético.
Forza sobre un elemento de corrente.
Imáns no interior de campos magnéticos.
Acción do campo magnético sobre un circuíto plano e sobre un solenoide.
Efecto Hall. |
11. Interacción eléctrica. Campo e potencial electrostáticos |
Carga eléctrica e Lei de Coulomb.
Campo eléctrico: Campo creado por unha carga puntual e por un sistema de cargas.
Fluxo eléctrico. Liñas de forza.
Lei de Gauss para o campo eléctrico. Aplicacións.
Enerxía potencial eléctrica.
Potencial eléctrico.
Superficies equipotenciais.
|
12. Corrente eléctrica
|
Definición de corrente eléctrica.
Densidade de corrente.
Lei de Ohm e resistencia eléctrica.
Forza electromotriz e contraelectromotriz.
Enerxía nos circuítos eléctricos.
Lei de Joule.
Circuítos cerrados. Resistencias en serie e en paralelo. Regras de Kirchoff. Galvanómetros e outros aparatos de medida.
|
13. Correntes eléctricas variables
|
Forza electromotriz de movemento.
Lei de Faraday-Henry.
Lei de Lenz.
Circuítos R-L. Correntes de peche e apertura. Circuítos L-C y R-L-C.
Xerador de corrente alterna.
Valores medios e eficaces.
|
14. Movemento ondulatorio.
|
Ondas e tipos de ondas.
Superposición e interferencia de ondas.
Velocidade das ondas. Reflexión e transmisión das ondas. Ondas senoidais.
Enerxía transmitida por ondas senoidais en cordas.
Ondas sonoras. Ondas sonoras periódicas. Niveles sonoros. Ondas esféricas e planas.
Efecto Doppler-Fizeau.
Ondas de choque.
Superposición e interferencia de ondas senoidais.
Ondas estacionarias.
Resonancia.
|
15. Ondas electromagnéticas.Aspectos fundamentais |
Introdución: natureza das ondas electromagnéticas. Ondas electromagnéticas planas.
Enerxía e cantidade de movemento das ondas electromagnéticas.
O espectro de ondas electromagnético.
|
16. Natureza da luz e Óptica xeométrica. |
A natureza da luz.
Velocidade da luz.
Raio luminoso, índice de refracción e camiño óptico.
Principio de Fermat. Reflexión e refracción: leis da óptica xeométrica.
Espellos planos e esféricos.
Refracción nunha superficie plana e nunha esférica.
Lentes delgadas.
Aberración.
Instrumentos ópticos.
|
17. Óptica física.
|
Principio de Huygens.
Condicións para a interferencia.
Experimento de Young.
Interferencias en láminas delgadas.
Difracción por una ou dos rendixas.
Difracción de Fresnel e de Fraunhofer.
Difracción e resolución.
Redes de difracción.
Polarización
|
O desenvolvemento e superación destes contidos, xunto cos correspondentes a outras materias que inclúan a adquisición de competencias específicas da titulación, garanten o coñecemento, comprensión e suficiencia das competencias recollidas no cadro AII/2, do Convenio STCW, relacionadas co nivel de xestión de Primeiro Oficial de Ponte da Mariña Mercante, sen limitación de arqueo bruto e Capitán da Mariña Mercante ata o máximo de 5000 GT. |
Cadro A-II/2 del Convenio STCW.
Especificación de las normas mínimas de competencia aplicables a Capitáns y primeiros oficiais de ponte de buques de arqueo bruto igual ou superior a 500 GT. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
B1 B3 B5 B9 B14 |
27 |
54 |
81 |
Solución de problemas |
A8 B2 B6 B9 B14 B15 B16 |
18 |
27 |
45 |
Prácticas de laboratorio |
A8 A9 B3 B4 B6 B9 C10 |
9 |
0 |
9 |
Proba de resposta múltiple |
A9 A8 B3 B5 B9 B15 |
7 |
0 |
7 |
Proba obxectiva |
B13 B14 B15 |
6 |
0 |
6 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición de contidos por parte do/a profesor/a. Resulta eficaz para explicar temas complexos e transmitir información. |
Solución de problemas |
Se proporán exercicios que se resolverán durante as sesións interactivas, en presenza do/a profesor/a ou a través da plataforma moodle da asignatura. Deste xeito, o profesor/a pode observar as dificultades que o/a alumno/a presenta na resolución de problemas e na comprensión da materia en xeral.
|
Prácticas de laboratorio |
Nestas clases realízanse prácticas de laboratorio. Preténdese que o/a alumno/a se familiarice co instrumental de laboratorio, aprenda a calcular erros nas medidas experimentais e a determinar datos mediante axustes de mínimos cadrados. Todo isto co fin último de que adquira un sentido crítico que o/a leve a unha análise científica do que está a facer.
O/a alumno/a ten a obrigación de asistir ás prácticas e de entregar un informe cos resultados obtidos no laboratorio.
Haberá sesiones presencias e virtuais. |
Proba de resposta múltiple |
Se van propor test ó alumnado que abarcarán os conceptos teóricos da materia. |
Proba obxectiva |
Proba teórico-práctica que permitirá avaliar os coñecementos adquiridos durante o curso.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Solución de problemas |
Proba de resposta múltiple |
|
Descrición |
- Para a resolución de problemas, se realizará durante as sesión interactivas como resposta ás posibles dúbidas ou dificultades de aprendizaxe, plantexadas directamente polo/pola alumno/a e que requiran respostas inmediatas.
- As practicas serán monitorizaras en todo momento polo/a profesor/a co fin de resolver posibles subidas que podan xurdir.
