Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Adquirir os coñecementos fundamentais e necesarios para a comprensión do medio social e cultural e a metodoloxía propia das ciencias sociais para aplicala ao coñecemento do medio social e cultural. |
A36 A37
|
B3 B10 B11
|
C1 C6 C7
|
Desenvolver a capacidade de análise e síntese, de esquematización e discernir o prioritario do secundario. Desenvolver o pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo. |
A26
|
B1 B3 B10 B12 B17
|
|
Desenvolver estratexias de traballo autónomo e en grupo a fin de potenciar a planificación, organización, a discusión, o diálogo e a negociación na fundamentación do ensino. Presentación de propostas de materiais didácticos, actividades, proxectos unidades didácticas e análises de experiencias. Desenvolver a capacidade para presentar, defender e debater ideas con argumentación sólida. |
A24 A26 A29 A33 A36 A39 A66
|
B1 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B11 B12 B17 B18 B22
|
C1
|
Adquirir a capacidade de transferir os coñecementos teóricos e prácticos da materia aos contextos das aulas de infantil con programacións e proxectos no marco da lexislación. |
A1 A5 A62
|
B8 B10 B12 B15
|
|
Promover o interese, o coñecemento e o respecto polo medio social e cultural propio, valorando o entorno inmediato. Promover o interese, o coñecemento e o respecto por sociedades e culturas diferentes. |
A37 A40
|
B6 B20 B24
|
C4 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Unidade 1: Introdución. |
- Conceptos e interpretacións. Medio social e cultural e a relación coas ciencias sociais.
- Dimensión didáctica das ciencias sociais.
- A transversalidade da área de coñecemento do contorno no curriculum. |
Unidade 2: Fundamentos da didáctica do medio social e cultural.
|
- Traballando coas emocións e a imaxinación.
- A aprendizaxe lúdica.
- As saídas escolares e outras estratexias na didáctica do medio.
- O traballo por proxectos.
|
Unidade 3: As coordenadas espazo e tempo e a formación do pensamento social |
- A comprensión do espazo e do tempo: percepción e conceptualización. O contorno sociocultural nas coordenadas espazo-temporais. A vida en sociedade
- O ensino-aprendizaxe do espazo e do tempo. Pensar e expresar o espazo e a idea de tempo. A representación.
|
Unidade 4: Recursos e materiais didácticos sobre o medio social e cultural |
- Recursos e soportes. Recursos da aula e do centro escolar. Recursos externos.
- Os materiais didácticos: funcións, clasificación, contexto. O deseño de actividades.
|
Unidade 5: Temas formativos para o coñecemento do medio social e cultural |
- O contorno inmediato e o potencial educativo. Elaboración de propostas para a didáctica.
- Patrimonio material e inmaterial, Concepto e potencialidades. Didáctica do patrimonio. Propostas didácticas para o ensino-aprendizaxe.
- Introdución ao coñecemento do medio social e cultural de Galicia. Patrimonio cultural de Galicia. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
B1 |
1 |
0 |
1 |
Análise de fontes documentais |
A24 B11 |
2 |
10 |
12 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
B8 B18 B22 |
2 |
12 |
14 |
Presentación oral |
B17 C1 |
6 |
14 |
20 |
Saídas de campo |
A40 A66 B6 |
2 |
12 |
14 |
Seminario |
A33 A36 A39 A62 B1 B3 B4 B7 B8 B9 B12 B18 C6 C8 |
3 |
30 |
33 |
Aprendizaxe colaborativa |
A29 B5 |
3 |
15 |
18 |
Sesión maxistral |
A1 A5 A37 A40 B15 B20 B24 C4 C7 |
21 |
8 |
29 |
Proba obxectiva |
A26 A37 B10 B17 C1 |
2 |
5 |
7 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Os bloques temáticos iniciaranse con exposicións de ideas que permitan aproximarse aos coñecementos previos do alumnado e á súa motivación e interese polo tema para acadar os obxectivos en cada un e no conxunto da materia.
|
Análise de fontes documentais |
Ao longo do curso, o alumnado terá ocasión de coñecer e manexar diversas fontes de información e documentación: orais, escritas, gráficas, iconográficas, epigráficas... así como artigos en revistas, libros, audiovisuais, páxinas web, etcétera.
