Datos Identificativos | 2020/21 | ||||||||
Asignatura (*) | Matemáticas II | Código | 631G01106 | ||||||
Titulación | |||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | ||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | |||||
Idioma |
|
||||||||
Modalidade docente | Híbrida | ||||||||
Prerrequisitos | |||||||||
Departamento | Matemáticas |
||||||||
Coordinación |
|
Correo electrónico |
|
||||||
Profesorado |
|
Correo electrónico |
|
||||||
Web | http://www.nauticaymaquinas.es/ | ||||||||
Descrición xeral |
Nesta materia danse a coñecer conceptos fundamentais de Trigonometría Plana e Esférica, Lugares Xeométricos no Plano e o Espazo (en particular de Cónicas e Cuádricas), Derivación e Integración de funcións de varias variables e Estatística. O alumno tamén vai a mellorar as súas habilidades na aprendizaxe e desenvolvemento de novos métodos e tecnoloxías necesarias para continuar a súa formación. Tamén a traballar con material bibliográfico e recursos informáticos, a elaborar unha memoria/informe de modo rigoroso e sistemático, a escribir e transmitir coñecementos correctamente, a realizar eficazmente as tarefas asignadas como parte dun grupo, etc. En concreto será capaz de resolver e analizar os resultados dos problemas matemáticos que poidan xurdir na enxeñería, a usar modelos matemáticos e a identificar o caso en que deben aplicarse. |
||||||||
Plan de continxencia |
Neste apartado recóllense as adaptacións que se levarán a cabo na docencia e na avaliación, se nos enfrontamos a un escenario de non presencialidade debido a un novo abrocho da pandemia. 1. Modificacións nos contidos: Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: Aprendizaxe colaborativa, Esquemas, Traballos tutelados, Análise de fontes documentais, Debate virtual, Discusión dirixida, Actividades iniciais. *Metodoloxías docentes que se modifican: • Sesión maxistral. Pasarán a ser vídeos e videoconferencias virtuais cos estudantes pola plataforma Teams. Quedan gravadas en Stream. Realizaranse sempre no horario oficial fixado en Xunta de Escola. • Solución de problemas. Pasarán a ser sesións virtuais de dúbidas na resolución de problemas e coleccións de exercicios resoltos postos a disposición do alumnado en OneNote. Realizaranse sempre no horario oficial fixado en Xunta de Escola. • Proba obxectiva. De non poder realizarse presencialmente, a proba obxectiva será realizada coas ferramentas de avaliación online que a Universidade pon á disposición da comunidade. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: • Correo electrónico: En horario laboral. De uso para facer consultas breves e solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas en horario de titorías. • Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do estudantado. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. • Teams: Sesións semanais en grupo único e grupos de docencia interactiva para o avance dos contidos teóricos e prácticos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do estudantado para desenvolver os traballos da materia. 4. Modificacións na avaliación: Establécense dous posibles itinerarios: a) Estudantes que teñan realizado a avaliación continua durante o curso: Metodoloxía: Traballos tutelados e Solución de problemas. Peso na cualificación: 50%. Descrición: Os alumnos que fixeran as probas de avaliación continua durante o curso (de xeito presencial e/ou virtual) serán cualificados coa nota media ponderada que obtiveron. Metodoloxía: Proba obxectiva. Peso na cualificación: 50%. Descrición: Proba individual de asimilación de coñecementos teórico-prácticos e resolución de problemas, coa posibilidade de defensa oral dalgún dos problemas propostos. b) Estudantes que non realizaron avaliación continua durante o curso ou renuncian a ela: Metodoloxía:Proba obxectiva Peso na cualificación: 50% Descrición: Proba individual de asimilación de coñecementos teórico-prácticos. Metodoloxía: Solución de problemas Peso na cualificación: 50% Descrición: Resolución de problemas prácticos coa posibilidade de defensa oral dalgún dos problemas propostos. *Observacións de avaliación: Os estudantes que se acollan ao segundo itinerario (sen avaliación continua) examinaranse de toda a materia e deberán acadar un mínimo do 35% na proba obxectiva para poder facer media coa parte de resolución de problemas. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle así como de diversos enlaces a libros electrónicos dispoñibles a través da Biblioteca da UDC para facilitar aos estudantes o acceso á bibliografía. |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías |