Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer o valor formativo do ensino das Ciencias Sociais na Educación Secundaria e no Bacharelato. |
AP1 AP2 AP11
|
BP6 BP8 BP14
|
CP4 CP6 CP7 CP8 CP9
|
Adquirir as competencias necesarias para o ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais na Educación Secundaria e no Bacharelato. |
AP2 AP8 AP9 AP11 AP12 AP14
|
BP1 BP2 BP5 BP8 BP14
|
CP1 CP3 CP4 CP6 CP7 CP8
|
Coñecer o currículo das ciencias sociais da Educación Secundaria e do Bacharelato. Analizar as metas educativas, a selección e organización dos contidos, as estratexias de ensino e aprendizaxe e os criterios e formas da avaliación. |
AP2 AP4 AP5 AP6 AP7 AP10
|
BP2 BP3 BP4 BP5 BP8
|
CP3 CP4 CP6 CP7 CP8
|
Reflexionar sobre a evolución do ensino das Ciencias Sociais, as súas perspectivas e enfoques actuais e as súas aportacións educativas. |
AP3 AP11 AP12 AP13
|
BP1 BP6
|
CP3 CP4 CP6 CP7 CP8
|
Adquirir competencias para transferir á práctica os coñecementos teóricos e deseñar propostas didácticas innovadoras que melloren as prácticas de ensino e aprendizaxe das ciencias sociais no contexto educativo da etapa de Educación Secundaria e o Bacharelato. |
AP4 AP5 AP6 AP7 AP8 AP13
|
BP3 BP4 BP6 BP8
|
CP3 CP4 CP6 CP8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. As Ciencias Sociais no currículo de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato. |
- A Didáctica das Ciencias Sociais como área de coñecemento.
- As competencias do profesorado no ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais.
- As Ciencias Sociais, Xeografía e Historia nos currículos de ESO e Bacharelato: obxectivos, competencias, contidos e instrumentos metodolóxicos.
- Valor formativo do ensino das Ciencias Sociais nestes niveis educativos. |
Tema 2: A evolución do ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais, perspectivas actuais e achegas educativas. |
- Evolución do ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais: modelos curriculares.
- Perspectivas e enfoques actuais das Ciencias Sociais e as súas achegas educativas.
|
Tema 3. Modelos didácticos na ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais na Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato. |
- Concepcións e dificultades que presentan os alumnos/as en relación cos contidos sociais.
- Modelos didácticos no ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais e as súas relacións coas ciencias referentes. Influencia na selección dos contidos de Ciencias Sociais e nas estratexias de ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais e as actividades.
- Orientacións e criterios para a análise e a elaboración de materiais curriculares. A avaliación en Ciencias Sociais. As unidades didácticas en Ciencias Sociais.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A1 A2 A3 A10 B6 |
1 |
3 |
4 |
Análise de fontes documentais |
A2 A5 A7 A12 A14 B14 C4 |
2 |
6 |
8 |
Traballos tutelados |
A14 A13 A12 A11 A9 A8 A7 A6 A5 A4 A3 A2 A1 B3 B4 B5 B8 B14 C3 C1 C4 C6 C7 C8 |
5 |
24 |
29 |
Presentación oral |
A14 A9 B8 C3 C1 C4 |
2 |
8 |
10 |
Sesión maxistral |
A9 B1 B3 B4 B5 C6 C4 |
14 |
6 |
20 |
Aprendizaxe colaborativa |
A1 A7 A8 A9 A14 B1 B2 B8 C1 C9 C7 |
4 |
17 |
21 |
|
Atención personalizada |
|
8 |
0 |
8 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Antes de iniciar os temas do programa desenvolveranse actividades que permitan coñecer os saberes previos do alumnado respecto ás ciencias sociais, as competencias, intereses e motivacións que posúen para o logro dos obxectivos finais que queremos alcanzar nesta materia |
Análise de fontes documentais |
Realizaranse actividades para o coñecemento de fontes documentais de ampla diversidade que acheguen información acerca de contidos e, sobre todo, recursos didácticos en relación co ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais. |
Traballos tutelados |
A aprendizaxe de metodoloxías para a súa aplicación didáctica concretarase na elaboración dun estudo ou traballo acerca dalgunha das temáticas consideradas no ámbito das ciencias sociais. O alumnado seleccionará un tema, formulará os obxectivos, realizará unha xustificación, desenvolverá a metodoloxía idónea, resolverá o tema e/ou proposta e obterá as conclusións pertinentes. |
Presentación oral |