- As probas de resposta múltiple se levarán a cabo durante as sesiones de docencia expositiva preferentemente e serán supervisadas polo/a profesor/a.
- As tutorías individuais se farán sempre que o requira o alumno ou ben se trate de titorías concertadas co obxecto de detectar posibles erros de aprendizaxe ou ben as dificultades propias do estudio individualizado.
- A asistencia e atención titorial individual ou ben en grupo se considera de grande importancia para todos os/as alumnos/as que participen activamente no desenrolo da materia.
- As plataformas moodle e M. O Teams, servirán de apoio para a atención personalizada e a evaluación do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. Se terán en conta as metodoloxías máis adecuadas ás necesidades específicas que requira cada estudante. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A8 A9 B3 B4 B6 B9 C10 |
Realizarase a avaliación continua atendendo tanto á actitude e a participación do/da alumno/a como ao grao de cumprimento reflectido no informe do traballo realizado.
A asistencia a prácticas e a presentación do informe terán carácter obrigatorio.
O control de asistencia nas sesións virtuáis se valorará en función do grado de participación registrado las actividades online. |
20 |
Proba obxectiva |
B13 B14 B15 |
Avaliación de coñecementos e comprensión dos contidos básicos da materia, considerando as habilidades, destrezas, estratexias e formulacións utilizadas polo/a alumno/a na resolución de problemas.
Valorarase expresamente o grao de evolución do/da alumno/a e a súa capacidade para analizar e resolver problemas puntuais, requiríndose unha formación teórico-práctica equilibrada.
Se levarán a cabo duas probas ó longo do curso. Cada proba computará o 30% da nota final.
|
60 |
Proba de resposta múltiple |
A9 A8 B3 B5 B9 B15 |
Proporánse test sobre os conceptos teóricos da materia que o/a alumno/a deberá resolver. |
20 |
|
Observacións avaliación |
AVALIACIÓN DURANTE O CURSO: O traballo do/da alumno/a ao longo do curso será avaliado de forma continua a través do xeito seguinte: 1) Resolución de probas de resposta múltiple: Puntuación máxima: 2 puntos. Puntuación mínima: 1 punto. 2) Prácticas de laboratorio: puntuación máxima 2 puntos. 3) Probas obxectivas finais: Puntuación máxima de 6 puntos: Proba 1 + Proba 2 Proba 1 (Puntuación máxima: 3 puntos. Puntuación mínima: 1,5 puntos) Proba 2 (Puntuación máxima: 3 puntos. Puntuación mínima: 1,5 puntos) A calificación final do/da alumno/a que aparecerá nas actas da materia será o suma das calificacións obtidas nos apartados anteriores. Sempre e cando se acaden as calificación mínimas establecidas en cada apartado. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: - Ter asistido ás prácticas e entregados os informes. - Obter os mínimos establecidos en cada apartado e chegar a una calificación final igual ou superior a 5. Os /as alumnos /as que teñan feito as prácticas en cursos anteriores e entregado o informe correspondente estarán exentos da realización das mesmas no presente curso sempre e cando firmen a renuncia voluntaria nun prazo anterior ó comezo das mesmas. Neste caso: a calificación do apartado 2) será a que figure no arquivo da materia para ese/a alumno/a ponderada a un 20% da calificación final. Para a obtención da cualificación de non presentado aplicásese o artigo 21 2.b das "NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DÁS CUALIFICACIÓNS DÚAS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO" Aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e Modificada polo Consello de Goberno do 30 de abril de 2014 (texto refundido)” Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW, e recollido no Sistema de Garantía de Calidade, teránse en conta a hora de deseñar e levar a cabo a avaliación. EVALUACIÓN NA SEGUNDA OPORTUNIDADE: A proba obxectiva abarcará todo o temario e computará un 60% da avaliación. O/a estudante poderá recuperar a calificación da Proba 1, da Proba 2 ou de ambas. Se manterán as calificacións obtidas para as probas de resposta múltiple e prácticas.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Tipler, P.A. (1999). Física. Reverté
Serway, R.A. (1997). Física. McGraw-Hill
Alonso, M.; Finn, E.J. (1993). Física. Addison-Wesley Iberoamericana
De Juana, J.M. (1987). Física General. Alambra
Sears, F.W.; Zemansky, M.W.; Young, H.D., Freeman, R.A. (1998/1999). Física Universitaria. Ed. Addison Wesley Longman
Gettys, W.E.; Keller, F.J.; Skove, M.J. (1991). Física. Clásica y Moderna. McGraw-Hill |
|
Bibliografía complementaria
|
Fidalgo, J.A., Fernández, M.R (2000). 1000 Problemas de Física General. Everest
Aguilar, J., Senent, F (1992). Cuestiones de Física. Reverté
Gonzalez, F.A. (1995). La Física en problemas. Tebar Flores
Aguilar, J., Casanova, J. (1989). Problemas de Física. Alhambra
Burbano S.; Burbano E.; Gracia C. (1993). Problemas de Física. Mira Editores
Belmar, F., Cervera, F., Estellés, H. (1998). Problemas de Física, Mecánica, Electromagnetismo, Ondas. Tebar Flores
ULPGC. Profesores de Física (1999 ). Problemas de Física. Ciencias e Ingenieros . |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Electricidade e Electrónica/631G01206 | Manobra I/631G01207 | Teoría do Buque I/631G01208 | Navegación e Organización do Buque/631G01212 | Sistemas de Navegación e Comunicacións/631G01311 |
|
|