Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Técnicas de recollida e análise da información Código 652G03026
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Arias Rodriguez, Maria Alicia
Correo electrónico
alicia.arias.rodriguez@udc.es
Profesorado
Arias Rodriguez, Maria Alicia
Losada Puente, Luisa
Correo electrónico
alicia.arias.rodriguez@udc.es
luisa.losada@udc.es
Web http://https://www.udc.es/es/centros_departamentos_servizos/departamentos/departamento/?codigo=D162
Descrición xeral A realidade socio-educativa do/da educador/a social é complexa, diversa e difícil de analizar, describir e interpretar. Por iso, é necesario que ao longo da súa formación académica, adquira unha serie de competencias que lle permitan desenvolver a súa posterior actividade profesional. Por tal circunstancia, a aprendizaxe e aplicación de diversas metodoloxías de investigación, que se planifican nesta materia, permitirá nun futuro ao/a educador/a social seleccionar a máis adecuada para solucionar os problemas que se atopará no seu próximo ámbito laboral, sen esquecer que o/a educador/a social dentro do seu ámbito laboral terá que investigar para poder achegar posibles solucións que melloren o contexto no que se desenvolva a súa actividade laboral. A diversidade de concepcións epistemolóxicas aplicables ás distintas situacións sociais será fonte de información para o/a investigador/a social, permitíndolle determinar cal é a máis adecuada para solucionar o problema ao que se enfronta. Non se pretende establecer unha prelación ou unha orde de importancia entre os variados modos de investigación, senón que é o problema de investigación o que determinará a elección dunha metodoloxía ou outra, facendo dela a máis válida para este tipo de problema. Todo isto non ten sentido se non nos preguntamos e respondemos á pregunta: que queremos conseguir?. Son moitos os instrumentos que podemos utilizar para obter datos e, por iso, é necesario ter coñecemento do amplo abano de posibilidades. Un/ha bo/boa profesional será aquel/a que saiba optar, en cada circunstancia, polas técnicas e instrumentos que mellor se adapten á situación. É necesario afondar no coñecemento e no dominio das distintas ferramentas que temos á nosa disposición. Así, nesta materia iranse analizando as principais técnicas e instrumentos que poden ser aplicadas ao ámbito socioeducativo, indicando as súas características fundamentais, as vantaxes e inconvenientes que presentan e as circunstancias ou momentos máis adecuados para poñelas en práctica.
Plan de continxencia Plan de continxencia (adaptado de addenda Covid19):

1. Modificacións nos contidos: non se realizarán cambios

2. Metodoloxías

Metodoloxías docentes que se manteñen:
–Sesión maxistral
– Prácticas a través de TIC
– Estudo de casos
– Solución de problemas
– Análises de fontes documentais
– Obradoiro
– Aprendizaxe colaborativa
– Proba Mixta
– Atención personalizada

Metodoloxías docentes que se modifican: non se realizarán cambios


3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:

–Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica”, a través das cales se poñen en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams:
A) sesión semanal en gran grupo interactivo (como nas clases interactivas) para o avance dos contidos e das fichas e probas de coñecemento na franxa horaria que ten asignada a materia non calendario de clases aprobado en Xunta de Facultade.
B) De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas) para ou seguimento e apoio na realización das fichas guiadas. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades de aprendizaxe do alumando para desenvolver a materia.


4. Modificacións na avaliación: non se realizarán cambios

Observacións:

a) A presencialidade dos/as estudantes só controlarase nas clases interactivas da materia a través da realización das probas de coñecemento que se farán ao final de cada sesión. Os/as estudantes serán considerados presenciais sempre que asistan ás clase interactivas; soamente poden faltar tres veces (sen xustificante), pero nunca máis de dúas veces en cada una das partes da materia (parte técnicas e parte análise). Os/as estudantes poden presentar xustificantes, por faltar a clase, sempre que sexan médicos, de traballo, de hospitalización, etc. pero deben ser homologados (non poden ser, por exemplo, a solicitude dunha cita médica, etc.). O recurso principal que se empregará para o control da asistencia do alumno será o Moodle, onde se realizarán as probas de coñecemento.

