Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Traballo fin de Mestrado Código 652608807
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Letras
Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Cano López, Pablo
Correo electrónico
pablo.cano@udc.es
Profesorado
Cano López, Pablo
Fernandez Perez-Sanjulian, Carme
Ferreiro Fernandez, Manuel
Martinez Lopez, Maria Josefa
Muriano Rodríguez, María Montserrat
Pardo de Neyra Fernández-Couso, Xulio
Perez Pascual, Jose Ignacio
Sobrino Freire, Iria
Correo electrónico
pablo.cano@udc.es
carme.fernandez.perez-sanjulian@udc.es
manuel.ferreiro@udc.es
maria.josefa.martinez@udc.es
montserrat.muriano@udc.es
xulio.pardodeneyra@udc.es
jose.ignacio.perez.pascual@udc.es
iria.sobrino@udc.es
Web
Descrición xeral O TFM consistirá na realización dunha actividade académica que desenvolverá o conxunto de competencias abordadas neste mestrado. Debe ser realizado individualmente por cada alumno/a baixo a dirección dun/dunha profesor/a (director/a), e, como norma xeral, estará concibido para que o tempo total de dedicación do/a alumno/a sexa de 150 horas (6 ECTS). Neste traballo deben integrarse e desenvolverse os contidos formativos recibidos, así como as capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante o período do Mestrado, a saber: a capacidade para a procura, xestión, organización e interpretación de datos relevantes (da área de coñecemento correspondente), co obxecto de emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica, tecnolóxica ou ética, e facilitar o desenvolvemento dun pensamento e xuízo crítico, lóxico e creativo.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non hai modificacións.

2. Metodoloxías

*Metodoloxías docentes que se manteñen:
- Traballos tutelados
- Presentación oral

*Metodoloxías docentes que se modifican:

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
O contacto estabelecerase a través do correo electrónico e/ou das plataformas Teams e Moodle, segundo acorden o profesorado e o alumnado.

4. Modificacións na avaliación
Non hai modificacións.

*Observacións de avaliación:
No caso de que os tribunais non poidan actuar presencialmente, as defensas dos TFM faranse por vía telemática. As instrucións necesarias publicaranse, con antelación suficiente, na páxina web do Mestrado.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Preparación profesional avanzada, dirixida á especialización académica e profesional dos estudantes; é por iso que o TFM deberá estar orientado á avaliación das competencias profesionais, xerais e específicas asociadas á titulación. AP1
AP2
AP3
AP4
AP5
AP6
AP7
AP8
AP9
AP10
AP11
AP12
AP13
AP14
AP15
AP16
AP17
AP18
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8
Capacidade para indagar e producir coñecemento nun determinado campo. AP15
AP17
AP18
CM3
CM6
CM7
CM8
Capacidade para comunicar o coñecemento adquirido a unha audiencia. CM1
CM3

Contidos
Temas Subtemas
Prepararse profesionalmente, académicamente e profesionalmente. Desenvolver as competencias ó longo dos diferentes módulos formativos, relacionados directamente coa práctica docente da especialidade correspondente. Prepararse profesionalmente, académicamente e profesionalmente. Desenvolver as competencias ó longo dos diferentes módulos formativos, relacionados directamente coa práctica docente da especialidade correspondente.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A16 A15 A17 A18 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 1 136 137
Presentación oral C1 C2 C3 1 9 10
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados a) Estudos empíricos relacionados con calquera das liñas temáticas propias do Mestrado e enmarcados no ámbito das súas competencias.
b) Revisión e investigación bibliográfica centrada nalgún dos diferentes campos da titulación de Mestrado.
c) Análise de protocolos de actuación, unidades didácticas, proxectos socioeducativos ou calquera outro documento institucional, vinculadas a algún dos diferentes campos do Mestrado.
d) Deseño de unidades didácticas, proxectos educativos e socioeducativos de diversa índole, relacionados co Mestrado.

Evidentemente, cada alumno/a deberá escoller un tema que estea inscrito no marco da súa área de especialización, que vén dada no son polos seus estudos previos, senón tamén, e sobre todo, polo itinerario no que estea matriculado/a.
Presentación oral SOLICITUDE DE DEFENSA: Unha vez finalizado o proceso de elaboración do TFM e obtido o informe favorable do director/a, o/a alumno/a terá que presentar, no prazo e lugar establecido polo centro, 3 copias en papel e unha en formato dixital, así como un impreso para solicitar a avaliación do traballo.