O traballo coas fontes servirá para a adquisición de coñecementos sobre das mesmas e para o seu recoñecemento e utilización como recursos didácticos.
|
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Asistencia e participación a un evento formativo que poderá ser en calquera modalidade de interese: conferencia, proxección, representación, exposición, etcétera e sen descartar o formato on-line dado o contexto sanitaria provocado pola COVID-19. As alumnas e alumnos realizarán unha reflexión acerca da actividade. |
Presentación oral |
Os traballos de propostas de accións didácticas que se desenvolvan, serán obxecto de exposicións na aula por parte de todos os membros de cada pequeno grupo diante do grupo completo.
Estas exposicións serán realizadas tanto ao presentar os traballos finalizados como durante a elaboración dos mesmos, algúns deles "in situ" en relación coas saídas de campo.
Promoverase o intercambio de ideas, análise do exposto e suxestións para conseguir o debate construtivo acerca das propostas ou traballos presentados por cada pequeno grupo.
|
Saídas de campo |
Constitúen unha parte moi importante no desenvolvemento da materia e serán saídas programadas a contextos educativos e a contextos do contorno inmediato.
Realizaranse diferentes tipos de saídas a fin de que o alumnado teña un coñecemento dobre: os tipos de saídas e o propio medio ou contorno inmediato.
O alumnado desenvolverá capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a experimentación, a recollida de información e a realización de propostas didácticas.
Preténdese a inmersión no medio para a súa comprensión integral. |
Seminario |
Realización de proxectos ou propostas de acción didáctica, formulado dende o prisma dos seminarios e a súa técnica de discusión, participación, elaboración de documentos e conclusións. Organización en pequenos grupos para traballar conxuntamente en propostas didácticas relacionadas, principalmente, coas saídas de campo e con temas que xurdan da dinámica da propia materia e do grupo e temas propostos pola profesora.
Os traballos en pequenos grupos serán presentados e debatidos no gran grupo conxuntamente. |
Aprendizaxe colaborativa |
Traballo conxunto en pequenos grupos. |
Sesión maxistral |
As explicacións teóricas referiranse aos contidos básicos que forman a estrutura de cada tema. Realizaranse co apoio de documentación específica e medios audiovisuais e estará directamente relacionada coas metodoloxías utilizadas na docencia interactiva. Dado o contexto sanitario xerado pola COVID-19, e o elevado número de alumnado matriculado nesta materia, as aulas maxistrais serán en formato on-line (preferentemente en diferido, é dicir, gravadas; indicándose a través de Moodle a ligazón de acceso, semanalmente). |
Proba obxectiva |
Ao finalizar o curso realizarase unha proba obxectiva para avaliar os coñecementos do estudantado. |
Atención personalizada |
|
Descrición |
O alumnado recibirá atención personalizada que o oriente na metodoloxía para a realización dos seminarios, así como no seguimento destes. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Seminario |
A33 A36 A39 A62 B1 B3 B4 B7 B8 B9 B12 B18 C6 C8 |
Os traballos de seminario na aula serán grupais. Serán avaliados, principalmente, segundo criterios de planificación, corrección nos contidos, idoneidade para o nivel ou ciclo que se deseñen e creatividade nas propostas didácticas. Así mesmo, procederase a traballar a partir de conferencias e/ou eventos científicos (seguidos presencialmente ou en formato on-line). |
40 |
Análise de fontes documentais |
A24 B11 |
Ao longo do cuadrimestre traballaranse diversas fontes documentais, que serán analizadas polo estudantado e avaliadas. |
20 |
Proba obxectiva |
A26 A37 B10 B17 C1 |
Ao finalizar o curso realizarase unha proba obxectiva para avaliar os coñecementos do estudantado traballados durante o cuadrimestre. |
40 |
|
Observacións avaliación |
Na avaliación terase en conta a asistencia e a participación activa na aula, sempre e cando o permita o contexto xerado pola COVID-19.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Rodríguez Lestegás, F. (1995). Didáctica das Ciencias Sociais na Educación Infantil.. Vigo: Ed. Ir Indo.