b) Os/as estudantes non presenciais poden seguir a materia por Moodle, se ben non poderán participar nas probas de coñecemento nin serán convocados por TEAMS para as clases interactivas. Considerarase alumnado non presencial aquel que, dada unha nova situación de confinamento, ate ese momento tivera elixido esa opción (no primeiro día de clase) ou ben tiverá superado xa as tres faltas de asistencia en total (ou nalgunha das partes da materia); nesta última opción as/os estudantes pasarían automáticamente a esta modalidade. Manterase a avaliación deste alumnado tal e como se recolle na Guía Docente, no apartado específico de "observacións".

c) A avaliación será totalmente a través de Moodle, coas diferenzas presentadas na guía docente entre estudantes presenciais ou non presenciais.

d) As clases expositivas continuarán baixo a modalidade non presencial. Preséntase cunha semana de antelación ao estudantado en Moodle (as clases expositivas serán os luns de 9 a 10:30) un Power Point coa voz gravada da explicación ou ben a través dun vídeo de stream (a ligazón aparecerá en Moodle).

e) As clases interactivas mudará á modalidade non presencial, mantendo o formato de grupos de traballo que se especificaran na modalidade híbrida. Os grupos de traballo crearanse por TEAMS, que será o medio a través do cal se fará o seguimento das fichas e da proba de coñecemento por parte das profesoras (estas clases serán sempre no horario aprobado pola Xunta de Facultade).

f) A avaliación da materia será, en todas as posibles modalidades, virtual (debido a circunstancias sanitarias) e manterase a misma ponderación das calificaciones, con independencia da modalidade docente. Será da seguinte forma: a proba mixta realizarase por Moodle (na data e hora aprobada pola Xunta de Facultade para o exame da convocatoria de xaneiro ou xullo); as probas de coñecemento serán dentro de cada clase interactiva (neste caso, ao final da clase interactiva por TEAMS). As probas non se habilitará ata que comecen as clases interactivas cada grupo interactivo (cada grupo interactivo terá unha proba de coñecemento diferente); as fichas que se fagan serán presentadas en dous documentos e serán colgados en Moodle na data establecida polas profesoras o primeiro día da clase. Cabe lembrar que a/o estudante presencial debe presentarse a cada unha das formas de avaliar para superar a materia, e dicir, debe facer a proba mixta e as probas de coñecemento (a cualificación destas probas está condicionado sempre á entrega dos documentos das prácticas en Moodle). Os estudantes non presenciais terán que realizar a proba mixta unicamente (ver o apartado de avaliación da guía docente).

g) As titorías da materia serán individuais e virtuais. O alumnado deberá solicitar hora ao profesorado vía correo electrónico. MOI IMPORTANTE, AS TUTORIAS SEMPRE SERÁN DENTRO DO HORARIO PRESENTADO POLO PROFESORADO QUE IMPARTE A MATERIA.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.


Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer as principais técnicas de recollida da información nos procesos de intervención socioeducativa. A5
A6
A7
A8
A11
A13
A14
A21
B1
B4
C1
C4
C6
Deseñar instrumentos de recollida de información de procesos de intervención socioeducativo aplicando diferentes técnicas. A5
A6
A13
A21
B1
B2
C1
C4
C6
Planificar recollidas e análises da información de procesos de intervención socioeducativos. A5
A6
A13
A19
A21
B1
B2
C6
C8
Realizar a recollida da información pertinente dun proceso de intervención socioeducativo B1
B2
B5
B6
C1
C6
Coñecer as principais técnicas de análise da información nos procesos de intervención socioeducativos A6
A13
B1
C3
C6
C8
Analizar a información recollida nos procesos de intervención socioeducativos, empregando as técnicas de análise adecuadas. A5
A6
A13
A19
B1
B2
C3

Contidos
Temas Subtemas

Tema I. INTRODUCCIÓN
1. Determinación conceptual
2. Selección da mostra
2.1. Selección da mostra no enfoque cuantitativo
2.2. Selección da mostra no enfoque cualitativo
Tema II. TÉCNICAS DE RECOLLIDA DA INFORMACIÓN 1. Instrumentos de recollida da información cuantitativos
1.1. Escalas
1.2. Cuestionario
2. Instrumentos de recollida da información cualitativos
2.1. Observación
2.2. Entrevistas e Historias de Vida
2.3. Grupos de discusión
Tema III. TÉCNICAS DE ANÁLISE DA INFORMACIÓN 1. Análise cualitativo (mapas conceptuais, fiabilidade e validez)
2. Análise cuantitativo
2.1 Fiabilidade e Validez
2.2. Análise de datos categóricos ou nominales.
2.3 Análise de datos ordinais
2.4. Análise de datos métricos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A5 A7 A14 B1 C4 C6 C8 10 10 20
Prácticas a través de TIC A6 C3 10 10 20
Estudo de casos A6 A13 A21 C1 8 16 24
Solución de problemas A19 B2 C1 8 16 24
Análise de fontes documentais B1 0 9 9
Obradoiro B5 B6 C1 3 12 15
Aprendizaxe colaborativa A6 A8 A11 A13 A19 A21 B1 B2 B4 C1 C3 2 12 14
Proba mixta A5 A6 A13 A19 A21 B1 B2 B5 B6 C1 C3 C4 C6 C8 2 12 14
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clase impartidas polas profesoras, nas clases expositivas, sobre os contidos xa citados no apartado de “contidos” desta guía docente. Esta metodoloxía utiliza exclusivamente a palabra e a vista como vía de transmisión da información a todo o grupo.