DEFENSA: Unha vez que se faga pública a convocatoria do tribunal, o/a alumno/a debe presentarse á hora indicada e agardar a ser chamado polo/a docente que ocupe o cargo de secretario/a. Para que se poida dar comezo á defensa, terá que presentar un documento identificativo (DNI ou pasaporte) e calesquera outros documentos se declaren preceptivos. O acto, que será público, iniciarase cunha exposición do/a alumno/a, que durará un máximo de 20 minutos e na que se poderá facer uso de material audiovisual complementario. A continuación, os/as integrantes do tribunal disporán de 15 minutos —en conxunto— para faceren as preguntas que estimen oportunas e debater co/a alumno/a.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Traballos tutelados
Descrición
O/a coordinador/a do Mestrado fará pública a relación de TFM recibidos e as datas para a súa defensa.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Presentación oral C1 C2 C3 Presentación e defensa
• Calidade dos medios e/ou materiais de apoio, no caso de que se empreguen.
• Coherencia e claridade de ideas na exposición.
• Boa competencia lingüística oral.
• Capacidade de síntese
• Habilidade para responder na discusión.

No caso do itinerario de Arte, na avaliación consideraranse, ademais, aspectos que teñen que ver coa tipoloxía do TFM-proceso.
15
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A16 A15 A17 A18 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Cuestións formais (5%)
• Claridade de ideas, de exposición e de organización da información.
• Relación e coherencia entre as partes do TFM.
• Boa calidade lingüística do discurso.

Fundamentación teórica (30%)
• Suficiencia e profundidade do marco teórico, de xeito que se demostre coñecemento suficiente da bibliografía relevante e do consenso científico vixente verbo do tema en cuestión.
• Creatividade e orixinalidade na presentación da temática, na súa abordaxe ou no seu tratamento.
• Referencia aos contidos traballados no Mestrado.
• Documentación de apoio actualizada e referencias bibliográficas citadas conforme ás normas propias dos traballos científicos e profesionais.

Desenvolvemento do TFM (35%)
• Nivel de concreción do TFM (obxectivos, metodoloxía, secuenciación, actividades, sistema de avaliación...).
• Viabilidade da proposta atendendo a súa contextualización.
• Adecuación ao marco lexislativo e curricular.
• Existencia e adecuación de criterios de avaliación da proposta.

Valoración persoal e conclusións do TFM (15%)
As conclusións do traballo deberán ter unha extensión de entre cinco e oito páxinas. Na súa avaliación teranse en conta os seguintes criterios:
• Relación das conclusións cos obxectivos do TFM.
• Grao de integración dos coñecementos conseguidos nas distintas materias cursadas no Mestrado.
• Grao de desenvolvemento das competencias profesionais.
85
 
Observacións avaliación
- O alumnado disporá dunha convocatoria con dúas oportunidades de avaliación ou defensa pública do TFM: unha ordinaria e outra extraordinaria.

- O/a coordinador/a do Mestrado designará os/as integrantes dos tribunais que avaliarán os TFM, fixará as súas datas e horas de actuación e determinará que alumnos/as deberán comparecer perante cada un deles.

- Os tribunais estarán constituídos por tres membros titulares; ademais, de ser posible, asignarase unha parella de suplentes. O/a director/a dun TFM non poderá formar parte da comisión que o vai avaliar, agás que a escaseza de recursos humanos o faga indispensable.

- Finalizadas as defensas de todos os TFM da súa competencia, o tribunal deliberará e, logo de resolver, publicará as cualificacións provisionais no taboleiro informativo do Mestrado. As cualificacións provisionais serán a media das outorgadas individualmente polos/as integrantes do tribunal, e poderán moverse nas seguintes marxes:
  • Non presentado.
  • Suspenso, de 1 a 4,9.
  • Aprobado, de 5 a 6,9
  • Notable, de 7 a 8,9
  • Sobresaliente, de 9 a 10. A Matrícula de Honra poderá outogarse a calquera traballo cualificado con Sobresaliente, sempre e cando haxa acordo unánime do tribunal.

Fontes de información
Bibliografía básica
As propostas pola dirección académica do Traballo de Fin de Mestrado.
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías