Identifying Data | 2020/21 | ||||||
Subject (*) | Social Psychology | Code | 652G03004 | ||||
Study programme |
|
||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | ||
Graduate | 1st four-month period |
First | Basic training | 6 | |||
Language |
|
||||||
Teaching method | Hybrid | ||||||
Prerequisites | |||||||
Department | Psicoloxía |
||||||
Coordinador |
|
|
|||||
Lecturers |
|
|
|||||
Web | http://http://www.people-environment-udc.org/en/integrantes/ricardo-garcia-mira/ | ||||||
General description |
O curso de Psicoloxía social ten unha importancia evidente de cara a que o alumno desenvolva habilidades importantes do seu proceso de formación. O seu valor é moi significativo para o futuro educador social, a fin de comprender e actuar sobre o proceso de aprendizaxe, é dicir, concentrándose no sentido dunha Psicoloxía Social da Educación, e en particular da Educación Social. É por iso que, dentro dos chamados procesos psicosociais básicos, se faga gran énfase na chamada Psicoloxía Social Cognitiva, dado o seu interese e importancia dentro da tendencia actual da disciplina e as relacións cos campos descritos. Resumidamente, polo tanto, preténdense acadar os seguintes obxectivos: - Coñecementos básicos de Psicoloxía Social. - Desenvolvemento de estratexias de busca e valoración de materiais psicosociais que en cada caso sexan do futuro interese do alumnado. - Socialización do alumnado na terminoloxía, forma de conceptualizar a realidade, e metodoloxía da Psicoloxía Social. |
||||||
Contingency plan |
1. MODIFICACIÓN NOS CONTIDOS - Non hai modificación. 2. METODOLOXÍAS Metodoloxías docentes que se manteñen: – Sesión maxistral – Discusión dirixida(computa na avaliación) – Traballos tutelados (con Atención persoalizada)(computa na avaliación) – Atención persoalizada Metodoloxías docentes que se modifican: - Proba mixta (non se realizará, xa que a avaliacións deste coñecementos se incorpora a metodoloxía dos “Traballos tutelados”) 3. MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSOALIZADA AO ALUMNADO -Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. –Teams: Unha sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Unha sesións semanal (ou mais se fora preciso, en pequeno grupo, para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 4. MODIFICACIÓNS NA AVALIACIÓN Traballos tutelados (100%): En relación cos traballos tutelados valorarase: – A adecuación metodolóxica das propostas de traballo. – A profundidade do contido. – O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar. – A utilización de fontes documentais complementarias e actuais. – A presentación e a claridade da exposición. *OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: - As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial. SITUACIÓNS A. Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: - Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%). B. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "Norma que regula o Réxime de Dedicación ao Estudio dos Estuadiantes de Grao na UDC": Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: - Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%). 2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: A. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. B. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados). C. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. D. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. 5. MODIFICACIÓS DA BIBLIOGRAFÍA OU WEBGRAFÍA Non se realizarán cambios. |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation. |