Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Ser capaz de interpretar planos eléctricos. |
A6 A8 A9 A10
|
B2 B5 B6 B8 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B22
|
C10 C13
|
Ser capaz de analizar as instalacións eléctricas e electrónicas. |
A6 A8 A9 A10
|
B2 B5 B6 B8 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B22
|
C10 C13
|
Coñecementos de características de dispositivos semicondutores básicos. |
A6 A8 A9 A10
|
B2 B5 B6 B8 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B22
|
C10 C13
|
Coñecer os alternadores eléctricos. |
A6 A8 A9 A10
|
B2 B5 B6 B8 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B22
|
C10 C13
|
Evaluar potencias. |
A6 A8 A9 A10
|
B2 B5 B6 B8 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B22
|
C10 C13
|
Coñecer o funcionamento da instrumentación electrónica. |
A6 A8 A9 A10
|
B2 B5 B6 B8 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B22
|
C10 C13
|
Aplicacións prácticas de dispositivos de estado sólido, e de circuítos integrados analóxicos e dixitais. |
A6 A8 A9 A10
|
B2 B5 B6 B8 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B22
|
C10 C13
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEMA 1: INTRODUCIÓN. CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS EN CONTÍNUA. |
1.1. O átomo. Carga e forza eléctricas. Materiais eléctricos condutores e illantes.
1.2. Magnitudes mecánicas e eléctricas: traballo, enerxía, voltaxe, corrente, potencia.
1.3. Resistencia eléctrica. Fontes ideais.
1.4. Lei de Ohm. Lei de Joule. Circuítos serie e paralelo. Leis de Kirchhoff.
1.5. Fontes reais. Teoremas de circuítos: superposición, Thévenin, Norton.
1.6. Análise de circuítos. |
TEMA 2: CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS EN ALTERNA. TRANSFORMADOR. |