As clases expositivas, durante este curso académico 2020-2021, non serán presenciais, debido o número de estudantes matriculados na materia. Por tanto, preséntase cunha semana de antelación ao estudantado en Moodle (as clases expositivas serán de 9 a 10:30) o material en Power Point con la grabación de su voz (a través de Moodle y Stream) para el seguimiento de la exposición. En este material, el alumnado tendrá referencias bibliográficas para consultar o, también, para completar o seguir la exposición de las profesoras.
Prácticas a través de TIC Esta metodoloxía empregarase para dous tipos de actividades:
a) Realización de probas online de cada contido teórico abordado nas sesións expositivas. Levarase a cabo un test ao final de cada sesión interactiva, onde o alumnado poderá poñer a proba as aprendizaxes adquiridas nas sesións teóricas e aplicadas nas sesións interactivas. Estas probas formarán parte da avaliación final da materia.
b) Análise da información informatizada. Emprego de programas informáticos tanto cuantitativos como cualitativos tanto para o deseño do instrumento como recollida e análise da información. O desenvolvemento desta actividade de análise será complementario á metodoloxía de solución de problemas.
Esta metodoloxía forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social"
Estudo de casos Esta metodoloxía empregarase para a realización das prácticas correspondentes aos temas 1 e 2 dos contidos da materia. Presentarase ao alumnado un caso práctico por grupo e deberán aplicar os coñecementos teóricos adquiridos nas sesións expositivas á resolución do caso. O alumnado disporá das clases interactivas para realizar as actividades encomendadas e terá que incorporalas todas xuntas nun documento (que constituirá a metodoloxía do Obradoiro) único que denominará “Técnicas de Recollida da Información”, e que será entregado na data estipulada polas docentes.
Esta metodoloxía forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social"
Solución de problemas Esta metodoloxía utilízase unicamente para o tema 3 dos contidos da materia. O alumnado disporá das clases interactivas para realizar as actividades encomendadas y terá que incorporalas todas xuntas nun documento único (que constituirá a metodoloxía do Obradoiro), que denominará “Técnicas de Análise da Información” que será entregado na data estipulada polas docentes.
Esta metodoloxía forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social"
Análise de fontes documentais Metodoloxía que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (artigos, textos educativos, bases de datos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise destes. Esta metodoloxía pódese empregar: como introdución a un tema, como instrumento de aplicación, para explicar procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. Esta metodoloxía forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social"
Obradoiro Esta metodoloxía está destinada unicamente aos contidos da materia do tema 2 e o tema 3. Coa mesma, inténtase que o alumnado combine outras metodoloxías como, por exemplo, estudo de casos e solucións de problemas, prácticas a través de TIC, etc. Pero tendo presente que con ela o alumnado desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión do profesorado. Todo isto só se levará a cabo cando se explique ditos temas. As profesoras presentaran ao alumnado os apuntes deste tema (a través de moodle); nas clases expositivas explicará con solucións de problemas ditos apuntes; nas clases interactivas a profesora presentará fichas guiadas (practicas guiadas) para que o/a alumno/a as leve a cabo. PARA TODO ISTO O ALUMNADO/A DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS. Para a entrega desta metodoloxía as profesoras planificarán unha data de entrega en moodle
Esta metodoloxía forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social"
Aprendizaxe colaborativa Esta metodoloxía combínase con outras metodoloxías como obradoiro, análise de fontes documentais, esquemas, lecturas, mapas conceptuais, solución de problemas, etc. Todos estes procedementos serán guiados de FORMA PRESENCIAL (ou virtual, a través da plataforma TEAMS) e/ou apoiados con tecnoloxías da información e da comunicación. Para a súa realización configúranse grupos pequenos (non máis de 5-6 persoas). E lévanse a cabo durante todas ás clases interactivas da materia.
Esta metodoloxía forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social"
Proba mixta Proba utilizada para a avaliación das aprendizaxes tanto das clases expositivas como interactivas. Conta de dúas partes:

a) Parte técnicas: será o que o/a profesor/a presenta nas clases expositivas. Serán os temas 1 e 2 dos contidos da guía docente.

b) Parte análise: será unicamente o que o/a profesor/a expón e traballe co alumnado no tema 3 do apartado contido desta materia.

As preguntas destas partes poden ser directas ou afirmacións incompletas, mesmo preguntas con varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións. Pero só unha e a máis correcta. NESTA PROBA AS RESPOSTAS INCORRECTAS RESTARÁN ÁS CORRECTAS. A materia supérase cando se supera todas as partes e nunca se gardará algunha das partes para outras convocatorias.


Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Prácticas a través de TIC
Proba mixta
Estudo de casos
Sesión maxistral
Obradoiro
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
Na atención personalizada o profesorado resolverá as dúbidas que teña o/a alumno/a sobre os diferentes temas a traballar na materia. Pero ademais calquera dúbida que poida xurdir para a solución de problemas, nas lecturas, no obradorio, na aprendizaxe colaboradora, a análise de fontes documentais como no estudo de casos e prácticas a través de TIC. Durante estas sesións, realizarase un seguimento do traballo do estudantado, supervisando e orientando mais directamente o proceso a seguir en cada unha das actividades realizadas.

Esta atención personalizada realizarase no despacho do profesorado (P1A15 e P1A19) no horario de titorías. Este horario está colgado no taboleiro que está no despacho das profesoras, na páxina web do departamento como na Facultade de Ciencias da Educación.

A ATENCIÓN PERSONALIZADA REALIZARASE CARA A CARA ENTRE O ESTUDANTADO E PROFESOR. ESTA ATENCIÓN TEN QUE SER INDIVIDUAL (PARA CUMPRIR ASÍ AS RECOMENDACIÓNS ORIXINADAS POLO COVID-19). PODEN SER GRUPAIS PERO A TRAVÉS DE TEAMS (estas para o estudantado presencial)
PARA PODER ORGANIZAR DITA ATENCIÓN. O ESTUDANTADO DEBE COMUNICARSE PRIMEIRAMENTE COA PROFESORA VÍA CORREO ELECTRÓNICO (NESE CORREO SOLICITARÁ UNHA TUTORIA INDIVIDUAL OU GRUPAL). LEMBRADE QUE AS PROFESORAS SON AS QUE MARCARÁN O HORARIO DE DITA TUTORIA. SE O ESTUDANTADO NON ENVÍA ESE CORREO ELECTRÓNICO, AS PROFESORAS NON O ATENDENRÁN BAIXO NINGUNHA CURCUNSTANCIA.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas A19 B2 C1 Esta tarefa está destinada a un único contido da materia (Tema 3). Coa mesma inténtase que o alumnado combine outras metodoloxías como por exemplo, solucións de problemas, prácticas guiadas (fichas guiadas), etc. Pero tendo presente que con ela o/a alumno/a desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión do profesorado. Todo isto so se levará a cabo cando se explique o tema 3. O/a profesor/a presentará ao alumnado os apuntes deste tema (a través de moodle); nas clases expositivas explicará con solucións de problemas ditos apuntes; nas clases interactivas o/a profesor/a presentará prácticas guiadas para que o alumno/a as realice PARA TODO ESTO O/A ALUMNADO/A DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS.
O/a alumnado deberá realizar todas as prácticas propostas e incorporalas nun documento único, a modo de dossier, que entregará ao docente no prazo establecido, baixo o nome de “Técnicas de análise da información” (que será a metodoloxía Obradoiro).
O/a profesor/a antes de finalizar o período lectivo realizará un simulacro de dita proba, no horario de clase da materia. As preguntas dese simulacro estarán a disposición do alumnado matriculado nesta materia en moodle. A asistencia a este simulacro non é obrigatoria
20
Prácticas a través de TIC A6 C3 Esta metodoloxía será empregada unicamente para avaliar os progresos do alumnado na comprensión dos contidos teóricos da materia (clases expositivas).
Realizaranse breves tests de coñecemento (do desenvolvido durante a sesión expositiva e interactiva correspondentes). Empregaranse os 30 últimos minutos das clases interactivas (o estudantado deberá conectarse por moodle para realizar estas avaliacións). IMPRESCINDIBLE QUE CADA ESTUDANTE TRAIGA NAS CLASES INTERACTIVAS O SEU ORDENADOR E TODO O MATERIAL QUE PRECISE PARA REALIZAR ESAS PRÁCTICAS.
20
Proba mixta A5 A6 A13 A19 A21 B1 B2 B5 B6 C1 C3 C4 C6 C8 O exame da convocatorias de xaneiro ou xullo é o que fai referencia a avaliación desta metodoloxía e consta de dúas partes:
1-Parte TÉCNICAS constará dun número de ítem de resposta aberta, ou de resposta breve ou de verdadeiro e falso pero xustificando (o tipo de preguntas o determinará o profesoado). Unha pregunta cunha resposta incorrecta resta unha pregunta cunha resposta correcta. Esta parte apróbase cando se alcanza unha puntuación de 10 sobre 20 puntos que é a puntuación máxima que se alcanza aquí (non se garda nota de ningunha parte, en ningunha convocatoria, se se suspende).
2-Parte ANÁLISIS. Esta parte consta de varios problemas estatísticos ou preguntas de respostas breves ou preguntas de verdadeiro e falso (o profesorado será o que decida o tipo de preguntas). Esta parte apróbase cando se alcanza unha puntuación de 10 sobre 20 puntos que é a puntuación máxima que se alcanza aquí.