Os traballos de pequeno grupo serán obxecto de exposición na aula, xa que facilitan a adquisición das destrezas explicativas fundamentais para o desenvolvemento da profesión de mestres/as. |
Sesión maxistral |
As explicacións teóricas referiranse ós contidos básicos que forman a estructura de cada tema. A partir dos esquemas iniciais e co apoio de documentación específica, iranse desenvolvendo a parte teórica dos contidos conceptuais da materia mediante metodoloxía explicativa. |
Aprendizaxe colaborativa |
Actividades que promovan o traballo en pequenos grupos: intercambio de información, discusións, postas en común e toma de decisións. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
Traballos tutelados |
Aprendizaxe colaborativa |
Análise de fontes documentais |
Sesión maxistral |
|
Descrición |
Os traballos terán un seguimento personalizado para garantir o cumprimento dos obxectivos e prazos así como para resolver dúbidas. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Presentación oral |
A14 A9 B8 C3 C1 C4 |
Presentación dos traballos desenvolvidos na aula en pequenos grupos. |
20 |
Traballos tutelados |
A14 A13 A12 A11 A9 A8 A7 A6 A5 A4 A3 A2 A1 B3 B4 B5 B8 B14 C3 C1 C4 C6 C7 C8 |
Elaboración dun traballo en grupo acerca dalgunha das temáticas dentro do ámbito das ciencias sociais. O alumnado seleccionará un tema, formulará os obxectivos, realizará unha xustificación, desenvolverá a metodoloxía idónea, resolverá o tema e/ou proposta e obterá as conclusións pertinentes. |
40 |
Aprendizaxe colaborativa |
A1 A7 A8 A9 A14 B1 B2 B8 C1 C9 C7 |
Actividades que promovan o traballo en pequenos grupos: intercambio de información, discusións, postas en común, toma de decisións, comprensión do grupo como unha tarefa única. |
20 |
Análise de fontes documentais |
A2 A5 A7 A12 A14 B14 C4 |
Realización de análises e reflexións a partir de diversas fontes documentais. |
20 |
|
Observacións avaliación |
Na avaliación terase en conta a actitude, interese, participación e dedicación á materia, tanto na aula como fora da mesma. Aquel alumnado que non supere a avaliación continua a partir das metodoloxías presentes na materia terá que superar unha proba obxectiva.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Albert M.; Fuentes, C.; Gutiérrez, J. M.; Hernández Cardona, F. X; López Facal, R.; Miralles, P.; Molina, S.; Prats, J.; Rivero, P.; Santacana, J. (2011). Geografía y la historia. Investigación, innovación y buenas prácticas. Formación del profesorado. Educación secundaria, 8, Vol. 3. Barcelona: Editorial Graó. Batllori, R. y Casas, M. (2000). El conflicto y la diferenciación. Conceptos clave en la enseñanza de las ciencias sociales. Lleida: Editorial Milenio. García Pascual, F.; González Gallego, I.; López Facal, R.; Moradiellos, E.; Prats, J.; Prieto-Puga, R.; Valls, R. (2011). Geografía e historia. Complementos de formación disciplinar. Formación del profesorado. Educación secundaria, 8, Vol. 1. Barcelona: Editorial Graó. Grupo Ínsula Barataria (Coord.) Enseñar y aprender ciencias sociales. Algunas propuestas de modelos didácticos. Madrid: Mare Nostrum Ediciones Didácticas. Hernández, A. M. (Coord.) (2019). Estrategias y recursos didácticos para la enseñanza de las Ciencias Sociales. Madrid: Ediciones Pirámide. Prats, J.; Prieto-Puga, R.; Santacana, J.; Souto, X.; Trepat, C. A. (2011). Didáctica de la geografía y la historia. Formación del profesorado. Educación secundaria, 8, Vol. 2. Barcelona: Editorial Graó.
|
Bibliografía complementaria
|
|
Segundo avance o curso, iranse proporcionando outras referencias máis específicas para complementar o traballo en clase. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Trátase dunha materia que se realizará, principalmente, cunha metodoloxía de participación activa, na que a propia dinámica do curso irá sinalando os centros de interese do alumnado e, en base a estes, iranse concretando temáticas e actividades a realizar. É por isto polo que a asistencia e participación, en todas e cada unha das actividades desenvolvidas no contexto da materia, será fundamental. A entrega dos traballos realizarase telemáticamente, na plataforma correspondente, se non é posible, non deben empregarse plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Debe facerse un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural e ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos personais e profesionais. |
|