Os cuestionarios de exame se redactarán inicialmente en castelán. Os alumnos que desexen un enunciado en galego deberán solicitalo con unha antelación mínima de 15 días.
Condicións de realización das probas mixtas:
Está prohibido acceder a aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior, ou almacenamento de información. As faltas de disciplina implicarán que o alumno deberá realizar oralmente as probas de avaliación.
Os casos prácticos deberán ser entregados ao longo do curso, dentro dos prazos marcados polo profesor.
Cualificación de non presentado. Corresponde ao alumnado, cando solo participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación non superior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación obtida.
Sesión maxistral: ata 2 puntos por tarefas e probas aleatorias de avaliación individual.
Resolución de problemas Pódense engadir ata 4 puntos para a realización e presentación oral ou por escrito de prácticas individuais ou de grupo. Con este fin, os cuestionarios propostos polo profesor deben cumprimentarse e entregar no prazo establecido. Os cuestionarios correspondentes ao primeiro parcial e ao segundo parcial respectivamente valoraranse cun máximo de dous puntos cada un.
Probas mixtas
A primeira proba (exame) avaliará os temas 1 a 5, e se realizará inmediatamente despois de completar eses temas (outubro ou novembro). A puntuación máxima será de 2 puntos. A segunda proba se corresponde co exame final, no que se avaliará toda a materia. A puntuación máxima será de 4 puntos. Os alumnos que aprobaran a primeira das probas obxectivas (un mínimo de 1 punto sobre o máximo de 2 puntos) non estarán obrigados a examinarse dos temas xa superados. Así, se un alumno aprobou a primeira proba obxectiva, solo terá que examinarse obrigatoriamente dos temas 6 a 8 no exame final.
Na segunda oportunidade gardaranse as cualificacións
correspondentes ás sesións maxistrais e a resolución de problemas, pero non as
cualificacións obtidas nas probas mixtas. O exame de segunda oportunidade
obterá un máximo de 4 puntos. O alumno pode solicitar a realización dun exame oral (máximo de 6 puntos) para tratar de incrementar a puntuación obtida no curso nos apartados de sesión maxistral e solución de problemas. A cualificación do exame oral so substituirá á suma das puntuación en sesións maxistrais e solución de problemas se é mais alta do que fora a suma das dúas cualificacións de éstas.
Avaliación adiantada
No caso de que ao alumno se lle conceda unha oportunidade de "avaliación adiantada", e soamente neste caso, realizarase unha proba oral e/ou escrita encamiñada a avaliar todas as competencias e contidos propios da materia.
Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:
Agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá poñerse en contacto co profesor da materia nos primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte, coa finalidade de fixar o devandito calendario. As probas terán o mesmo formato que para os alumnos con dedicación a tempo completo.