NOTA ACLARATORIA:
Se se suspende algunha das partes (non se alcanza a puntuación mínima para aprobar) o alumnado debe ir á seguinte convocatoria con todo. NON SE GARDAN PARTES DE NINGÚN EXAMEN DUNHA CONVOCATORIA PARA OUTRA OU OUTRAS CONVOCATORIAS.
A DATA DOS EXAMES DAS CONVOCARTORIAS ESTÁN MARCADOS POR XUNTA DE FACULTADE POLO TANTO NON SE MOVEN. O
BAREMO QUE SE SIGUE EN CADA UNHA DAS PARTES, A TER EN CONTA:
a) 10 PUNTOS A 13 PUNTOS EQUIVALE A UN APROBADO (5-6). Concretamente, 10 e 11 puntos equivale a un cinco; 12-13 puntos equivale a un seis.
b) 14 PUNTOS A 17 PUNTOS EQUIVALE A UN NOTABLE (7-8). Concretamente, 14 e 15 puntos equivale a un sete; 16-17 puntos equivale a un oito.
c) 18 PUNTOS A 20 PUNTOS EQUIVALE A UN SOBRESAÍNTE (9-10). Concretamente, 18 e 19 puntos equivale a un nove; 20 puntos equivale a un 10
40
Estudo de casos A6 A13 A21 C1 Esta tarefa está destinada aos contidos da materia (Tema 1 e 2). Coa mesma inténtase que o alumnado combine outras metodoloxías como por exemplo, solucións de problemas, prácticas guiadas (fichas guiadas), etc. Pero tendo presente que con ela o alumno desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión do profesorado. Todo isto so se levará a cabo cando se explique o tema 1 e 2. O profesorado presentará ao alumnado os apuntes deste tema (a través de moodle); nas clases expositivas explicará con casos ditos apuntes; nas clases interactivas o profesorado presentará prácticas guiadas (fichas guiadas) para que o alumnado as realice PARA TODO ESTO O ALUMNADO DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS.
O alumnado deberá realizar todas as prácticas propostas e incorporalas nun documento único, a modo de dossier, que entregará ao docente no prazo establecido, baixo o nome de “Técnicas de recollida da información” (denominado metodoloxía Obradoiro).
O profesor/a antes de finalizar o período lectivo realizará un simulacro de dita proba, no horario de clase da materia. As preguntas dese simulacro estarán a disposición do alumnado matriculado nesta materia en moodle. A asistencia a este simulacro non é obrigatoria

20
 
Observacións avaliación

Na
avaliación da materia (exposta no apartado da guía docente, denominado
"Paso 7: Avaliación") terase en conta antes de nada o seguinte:

a)
ESTUDIANTES QUE ASISTAN SEMPRE A CLASE (ou alumnado con dispensa académica)
(estudantes presenciais)
 considéranse que asisten un 80%, isto equivale a non ter máis de 3
faltas sen xustificar. Xustifícase as faltas médicas (con xustificante
correctamente cuberto por un médico colexiado) e as faltas por un traballo (con
xustificante correctamente cuberto no traballo onde se xustifique que en horas
de clase se está a traballar) ou calquera outra falta sempre co documentación
homologado. Os test online previstos para o final de cada sesión interactiva
deberán ser realizados na aula; en ningún caso (a excepción do alumnado con
dispensa académica) poderase realizar fóra da aula. A asistencia ás clases
interactivas será contabilizada a partir das respostas aos tests online. Non se
poderá ter máis de dúas faltas de asistencia en cada unha das partes da materia
(técnicas de recollida e técnicas de análise). As cualificacións das probas de
coñecemento que realízanse nas clases interactivas non serán reais ata que se
entregue o dossier (metodoloxía Obradoiro)

A
avaliación destes alumnos ten en conta o seguinte: 1-A proba mixta;2-As practicas a través das TIC; 3-O
estudo de casos e
4-
Solución
de problemas.
As avaliacións dende o 2 ao 4, ambas inclusive so serán
efectivas a entrega do dossier (metodoloxía Obradoiro)

Nota
aclaratoria:

Estes
estudantes seguirán sendo presenciais (nas mesmas circunstancias ou perderán
dita categoría) se, por mor da crise sanitaria, as clases son virtuais. Xa que
as expositivas son virtuais sempre, as clases interactivas seguirán as mesmas
normas pero a través de teams. Para elo, o profesorado configurará en teams os
grupos interactivos e terán clases no mesmo horario que foi aprobado na xunta
de facultade. A avaliación, nestas circunstancias (crise sanitaria), será
sempre por moodle.

A
proba mixta para estes estudantes, da igual que as clases interactivas sexan
presenciais ou virtuais, será sempre por moodle.

b)ESTUDANTES
QUE NON ASISTAN SEMPRE A CLASE (estudantes non presenciais)
 considéranse que non
asisten cando faltan máis dun 80%, é dicir, ten máis de tres faltas sen
xustificar, ou ben ten máis de dúas faltas nunha das partes da materia
(técnicas de recollida e/ou análise da información). Se xustifica as faltas
médicas (con xustificante correctamente cuberto por un médico colexiado) e as
faltas por un traballo (con xustificante correctamente cuberto no traballo onde
se xustifique que en horas de clase se está a traballar), aínda que en ningún
caso estes xustificantes suporán a posibilidade de realizar os tests online
fóra de prazo. Tamén pode ser aquel estudantado que así opte dende o inicio da
materia (o primeiro día de clase o profesorado presentará esta opción que o
estudantado pode elixir) Estes estudantes se presentarán ás probas das
convocatorias de xuño ou xullo. Se recomenda que o estudantado realice os dous
traballos da materia (“Técnicas de recollida da información” e “técnicas de
análise da información”) de forma autónoma, posto que estes serán avaliados na
proba final da materia (60%), xunto cos contidos teóricos propios da proba
mixta (40%).

Neste
sentido estes estudantes só farán a proba mixta a través de moodle


Fontes de información
Bibliografía básica ETXEBERRIA, J. y TEJEDOR, F.J. (2005). Análisis descriptivo de datos en educación. Madrid: La Muralla
TEJEDOR, F.J. y ETXEBERRIA, J. (2006). Análisis inferencial de datos en educación. Madrid: La Muralla
AZOFRA, M.J. (1999). Cuestionarios. Madrid: CIS (Cuadernos Metodológicos, 26)
RUBIO, MJ y VARAS, J. (2011). El análisis de la realidad en la intervención social. Madrid: CCS
VALLES, M. S. (2002). Entrevistas cualitativas. Madrid: CIS (Cuadernos Metodológicos, 32)
GRIMA, P. (2010). La certeza absoluta y otras ficciones. Los secretos de la estadística. Barcelona: RBA Libros
ALVIRA, F. (2011). La encuesta: una perspectiva general metodológica. Madrid: CIS (Cuadernos Metodológicos, 35)
VISAUTA, B. (1989). Técnicas de investigación Social. Barcelona: PPU
MARTÍNEZ MEDIANO, C. (Coorda.) (2004). Técnicas e instrumentos de recogida y análisis de datos. Madrid: UNED
García, M (coord.) (2015). El análisis de la realidad social: métodos y técnicas de investigación. Madrid: Alianza

Bibliografía complementaria ESCUDERO PÉREZ, J. (2004). Análisis de la realidad local. Madrid: Narcea
DE KETELE, J.M. y ROEGIERS, X. (1995). Metodología para la recogida de información. Madrid: La Muralla
CORBETTA, P. (2003). Metodología y Técnicas de Investigación Social. Madrid: McGraw-Hill
BRIONES, G. (2003). Métodos y técnicas de investigación para las Ciencias Sociales . México: Trillas, 4a.

Ad-ECOS (2015). Como elaborar los indicadores de un proyecto social paso a paso. Recuperado de: http://www.ad-ecos.com/blog-de-formacioacuten/como-elaborar-los-indicadores-de-un-proyecto-social-paso-a-paso (consultado 03/07/2018)

 Ander-EGG, E. y Aguilar, M.J. (2017). Como elaborar un proyecto: guía para diseñar proyectos sociales y culturales. Recuperado de: http://abacoenred.com/wp-content/uploads/2017/05/Como-elaborar-un-proyecto-1989-Ed.1-Ander-Egg-Ezequiel-y-Aguilar-Id%C3%A1%C3%B1ez-MJ.pdf.pdf   (consultado 03/07/2018)

 Club de excelencia (2003). Guía práctica para desarrollar, implantar y revisar la Autoevaluación de mi organización. Madrid: EFQM 

Desler, G. (2001). Administración del personal. México. Perason.

Junta de Andalucia (2010). Manual de proyectos. Junta de Andalucia: Conserjería de Gobernación. Recuperado de: http://fapacordoba.org/wp-content/uploads/2010/10/manualdeproyectos-voluntariado.pdf (consultado 03/07/2018)

Losada, S (2016). Metodología de la Intervención Social. Madrid: Editorial Síntesis Recuperado de: https://www.sintesis.com/data/indices/9788490773550.pdf  (consultado 03/07/2018)

Ministerio de Administración Pública (2006). Guía de autoevaluación para la administración pública. MAP Recuperado de: http://www.aeval.es/es/difusion_y_comunicacion/publicaciones/Guias/Guias_Marco_General_Mejora_Calidad/guia_iberoamericana.html (consultado 03/07/2018)

 Ministerio de Administración Pública (2006). Guía de evaluación. Modelo EVAM. MAP Recuperado de: http://www.aeval.es/es/difusion_y_comunicacion/publicaciones/Guias/Guias_Marco_General_Mejora_Calidad/evam.html  (consultado 03/07/2018)

Ministerio de Administración Pública (2009). Guía para el desarrollo de cartas de servicio. MAP Recuperado de: http://www.aeval.es/export/sites/aeval/comun/pdf/calidad/guias/Guia_CARTAS_2009.pdf  (consultado 03/07/2018)

Pérez, O (coord.) (2007). Plan Estratégico del Tercer Sector de Acción Social. Guía de evaluación de programas y proyectos sociales Recuperado de: https://www.msssi.gob.es/ssi/familiasInfancia/ongVoluntariado/docs/evaluaciondeprogramasyproyectossociales.pdf (consultado 03/07/2018)

 Enlaces web:

Diseño de estrategias http://www.juntadeandalucia.es/agriculturaypesca/desarrollo/documentos/manual_61.pdf (consultado 03/07/2018)

Elaboración de proyectos sociales. http://nevada.ual.es/decahuma/REL_INTER/archivos/comoelaborarproyectos.pdf (consultado 03/07/2018)

Gestión de proyectos sociales https://www.diba.cat/c/document_library/get_file?uuid=f067d455-fe09-488b-a2a0-04656503eed0&groupId=527890 (consultado 03/07/2018)

Métodos y técnicas más útiles en la gestión de proyectos http://www.eoi.es/blogs/pedroismaelvegazo/2011/11/24/metodos/ (consultado 03/07/2018)

Plataforma de ONG de acción social: https://www.plataformaong.org/plan-estrategico-tercer-sector.php  (consultado 03/07/2018)


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Métodos de investigación/652G03019

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Métodos de avaliación de programas/652G03023
Avaliación e diagnóstico de necesidades socioeducativas/652G03039

Observacións
Recoméndase os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser posible, no útilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.

Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sosenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.


TAMÉN SE RECOMENDA UTILIZAR LENGUAXE INCLUSIVO



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías