A materia consta de tres bloques: Transportes (1 ECTS), Camiños (3 ECTS) e Ferrocarrís (2 ECTS).
* Bloque de Transportes:
Dada a escasa duración do bloque, exponse a realización
dunha proba final obxectiva cunha ponderación do 100% na cualificación do
bloque. Será necesario obter unha cualificación mínima de 4,0 puntos de 10 no
mesmo para superar a materia. A data de realización da mesma será a indicada no
calendario académico oficial.
Exporase un traballo tutelado voluntario que permitirá sumar
ata 0,5 puntos no bloque de transporte, que se terán en conta a partir dunha
cualificación de 4,0.
* Bloque de Camiños:
No caso do Bloque de Camiños, exponse a realización de:
- Un
máximo de 5 traballos tutelados que poderán ser: sobre identificación de
elementos da sección transversal, sobre identificación de tipoloxías de nós,
sobre identificación de perdas de trazado, dinámicas e de orientación, sobre
enxeñería de tráfico (un problema sobre determinación do nivel de servizo nunha
estrada convencional de clase I co HCM 6
TH Edition e outro problema de aplicación
da metodoloxía descrita no HCM 6 TH Edition para resolver diferentes cuestións
sobre unha autoestrada) e/ou sobre problemas de trazado (resolución de varios
exercicios do tema de trazado). A puntuación, data e forma de entrega de cada
un deles definirase ao longo do curso. Todos eles entregaranse vía Moodle. O
peso dos mesmos será dun 20% na cualificación do bloque.
- Realización
por parellas (ou excepcionalmente de forma individual) dunha breve presentación
oral sobre un aspecto das 'Smart Roads'.
O aspecto sobre o cal é preciso realizar a presentación oral, así como a data,
puntuación, etc da mesma definirase ao longo do curso. Aqueles estudantes que
estean matriculados a tempo parcial e/ou que por razóns debidamente
xustificadas non poidan realizar esta presentación oral, deberán entregar un
traballo sobre 'Smart Roads', que será
definido ao longo do curso. O peso da mesma será dun 20% na cualificación do
bloque.
- Probas
obxectivas de avaliación continua: exporase a realización, ao longo do curso,
de diversos exames teóricos e/ou prácticos. O peso dos mesmos será dun 20% na
cualificación do bloque.
- Proba
obxectiva final. Realizarase un exame final na data establecida no calendario
académico cun peso do 40% na cualificación do bloque. Será necesario obter unha
cualificación mínima de 4,0 puntos de 10 no mesmo para superar a materia.
* Bloque de Ferrocarrís:
Para o bloque de Ferrocarrís prevese a realización de:
- Un
máximo de 5 traballos tutelados, relacionados con cada un dos temas en que se
estrutura o bloque de Ferrocarrís. A súa data de entrega definirase ao longo do
curso. Todos os traballos entregaranse a través da correspondente tarefa
definida en Moodle. Os traballos tutelados supoñerán un 30% da cualificación do
bloque de Ferrocarrís.
- Probas
obxectivas de avaliación continua: exporase a realización, ao longo do curso,
de 5 probas teóricas, a través da plataforma Moodle. O peso conxunto das mesmas
será dun 30% na cualificación do bloque.
- Proba
obxectiva final. Realizarase un exame final na data establecida no calendario
académico cun peso do 40% na cualificación do bloque. Será necesario obter unha
cualificación mínima de 4,0 puntos de 10 no mesmo para superar a materia.
Os alumnos/as que así o consideren conveniente, poderán
presentarse aos tres bloques en cada oportunidade. Neste caso, é dicir, se nun
mesmo exame final preséntanse aos tres bloques, para superar a materia será
necesario alcanzar unha cualificación mínima ponderada de 5.0 cumprindo ademais
o requisito de obter unha cualificación mínima de 4.0 en cada un dos bloques.
No caso de que na primeira oportunidade non se chegue a obter unha media
ponderada maior ou igual que 5.0 puntos, pero obtéñase unha nota maior ou igual
que 5.0 puntos nalgún dos bloques, o alumno poderá presentarse á segunda
oportunidade só co/os bloque/ s pendente/s.
Os alumnos/ as que así o consideren conveniente, poderán non
presentarse na primeira oportunidade a algún dos tres bloques. Neste caso, se a
nota obtida no/os bloque/ s ao/os que se presente é maior ou igual que 5.0
puntos, gardaráselle a nota ata a segunda oportunidade. Neste suposto, na
segunda oportunidade habería que obter unha puntuación mínima de 5.0 puntos
no/os bloque/ s pendente/ s, non tendo validez o compensable a partir de 4.0 puntos indicado
no parágrafo anterior.
No caso de que se realicen traballos tutelados e/ou
presentacións orais, teranse en conta a partir dunha determinada cualificación
(que se non está indicada na guía docente definiraa o profesorado ao longo do
curso) no correspondente bloque do exame.
Adicionalmente poderán propoñerse diferentes actividades
para subir nota, que se irán definindo ao longo do curso, cuxa cualificación se
sumará a partir dunha puntuación de 4.0 ou 4.5 puntos (a definir polo profesor
ao longo do curso) no correspondente bloque do exame.
Este sistema de avaliación tamén se aplicará a aqueles
alumnos/ as que estean matriculados a tempo parcial.
Aqueles estudantes que teñan unha asistencia maior ou igual
ao 80% das clases no total da materia, poderán optar a liberar a proba
obxectiva final de cada un dos bloques con anterioridade á realización do exame
final, na data e forma que se fixe polo profesorado de cada bloque. Esta opción
é exclusiva para o alumnado que asista ao mínimo de clases indicado. Por tanto,
aqueles estudantes que, por razóns de calquera índole, non poidan cumprilo, non
poderán optar a liberar previamente bloques da materia.
?