2.1. Funcións que dependen do tempo. Valores fundamentais.
2.2. Réxime senoidal e comportamentos de R, L e C.
2.3. Impedancia e admitancia. Resonancia.
2.4. O transformador ideal.
2.5. Teoremas de circuítos: superposición, Thévenin, Norton.
2.6. Análise de circuítos. |
TEMA 3: MANOBRA E PROTECCIÓN. XERACIÓN E DISTRIBUCIÓN DE ENERXÍA. SISTEMAS ELECTROMECÁNICOS. |
3.1. Fundamentos de sistemas trifásicos.
3.2. Elementos de manobra e protección de instalacións.
3.3. Fundamentos de xeradores e motores.
3.4. Propulsión eléctrica no buque.
3.5. Análise de circuítos e planos de instalacións. |
TEMA 4:SEMICONDUTORES. DÍODOS. APLICACIÓNS. |
4.1. Fundamentos: semicondutor intrínseco e extrínseco.
4.2. Correntes nun semicondutor. Unión PN polarizada.
4.3. Estrutura básica e funcionamento dos díodos PN e LED.
4.4. Modelos equivalentes do díodo.
4.5. Aplicacións. Circuítos rectificadores.
4.6. Outros díodos. |
TEMA 5.- TRANSISTOR DE UNIÓN BIPOLAR. |
5.1. Estrutura básica e funcionamento dun transistor bipolar.
5.2. Análise de circuítos en configuración de emisor común.
5.3. Características de entrada e de saída.
5.4. Circuítos de conmutación. |
TEMA 6: TRANSISTOR UNIPOLAR MOSFET. |
6.1. Estrutura básica e funcionamento dun MOSFET.
6.2. Análise de circuítos en configuración de fonte común.
6.3. Características de entrada e de saída.
6.4. Circuítos de conmutación. |
TEMA 7: CONCEPTOS XERALES DE AMPLIFICADORES. O AMPLIFICADOR OPERACIONAL. |
7.1. Características dos amplificadores.
7.2. Concepto de realimentación negativa.
7.3. O amplificador operacional. Aplicacións lineais e non lineais.
7.4. Análise de circuítos. |
TEMA 8: CIRCUÍTOS DIXITAIS. APLICACIÓNS. |
8.1. Fundamentos de circuítos dixitais.
8.2. Conversión analóxica-dixital.
8.3. Aplicacións: comunicacións, fundamentos dun sistema de comunicacións dixital.
8.4. Introdución aos sistemas Radar. |
RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS. |
5 sesións de problemas correspondentes aos 4 primeiros temas e outras 5 correspondentes á parte de electrónica. |
PRÁCTICAS DE LABORATORIO |
PRÁCTICA 1: EQUIPOS DE MEDIDA (I).
1.1. Fonte de alimentación e polímetro.
1.2. Medida de resistencias.
1.3. Medida de tensións e correntes continuas co polímetro.
PRÁCTICA 2: EQUIPOS DE MEDIDA (II).
2.1. Xerador de funcións e osciloscopio.
2.2. Medida de tensións e correntes alternas con polímetro e osciloscopio. |
PRÁCTICAS A TRAVÉS DE TIC |
Realizaranse prácticas de deseño de circuitos e medicións co software LTSpice sobre o temario da teoría.
|
O desenvolvemento e superación destes contidos, xunto cos correspondentes a outras materias que inclúan a adquisición de competencias específicas da titulación, garanten o coñecemento, comprensión e suficiencia das competencias recollidas no cadro AII/2, do Convenio STCW, relacionadas co nivel de xestión de Primeiro Oficial de Ponte da Mariña Mercante, sen limitación de arqueo bruto e Capitán da Mariña Mercante ata o máximo de 3000 GT.Cadro A-II/2 do Convenio STCW.
|
Especificación das normas mínimas de competencia aplicables a Capitáns e primeiros oficiais de ponte de buques de arqueo bruto igual ou superior a 500 GT.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A6 A8 A9 A10 B2 B5 B6 B8 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B22 C13 C10 |
30 |
39 |
69 |
Solución de problemas |
A6 A8 A9 A10 B2 B5 B6 B8 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B22 C10 C13 |
10 |
20 |
30 |
Proba mixta |
A6 A8 A9 A10 B2 B5 B6 B8 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B22 C10 C13 |
3 |
0 |
3 |
Prácticas de laboratorio |
A6 A8 A9 A10 B2 B5 B6 B8 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B22 C10 C13 |
10 |
10 |
20 |
Prácticas a través de TIC |
A6 A8 A9 A10 B2 B5 B6 B8 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B22 C10 C13 |
10 |
10 |
20 |
Traballos tutelados |
A8 A9 A10 B2 B5 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B22 |
1 |
4 |
5 |
Proba de resposta breve |
A6 A8 A9 A10 B2 B5 B6 B8 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B22 C10 C13 |
1 |
1 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición didáctica, usando diapositivas e taboleiro, dos contidos teóricos da materia. |
Solución de problemas |
Formulación e resolución de problemas relacionados cos contidos da materia. |
Proba mixta |
Proba de teoría e resolución de problemas sobre os contidos expostos durante as sesións maxistrais e de resolución de problemas de todo o curso, na que se valorará tanto a comprensión dos devanditos contidos como a súa aplicación á resolución de problemas. |
Prácticas de laboratorio |
Os alumnos desenvolverán unha serie de prácticas no Laboratorio de Electrónica, sobre equipos de medida e compoñentes. Xunto con ditas prácticas, os alumnos deberán responder a un conxunto de preguntas relacionadas cos temas a desenvolverse nelas. |
Prácticas a través de TIC |
Os alumnos desenvolverán unha serie de prácticas en PC utilizando o software de simulación de circuítos LTspice. Xunto con ditas prácticas, os alumnos deberán responder a un conxunto de preguntas relacionadas cos temas a desenvolverse nelas. |
Traballos tutelados |
Os alumnos poderán realizar de forma autónoma un traballo proposto polo profesor de prácticas utilizando a ferramenta sóftware (TIC) de simulación de circuítos electrónicos LTSpice. Adicionalmente, ao final do curso e para todos os alumnos que aproben a materia, o alumno poderá solicitar realizar un traballo adicional para optar a subir nota (ver sección de avaliación). A temática deste traballo adicional será proposta polo profesor e estará relacionada con algúns dos contidos da materia. |
Proba de resposta breve |
Os alumnos deberán responder a un conxunto de preguntas relacionadas cos temas a desenvolverse en cada sesión de prácticas. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Prácticas de laboratorio |
Sesión maxistral |
Prácticas a través de TIC |
Solución de problemas |
|
Descrición |
Sesión maxistral: Atender e resolver dúbidas do alumnado en relación á materia teórica exposta nas sesións maxistrais.
Solución de problemas: Atender e resolver as dúbidas do alumnado relacionadas cos problemas resoltos en clase.
Prácticas de laboratorio: Atender e resolver dúbidas do alumnado en relación ás prácticas propostas ou realizadas no laboratorio.
Prácticas a través de TIC: Atender e resolver dúbidas do alumnado en relación ás prácticas propostas ou realizadas a través de TIC.
Atención personalizada: En relación ás clases de teoría e de resolución de problemas, usaranse preferentemente horas de titoría de forma individualizada. As titorías serán non presenciais, por Teams.
En relación ás clases prácticas, usaranse preferentemente horas de titoría de forma individualizada, sendo tamén posible o uso do correo electrónico. As titorías serán non presenciais, por Teams. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A8 A9 A10 B2 B5 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B22 |
Consistirá na avaliación do traballo proposto sobre temas da materia e tutelado polo profesor. O alumno que aprobe a materia (ver "Observacións avaliación"), poderá solicitar un traballo tutelado adicional (ver "Paso 5: Metodoloxías"), cuxa nota máxima será de 1 punto. |
0 |
Prácticas de laboratorio |
A6 A8 A9 A10 B2 B5 B6 B8 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B22 C10 C13 |
Valorarase o traballo realizado polo alumno en cada unha das sesións.
Os alumnos con dedicación a tempo parcial ou con dispensa académica de exención de docencia terán a opción de realizar un exame de prácticas de laboratorio ao finalizar o curso. |
4 |
Sesión maxistral |
A6 A8 A9 A10 B2 B5 B6 B8 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B22 C13 C10 |
Poderán valorarse a asistencia á clase e a participación do alumno nos traballos propostos polo profesor ao longo do curso nas sesións maxistrais, de resolución de problemas e titorías. |
0 |
Prácticas a través de TIC |
A6 A8 A9 A10 B2 B5 B6 B8 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B22 C10 C13 |
Valorarase o traballo realizado polo alumno en cada unha das sesións.
Os alumnos con dedicación a tempo parcial ou con dispensa académica de exención de docencia terán a opción de realizar un exame de prácticas TIC ou a presentación dun traballo ao finalizar o curso. |
4 |
Proba mixta |
A6 A8 A9 A10 B2 B5 B6 B8 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B22 C10 C13 |
Consistirá en dous exames teóricos e de resolución de problemas sobre os contidos expostos ao longo do curso durante as sesións maxistrais, valorándose a comprensión de devanditos contidos, e a súa aplicación á resolución de problemas. |
60 |
Solución de problemas |
A6 A8 A9 A10 B2 B5 B6 B8 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B22 C10 C13 |
Consistirá na avaliación de resolución de problemas a través dun conxunto de tests. En datas sinaladas polo profesor, o alumno deberá responder a un test consistente en 2 problemas breves e unha pregunta cuxa resposta deberá razoarse. Para aprobar o test, os alumnos deberán responder correctamente polo menos dous destes tres sinxelos puntos. Para aprobar a asignatura, o alumno non poderá suspender máis de tres destes tests. |
30 |
Proba de resposta breve |
A6 A8 A9 A10 B2 B5 B6 B8 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B22 C10 C13 |
Ao iniciarse cada unha das prácticas, o alumno deberá responder a un conxunto de 3 preguntas breves relacionadas cos conceptos teóricos correspondentes á sesión. |
2 |
|
Observacións avaliación |
A avaliación dos contidos impartidos nas clases maxistrais e de resolución de problemas da materia representa un 90% da nota global. A avaliación das prácticas de laboratorio e a través de TIC, xunto coa proba de resposta breve, é o 10% restante. Para aprobar a materia esixirase: A) ATA 6 PUNTOS OBTIDOS NA PROBA MIXTA, CUN MÍNIMO DE 3 (NESTE
APARTADO) PARA APROBAR A MATERIA, A DURACIÓN MÁXIMA DE CADA PARCIAL (VER TEXTO A CONTINUACIÓN) SERÁ DE 2 HORAS. A DURACIÓN MÁXIMA DO EXAME FINAL SERÁ DE 3
HORAS. A proba mixta constará de dous exames de teoría e problemas
relativos aos contidos de Electricidade e Electrónica da materia, impartidos ao
longo do cuadrimestre. O alumno terá dúas opcións: aprobar a proba mixta por
parciais (un parcial con temas relativos aos contidos dos primeiros catro
temas, e outro aos contidos restantes) ou ben realizar ambos exames na proba
mixta final. Para aprobar a materia esixirase ter un mínimo de 3 puntos sobre 6
en cada un dos dous exames relativos dos que consta a proba mixta. A nota final
computarase como o promedio das notas obtidas en cada un dos parciais. A
duración máxima de cada un dos parciais será de 2 horas. A duración máxima do
exame final (é dicir, incluíndo as dúas partes ) será de 3 horas. O alumno que
aprobe un dos dous parciais só terá que realizar o exame da parte non aprobada
no exame final (1ra oportunidade). Poderase valorar a participación do alumno ao longo do curso nas sesións
maxistrais e de resolución de problemas. B) ATA 3 PUNTOS OBTIDOS NA AVALIACIÓN CONTINUA DE RESOLUCIÓN DE
PROBLEMAS, CUN MÍNIMO DE 1.5 (NESTE APARTADO) PARA APROBAR A MATERIA. SI O ALUMNO
NON APROBA A RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS (VER DETALLES A CONTINUACIÓN), DEBERÁ
PRESENTARSE A UN EXAME FINAL ADICIONAL DE PROBLEMAS (QUE SE REALIZARÁ NO MESMO
HORARIO DO EXAME FINAL, E SEN QUE ISTO SIGNIFIQUE AUMENTAR O TEMPO DISPOÑIBLE
PARA COMPLETAR ESTA PARTE ADICIONAL).
A asistencia a clases de resolución de problemas non é
obrigatoria. A avaliación continua consistirá na resolución de problemas
agrupados en tests (consistentes en 2 problemas a resolver e unha pregunta
razoada), os cales deberán resolverse en datas previamente estipuladas. A
duración máxima de cada test será de 10 minutos. Aqueles alumnos que suspendan
máis de tres de devanditos tests, ou que non alcance polo menos 1.5 puntos na nota
final deste apartado, terán que realizar un exame final (adicional) de
problemas nas datas sinaladas polo centro para a proba mixta (exame final).
Devandito exame adicional consistirá en tres problemas cuxa dificultade será
máxima, aínda que sempre dentro do nivel dos problemas resoltos en clases de
tutorías en grupo. Neste caso, o aprobado da parte de problemas obterase cunha
puntuación de polo menos 1.5 sobre 3.
C) ATA 1 PUNTO OBTIDO NA AVALIACIÓN CONTINUA DE PRÁCTICAS DE
LABORATORIO E PRÁCTICAS A TRAVÉS DE TIC, XUNTO CO TRABALLO TUTELADO (CUXA
PUNTUACIÓN É COMO MÁXIMO DE 0,5), CUN MÍNIMO DE 0,5 PUNTOS PARA APROBAR A MATERIA.
SE O ALUMNO NON APROBA AS PRÁCTICAS (VER DETALLES A CONTINUACIÓN), DEBERÁ
PRESENTARSE A UN EXAME FINAL TEÓRICO-PRÁCTICO DE LABORATORIO E TIC (QUE SE
REALIZARÁ NA DATA FIXADA NO CALENDARIO DE EXAMES DA ESCOLA, E CUXA DURACIÓN MÁXIMA SERÁ DE 1 HORA).
Na avaliación dos traballos esixirase ter un mínimo de 0.5 puntos
sobre 1 na suma das prácticas de laboratorio, as prácticas a través de TIC e o
traballo tutelado, entregados a través de guías de laboratorio
correspondentemente completadas por cada alumno. Previamente a cada práctica de
laboratorio, os alumnos deberán completar un test (duración: 10 minutos)
consistente en 3 preguntas sinxelas, ou ben cálculos sinxelos, relacionados coa
práctica de laboratorio que se levará a cabo a continuación. Os tests terán una puntuación total máxima de 0.2 puntos, mentres que as guías completarán los 0.8 puntos máximos restantes. Os alumnos que non aproben a parte
práctica da materia mediante a avaliación continua, terán que realizar un exame
final teórico-práctico nas datas sinaladas polo centro.
Devandito exame consistirá en preguntas relacionadas cos traballos
desenvolvidos nas clases, xunto con preguntas relacionadas co manexo de
equipos. Neste caso, o aprobado da parte práctica obterase cunha puntuación de
polo menos 0.25 sobre 0.5.
Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW, e recollidos no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
R. L. Boylestad y L. Nashelsky (2009). Electrónica: teoría de circuitos y dispositivos electrónicos. Ed. Prentice Hall (10ª Edición)
J.A.Edminister y Mahmood Nahvi (). Circuitos eléctricos. Ed. McGraw Hill (Serie Schaum).
J.A.Edminister (). Circuitos eléctricos . Ed. McGraw Hill (Serie Schaum).
Mª Elena Novo Vidal (2019). Copia de las diapositivas de la asignatura con problemas resueltos. Reprografía
Jacob Millman y Christos C. Halkias. (). Electrónica integrada: Circuitos y Sistemas Analógicos y Digitales. Editorial Hispano-Europea.- (6ª Edición).
R. L. Boylestad (). Introducción al análisis de circuitos. Ed. Prentice Hall
José Manuel Andión Fernández (2020). Prácticas de laboratorio y simulador. Moodle: https://moodle.udc.es/ |
|
Bibliografía complementaria
|
Jacob Millman y Christos C. Halkias (). Dispositivos y circuitos electrónicos. Editorial Pirámide. 10ª Edición.
Linear Technology (2009). LTspice User Manual. Linear Technology
Varios Autores (2020). LTspice Users Group. https://groups.io/g/LTspice
Jacob Millman y Arvin Grabel. (). Microelectrónica. Editorial Hispano-Europea.(6ª edición).
Jacob Millman. (). Microelectrónica: Circuitos y Sistemas Analógicos y Digitales. Editorial Hispano-Europea. (3ª edición).
Keysight Technologies (2012). Osciloscopios de la serie 1000B de Keysight. Guía del usuario. Keysight Technologies
Albert Malvino y David J. Bates ( 2.010.). Principios de electrónica. Mac Graw Hill. (7ª Edición).
Siglent Technologies (2017). SDG800 Series Function/Arbitrary Waveform Generator. User Manual.. Siglent Technologies |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Matemáticas I/631G01101 | Física/631G01103 | Matemáticas II/631G01106 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Sistemas Enerxéticos e Auxiliares do buque/631G01204 | Maritime Radiocommunications (Comunicacións Radiomarítimas)/631G01307 | Sistemas de Navegación e Comunicacións/631G01311 |
|
|