Feliu Torruella, M. y L. Jiménez Torregrosa (coords.) (2015). Ciencias sociales y educación infantil (3-6). Barcelona: Graó
Coma Quintana, L., Santacana i Mestre, J. (2010). Ciudad educadora y patrimonio. Cookbook of heritage.. Gijón: Nigra
Prats, J. y Santacana, J. (2009). Ciudad, educación y valores patrimoniales. La ciudad educadora, un espacio para aprender a ser ciudadanos.. Íber, 59, pp. 8-21
Cooper, H. (2002). Didáctica de la historia en la educación infantil y primaria. . Madrid: Morata.
Aranda Hernando, A.M. (2016). Didáctica de las ciencias sociales en educación infantil.. Madrid: Síntesis
Rivero Gracia, P. (coord.) (2011). Didáctica de las ciencias sociales para Educación Infantil.. Zaragoza: Mira Editores
Pérez, E.M., Baeza, M.C., Miralles, P. (2008). El rincón de los tiempos. Un palacio en el aula de Educación Infantil.. Revista Iberoamericana de Educación, 48:1-10.
Egan, K. (1991). La comprensión de la realidad en la educación infantil y primaria. . Madrid: Morata.
Cuenca, J.M. (2008). La enseñanza y aprendizaje de las ciencias sociales en Educación Infantil.. Jaén: Universidad de Jaén.
Miralles, P., S. Molina y A. Santisteban (eds.) (2011). La evaluación en el proceso de enseñanza y aprendizaje de las ciencias sociales. . Murcia: A.U.P.D.C.S.
Casanova Alfonsea, E., Arias Ferrer, L., Egea Vivancos, A. (2018). La metodología por proyectos como oportunidad para la introducción de la historia y el patrimonio en las aulas de Educación Infantil.. Murcia: Contextos Educativos, 22
Benejam, P. et al. (2002). Las ciencias sociales: concepciones y procedimientos.. Barcelona: Graó.
Escamilla, A. (2009). Las competencias básicas en la programación de aula: infantil y primaria (3-12 años).. Barcelona: Graó. |
A bibliografía básica e as páxinas web iranse ampliando conforme se vaia tratando a materia. Páxinas web: https://vtshome.org/ http://innovarteinfantil.wordpress.com http://clio.rediris.es www.edu.xunta.es www.educahistoria.com www.aaviladonga.es www.atapuerca.com www.educabarrie.org www.museobelasartes.coruna.es www.educoruna.gal |
Bibliografía complementaria
|
Mariño Ferro, X.R. (2000). Antropoloxía de Galicia.. Vigo: Xerais.
Bas, B. (2012). Experiencia sobre a utilización do entorno cultural como recurso didáctico na formación do profesorado de Educación Infantil.. Universidade de Vigo: Xornada de Innovación Educativa 2012.
AA.VV. (1991-2008). Galicia. Proxecto Hércules.. A Coruña: Hércules de edicións
Bas, B. (2011). Imaxes do patrimonio cultural para traballar as competencia básicas.. A Coruña: XI Congreso Internacional Galego-Portugués de Psicopedagoxía.
Coma. L. (2009). La evaluación de las actividades patrimoniales.. Íber, 59-22-37. |
A bibliografía complementaria irase ampliando conforme se vaian tratando e traballando os temas e actividades. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Medio histórico e xeográfico de Galicia e a súa didáctica/652G01029 |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Os traballos asociados aos seminarios entregaranse, cando fosen requeridos, en presentación Power Point, e non impresos, a fin de colaborar cunha Facultade/Universidade respectuosa co medio ambiente e sostíbel. Poderanse entregar materiais didácticos elaborados complementarmente, en caso de se estimar oportuno. |
|